INICIADAS AS OBRAS EN ACCESOS ÁS PRAIAS DE BARREIROS

INICIADAS AS OBRAS EN ACCESOS ÁS PRAIAS DE BARREIROS QUE O PSOE INCLUÍU NO ORZAMENTO DA DEPUTACIÓN EN RESPOSTA ÁS PETICIÓNS DOS VECIÑOS

A voceira do PSOE en Barreiros, Maria Carmen Veiga, amosou a satisfacción dos socialistas pola posta en marcha das obras na estrada provincial LU-P-0610, pois “trátase dunhas actuacións que solicitaron os nosos veciños durante a elaboración dos primeiros Presupostos Participativos dunha Deputación en España, e que o Goberno progresista de Gómez Besteiro fixo posible que os estivese a de Lugo este 2015”.

“Os socialistas prometémoslles aos veciños que, en resposta ás súas peticións, faríamos estas obras .Por iso, o Goberno progresista de Gómez Besteiro incluíu estas actuacións no Orzamento Participativo da Deputación para 2015 e, posteriormente, aprobounas na Xunta de Goberno Provincial do 15 de maio”.

“Con estas obras, os socialistas de Barreiros damos resposta ás peticións dos nosos veciños, ao tempo que contribuímos á dinamización da economía local e á boa imaxe do noso Concello, pois estas actuacións acométense na estrada que fai de acceso ás praias de Altar, Reinante e Os Castros, que reciben a miles de visitantes, principalmente, agora no verán. Son uns traballos que, claramente, potencian un sector fundamental para a economía do noso Concello, como é o do turismo”.

As obras execútanse na LU-P-0610, no treito comprendido entre os puntos quilométricos 4,450 e 7,450. O seu presuposto é de 140.000 euros, procedente do Orzamento Participativo da Deputación, que elaborou, coa colaboración dos veciños, o Goberno progresista de Gómez Besteiro.

Fallecimiento  del  SEÑOR  DON Pedro José Pérez Trashorras

Esquelas

EL SEÑOR  DON Pedro José Pérez Trashorras

Falleció en Ribadeo, el día 2 de Agosto de 2015, a los 43 años de edad confortado con los Auxilios Espirituales.

Su familia ruega una oración por su alma y agradece la asistencia a la MISA FUNERAL que por su eterno descanso, se celebrara el Martes día 04 de Agosto, a las DOCE de la mañana, en la Iglesia Parroquial de San Miguel de Reinante.

Favores que agradecerán.

MESA DE FIRMAS: Tanatorio Rodríguez Dorado.

NO SE RECIBE DUELO

SE RUEGA NO ENVIEN FLORES

San Miguel de Reinante 03 de Agosto de 2015

www.rodriguezdorado.es

 

Vadim Yukhnevich e Abraham Cupeiro encheron de ritmo e de arte os xardíns do Eido Dourado

Vadim Yukhnevich e Abraham Cupeiro encheron de ritmo e de arte os xardíns do Eido Dourado na noite de onte, domingo. Alí presentaron o seu traballo Compromiscuo, unha mestura de sons balcánicos coa tradición celta. Os asistentes puideron gozar de instrumentos casi desaparecidos como é o caso do carnyx. O concerto enmarcouse dentro da programación cultural prevista para este verán polo Eido Dourado, sito a carón da praia barreirense de A Pasada. EidoDourado (4)

HOXE DERON COMEZO OS TRABALLOS DE ARRANXO DA ESTRADA QUE UNE A N-634 COA PRAIA BAIRRENSE DAS PASADAS

HOXE DERON COMEZO OS TRABALLOS DE ARRANXO DA ESTRADA QUE UNE A N-634 COA PRAIA BAIRRENSE DAS PASADAS. A DEPUTACIÓN INVISTE NESTES TRABALLOS 140.000 EUROS.

Barreiros, 3 de agosto de 2015. Comezaron os traballos de arranxo da estrada que une a N-634 coa praia barreirense das Pasadas. É un vieiro de titularidade provincial no que a Deputación de Lugo inviste 140.000 euros, segundo explicou esta mañá o alcalde, Alfonso Fuente.

O rexedor dixo que “hoxe en Barreiros iniciáronse os traballos de aglomerado da estrada que vai dende a Nacional 634 ata a praia das Pasadas. É unha obra que se está a realizar neste momento aínda que a verdade é que as datas, a principios de agosto, cando hai moito tráfico, non son as máis adecuadas, pero eu creo que benvido sexa o aglomerado desa estrada que está a realizar a Deputación Provincial nunha vía que é da súa competencia”.

Fuente Parga insiste na necesidade de acometer eses traballos: “a verdade é que o necesitaba, igual que o precisan outras estradas da Deputación, para as que iremos demandando a súa mellora. Pero nesta iniciáronse hoxe os traballos e vai quedar nun perfecto estado, porque leva unha capa de aglomerado de 5 centímetros”.

O alcalde de Barreiros pide desculpas “porque esta semana vai haber cortes de tráfico nesa estrada e haberá que utilizar algunha vía alternativa, pero nuns días vaise poder circular perfectamente por esa estrada”.

Presentación de la 3ª edición de la Carrera Popular Benquerencia Terra Mar

LogotipoBuenos días a todos, paso información referida a la presentación de la 3ª edición de la Carrera Popular Benquerencia Terra Mar que tendrá lugar mañana Martes a las CINCO de la tarde, en la misma rivera de la playa de Fontela en Benquerencia – Barreiros (Lugo). (Justo detras del Restaurante A Riberia, en la esplanada del paseo marítimo)

Para la presentación, en la que se estrenará el arco inchable de la Carrera, de 10 ms de ancho por 5 de alto, y donde se darán a conocer todos los pormenores de la misma, contaremos con la presencia de las siguientes autoridades y representandes asociaciaones colaboradoras:

Confiamos en vuestra ayuda para difundir y acudir a este evento. Gracias.

AUTORIDADES:

D. ALFONSO FUENTE

Alcalde Excmo. Concello Barreiros
 

D. ISIDORO HORNILLOS

Presidente F. G. Atletismo

D. PABLO GANDOY

Delegado F. G. Atletismo
 

D. MANUEL  OTERO

Xefe Servizo Deportes Xunta de Galicia

D. RAUL  CENTELLES

Delegado Coca Cola – BEGANO

D. FERNANDO GONZÁLEZ

Presidente – Asociación Bombeiros da Mariña

D. JAVIER  DIAZ

Jefe Protección Civil – Concello Barreiros

D. Mª PAZ REDONDO

Presidenta – Asociación V. E. A.

D. EDUARDO  LOPEZ

Vice – Presidente North Shore Surf

D.  JUAN CARLOS DIAZ

Dirección – Eroski Center de Barreiros

D. IVAN GARCIA

Director Gerente Ig10 – Activit Center

D.  JULIO  ROCHA

Presidente – Praias de Barreiros, C. D. 

D. J. MANUEL RODRIGUEZ

Representante Banco Mediolanum

Avalancha de peticiones para dar de alta el agua en pisos de Barreiros

Avalancha de peticiones para dar de alta el agua en pisos de Barreiros

En el Concello reciben 3 o 4 solicitudes diarias y destacan la agilidad del trámite

MARÍA CUADRADO barreiros / la voz, 02 de agosto de 2015

Muchos propietarios que adquirieron en los últimos meses sus pisos o apartamentos en Barreiros aprovechan el verano para cumplimentar los trámites y dar de alta servicios básicos. Conscientes de que los inquilinos quieren aprovechar al máximo sus vacaciones agilizan al máximo la tramitación de conexión y altas de abastecimiento de agua. Estas solicitudes se suceden de forma continua en las oficinas municipales, donde en las últimas semanas atienden una media de tres o cuatro peticiones. «Nós axilizamos o proceso todo o posible e intentamos que no mesmo día que se solicita a alta lles sexa instalado o contador. O cobro e a emisión dos recibos está privatizado», explica el regidor, Alfonso Fuente, que asegura que el grueso de las peticiones que están atendiendo son de los titulares de decenas de viviendas vendidas en los últimos meses, muchas entre marzo y mayo: «As solicitudes de altas están sendo fora do normal. É parte da repercusión das vendas rexistradas na primavera», puntualiza.

El verano se vive de forma intensa en este concello, que, como el resto de la comarca, está recibiendo más visitantes que en los últimos veranos. En Barreiros, a los ingresos de la tasa de agua hay que sumar los de la basura (en el mismo recibo) y también los cobros de la contribución (IBI). Todo suma para un municipio pequeño que sufrió en carne propia el frenazo del bum del ladrillo. En el Ayuntamiento confían en que este ritmo de tramitaciones se mantenga este mes y en septiembre harán balance de los ingresos y de lo que representarán para el próximo presupuesto municipal.

«Desde mediados de xuño estamos recibindo moitísimas peticións de alta»

Alfonso Fuente

Interés por crear apartoteles

Cada vez más visitantes eligen el litoral mariñano para disfrutar de sus vacaciones de verano. Y en dos municipios, como son Foz y Barreiros, la segunda residencia es una de las alternativas de mayor peso. Sin comparación posible con los años del bum de la construcción, en el concello barreirense continúan registrando peticiones de licencia para viviendas unifamiliares y en los últimos meses también han constatado el interés empresarial por poner en marcha apartoteles.

«Son proxectos novos que empezan a xurdir agora e que dalgunha maneira están vinculados ao tirón turístico que ten a costa de Lugo e que, no caso de Barreiros, teñen moito que ver tamén cos prezos asequibles aos que se están vendendo moitas promocións de pisos», explica el primer edil, quien no oculta que las solicitudes recibidas para apartoteles se corresponden con proyectos nuevos y no con el objetivo de aprovechar y dar un nuevo uso a inmuebles diseñados inicialmente para viviendas. El regidor confía en que la próxima semana se pueda anunciar el concurso del proyecto de la red de abastecimiento, con una inversión de 1,2 millones.

Aprobadas por unanimidade dúas mocións presentadas polo PSOE de Barreiros no pleno celebrado este xoves

Aprobadas por unanimidade dúas mocións presentadas polo PSOE de Barreiros no pleno celebrado este xoves

Barreiros, 31 de xullo de 2015.- Dúas mocións presentadas polo GM do PSOE foron aprobadas por unanimidade no pleno celebrado o pasado xoves no Concello de Barreiros, unha delas en defensa do sector lácteo galego onde os socialistas propoñiamos que se esixise ao goberno a modificación do decreto do “paquete lácteo” para convertelo nun verdadeiro instrumento que regule as relacións contractuais entre produtores e industrias, e se instase ao Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente a desenvolver un plan coas comunidades autónomas que garanta unhas condicións dignas na recollida e posterior venta da produción leiteira, onde a duración mínima dos contratos sexa de dous anos.

A outra para instar ao Goberno galego para que se dirixa ao de España, demandando unha revisión da lexislación de espectáculos e das licenzas de actividades das orquestras e das festas populares e unha regulación fiscal que atenda ás peculiaridades dun sector que, dentro das actividades musicais, é o que mais recursos e mais empregos xera en Galicia, con unha facturación en torno aos 60 millóns de euros e dando traballo a máis de 7.000 persoas relacionadas co mundo do espectáculo.

Ambas foron aprobadas por unanimidade.

Na outra moción que presentabamos de urxencia- explica a voceira socialista Maria Carmen Veiga- para pedir a retirada da lei mordaza, o grupo de goberno do PP non considerou que fose urxente abrir debate sobre o tema, xa que, segundo eles, non afecta aos veciños de Barreiros.

Que unha das leis mais restritivas das aprobadas polo goberno de Rajoy, non mereza a urxencia de debate baseándose en que non afecta a barreiros resúltalle pouco mais que surrealista á voceira socialista. “Unha lei estatal afecta por igual a un veciño de barreiros que a outro de calquera lugar de España, incluso a ONU, urxe a España a retirala considerando que restrinxe de maneira innecesaria e desproporcionada liberdades básicas como o exercicio colectivo de liberdade de opinión e expresión propios dunha sociedade libre e democrática, mediante manifestacións pacificas, por exemplo, e ademais é unha lei sobre a que o Tribunal Constitucional acaba de admitir a tramite un recurso no que se considera que vulnera un total de doce artigos da Constitución, non é compresible que non se queira debater no concello de Barreiros” di Maria Carmen Veiga.

No punto incluído na orde do día de modificación de crédito o PSOE votou en contra pois eses 300.000 € que se aforran dos intereses tras aumentar o período de pago do crédito a provedores, non se destinan aos servizos básicos para mellorar a calidade de vida dos barreirenses, senón a tapar furados da mala xestión do alcalde.

O BNG DE BARREIROS VOTA EN CONTRA DUNHA MODIFICACIÓN DE CRÉDITO

O BNG DE BARREIROS VOTA EN CONTRA DUNHA MODIFICACIÓN DE CRÉDITO QUE SUPÓN INCREMENTAR O GASTOS EN DEFENSA XURÍDICA DO CONCELLO EN CERCA DO 70%

Nas modificacións tamén se inclúen 26.000€ (case un 450% de incremento) para actividades festivas e 9.000€  máis para pagar as viaxes que se fixeron en campaña electoral.

Barreiros, 31 de xullo de 2015. No pleno celebrado na tarde de onte, o Partido Popular aprobaba, cos votos en contra do BNG, aumentar o gasto de avogado en 27.500€, que se suman aos 40.000 que había orzamentados e suman un total de 67.500€ de gasto para este ano 2015, o que supón cerca do 2% do orzamento do concello.

O grupo municipal do BNG amosou a súa disconformidade con unha modificación de crédito dos orzamentos para este ano, nos que o concello dispón de 300.000€ que non ten que destinar a pagar intereses do crédito a provedores, e que “o goberno municipal destina a tapar furados, en lugar de a novos investimentos cos que beneficiar ás veciñas e veciños”.

A portavoz municipal, Ana Ermida, explica que “o que se fai con este diñeiro co que non se contaba é ir pagando as débedas que se foron adquirindo, en lugar de facer novos investimentos que redundaran nunha mellora do concello.” Como exemplo, sinala “os 27.500€ que se incrementan para facer fronte a unha factura do avogado, ao que anualmente lle pagamos todas e todos, por contrato 18.000€”. Neste 2015 orzamentábanse 40.000€ para estes gastos, que xa era unha cantidade excesiva; pero agora súmase ata os 67.500€, que é unha auténtica barbaridade para un concello na situación de Barreiros.” Tamén destacan os 26.000€ que se destinan a actividades festivas que, segundo informou o alcalde, son para facer fronte a facturas atrasadas por alugueres de carpas. “Ademais de ser unha cantidade absolutamente desproporcionada, supondo un incremento de cerca do 450% con respecto aos 6.000€ orzamentados inicialmente, o feito de que sexan para pagar facturas atrasadas, dá boa mostra da xestión que se está facendo: desde o ano 2012 no que se pediu un crédito para pagar facturas atrasadas por 2,5 millóns de euros, súmase unha débeda, só en carpas, de 26.000€. Pode darnos unha idea dos buratos que hai neste concello, onde a débeda parece que supera, con moito, ese crédito solicitado”, afirman desde o BNG.

Outra das partidas que chama a atención da formación nacionalista son 9.000€ que, camuflados baixo o nome de actividades culturais, o alcalde explicou que eran facturas de viaxes. “Está claro que ese incremento debeuse á mobilización que realizou o PP en plena campaña electoral, realizando viaxes practicamente todas as semanas ás que acudían as persoas integrantes da súa lista, converténdoos en actos partidarios pagados con diñeiro de todas e todos”, asegura Ana Ermida.

Desde o BNG lamentan que eses 300.000€ que quedaron libres neste momento non se destinen a cubrir as necesidades das veciñas e veciños e se destine menos cartos (20.000€) a mantemento das vías públicas que ao gasto en avogado ou en carpas. “Sería fundamental que os incrementos en orzamento foran planificados e cubriran as necesidades do concello, como as estradas do Val do Caínzo ao Morteiro, o camiño da Cabana da Vella ou a ponte de Vilamartín Pequeno cara a Reme. Sen embargo, os incrementos en partidas de arranxo de viais van destinados a cubrir gasto xa realizado, tamén en época electoral, que se improvisou en función dos intereses do PP e non da veciñanza”, afirman desde a formación nacionalista.

O teleclub do Val do Caínzo, sen previsión de arranxo.

Ante a pregunta da portavoz municipal do BNG sobre a situación na que se atopa o teleclub do Val do Caínzo, que sufriu o impacto dun depósito de auga que rodou desde O Morteiro no mes de maio, o alcalde afirmou que non tiñan feito avances para a súa reparación. Chegou a asegurar que non existía perigo de derrubamento e que analizarían como arranxalo, pero non especificou data, nin os medios cos que se contaría.

Tampouco avanzaron a respecto da posible negociación coa compañía aseguradora do depósito, que anunciara nunha reunión coas veciñas e veciños que se fixera naquel momento, “por estar en plena campaña das municipais”, aseguran desde o BNG; e sobre o que non se volveu a traballar para darlle solución ao problema.

Desde as filas nacionalistas, urxiron ao goberno municipal a arranxar este local público para dar servizo ás veciñas e veciños e que está nesta situación “como consecuencia da deixadez e a improvisación do goberno municipal”.

Noticias de Barreiros