Archivo de la categoría: Concello

A exposición “Unha nación, unha Selección” pode visitarse esta semana na praza do Concello de Barreiros

Puede ser una imagen de 9 personas, personas de pie y al aire libre

Organizada por Vía Galega coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación, percorreu xa Viveiro, Foz e Ribadeo e estará tamén no Valadouro

Barreiros, luns 20 xuño 2022. Na mañá de hoxe inaugurouse a exposición “Unha nación, unha selección” organizada pola plataforma social Vía Galega e que conta coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación. A través da mesma perséguese o obxectivo de facer efectivo o dereito a formar seleccións galegas en todos os deportes para competir a todos os niveis, galeguizar o deporte e impulsar a igualdade de xénero.

A exposición consta de 30 paneis a xeito de testemuña fotográfica que abarcan desde as primeiras manifestacións deportivas en Galicia a comezos do século XX ata os nosos días, onde se recollen os éxitos deportivos das nosas deportistas a nivel internacional e olímpico. Percorreu xa os concellos de Viveiro, Foz e Ribadeo e estará tamén no Valadouro.

Asistiron á presentación a alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida; o representante de Vía Galega Anxo Martínez, a Deputada de Mocidade, Mónica Freire Rancaño; o concelleiro de Dinamización Social, Daniel García, e membros do equipo de goberno e representantes de clubes.

Proposición non de Lei de Iniciativa Popular polo dereito de Galiza a poder competir coas súas seleccións deportivas

Desde Vía Galega levan adiante tamén unha recollida de sinaturas para avalar unha Proposición Non de Lei de Iniciativa Popular polo dereito de Galiza a poder competir oficial e internacionalmente coas súas seleccións deportivas, porque Galiza é unha potencia deportiva que brilla con luz propia, sendo referente mundial en moitos deportes e conta con deportistas e medallistas olímpicos e olímpicas, campións e campioas europeas a nivel mundial.

Condenan por cohecho a la exsecretaria del Concello de Barreiros

Los tres acusados, durante un momento del juicio. SEBAS SENANDE - Cohecho Barreiros Los tres acusados, durante un momento del juicio. SEBAS SENANDE
Además, la Audiencia le impone penas al constructor que pagó 100.000 euros por “determinados favores” y a una auxiliar administrativa

La Audiencia Provincial de Lugo ha condenado, por cometer un delito de cohecho, a la secretaria-interventora del Concello de Barreiros en el año 2007 a pagar una multa de 75.000 euros y a la suspensión de empleo o cargo público durante cuatro meses y quince días.

El tribunal, que ha tenido en cuenta la atenuante de dilaciones indebidas, informan fuentes judiciales, ha considerado acreditado que la acusada cobró 100.000 euros a un promotor de varios edificios de la zona “como contraprestación por determinados favores que ella, en el ejercicio de su cargo, le realizaba”.

La Audiencia también le impuso al constructor el pago de una multa de 35.000 euros, así como sesenta días de suspensión de empleo o cargo público, por cometer un delito de cohecho. En este caso, optó por la tipificación más beneficiosa para él porque desconoce si el pago fue por solicitud de la secretaria u ofrecido por el acusado.

Los jueces subrayan en la sentencia, contra la que cabe presentar recurso, que el ingreso de los 100.000 euros es “un dato objetivo e irrefutable” y destacan que los investigados no dieron una explicación que justificase ese pago.

Además, el tribunal ha condenado por un delito de falsedad en documento público a la persona que en aquella época ejercía como auxiliar administrativa en el Concello de Barreiros por realizar una anotación favoreciendo un expediente para la construcción de 51 viviendas.

Los magistrados indican en la sentencia que se desconoce quién le indicó “la conveniencia” de añadir la anotación, algo de lo que acusaban a la secretaria, por lo que la han absuelto del delito de falsedad en documento público que le imputaban.

La auxiliar administrativa ha sido condenada a dieciocho meses de prisión, al pago de una multa de 540 euros y a la inhabilitación para el desempeño de trabajo en cualquier administración pública durante un año.

Los jueces subrayan en la sentencia, contra la que cabe presentar recurso, que el ingreso de los 100.000 euros es “un dato objetivo e irrefutable” y destacan que los investigados no dieron una explicación que justificase ese pago.

Además, indican que en una grabación que consta en la causa, el constructor “no negó en absoluto el pago de dinero a la secretaria, sino que lo que pretendía era el determinar cómo disimular ese pago”

Alfonso Fuente di que “os únicos condenados no Concello de Barreiros son os membros do actual equipo de goberno por non pagar facturas do ano 2019”

Barreiros, 9 de marzo de 2022. Ante as “mentiras e difamacións” vertidas nos medios de comunicación por representantes do BNG de Barreiros, o ex alcalde, Alfonso Fuente Parga, aclara que actualmente non representa ao Partido Popular en ningún organismo municipal e explica que os únicos condenados no Concello barreirense son os membros do actual equipo de goberno, de BNG e PSOE, por non pagar facturas do ano 2019. “Ao non abonalas naquel momento, cando foron reclamadas, agora custaranlles aos veciños de Barreiros 6.505 euros máis, de intereses”, engade Alfonso Fuente

“En primeiro lugar quero aclarar que non son concelleiro nin representante do Partido Popular de Barreiros en ningún organismo municipal. E ante a constante e sucesiva sarta de mentiras e difamacións vertidas polos representantes públicos do BNG no Concello de Barreiros e polo propio comité local do Bloque nos medios de comunicación, véxome obrigado a formular as seguintes precisións”, manifesta Fuente Parga.

Alfonso Fuente explica que “o procedemento do que traen causa as facturas satisfeitas por min e outros membros do anterior goberno municipal devengáronse polos nosos procurador, avogado e perito intervenientes no procedemento xudicial seguido durante dez anos perante o Xulgado de Instrución Nº1 de Mondoñedo, perante o Xulgado do Penal Nº2 de Lugo e ante a Audiencia Provincial de Lugo, e incoado en virtude das denuncias efectuadas ante a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística e ante a Fiscalía polos representantes do BNG local. Iso si, despois de que a familia da alcaldesa, Ana Ermida, pegase un bo pelotazo urbanístico. Os procedementos concluíron con sentenza absolutoria, como se recolle no fallo da sentenza. E faise porque non se aprecia a existencia dos requisitos necesarios para o nacemento do tipo penal. Non existen, como din os letradillos do BNG, os conceptos de media absolución nin de non culpabilidade a medias”.

Fuente engade que “en outubro do ano 2019 os inxustamente acusados- e declarados inocentes dos cargos que se nos imputaban- solicitamos o reintegro dos nosos gastos procesuais. Ante a falta de contestación do Concello, incumprindo a súa obrigación legal, en abril de 2020 tivemos que contratar avogado e procurador e interpuxemos demanda de procedemento ordinario contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso Administrativo Nº1 de Lugo contra a ilegalidade no actuar do Concello de Barreiros. E no mes de outubro de 2021 ditouse sentenza firme que condenaba ao Concello de Barreiros ao pago da cantidade total reclamada máis os intereses legais desde outubro de 2019 e os procesuais desde sentenza e ata o seu completo pago, e condenaba ao Concello de Barreiros ao pago das costas da reclamación interposta. É dicir, foi o Xulgado do Contencioso Administrativo Nº1 de Lugo o que mediante a sentenza ditada obrigou ao Concello a facer o pago da cantidade reclamada máis os intereses xudiciais e as costas”.

Alfonso Fuente tamén aclara: “sen falar comigo nin con ningún dos reclamantes dos gastos -en total somos cinco- o Concello de Barreiros aprobou unilateralmente un plan de pagos para cumprir as súas obrigacións xudiciais ordenadas mediante sentenza de outubro de 2021. E, actuando co deixamento e pasividade que os caracteriza, o goberno municipal demorou durante xa case medio ano -desde outubro do 2021 ata marzo de 2022- o cumprimento das súas condenas xudiciais, e durante case tres anos o cumprimento das súas obrigacións legais. Eles exclusivamente son os responsables das demoras e dos danos e prexuízos que tal retraso provocan ás arcas do Concello”.

Para rematar Fuente Parga destaca que “en consecuencia o pago dos gastos procesuais derívanse da hipócrita actitude do BNG de Barreiros presentando sucesivas denuncias; iso si, despois de pegar o pelotazo urbanístico a familia da alcaldesa. A rexedora e os concelleiros do goberno do BNG coñecían perfectamente a obrigación de pago deses gastos dos xuízos. O Concello de Barreiros (máis ben o seu goberno municipal) foi condenado xudicialmente ao pago dos honorarios e gastos procesuais devengados mediante sentenza de outubro de 2021, pero o goberno municipal preferiu demorar o cumprimento da sentenza e das súas obrigacións legais, polo que coa súa pasiva e malintencionada actuación vai provocar un importante prexuízo ao Concello de Barreiros”.

Costas ultima a redacción de dous proxectos para a recuperación dos sistemas dunares de Arealonga e Balea-Coto en Barreiros

Puede ser una imagen de 6 personas, personas de pie y al aire libre

Barreiros, 18 de decembro de 2021. O delegado do Goberno, José Miñones, destacou a aposta do Goberno pola conservación dos recursos paisaxísticos e medioambientais de Barreiros. O delegado do Goberno fixo estas declaraciones logo de manter unha xuntanza de traballo coa alcaldesa, Ana Hermida, e o Goberno local de Barreiros, na que tamén participou a subdelegada do Goberno en Lugo. A xuntanza tivo lugar na Casa do Concello, onde lle trasladaron diversas necesidades do municipio e tamén asinou no Libro de Honra do municipio, antes de desprazarse ata as praias de Arealonga e Coto.José Miñones anunciou que o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico está a ultimar a redacción de dous proxectos para facer melloras en praias deste municipio mariñán. Explicou que a Dirección Xeral para a Sostenibilidade da Costa e o Mar ten previsto acometer dúas actuacións para realizar melloras na praia de Arealonga en San Miguel de Reinante e na praia de Balea-Coto.

“Con estas intervencións propoñémonos axudar á recuperación da gran riqueza natural que posúe o concello de Barreiros, que supón un gran atractivo tanto para os veciños e veciñas como para os numerosos visitantes deste municipio”, subliñou Miñones. Neste sentido, destacou que “o gran tirón turístico de Barreiros e do conxunto de muncipios da comarca da Mariña vai recibir un pulo decisivo co Plan de Sustentabilidade Turística pois o proxecto da Mancomunidade de municipios suporá o investimento de 3 millóns de euros”.

O delegado do Goberno informou á alcaldesa e ao equipo de Goberno de Barreiros de que a Dirección Xeral para a Sostenibilidade da Costa e o Mar está a ultimar os proxectos de recuperación e protección do sistema dunar de Arealonga en San Miguel de Reinante e da praia da Balea-Coto.

Estas actuacións consistirán na recuperación dos ecosistemas das dúas praias. Para iso está prevista a erradicación de especies invasoras que supoñen unha importante ameaza, como é o caso da herba da Pampa, e a posterior restauración de especies autóctonas. Posteriormente está prevista a execución de novos accesos e a mellora dos xa existentes. A actuación completarase coa realización de melloras nos edificios de uso público existentes na zona.

Visita do Delegado do Goberno

Puede ser una imagen de 6 personas, personas de pie y al aire libre

Puede ser una imagen de 5 personas y personas de pie

Nesta semana recibimos a visita do Delegado do Goberno de España en Galicia.
📣 Na súa visita, ademais de asinar no libro de honra do Concello (xa que é a primeira vez que un delegado do Goberno visita Barreiros), coñeceu Arealonga e Coto, os lugares nos que a Dirección Xeral de Costas desenvolverá proxectos de recuperación e rexeneración dunar nos vindeiros meses. Estes proxectos, nos que se leva tempo traballando, son dun importante calado na protección da diversidade costeira e a recuperación do litoral en zonas nas que existe unha notable degradación.
👂🏻 Mais tamén se aproveitou a visita para trasladarlle aqueles temas nos que o goberno municipal vén traballando diante das distintas administracións e, especialmente, da do Estado. Así, coñeceu a necesidade da protección e posta en valor do xacemento da Roda e tamén a necesidade de construción da nova depuradora para as parroquias de San Miguel e Reinante.
🤝 A visita enmarcouse dentro da colaboración entre administracións que permite (e agardemos que así continúe) desenvolver proxectos de importancia para as veciñas e veciños de Barreiros.

BARREIROS RECOLLE APORTACIÓNS DA VECIÑANZA PARA A ELABORACIÓN DO PLAN MUNICIPAL DOS ODS

Puede ser una imagen de 10 personas y personas de pie

🌿 BARREIROS RECOLLE APORTACIÓNS DA VECIÑANZA PARA A ELABORACIÓN DO PLAN MUNICIPAL DOS ODS
A implantación da #Axenda2030 no municipio iniciou onte o proceso participativo cunha reunión de traballo cos axentes sociais.
▶️ Barreiros, 12 de novembro de 2021. O Concello de Barreiros abriu onte o proceso de participación social na elaboración do Plan Municipal dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), de cara á implantación da Axenda 2030 no municipio.
Na tarde de onte, un nutrido número de colectivos e asociacións deportivos, culturais, veciñais, educativos e sociais crearon un grupo de traballo no que se elaboraron propostas e se achegaron suxestións que serán postas en común co persoal técnico e político para a súa recollida no plan municipal.
A alcaldesa, Ana Ermida, explicou que “a Axenda 2030 ofrece un marco homoxéneo no que traballar desde todas as administracións por un desenvolvemento sostible, integrando nos concellos políticas que contribúan ao mesmo, con medidas transversais e coordinadas entre as distintas áreas.”
O grupo de traballo tamén analizou as medidas e investimentos postas en marcha nos últimos dous anos do goberno municipal e o seu encaixe nos obxectivos da Axenda 2030.
Desde o goberno municipal valoran moi positivamente este tipo de encontros -e agradecen a participación do día de onte- nos que se produce un diálogo entre goberno e veciñanza que contribúe a acertar nas medidas que se poñan en marcha, cubrindo as necesidades sociais. Ao mesmo tempo, a participación involucra ás veciñas e veciños no día a día municipal, facéndoos partícipes mediante un exercicio de transparencia na xestión do Concello.
Barreiros é o único concello da provincia que foi escollido polo Fondo Galego de Solidariedade e Cooperación para a posta en marcha dos plans municipais dos ODS, xunto con outros tres concellos galegos.
A previsión é que a inicios do vindeiro ano, o Concello de Barreiros conte con un instrumento que recolla as medidas e propostas a executar pola entidade municipal nos vindeiros anos que contribúan á loita mundial pola consecución do desenvolvemento sostible.Puede ser una imagen de 4 personas, personas de pie e interior

 

ANTONIO LÓPEZ, REITOR DA USC, NOMEADO EMBAIXADOR DE BARREIROS

🏅 ANTONIO LÓPEZ, REITOR DA USC, NOMEADO EMBAIXADOR DE BARREIROS
▶ Este sábado 21 de agosto ás 12:00h no Concello de Barreiros tivo lugar o nomeamento de Antonio López, Reitor da Universidade de Santiago de Compostela e natural de San Xulián de Cabarcos, como embaixador de Barreiros para a promoción do Camiño de Santiago ao seu paso polo devandito concello. No acto estivo acompañado por Ana Ermida, alcaldesa de Barreiros, e membros da corporación local.
🗣 A alcaldesa na súa intervención trasladou o “orgullo de todo o pobo de Barreiros por contar entre os veciños con Antonio López ao frente dunha das institucións máis importantes deste País” e cualificou o acto “non só como un recoñecemento á súa persoa, unha mostra de afecto do seu pobo que ten o orgullo de contar con el e coa súa valía. É tamén un xeito de recoñecer o seu traballo e a súa dedicación ao ensino público, á posta en valor das universidades públicas deste País que levan centos de anos formando xeracións de galegas e galegos que agardemos que algún día, poidan deixar todo o aprendido neste País.”
Ana Ermida trasladoulle o agradecemento “por seguir traballando para que a Universidade de Santiago de Compostela, con máis de 500 anos de historia, siga facendo posible que as fillas de costureiras, de labregos, de obreiras accedamos, se o desexamos a estudos universitarios.”
🗺 O proxecto ‘O Camiño a Bocados-My way’ da Asociación AXEL, pretende promocionar os diferentes camiños ao seu paso por Lugo e forma parte do programa O teu Xacobeo, da Xunta de Galicia.
‘O Camiño a bocados’ quere poñer en valor a gastronomía e o patrimonio natural e cultural das zonas que percorre a ruta xacobea a través de accións promocionais difundidas en plataformas como redes sociais ou blogs. A proposta incluiu tamén o nomeamento de persoas como embaixadoras nos concellos de Samos, Castroverde, Trabada, Baleira, Lourenzá e Triacastela.
O proxecto pretende que se promocione o Camiño de Santiago ao seu paso por diferentes territorios, e tamén o patrimonio natural, cultural e gastronómico dos mesmos. Así, ademais de recoller a figura que se lles entrega aos embaixadores, Antonio López recibiu un carolón, doce típico de Barreiros, de mans da alcaldesa.
👩‍🎨 A figura que recibiu Antonio López, é obra de María Sánchez Castedo (Ceniza de Papel), a obra representa a natureza pola que descorren as distintas rutas e contén no seu interior un medallón que simboliza a experiencia persoal e particular das persoas que fan o Camiño, daí que non haxa dúas iguais, porque cada persoa sente e percorre o Camiño á súa maneira.

ACLARACIÓN SOBRE O ABASTECEMENTO DE AUGA

ACLARACIÓN SOBRE O ABASTECEMENTO DE AUGA

📰 En vista das noticias que aparecen hoxe na prensa sobre un problema no abastecemento de auga que xa foi resolto o pasado día 7 de agosto, aclaramos que nestes momentos NON EXISTEN PROBLEMAS DE SUBMINISTRO DE AUGA POTABLE EN BARREIROS E O ABASTECEMENTO ESTÁ CONTROLADO.
🚦 En calquera caso, e debido ao importante consumo derivado da poboación flotante que hai en Barreiros neste momento, mantéñense as medidas de restrición no tocante a utilización da auga potable da traída municipal para usos non prioritarios como regos de xardíns (quedan exceptuadas as plantacións de alimentos), enchido de piscinas ou similares, limpezas de vehículos ou espazos ao aire libre e calquera outro uso que non responda a necesidades básicas de persoas ou animais.
24
10 comentarios
16 veces compartido

Noela Fs

Si, hai xente espesa, ese é o problema pero non foi hoxe nin onte a orixe do problema, foi hai 16 anos e houbo quen tivo 14 anos para solucionalo. De hai dous anos para aco empeza molestarlle a algúns e pretenden q en dous o novo goberno solucione o q debía o ter plantexado dun inicio o goberno do PP, recordan o que Lles dicía o actual goberno hai 16 anos? Primeiro os servizos e despois os edificios. Pois aí teñen o resultado señores!
Se seleccionó la opción “Más relevantes”, por lo que es posible que algunos comentarios se hayan filtrado.