47 nenos e nenas acoden á escola infantil municipal de Barreiros

47 nenos e nenas acoden á escola infantil municipal de Barreiros

Instalacións da escola infantil municipal de Barreiros. EP

47 nenos e nenas acoden á escola infantil municipal de Barreiros
REDACCIÓN 02 MARZO 2019 11:54 H.
BARREIROS EDUCACIÓN
Instalacións da escola infantil municipal de Barreiros. EP
Instalacións da escola infantil municipal de Barreiros. EP
Oito persoas traballan neste centro con cociña propia e nutricionista

HAI 12 ANOS que botou a andar a escola infantil municipal de Barreiros O Bítere, que na actualidade conta con 47 nenos e nenas con idades comprendidas entre os 0 e os 3 anos. Corenta deles acoden ao centro educativo en horario de mañá e sete fano pola tarde.

O horario da instalación é de luns a venres de oito da mañá a oito da tarde, de xeito continuo, e nos meses de xullo e agosto “co fin de seguir facilitando a conciliación laboral e familiar durante o verán abre de oito da mañá a seis da tarde”, segundo explica o alcalde, Alfonso Fuente Parga.

O máximo de horas de permanencia dos cativos e cativas na escola infantil municipal de Barreiros é de oito e a media xornada é de cinco. “Hai quen ten xornada partida no seus traballos e tamén aquí existe esa posibilidade. Temos pais e nais que traen aos seus fillos e fillas catro horas pola mañá, lévanos xantar á casa e volven traelos pola tarde para aquí”, explican as educadoras.

El mercado funerario está asombrado con este curioso seguro de decesos
Ha nacido un nuevo seguro de decesos que alivia las cargas familiares cuando llega el día y está teniendo muchísimo éxito en España por las coberturas que ofrece y el coste reducido. No a todo el mundo se le puede hacer este Seguro de Decesos. Descubre si se te puede hacer a ti
Saber Mas

Escola infantil municipal de Barreiros. EP

Na escola infantil municipal de Barreiros traballan dúas mestras, catro técnicas, unha auxiliar e unha cociñeira. “A comida faise na cociña do centro e os menús que se ofrecen están controlados por unha nutricionista”, subliña Fuente Parga.

A escola conta con tres aulas, baños, cociña, unha sala mulitusos e ampla zona cuberta de xogos. As aulas están divididas por idades, para nenos e nenas de 0 a 1 anos, de 1 a 2 anos e de 2 a tres.

As monitoras contan que “intentamos facer unha rutina con eles pola mañá. Cos máis pequenos é máis complicado, pero cos maiores tratamos de facelo cos hábitos de hixiene e de alimentación. Tamén imos poñéndolles cancións e contándolles contos, tratamos de involucralos na pintura, aínda que non paran moito. Os máis grandes teñen unha unidade didáctica de libros, pero o que predomina sempre é o xogo”.