Archivo de la categoría: Turismo

Barreiros crea una web turística que destaca su oferta natural y ambiental

Barreiros crea una web turística que destaca su oferta natural y ambiental

La alcaldesa, Ana Ermida, señala que incluye alojamientos, restaurantes, cafeterías o bares

Puede ser una imagen de costa, océano y naturaleza

photo_cameraPunto do Castro, en Barreiros. AEP

El Concello de Barreiros acaba de abrir una nueva ventana digital a través de la cual poder asomarse a todo lo que puede ofrecer el municipio. Se trata de una nueva página web dedicada al turismo que se puede visitar en el dominio barreirosturismo.gal. En ella se ofrece un planteamiento diferente de las posibilidades y la oferta turística del municipio porque se busca mostrar desde los espacios naturales con sus valores ambientales e incluso geológicos, pero también el variado patrimonio cultural sin dejar de lado las playas o también las experiencias de ocio y los servicios que se pueden encontrar los visitantes en Barreiros.

La alcaldesa, la nacionalista Ana Ermida, indicó que bajo su punto de vista un aspecto destacable son los apartados dedicados a la oferta de alojamientos, restaurantes, bares o cafeterías. Explica que “a través das correspondentes pestanas, os usuarios poden consultar non só os seus datos de contacto, senon tamén facerse unha idea dos seus servizos e instalacións ademais de poder acceder directamente ás súas páxinas web e localizalos nun mapa interactivo”.

Otra novedad es que se estructura en tres idiomas: gallego, español e inglés, aunque de momento solo está en gallego y español. La versión inglesa se añadirá en fechas próximas.

Ermida recuerda que el planteamiento de la web se basó en tres ejes principales como la mejora de la imagen turística de Barreiros a través de una presentación “visualmente atractiva, así como da incorporación de imaxes de calidade e da disposición da información enfocada en facer de Barreiros un lugar que apetece visitar”.

También se buscó “a desestacionalización da demanda presentando un Barreiros con potencial para ser visitado durante todo o ano e cunha oferta aloxativa, gastronómica e de actividades de turismo activo de calidade e que aposta pola mellora continua”.

El otro punto importante en el que quisieron apoyarse fue “a desfocalización dos fluxos turísticos concentrados no litoral mediante a posta en valor do resto do patrimonio cultural e natural así como dos valores paisaxísticos”.

SANTO ESTEVO. La asociación Camiños e Camiñantes de Barreiros organiza este sábado una romería en Santo Estevo do Ermo. A la una hay misa con el coro Airiños do Mar y sesión vermú con el dúo En Clave de Ti y degustación gratuita de empanada y sardinas. A continuación, habrá comida popular y por la tarde juegos de tute y populares. A partir de las nueve habrá cena, y desde las diez, una actuación del mago Rafa y una verbena

Barreiros nueva web de turismo

Barreiros estrea nova web de turismo

O Concello de Barreiros abre unha nova xanela dixital para presentar os seus atractivos e oferta turística ao mundo

Barreiros, 29 de xuño, 2022. Dende hoxe aquelas persoas que queiran planificar a súa viaxe a este destino dispoñen dunha nova web de turismo, barreirosturismo.gal, que se presenta como un espazo onde coñecer as diferentes alternativas que Barreiros ten para ofrecer a veciños/as e visitantes. Dende os espazos naturais e os seus valores ambientais e xeolóxicos ata o seu diverso e rico patrimonio cultural pasando polas praias ou polas experiencias de ocio e servizos que aquí agardan aos viaxeiros/as.

Entre as novidades máis destacadas atópase o feito de que estará estruturada en tres idiomas: galego, español e inglés -aínda que polo momento se atopa en galego e español aos que se engadirá o inglés en datas próximas-; co fin de facilitarlle o acceso á información tamén ao público internacional nun mundo cada vez máis globalizado.

Outro dos aspectos que incorpora son os apartados adicados á oferta de aloxamentos, restaurantes e bares ou cafeterías. A través das correspondentes pestanas, os usuarios/as poden consultar non só os seus datos de contacto senon tamén facerse unha idea dos seus servizos e/ou instalacións ademais de poder acceder directamente ás súas páxinas web e ubicalos nun mapa interactivo.

A súa creación baseouse en tres eixos principais:

A mellora da imaxe turística a través dunha presentación atractiva visualmente, así como da incorporación de imaxes de calidade e da disposición da información enfocada en facer de Barreiros un lugar que apetece visitar.

A desestacionalización da demanda presentando un Barreiros con potencial para ser visitado durante todo o ano e cunha oferta aloxativa, gastronómica e de actividades de turismo activo de calidade e que aposta pola mellora contínua.

A desfocalización dos fluxos turísticos

Barreiros Turismo está en Barreiros, Galicia, Spain.

Puede ser una imagen de flor, al aire libre y texto que dice "Barreiros queda en ti த Aquilaña"

🚶‍♀️Percorrer Barreiros paseniñamente é a mellor forma de averiguar o que agocha. Chega con activar o noso modo “explorador”🧐 e deixarse levar.
Sorprendente, verdade❓
🔎Atopadas na subida ao Miradoiro de Penabor e na contorna da fraga de Santo Estevo do Ermo.
🍃5 de xuño: Día Mundial do Medioambiente🍃
Barreiros queda en ti💚💙
===ESP===
🚶‍♀️Recorrer los caminos de Barreiros pausadamente es la mejor forma de averiguar lo que esconde. Basta con activar nuestro modo “explorador”🧐 y dejarse llevar.
Sorprendente, verdad❓
🔎Encontradas en la subida al mirador de Penabor y en el entorno del bosque autóctono de Santo Estevo do Ermo.
🍃5 de junio: Día Mundial del Medioambiente.🍃
Barreiros queda en ti💚💙
# barreirosquedaenti

Puede ser una imagen de flor, árbol, al aire libre y texto que dice "Barreiros queda en ti B Uz branca"

Puede ser una imagen de flor, césped y texto que dice "Barreiros queda en ti Orquidza silvestre"

Puede ser una imagen de flor, al aire libre y texto que dice "Barreiros queda en a Paxariños ou gallos"

 

Barreiros renova os carteis de información turística

Puede ser una imagen de al aire libre

Barreiros, 2 de xuño, 2022. O Concello de Barreiros segue a traballar na mellora da súa imaxe e posicionamento turístico, mediante a restauración estética e actualización dos contidos dos paneis turísticos situados en puntos estratéxicos do territorio municipal tales como as praias de Arealonga e Altar, o Santo Estevo do Ermo, ou o Camiño de Santiago, entre outros.

A alcaldesa, Ana Ermida explica que, “deste xeito, ademais da substancial mellora da imaxe conseguida, xa que estes paneis estaban bastante deteriorados, aproveitouse para ofrecer información útil e gráfica sobre os recursos imprescindibles e oferta turística do concello. Así, os e as visitantes, practicamente nun só golpe de vista, poden facerse unha idea global de todo o potencial turístico de Barreiros. Por outra banda, remiten tanto aos servizos presenciais de información turística como ás ferramentas online para que os e as viaxeiras poidan ampliar información se o desexan”.

A colocación dos paneis foi posible grazas á colaboración entre o persoal de turismo e o de obras, que se encargaron dos contidos e da colocación, respectivamente.

Neste senso, o Concello tamén está a traballar na mellora de sinais e paneis puntuais tanto no Camiño de Santiago como no Santo Estevo do Ermo atendendo así ás demandas dos e das visitantes e á lóxica e necesaria actualización da imaxe e da información proporcionada. Melloras que en breve estarán finalizadas.

Ermida subliñou que “estes traballos únense tanto ao recente reacondicionamento e sinalización do novo trazado da Ruta Lagoa de Pallares cuxa información está dispoñible na web municipal entre outras plataformas a nivel xeodestino, como á planificación de novidades de cara ao verán que, agardan, redunden nunha imaxe turística actualizada e no posicionamento de Barreiros como destino para visitar en calquera época do ano aproveitando a súa riqueza natural e cultural”.

 

 

Comezan as adxudicacións do Bono Turístico

☺️Comezan as adxudicacións do Bono Turístico #QuedamosEnGalicia22

💚Elixe paisaxes,
💙Elixe sentir a brisa mariña na túa pel,
💛Elixe escoitar o son dos paxaros e o zoar do vento nas árbores,
🧡Elixe historia, arquitectura, tradición, identidade, gastronomía,

Elixe abrazar a vida no Barreiros que queda en ti💙💚
#barreirosquedaenti

👁Consulta os aloxamentos adheridos en ♾https://www.turismo.gal/quedamosengalicia22

===ESP===

☺️Comienzan las adjudicaciones del Bono Turístico # QuedamosEnGalicia22

💚Elige paisajes,
💙Elige sentir la brisa marina en tu piel,
💛Elige escuchar el sonido de los pájaros y del del viento en los árboles,
🧡Elige historia, arquitectura, tradición, identidad, gastronomía,

Elige abrazar la vida en el Barreiros que queda en ti💙💚
#barreirosquedaenti

👁Consulta los alojamientos adheridos en ♾ https://www.turismo.gal/quedamosengalicia22

****
#elixegalicia #historia #legado #indianos #rutas #galicia_enamora #galiciamaxica #galiciavisual #galiciamola #amariñalucense #amariña #comerengalicia #restaurante #mar #playa #costagallega #costa #paisaje #naturaleza #patrimonio #etnografia #paraiso #barreirosturismo #gastronomiagalega #galicia #viajar #turismoslow 

Ver menos
2
5 veces compartido
Me gusta
Comentar
Compartir

Comentarios

🌟Dando pasos de cara á posta en valor de Barreiros como destino turístico.

✅Primeiro obxectivo conseguido respecto aos contactos con touroperadores realizados no marco da Feira Virtual de FITUR💻.

📅Hoxe tivemos o pracer de mostrarlle o noso destino a Viajes Interrias, un touroperador galego con presencia en todo o territorio nacional e co que traballan a gran maioría de axencias de viaxes minoristas e maioristas.

🌐Este encontro serviu para poder presentarlle Barreiros, así como para reforzar os lazos que esta empresa mantén dende hai un tempo coa Mancomunidade de Municipios no ámbito de promoción do Xeodestino A Mariña lucense turismo, tratándose temas como:

🟢Presentación dos nosos recursos turísticos.
🟢Oferta de aloxamentos, hostalaría e ocio activo.
🟢Novos produtos turísticos, melloras e actividades realizadas recentemente por parte do Concello no eido da posta en valor do destino.

📧Do mesmo xeito e, como reforzo ao exposto verbalmente, envióuselles documentación turística promocional de interese incluindo a oferta aloxativa 🛌, gastronómica 🍴🥤 e de ocio🏄‍♀️.

✨Por último, e non menos importante, constatamos que os obxectivos de ambas partes coinciden no tocante ao perfil de visitante que buscamos atraer: viaxeirxs que gozan da natureza🍃 e da cultura🏦 sen présas, con tempo suficiente para deixarse sorprender e descubrir o territorio, que se aloxan aquí e que, co bo facer de todxs leven o nome de Barreiros e da Mariña Lucense polo mundo adiante🌍.

💯Agradecémoslle a Viajes Interrías a boa disposición mostrada de cara a poñer a Barreiros no mapa das viaxes organizadas, grupais, familiares ou individuais.

Barreiros queda en ti💚💙
#barreirosquedaenti 

Ver menos

Barreiros presenta novas ferramentas de promoción turística de cara á tempada baixa

27 Agosto, 2021

Puede ser una imagen de árbol, cielo y texto

https://actualidadbarreiros.info/barreiros-presenta…/

Barreiros, a 27 de agosto de 2021. Por unha banda realizouse un vídeo promocional do destino baseado na paisaxe e na tranquilidade e, por outra, elaboráronse unhas postais dixitais descargables para que os viaxeiros se leven un recordo de Barreiros e, ademais, as poidan compartir cos seus achegados divulgando así os principais atractivos turísticos do municipio.

Coa idea de fomentar a chegada de turistas en tempada baixa e incrementar os días de estancia así como de premiar a elección deste destino, o Concello optou por lanzar estas dúas ferramentas de promoción precisamente agora, ao rematar o verán. Pois, as suaves temperaturas, a práctica de actividades na natureza, a tranquilidade e o contacto coa cultura local propician a chegada de viaxeiras e viaxeiros moito máis alá dos meses de xullo e agosto.

En contra do que se pensa, o litoral da Mariña Lucense é unha das zonas costeiras de Galicia onde menos chove ao longo do ano -segundo os Informes Climatolóxicos Anuais elaborados por Meteogalicia-.

Vídeo promocional turístico “Barreiros queda en ti”.

Céntrase na paisaxe, mais tamén en sensacións como a liberdade, a paz, a conexión coa natureza e coa cultura do lugar. En liña coa filosofía do Turismo Slow, das viaxes conscientes e do vínculo coa esencia dun territorio onde parece que o tempo se detén.

Dende o Concello agradecen a colaboración e o traballo realizado por tódalas persoas que contribuíron á gravación e posterior edición deste vídeo, especialmente aos/as figurantes e ao Servizo de Audiovisuais da Deputación de Lugo.
Enlace ao vídeo: https://www.concellodebarreiros.gal/gl/turismo/video-barreiros-queda-en-ti

Postais dixitais

Trátase dunha forma de premiar ás persoas que nos visitan e de que estas compartan a súa viaxe e os encantos de Barreiros con amigos e familia.

Están dispoñibles para a súa descarga de balde na sección de turismo da páxina web municipal.

Casa indiana de Carballo

⚜️Casa indiana de Carballo⚜️. 📍Estrada N-634, San Cosme.
🏠Edificio de finais do século XIX. Transición entre o estilo de vivenda autóctona e unha casa nobre a modo de pazo. O seu promotor estivo emigrado en Cuba🇨🇺.
🧐Quizáis o elemento que lle outorga un aspecto máis nobre á vivenda, alén das súas dimensións, sexa a galería acristalada a modo de torre. Debaixo da impoñente cornixa superior dispón dun friso decorativo pintado ao fresco con motivos vexetais. Entre outros ornamentos, na fachada principal, conta con varandas de forxa finamente decoradas. Un recurso moi común entre os indianos.
🤎Cada elemento decorativo está pensando para resaltar a elegancia da vivenda outorgándolle distinción.
😮Canto detalle! Non si?
🚶🚴‍♂️Achégate a facer o percorrido turístico-cultural “O Barreiros dos nosos antergos” e goza do noso patrimonio cultural.
➕ elegantes edificacións indianas en San Pedro, San Miguel e Santiago de Reinante.
Barreirosquedaenti💚💙
===ESP===
⚜️Casa indiana de Carballo⚜️. 📍Carretera N-634, San Cosme.
🏠Edificio de finales del siglo XIX. Transición entre el estilo de vivienda autóctona y una casa noble a modo de pazo. Su promotor estuvo emigrado en Cuba🇨🇺.
🧐 Quizás el elemento que le otorga un aspecto más noble a la vivienda, además de sus dimensiones, sea la galería acristalada a modo de torre. Debajo de la imponente cornisa superior dispone de un friso decorativo pintado al fresco con motivos vegetales. Entre otros ornamentos, en la fachada principal, cuenta con barandillas de forja finamente decoradas. Un recurso muy común entre los indianos.
🤎Cada elemento decorativo está pensando para resaltar la elegancia de la vivienda otorgándole distinción.
😮Cuanto detalle! No crees?
🚶🚴‍♂️Acércate a hacer el recorrido turístico-cultural “El Barreiros de antaño” y disfruta de nuestro patrimonio cultural.
➕elegantes edificaciones indianas en San Pedro, San Miguel y Santiago de Reinante.
Puede ser una imagen de cielo y texto
Me gusta

 

Comentar
Compartir

 

 

“Vive Barreiros”, os atractivos turísticos do Concello nunha guía

“Vive Barreiros”, os atractivos turísticos do Concello nunha guía

Barreiros, 31 de marzo, 2021. A Asociación de Hostalería de Barreiros acaba de editar un folleto turístico en formato papel e en formato dixital, para promover os atractivos turísticos do municipio e da contorna. Trátase dunha publicación de catro corpos, que presenta Barreiros como destino turístico -dentro do xeodestino A Mariña Lucense- comunicando os valores que o diferencian, como a súa historia, a súa costa paradisíaca -ideal no contexto de sol e praia pero tamén para a realización de actividades deportivas e de natureza- , ou un interior rico e diverso atravesado polo Camiño de Santiago do Norte e con espazos tan emblemáticos dentro da Mariña, como son a “ Fervenza de Santo Estevo do Ermo”, o círculo lítico “A Roda” ou o monte Comado.

O ano pasado, a asociación elaborou tamén carteis de tamaño medio en cartón pluma que, ademais de promover os atractivos da zona, permitían acceder -a través de códigos QR- ás páxinas web dos establecementos asociados e a outros elementos de interese como as páxinas de reservas da Praia de As Catedrais e de Fuciño do Porco, a web oficial da Mariña Lucense Turismo ou á sección de turismo do Concello de Barreiros.

Estas accións pretenden achegar valor aos visitantes do municipio, mellorar a súa experiencia de viaxe e colaborar na promoción de Barreiros, dando a coñecer ademais, os servizos de hostalería que aglutina a agrupación.

A Oficina de Turismo de Barreiros abre nunha nova localización

Puede ser una imagen de texto que dice "Oficina Municipal de Turismo Abrimos! Nova ubicación appadra Barreiros a"

Barreiros, 24 de marzo de 2021. O venres 26 de marzo e de cara á Semana Santa abre a Oficina de Turismo de Barreiros que contará cunha nova ubicación. Este servizo prestarase no recibidor da entrada do Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro.

O horario de atención ao público durante a Semana Santa será o seguinte:
Desde o venres 26 de marzo ata o sábado 3 de abril:
Mañás: de 10.00h a 13.30h.
Tardes: de 16.00h a 19.00h.
Domingo 28 e luns 29 pechada.

O Concello de Barreiros formalizou a contratación dunha nova Técnica de Turismo no mes de xaneiro. Dende o primeiro momento estívose traballando na adecuación deste espazo para a prestación deste servizo demandado por veciños e visitantes. Así, dotouse de mobiliario e adaptouse o espazo á normativa Covid e ás necesidades propias deste traballo.

Poden poñerse en contacto a través do correo [email protected], no teléfono 982 134 400 / 606 835 626 e a través das redes sociais de Instagram e Facebook co nome de “Barreiros Turismo”.