RAMÓN IGLESIAS DORADO (DON RAMONCITO)

Don Ramoncito

http://osespigueiros.blogspot.com/2018/02/

RAMÓN IGLESIAS DORADO (DON RAMONCITO), (hijo del que fué Alcalde de Barreiros Ramón Iglesias Pérez)

La imagen puede contener: 1 persona
Ramón Iglesias Dorado para todos don Ramoncito querido e admirado por todo o pobo, foto cedida pola familia.
            Ramón Iglesias Dorado nace no seo dunha familia acomodada en San Miguel de Reinante no ano 1905. Era fillo de  Ramón Iglesias Pérez, da Casa de Neira de San Cosme de Barreiros, e Aurora Dorado de San Miguel. 
La imagen puede contener: cielo, planta, casa, árbol y exterior
casa na que naceu

Cumpridos os 11 anos, o neno Ramoncito partiu para Lugo para estudar o bacharelato no Instituto da capital, ata o momento de principiar a carreira de medicina na Universidade de Santiago de Compostela. En xuño de 1928 remataba os estudos universitarios. Las Riberas del Eo da conta deste feito.

“Con brillantes notas terminó  la carrera de medicina en la Universidad de Santiago el estudioso joven de San Miguel de Reinante D. Ramón Iglesias Dorado, hijo de nuestro apreciable amigo y exalcalde de Barreiros D. Ramón Iglesias Pérez.* 
El nuevo galeno continuará sus estudios en la Universidad Central para conseguir el título de Doctor. Enviamos al aprovechado estudiante así como a sus padres nuestra entusiasta  felicitación.”
*(alcalde de Barreiros en 1918 e 1919)
Neste verán de 1928 recen licenciado en Santiago, aproveitando a sua estadía no pobo e antes de  partir para Madrid o xove Ramón é obxecto dun homenaxe que lle brindan os amigos e achegados seus e da sua familia, que queren celebrar o acontecemento con él. A celebración consiste nunha cea que ten lugar no salón de Tirabeque “hábil y artisticamente transformado en amplio comedor” o día 16 de xuño.
            Co homenaxeado sentáronse a mesa, segundo a crónica de Las Riberas del Eo, os seguintes comensais: D. Manuel Roca, Secundino López, José Mourenza, Domingo Lorenzo, Ramón Abraído, José Rodríguez, Alfonso Ibaseta, Esteban Rego, Francisco López, José María Pérez, Daniel Dorado, Isidro Martínez, Jesús Martínez, Vicente Debén, Eduardo Díaz, José Rodríguez Pérez, Narciso Díaz, Francisco Rios, Lorenzo López, Germán Maseda, Ramón Conquero, Teolindo Dorado e Manuel Villamil. Distinguimos tres mestres que exerceron a ensinanza no pobo e bastantes nomes de personaxes que forman parte da historia da emigración de San Miguel a Cuba
“Llegada la hora de los brindis comenzó D. Isidro Martínez ofreciendo el homenaje y felicitando al festejado ya que además de los méritos que corresponden al hecho de haber terminado de forma brillante sus estudios, concurre también la circunstancia de ser el primero que puede ostentar el Título de Licenciado en medicina en este pueblo”  
            Seguidamente propón entregarlle un ramo de flores a nai do homenaxeado Doña Aurora Dorado cousa que fan el mesmo e D. Vicente Debén. Seguidamente toma a palabra D. Manuel Roca, médico de Barreiros que manifesta a sua satisfacción por celebrar os éxitos do xove amigo e compañeiro, para o que desexa as maiores venturas e felices acertos na delicada misión.
            Seguen os discursos e as loanzas, esta vez por parte do que foi seu mestre D. José Mourenza afirmando que sempre estivo entre os mellores así no estudo como no comportamento e deséxalle un rápido doutoramento.
            Don Francisco L. Fernández con amenidad y elocuencia brinda polo triunfo alcanzado en plena xuventude e fai votos para que alcance os maiores éxitos na sua profesión.
En un párrafo brillante le estimula a fin de que no se detenga en el camino emprendido sino que procure siempre poseer un mayor número de conocimientos. Termina diciéndole: Mas; siempre mas allá. Plus Ultra.”   
            Seguidamente é a quenda de  D. José M. Villamil, e entre palabras eloxiosas di que o pobo de San Miguel xa ven rendendo ao novo médico un homenaxe permanente xa que todos os seus veciños o distinguen co cariñoso nome de Ramoncito. Acaba brindando por Galicia e polos médicos de Galicia, por que figuran entre a flor e a nata da medicina española e da medicina mundial.
            E non terminan os discursos, porqué toma a palabra D. Secundino L. Valcarce que despois de abondar nos mesmos términos que os que o precederon di que
“todos los pueblos conscientes sienten orgullo por los hijos predilectos que contribuyen al enaltecimiento de su nombre, entre eses puede figurar desde hoy San Miguel de Reinante.”
             e finaliza animando ao recen licenciado para
que prosiga por la escabrosa senda del estudio hasta conseguir ver coronadas sus muy justas aspiraciones con los laureles del triunfo, para de ese modo poder algún día celebrarle como una gloria de la ciencia médica. La mejor manera de honrar a San Miguel, a Galicia y por ende a España.” 
            Para finalizar a festa, sobre das dúas da noite, con gran alegría e bo humor, despois de entoar algunha cantiga rexional, española ou mesmo cubana, Ramón Iglesias Dorado, Don Ramoncito, moi emocionado agradeceu a todos as súas gabanzas e dirixíndose aos concorrentes dilles que oxalá nunca precisen os seus servizos, pero que si así fose el “estaría sempre disposto a prestalos na máxima medidas das súas forzas.”
 
No hay descripción de la foto disponible.
invitación á homenaxe feita
            A crónica do acontecemento de xuño de 1928 de Las Riberas del Eo está firmada por J.M.V. (o mestre José M. Villaamil quizais?)
            “Sempre disposto a prestar os seus servizos na máxima medida das súas forzas” (e tal vez en algunha ocasión mais aló das súas forzas)  ¡palabras premonitorias! as que utilizou aos seus 23 anos para agradecer a homenaxe, esa foi a sua bandeira e o seu credo, esa foi a dedicación que fixo da sua vida como médico en San Miguel. Hoxe inda son moitas as testemuñas que de forma unánime aseguran que sempre estivo disposto a ir alí onde o chamaban e a hora que o chamaran, con bo tempo, de día ou con noites de invernía, e sin esperar pago algún mais que o  que o seu paciente, boamente lle puidera dar. Subido nunha bicicleta e logo na sua moto percorreu os camiños, non só de San Miguel…, de Reinante, de Benquerencia, de Barreiros, San xusto, Cabarcos, A Devesa… Din del que para dar tranquilidade ó enfermo sempre tiña a mesma frase: Ai! Iso tamén no tiven eu!… salvo cando a doenza era propia dunha muller como un embarazo ou un parto que entón trocaba o conto e dicíalle: Ai! Iso tamén lle pasou a Jesusa.
            Jesusa foi a sua dona; Jesusa Fuente Fuente, filla de Gregorio Fuente, dos Maragatos de San Miguel e con ela tivo dous fillos: Ramón e José.
            Don Ramoncito dedicou a sua curta vida a atender, da mellor forma que sabía e coa máxima dedicación aos seus pacientes. Finou o 8 de xuño de 1958 con 53 anos de idade despois de varios anos de saúde delicada.
            Ó pouco tempo de falecer xurde a idea de renderlle un acto de recoñecemento, idea que se nos antolla seria ben acollida por todas as capas sociais; era o ano 1959, o alcalde Casiano Moreno Sierra presidía a comisión prohomenaxe e completábana os señores Díaz Gómez, Ferrero Villanueva, Maseda Dorrego, Díaz Carreira, Díaz López, Baamonde, Rocha e Abraira García. O acto foi concibido para a participación da veciñanza, e para eso se solicitou, a colaboración das xentes do pobo para sufragar os gastos do mesmo.
            Pasaron catro anos mais para materializar o acontecemento, que por fin tivo lugar o domingo dia 11 de agosto de 1963. Diversos persoeiros da cidade de Lugo e do Concello presidiron os actos, de carácter eminentemente popular: O Presidente do Colexio Médico de Lugo, Sr. Lomas, o Delegado Provincial do ministerio de Información e Turismo, Sr. Santín,  o Alcalde de Barreiros, Casiano Moreno Sierra e o Cura Párroco, Don Pedro Cedrón Rivas.
            Comenzou cunha misa na igrexa parroquial e seguiu no Souto cun discurso do Presidente do Colexio Provincial de Médicos poñendo de releve a bonhomía do falecido.
            Di a crónica de El Pueblo Gallego do 11 de agosto de 1963:
la numerosa concurrencia, entre la que se encontraba casi la totalidad de los vecinos del pueblo y de la comarca, tributaron a los oradores grandes aplausos. Fue un acto repleto de emotividad y de recuerdo para el extinto benefactor de la comarca. Mas tarde se procedió a descubrir una placa de bronce en la casa donde el naciera, y otras dos que dan su nombre a la calle principal de la villa, siendo todas costeadas por suscripción popular.”
            A placa no balcón da casa onde naceu (sufragada por subscrición popular) está ben visible hoxe en día, recordando a sua persoa e a sua labor, non así as que sinalaban o nome da rúa a el dedicada, que non se atopan situadas en ningunha das casas do traxecto da estrada nacional, este pode ser o motivo polo que rara vez, por non dicir nunca, se fai referencia falada ou escrita a “Avenida Ramón Iglesias Dorado”.  Bo é recordalo.
No hay descripción de la foto disponible.
placa conmemorativa
Artigo de Faustino González Recalde

Fotografía Andrés Bourio

Noticias de Barreiros