Archivo de la categoría: Política local

Alfonso Fuente: “A xustiza demostrou que todo o que se dixo sobre nós foron barbaridades”

Alfonso Fuente: “A xustiza demostrou que todo o que se dixo sobre nós foron barbaridades”

 Alfonso Fuente Parga. JOSÉ Mª ÁLVEZ
Foron catorce anos nunha alcaldía que non estiveron libres de polémica. O desenvolvemento urbanístico que tivo o concello co despegue da construción marcou os seus mandatos e a súa vida, pero lonxe de renegar deles Fuente Parga defende que o obxectivo era facer medrar o concello e que hoxe eses edificios están integrados e xeran riqueza

Despois de levar en política dende 2003, cando concorreu de número dous na lista de Luís Fraga e foi elixido concelleiro, Alfonso Fuente Parga (Benquerencia-Barreiros, 1971), renuncia á súa acta de concelleiro e abandona a política por motivos profesionais.

Despois de ser alcalde dende 2005 e pasar a oposición en 2019, por que abandona neste momento a política?
A miña vida sempre foi profesional e sempre mantiven que os periodos de goberno deberían ser limitados por lei a un periodo que podería ser de dous mandatos ou de dez anos, pero regulado. A vida política debe ser unha etapa, pero non a vida toda e a min chegoume o momento de retomar a miña vida profesional. Xa en 2019 volvín á miña actividade na asesoría e agora a institución financeira coa que traballo ten unha filosofía que pasa por non participar activamente na política e é algo ao que teño que renunciar para asumir as novas responsabilidades que me ofrecen.

Tras tantos anos na política, non lle houbera gustado dar o paso fóra do ámbito local?
Sempre fun partidario de que unha persoa debería ter un só cargo e mentras fun alcalde fun iso, alcalde. Cando pasei á oposición tiven a oportunidade de poder ser deputado provincial, pero xa tiña claro que ía retomar a miña actividade profesional e, igual que noutras ocasións, propuxen que fora o meu compañeiro, que ahora será o portavoz municipal, o que fora á Deputación.

“Houbo quen demonizou o noso intento de facer que Barreiros medrara como Ribadeo, Foz ou Burela”

Seguirá vinculado ao PP?
Si. Cando eres afiliado e simpatizante dun partido político non cambias de ideoloxía aínda que nalgún determinado momento podas ter discrepancias. Puiden estar disconforme dentro do partido, pero sempre o dixen onde tiña que dicilo e sempre respectei aos presidentes do partido, tanto en Lugo como en Galicia. Penso que o PP lucense está facendo un excelente traballo e estarei á súa disposición para o que sexa necesario se así mo piden.

Como recorda os seus anos ocupando a alcaldía?
O máis bonito é ser alcalde do teu concello porque te elixen directamente os veciños e eu teño que agradecerlles que me deran o seu apoio para estar tres mandatos. Como alcalde tocoume vivir uns momentos de esplendor para A Mariña e para Barreiros en concreto, cando moitas persoas querían contar cunha segunda vivenda no municipio, que agora en moitos casos converteuse tamén na primeira. Foi un boom económico porque traballaba ben todo o mundo.

Refírese ao boom urbanístico.
Foi un boom económico que non inmobiliario, aínda que houbo quen atacou ao Concello por querer medrar e aspirar a ser semellante a outras localidades do entorno coma Foz, Ribadeo ou Burela. Houbo quen demonizou todo iso e conseguiron levarnos aos tribunais.

“Seguro que nalgún momento erramos e haberá quen nos recorde por esas equivocacións e quen o faga polos acertos”

Foron xulgados por prevaricación urbanística
Si, pero despois de todo o mal que o pasamos, os concelleiros e eu e as nosas familias, teño que agradecer que se houbera chegado aos tribunais porque a xustiza puxo a cada quen no seu sitio. Foi clara e demostrouse que todo o que se dixo sobre nós eran barbaridades e que non había nada que esconder. Foi un proceso moi longo, de dez anos, nos que tamén é importante recalcar que os veciños nos seguiron apoiando, e hoxe o que quedou é que os terreos valen menos e perdeuse actividade económica no municipio. Ademais, nós tiñamos iniciada a tramitación para derrubar os edificios que por mor da crise quedaron se rematar e hoxe, aqueles que urxían a facelo, non o fan e todo segue igual.

Pensa que será recordado pola súa xestión neste eido?
Teño a conciencia tranquila e para os que lles quedaran dúbidas, aí están as sentenzas. Os que dixeron mentiras sobre nós e que hoxe están no goberno, estirarán esa mentira para seguir no seu posto. Crearon un bulo que nos desprestixou. Serei recordado dese xeito por quen queira velo así, pero tamén haberá veciños que nos recorden por ter aberto a gardería, polos saneamentos que executamos, pola rede de abastecemento, polo depósito de auga, polas melloras nas carreteras, polos centros sociais que se acondicionaron en todas as parroquias e por moitas obras que quedaron feitas. Seguro que nalgún momento nos equivocamos e haberá quen se queira acordar deses erros e outros lembrarán os acertos.

Como o viviu a nivel persoal?
Foi duro, pero tés que aprender. O que mellor me facía sentir era ver como medraba Barreiros e hoxe en día eses edificios están dentro do entorno e crean actividade no concello as fins de semana.

Botará de menos a actividade política á que estaba afeito?
Non, retomei a miña actividade enseguida e cando estou cunha cousa, céntrome niso. Pero si que a miro con pena porque vexo unha pista de pádel pechada, o ximnasio tamén, os nenos sen escolas deportivas… e dóeme, pero hai que respectar o que decidiron os veciños.

Que cousas apreciaba máis de ser alcalde?
As mellores cousas son as máis insignificantes. Por exemplo, que a xente que contaba coa atención dos servizos sociais se sentira agradecida ou ver aso veciños das parroquias desfrutar dos locais sociais para facer as súas xuntanzas e celebracións. Non son moito de placas nin de propaganda, pero o traballo que se fixo nestes anos está aí.

“Dentro de dous anos hai eleccións e oxalá que Barreiros volva contar cun alcalde do PP” 

Esta renuncia deixa vacante a portavocía, que exercerá José Manuel Gómez Puente.

Deixa orfo o PP de Barreiros despois de tanto tempo.
O PP de Barreiros vai continuar con ou sen Alfonso. Sempre digo que me gustou chegar sen molestar a ninguén e que me vou sen facer ruído. Antes de min houbo grandes alcaldes coma Manuel Díaz Sampedro, que foi quen dalgún xeito me inculcou o mundo da política, e Luís Fraga, con quen entrei de concelleiro. Agora a portavocía será de José Manuel e estou seguro de que será un gran portavoz. Dentro de dous anos hai eleccións outra vez e a ver que pasa. Espero que Barreiros volva contar cun gran alcalde do PP.

Agora son momentos difíciles.
Si, hai que mirar da saúde, pero tamén da economía e a administración local é a que ten que estar ao lado do cidadán.

Alfonso Fuente Parga, que fue alcalde de Barreiros durante 14 años, deja la política municipal

Alfonso Fuente Parga, que fue alcalde de Barreiros durante 14 años, deja la política municipal

Renuncia al cargo de portavoz municipal y concejal por motivos, dice, estrictamente profesionales

BARREIROS / LA VOZ 

Alfonso Fuente Parga, quien fue alcalde de Barreiros durante 14 años y hasta ahora ejercía como portavoz municipal del Partido Popular tras perder las últimas elecciones municipales, dejará la primera línea de la política local y renunciará a su acta como concejal en la corporación de Barreiros. En un comunicado divulgado por el PP, se indica que la decisión obedece a motivos estrictamente profesionales. José Manuel Gómez Puente, número 2 del partido a nivel local, concejal y diputado provincial, asumirá la portavocía.

Alfonso Fuente (Benquerencia, 1971) llegó a la corporación en 2003, como número dos en la lista que encabezaba Luis Fraga, que fue elegido alcalde. Al fallecer este, en 2005, Fuente le relevó como regidor, cargo que desempeñó hasta las elecciones de 2019. Durante sus mandatos, Barreiros experimentó su gran expansión urbanística y fue objeto de una intervención por parte de la Xunta, que anuló las normas urbanísticas y pleiteó contra las licencias. Finalmente, el juzgado decretaría que por un error de forma la intervención fue ilegal.

Su relevo, José Manuel Gómez Puente (Cospeito, 1967), ingresó en la corporación al mismo tiempo que él. Afirmó que su objetivo es dar continuidad a su trabajo y mantenerse próximo a los afiliados.

¿De qué viven ahora y cómo los exalcaldes y exdiputados?

En A Mariña todos destacan lo que han ganado a nivel personal al no estar tan expuestos en primera línea de la política

CARLOS CASTRO
JOSÉ ALONSO
BARREIROS / LA VOZ 

Las elecciones municipales supusieron un auténtico revolcón en algunos concellos, caso de Barreiros o Foz, con cambios en las alcaldías. Sus repercusiones llegaron también a la Diputación. Políticos que cobraban de la Administración se vieron obligados a dar un giro a su vida, volviendo a sus anteriores trabajos o buscando otras vías de ingresos. Pero además del aspecto pecuniario está el humano, el personal, ¿cómo les ha cambiado la vida a los exalcaldes y exdiputados? Alfonso Fuente, Javier Jorge Castiñeira, Darío Campos y Antonio Veiga no dudan: ha sido para mejor. ¿Nostalgia del pasado? Ninguna.

Javier Jorge Castiñeira fue alcalde de Foz ocho años y ahora es diputado provincial, con dedicación exclusiva. Más allá de incrementar significativamente el salario que percibía en unos 15.000 euros anuales, reconoce el alivio que le ha supuesto dejar atrás la exposición de la alcaldía: «O alcalde é o autónomo da política, traballa ou ten que estar a disposición da xente 24 horas ó día, os sete días da semana». Ayer fue a Lugo, a una mesa de contratación y esta semana se estrenó como viceportavoz del grupo provincial del PP. Su rutina semanal consiste en desplazarse tres días a la semana a la capital de la provincia, en mantener un contacto diario con la portavoz provincial «e traballar moito dende a casa, en contacto cos compañeiros, alcaldes e portavoces, preparar mocións, iniciativas...».

Castiñeira no oculta el sinsabor que le supuso perder las elecciones. No obstante, ya antes era consciente de que, aunque hubiese ganado, habría tenido muy difícil gobernar, por el previsible pacto de los partidos de izquierdas: «Por iso xa me plantexaba de antes que ía facer coa miña vida, porque non son funcionario. Valorei deixar a política e volver á miña vida profesional, ou montar algo», dice. Y el PP le propuso un puesto en la Diputación.

«A miña vida mellorou moito. O día a día do alcalde é moi complexo, con altos e baixos, con críticas nas redes sociais, con moitísima intensidade… e cando deixas iso, o normal é mellorar, porque gañas moita tranquilidade e volves a dispor de tempo que antes non tiñas», añade Castiñeira, que asume este período como una transición, convencido de que «a miña carreira profesional non acabará na política».

Antonio Veiga Outeiro, concejal del BNG de Barreiros, fue diputado 16 años, varios con responsabilidad de Gobierno. Ahora sigue cobrando de la Diputación, liberado para el grupo político (cada partido, PP, PSOE y BNG, tiene tres). Su trabajo ahora se centra en el Concello de Barreiros, en la delegación de Obras y como teniente de alcalde, y como responsable de organización y política municipal del BNG de A Mariña. Entre Barreiros y la sede nacionalista de Foz discurre su jornada laboral: «O traballo ven sendo parecido, porque na Deputación non escatimaba esforzos e no BNG somos unha organización pequena, con poucos cartos, e temos que facer de todo. Certo é que xa non teño un perfil tan público, e no Concello estamos gobernando por primeira vez, é unha experiencia nova que me está gustando moito».

Darío Campos, alcalde de A Pontenova, fue tres años presidente de la Diputación. Ahora su día a día pasa por el Concello pontenovés, al que ha regresado, pese a no cobrar del Ayuntamiento (lo hacen otros dos concejales). Pendiente de aclarar su puesto en el partido, no hecha de menos el tumultuoso paso por la presidencia del ente provincial. «O meu día a día mellorou moito. Aínda que no Concello hai moito traballo, estou máis relaxado, non ten nada que ver. Teño máis tempo para a familia, os amigos e para min… Dende logo, non voto nada en falta a Deputación».

Alfonso Fuente

Alfonso Fuente, exalcalde de Barreiros, se centra ahora el trabajo en su gestoría, en San Cosme: «

Nunca o deixei de feito, porque os que non somos funcionarios e entramos en política sabemos que en algún momento teremos que volver á nosa actividade, eu de xestoría e de banca».

«Unha alcaldía ocúpate 24 horas e agora mesmo teño que dicir que non a boto en falta. Levaba 14 anos de alcalde e pensaba que deixalo ía ser peor, pero non, gústame o meu traballo e este mes de agosto, con máis tempo, gocei moito», concluyó.

La Audiencia Provincial dictaminó la absolución del exregidor de Barreiros

La Audiencia Provincial dictaminó la absolución del exregidor de Barreiros

Alfonso Fuente Parga. JOSÉ Mª ÁLVEZ
 Alfonso Fuente Parga. JOSÉ Mª ÁLVEZ
Alfonso Fuente y cinco concejales fueron absueltos de un delito de prevaricación urbanística

La sección segunda de la Audiencia Provincial de Lugo dictó el viernes sentencia firme absolutoria sobre un recurso de apelación presentado por la fiscalía y Adega contra la sentencia dictada el pasado 8 de febrero por el Juzgado de lo Penal número 2 de la capital lucense, por la que se absolvió al exalcalde de Barreiros, el popular Alfonso Fuente, a cinco de sus ediles y a la arquitecta municipal de un delito de prevaricación urbanística, por la concesión, en 2006, de 40 licencias con las que se preveía la construcción de 3.000 viviendas en el concello mariñano.

En el dictamen final, uno de los tres magistrados que instruyó el recurso de apelación se mostró en contra de la sentencia final absolutoria, sobre la que no cabe casación. Así las cosas, el ministerio fiscal sostenía, al igual que Adega -que se presentó como acusación particular y que también había recurrido-, que “no se han valorado adecuadamente las pruebas practicadas”.

Uno de los acusados, Alfonso Fuente, mostraba el viernes su satisfacción tras conocerse la sentencia. “Estoy aliviado, y alegre porque desde el principio sabíamos, tanto el equipo de gobierno como yo, que habíamos hecho las cosas bien. Todas nuestras decisiones estaban basadas en los informes de los técnicos del ayuntamiento”, reconoce el ex regidor barreirense y ahora en la oposición.

O BNG PRESENTA EN BARREIROS UNHA CANDIDATURA DE 21 PERSOAS DISPOSTAS A CAMBIAR O FUTURO DO CONCELLO

O BNG PRESENTA EN BARREIROS UNHA CANDIDATURA DE 21 PERSOAS DISPOSTAS A CAMBIAR O FUTURO DO CONCELLO

O acto público de presentación será o vindeiro 30 de abril no centro sociocultural de San Cosme.

A formación nacionalista presenta unha lista co máximo de persoas permitido pola lexislación electoral: 11 titulares e 10 suplentes.

Barreiros, 17 de abril de 2019. O Bloque Nacionalista Galego en Barreiros vén de facer pública a candidatura coa que concorrerá ás vindeiras eleccións municipais do 26 de maio. A lista encabezada pola actual portavoz municipal, Ana Ermida, está composta por 21 persoas que representan “un proxecto de goberno para hoxe e para os vindeiros anos”. “Presentamos un equipo conformado por persoas con experiencia e persoas novas, na política municipal e tamén en idade; dispostas a cambiar o futuro de Barreiros desde hoxe mesmo”, asegura Ana Ermida.

A portavoz municipal asegura que “a lista que presenta o BNG é moito máis que as mulleres e homes que a compoñen, porque cada unha desas persoas representan idades, sectores, preocupacións e ocupacións que teñen cabida no concello. Somos un equipo integramente barreirense, ao que o único que o move é o interese por desterrar do noso concello as políticas que están condenando a Barreiros a ser obxectivo constante de novas negativas”, afirman desde o BNG.

“Unha lista de máximos, en cantidade e calidade”

O número de persoas que conforman a candidatura nacionalista non é casual: é o número máximo permitido pola lexislación electoral, contando con 11 persoas titulares e 10 suplentes. “É a mostra máis palpable do bo momento polo que atravesa o BNG en Barreiros”, afirma Ana Ermida. “Contamos con un grupo numeroso, plural, diverso e con capacidade, ilusión e ganas de devolverlle a Barreiros o bo nome que o converta nun concello referente pola súa capacidade e o seu desenvolvemento”, asegura.

Das 21 persoas que compoñen a lista, 9 delas son novas incorporacións, fundamentalmente de xente moza que “demostra que as mozas e mozos deste concello queren poder vivir e traballar no lugar onde naceron, acreditan na potencialidade de Barreiros e apostan polo proxecto do BNG para lograr un concello do que sentir orgullo. Pero demostra, sobre todo, que hai xente disposta a traballar polo seu concello con humildade, con constancia e con dedicación para mellorar a calidade de vida das veciñas e veciños”, manifesta Ana Ermida.

A portavoz municipal amósase “moi satisfeita” coa composición da candidatura e sinala que “o único negativo é que nos postos titulares só poden ir 11 persoas, porque realmente calquera das 21 persoas teñen capacidade, ilusión e valía para ocupar calquera posto.” Agradece tamén “a boa e total disposición de todas e cada unha das persoas que, lonxe de poñer ningún tipo de condición, se prestaron a traballar desde calquera lugar; mesmo algunha sen aparecer na lista, e que contribuirán a que Barreiros teña un goberno municipal digno e dedicado integramente ao interese e ao servizo das veciñas e veciños.”

A candidatura: desde mozas de 21 anos a persoas xubiladas.

“A incorporación de xuventude á nosa candidatura foi un obxectivo fundamental, porque queremos demostrar que hai futuro e que ese futuro pasa por un cambio de goberno e polo BNG”, afirma a portavoz municipal. “Que unha persoa de 21 anos se implique na política municipal, significa que a mocidade quere ser un actor principal no cambio que precisa este concello”, explica a respecto da incorporación de Sarai López Rocha, veciña de San Miguel, que se atopa finalizando os estudos que a converterán en técnica en atención a persoas en situación de dependencia; mentres os compaxina co traballo como camareira.

Daniel García Fernández, mestre e técnico de actividades deportivas de Celeiro, recunca na candidatura, pasando do número 8 na candidatura do 2015 ao 5, en claro posto de saída; “o que é outra mostra do papel central que ten a xente moza no proxecto que presenta o BNG”.

Con este mesmo perfil de xente moza, que non acadan os 30 anos, repiten na candidatura Diego Vizoso, mecánico de Benquerencia e Marta Castrillón, enfermeira de San Miguel. E incorpóranse a mestra Ofelia Cebrián, de San Cosme; a camareira Miriam López Ramos, de Celeiro e o deseñador gráfico e estudante de xornalismo Carlos Baamonde, de San Miguel.

Entre os 30 e os 40 anos, tamén aparecen novas caras, como a mestra Noela Fernández Soto, de San Miguel e Pedro Villar, torneiro-fresador de San Cosme.

Suman ademais a presenza de Miguel Ángel Vilar, gandeiro da Insua; Minerva Bermúdez, xubilada da Espiñeira e Gloria Pérez Rodríguez, de Vilamartín Grande, traballadora do sector servizos.

Repiten na candidatura, ademais do actual grupo municipal composto por Antonio Veiga, Montse Porteiro e Dámaso Ratoeira, a maiores da propia Ermida; Cándido Álvarez Veiga, actualmente gandeiro xubilado da Rilleira; Xoán Manuel Díaz Branco, de san Miguel, traballador sindical da CIG; Xoán Antonio Fernández Sante, palista de Ibia; Luzía Pérez García, de San Cosme, licenciada en Belas Artes, especialista en moda e marketing e actualmente xestora de equipos nunha cadea de moda familiar en Barcelona e Xesús Díaz Branco, economista e asesor fiscal de San Miguel.

A lista completa é a seguinte:

  1. Ana Belén Ermida Igrexas. Santiago de Reinante. Licenciada en dereito e traballadora da administración local.
  2. Antonio Veiga Outeiro. Celeiro. Deputado provincial.
  3. María Montserrat Porteiro Sánchez. San Cosme. Enfermeira na unidade de diálise do Hospital da Costa.
  4. Dámaso Ratoeira Basanta. San Cosme. Axente medioambiental da Xunta de Galiza.
  5. Daniel García Fernández. Celeiro. Mestre e técnico en actividades deportivas.
  6. Noela Fernández Soto. San Miguel. Mestra.
  7. Cándido Álvarez Veiga. A Rilleira. Gandeiro xubilado.
  8. Ofelia Cebrián Paz. San Cosme. Mestra.
  9. Diego Vizoso Castro. Benquerencia. Mecánico.
  10. Marta Castrillón López. San Miguel. Enfermeira.
  11. Miguel Ángel Vilar Rego. A Insua. Gandeiro.

S1. Miriam López Ramos. Celeiro. Camareira.

S2. Xoán Manuel Díaz Branco. San Miguel. Sindicalista.

S3. Sarai López Rocha. San Miguel. Estudante de técnica en atención a persoas en situación de dependencia e camareira.

S4. Pedro Villar Rodríguez. San Cosme. Torneiro-Fresador. Programador da producción en fabricacion mecanica.

S5. Minerva Bermúdez Montenegro. A Espiñeira. Xubilada.

S6. Xoán Antonio Fernández Sante. Ibia. Palista.

S7. Luzía Pérez García. San Cosme. Xestora de equipos dunha cadea de moda familiar en Barcelona

S8. Carlos Baamonde Bermúdez. San Miguel. Deseñador gráfico e xornalista.

S9. Gloria Pérez Rodríguez. Vilamartín Grande. Traballadora do sector servizos.

S10. Xesús Díaz Blanco. San Miguel. Economista e asesor fiscal e contable.

Para máis información chamar a Ana Ermida ao 667 87 14 59

O PSOE presenta unha candidatura renovada para “sacar a Barreiros da parálise e o desastre económico destes 15 anos do PP”

O PSOE presenta unha candidatura renovada para “sacar a Barreiros da parálise e o desastre económico destes 15 anos do PP”La imagen puede contener: una o varias personas y personas de pie

13-04-19

 Barreiros, 13 de abril de 2019.- O PSOE presentou este venres a súa candidatura á alcaldía de Barreiros para as próximas eleccións municipais, que encabezará a actual voceira socialista, Carmen Veiga. Participaron no acto o Secretario Xeral do PSOE na Provincia de Lugo, Álvaro Santos; o candidato do PSOE ao Senado pola provincia de Lugo, César Mogo; a candidata do PSOE polo Congreso, Sonsoles López; e a Presidenta de Honra da agrupación, Pilar Cancela.

Carmen Veiga destacou que “é o momento do cambio, a cidadanía o percibe e así nolo está trasladando. Dende o PSOE imos a sacar ao Concello da parálise e o desastre económico ao que nos ten sometido o Alcalde do PP durante estes 15 anos. Exemplo diso son os esqueletos cos que contamos na actualidade en Barreiros, edificios sen terminar, aos que o goberno do PP non lles cobrou o IBI, tendo unha débeda ao respecto superior aos 300.000 euros que nos verían moi ben para mellorar os servizos básicos do noso Concello. O señor Fuente Parga estivo durante todo o mandato sumido nunha apatía constante que prexudicou gravemente aos nosos veciños. Froito da súa pésima xestión as praias de Barreiros perderon todas as bandeiras azuis, os camiños non están acondicionados, seguimos sen saneamento e as rúas do Concello están sucias e sen limpar”.

O PP privatizou os servizos públicos
A candidata socialista denunciou que as políticas do Partido Popular están ligadas “a privatizar os servizos públicos para facer negocio, está no seu ADN. O vemos coa sanidade, como por culpa dos continuos recortes por parte do PP na Xunta de Galicia Barreiros estivo máis de 1 ano e medio sen un médico no centro de saúde e con problemas en pediatría porque só hai un especialista para atender a 3 Concellos. Isto, por desgraza, pódese extrapolar ao ámbito municipal. O Alcalde privatizou os servizos públicos municipais como o mantemento dos alumeados, as estradas, o saneamento…todo o que puido. Esas son as políticas do PP, privatizar o público. Dende o PSOE imos a desterrar esta forma de xestionar os recursos, evitando sobrecustes e achegando aos veciños unhas prestacións de calidade”.

O PP non fai nada ata que chegan as eleccións e aparecen as máquinas
“O PP no goberno municipal quere facer nestes meses todas as actuacións que non fixo durante toda a lexislatura. Agora vemos polo Concello as máquinas traballando e as obras empezadas. Por desgraza é unha mera ilusión, posto que isto sucede en Barreiros cada 4 anos antes dunhas eleccións. É a estratexia do Alcalde e do PP, non facer nada, prometer moito e logo incumprir todo”, lamentou a candidata socialista.

“Poñer a Barreiros no mapa”
A candidata socialista subliñou que “queremos aproveitar as oportunidades que nos ofrece o territorio impulsando todo tipo de iniciativas que potencien o turismo e a economía do noso Concello, ademais de garantir servizos sociais básicos, como a axuda no fogar ou a teleasistencia, e poñer en marcha o necesario centro de día. Desenvolveremos un proxecto de saneamento integral do municipio no que progresivamente vaiamos facendo actuacións para solucionar os problemas actuais e demandaremos á Xunta de Galicia que deixe de bloquear a EDAR de San Miguel de Reinante. En definitiva, queremos poñer a Barreiros no mapa outra vez tras tantos anos esvaecida”.

O PSOE, unha alternativa real
“Os socialistas somos a alternativa real para que os veciños de Barreiros se sintan orgullosos do seu municipio porque presentamos un proxecto no que priman as persoas sobre os intereses partidistas”, apuntou Santos Ramos. O Secretario Provincial salientou os 1,9 millóns de euros que destinou o PSOE en Barreiros dende o Executivo da Deputación para a mellora de infraestruturas e dotacións públicas. Con dito investimento adquiríronse casetas de baños para as praias, pavimentáronse camiños, rehabilitáronse 9 quilómetros de estradas provinciais, humanizamos a contorna no centro de San Miguel de Reinante e dotamos de alumeados públicos a varios núcleos rurais. “Pola contra o PP no goberno galego non trouxo nin un só investimento. Onde está o proxecto da EDAR? Onde está o saneamento? Onde está o dragado da ría do Masma? E o remate da pasarela do colexio de San Miguel de Reinante? Están todos nun caixón esquecidos polos populares.

O PSOE é a única alternativa fronte ao Pacto de Colón
Mogo, López e Cancela subliñaron que “na España das dereitas só caben eles e os que pensan como eles; na nosa caben todos e todas. O PSOE é a única alternativa fronte ao Pacto de Colón, fronte a involución, fronte a precariedade e fronte a supresión dos dereitos”. Neste eido, os socialistas destacaron algunha das medidas impulsadas polo Goberno Central como a subida do SMI aos 900 euros, a ampliación do permiso de paternidade ás 16 semanas ou o incremento das pensións, do que se beneficiaron 1.250 veciños de Barreiros, o que supón 185.000 euros máis ao ano no Concello.

Experiencia e caras novas na candidatura
“Trátase dunha lista renovada, con caras novas e xente con experiencia, de diferentes sectores da sociedade e na que todos son militantes do PSOE. A candidatura está integrada por persoas das parroquias de Celeiro de Mariñaos, San Xusto, San Cosme, San Miguel de Reinante e Santiago de Reinante. Hai peóns, mecánicos, limpadoras, administrativos, xubilados, economistas, profesionais de asistencia a domicilio, electricistas e profesores de primaria”. A lista dos socialistas é a seguinte: María Carmen Veiga Rodríguez, Benito Longarela Geada, María de la Luz Rodríguez Rico, Felipe Fernández Recalde, Jose Antonio Otero Ramos, Jorge David Vázquez Grande, Ángeles López López, Adrián Longarela Otero, Silvia Otero Monroy, José Terrón Cantil e Juan Francisco Javier Acedo Gordo. Suplentes: Miguel Ángel Barrera Longarela e María Ángeles Moirón Otero.

El alcalde de Barreiros se incorporará mañana al PP para encabezar su candidatura

El alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente Parga, y los demás ediles de su gobierno que se dieron de baja en el PP a raíz de la apertura de juicio oral contra ellos por un supuesto caso de prevaricación urbanística formalizarán mañana su reincorporación al partido, después de la sentencia del Juzgado de lo Penal número 2 de Lugo que los absolvió de todos los cargos

El regidor local reconoció sentirse satisfecho por su regreso al Partido Popular, después de que el proceso judicial en el que se vieron inmersos durante más de una década terminase de forma favorable para ellos.

“Esperábamos que terminase este proceso y terminó como esperábamos, con esos dos archivos por parte del Juzgado de Mondoñedo y la sentencia absolutoria por parte del Juzgado de lo Penal número 2 de Lugo”, dijo el alcalde.

Por ello, en este momento, “ahora toca continuar, tenemos ahí unas elecciones locales y los afiliados y simpatizantes me piden que vuelva a encabezar la lista del Partido Popular en Barreiros”

“Así lo haremos”, confirmó Fuente Parga.

O BNG IMPUGNA O ORZAMENTO DE BARREIROS POR NON CONTEMPLAR CRÉDITO SUFICIENTE PARA GARANTIR OS SERVIZOS

O BNG IMPUGNA O ORZAMENTO DE BARREIROS POR NON CONTEMPLAR CRÉDITO SUFICIENTE PARA GARANTIR OS SERVIZOS.

A partida para o subministro de depuradoras contempla 30.000 euros para o 2019. Só as facturas pendentes de 2018 para esa partida suman 35.191,49 euros.

Barreiros, 16 de febreiro de 2019. O Bloque Nacionalista Galego en Barreiros vén de impugnar o orzamento municipal para o ano 2019 debido á “insuficiencia das partidas para atender aos servizos básicos que debe prestar o Concello”. Desde o BNG explican que “o orzamento aprobado polo goberno do Partido Popular é unha hipoteca para o Concello e para as veciñas e veciños que, a día de hoxe, xa están debendo facturas de servizos fundamentais como o de alumeado público ou o tratamento de residuos.”

As alegacións presentadas polo BNG sinalan o incumprimento do documento orzamentario en varios aspectos, como a falta de negociación colectiva en materia de persoal ou a insuficiencia das partidas para atender as obrigas esixibles á administración local.

A portavoz municipal do BNG explica que “non se trata de cuestións meramente formais, senón que as consecuencias que se desprenden deste xeito de elaborar o documento económico máis importante do noso concello, son terribles para as veciñas e veciños.” Ana Ermida explica que “hai partidas que xa comezan o ano agotadas, como  a destinada aos subministros de depuradoras, na que se orzamentan 30.000 euros e só con facturas pendentes do 2018 que teñen que cargarse contra o crédito deste ano, gastaranse máis de 35.000.”

Para a formación nacionalista o que demostra esta situación é que “o goberno municipal de Barreiros non se molesta o máis mínimo en pensar nas necesidades e na situación do concello, senón que seguen insistindo nun xeito de xestionar os cartos públicos co que están levando a Barreiros á ruína económica.”

A portavoz municipal explica que “Cada ano, os problemas para afrontar facturas prodúcense antes. No 2017, as facturas do alumeado ou do lixo deixaron de pagarse en setembro; mentres que no 2018 xa quedaron sen pagar desde xuño, segundo se deduce da documentación que acompaña ao orzamento e das facturas pendentes, que o PP recoñeceu no último pleno. Coa situación que se produce de novo no orzamento do 2019, este problema no pago das facturas comezará incluso antes de mediados de ano e así cada vez vai aumentando o furado económico do Concello como se fora unha bola de neve.”

Desde o BNG explican que as alegacións presentadas deben ser resoltas en pleno municipal no prazo máximo dun mes e, tendo en conta que mesmo o Tribunal Supremo xa se ten manifestado a respecto da nulidade dos orzamentos que incorren nalgunha das circunstancias nas que está o de Barreiros, debería acordarse a aceptación das alegacións, declarar a nulidade do orzamento e comezar a elaboración dun novo documento orzamentario que cumpra co legalmente establecido.