Que foi de… Celso Dourado?

Que foi de… Celso Dourado?

Puede ser una imagen de 1 persona y al aire libre
Puede ser una imagen de 2 personas, árbol y al aire libre
Puede ser arte de 1 persona e interiorPuede ser una imagen de 2 personas y texto
 Celso Dourado, nas cabanas do cámping Gaivota de Barreiros. JM ÁLVEZ
CURRÍCULO ► Pintor talentoso, inquedo e provocador na súa obra é tamén o responsable do cámping Gaivota xunto coa súa parella, un dos máis singulares e lonxevos da comarca. En 2018 pechou o Eido Dourado, un espacio artístico que durante dez anos acolleu una fervenza cultural orixinal e única na Mariña.

Inquedo por natureza, Celso Dourado impulsou xusto dende a fronte da praia da Pasada un espazo cultural case único, Eido Dourado, foco de creación cultural durante unha década e que pechou en 2018, pero agarda volver a poñelo a andar o ano que vén.

Di que Eido Dourado foi “tremendamente satisfatorio. Foron dez anos moi intensos de moitísimo traballo. Pero para min foron moi gratificantes. Só me quedou mal sabor de boca dos políticos, algo deleznable e demencial. E outra parte mala foi moita xente que quería ver alí algo que non existía: a que respondía, quen o financiaba… Quero deixar moi claro que fixemos o fixemos porque así o quixemos, nunca fomos pesebristas de ningun político nin debedores de subvencións amañadas ou manipuladas. Foi un traballo en base a unha dignidade e por iso non se cobraba entrada, os músicos cobraban, tampouco se cobraron os talleres infantís… Só foi por vontade de exercer unha actividade como realización persoal. Ese foi o espíritu”.

PUBLICIDAD

O funcionamento ► Todo o que fixo no Eido Dourado foi “sen ter que se pesebrista de ningún político, malia o que pensaban algúns”

Lembra que no séptimo ano “acumulabamos xa bastante queime pero propúxenme resistir dez”. Así o fixo, pero di que, aínda que pechou, non quixo que fose algo definitivo porque di que, despois de todo, o Eido Dourado concebiuse como espacio aberto: “A meirande parte desa casa, que é a miña vivenda, é unha sala de exposicións. Así que é absurdo que só a vexa o autor, tes que facer partícipe aos demais ou carece de senso”.

Así que tras pechar en 2018 di que fixo reformas pero topouse coa pandemia “e entón, pois bueno, decidimos estarnos quedos, como gran cantidade de xente que tamén decidíu parar e na idea, por suposto, de resetear un pouco ese proxecto”

Tirando cara atrás, Celso lembra que en realidade o cámping Gaivota, da súa propiedade, xa fora durante anos un refuxio de xente que se adicaba á música, á escrita ou á pintura. Iso valeulle moito despois porque conta que “esas vinculacións permitíronme, máis ou menos con certa facilidade, achegarme a todo ese mundo e uns a través doutros vaste facendo con contactos importantes a nivel galego, que é o que dalgún xeito o unía todo”.

Lembra que moita xente o chamaba porque tiña algún proxecto novo “e se a min o proxecto me parecía interesante, presentábase no Eido. Lembro que moitos músicos vascos teñen parado aquí. Ían a outros bolos, a outros festivais e paraban aquí. Collimos un pouco ese circuito que facía factible esa actividade de tipo cultural”.

E esa actividade da que fala fixo que por alí pasaran desde grupos de rock a poetas de toda A Mariña con recitais nunha contorna extraordinaria e sempre coa sombra dos seus cadros por alí. Porque ante todo, Celso Dourado é un pintor extraordinario: “Iso é algo que vai comigo desde que era un neno” e no que polo tanto non deixou nunca de traballar.

A pintura ► Seguiu sempre con ela e di que na pandemia facíao a diario e fi xo unha obra diferenciada da anterior que tiña

Conta que cando chegou a reclusión da pandemia no 2020 “eu realmente nin me enterei porque seguín pintando. Pásabao ben. Erguíame cada mañá coa idea de pintar e conseguíao”. “Espero seguir facéndoo sempre que teña folgos e algo de forza, e seguir pintando”, di.

Engade que lle apetece expoñer pero sabe que gran parte da actividade segue aínda resentida desde a época da pandemia, mais tiña tres exposicións pendentes e conta retomar unha delas en León. Farao porque ten “obra diferenciada. Todo creador quere expoñer algo que non sexa máis do mesmo, e eu tamén quixen que fose así”.