Himno a Benquerencia ( letra )
Cantiga a Benquerencia ( versión MP3 )
Duración total : 3′ 25″
Tamaño: 3,25 Mb
Letra: Manuel Reboredo Losada
Música: Alberto Miranda Sanromán
Voz: Estefanía Nieves Álvarez
Cantiga a Benquerencia
Benquerencia, Benquerencia
Unha paisaxe sen igual
Como presumes de praia
Como presumes de mar
O Cantábrico te bica
Non te deixa de bicar
O encanto da tua beleza
O encanto da tua beleza
É algo moi natural
Esas túas campiñas
Esos teus pinares, as olas do mar
O monte Comado
O monte Comado
E as nubes o pasar
Pintor se quixeras, pintor se quixeras
Un gran cuadro pintar
Pon de marco a Benquerencia
Pon de marco a Benquerencia
E de fondo pon o mar
Coa alba pasa o tren
Para saudarte xa
Cinco veces pola tarde
E cinco pola mañán
De Viveiro a Ribadeo
Non che deixa de cantar
Benquerencia Benquerencia
Non che poido olvidar
Pintor pintor
Se un cadro queres pintar
Pon de marco a Benquerencia
Pon de marco a Benquerencia
E de fondo pon o mar
Coa alba pasa o tren
Para saudarte xa
Cinco veces pola tarde
E cinco pola mañán
De Viveiro a Ribadeo
Non che deixa de cantar
Benquerencia Benquerencia
Non te poido olvidar.