San Esteban do Ermo

SAN ESTEBAN DO ERMO
Barreiros está situado na Mariña Lucense, norte da pronvincia de Lugo, N-634, Ruta que parte da Casa do Concello, paralela ó Rego do San Estebo, para en poucos máis de 4 Kms. de percorrido observar unha fervenza e adentrarnos na Fraga do S. Estebo, con árbores autóctonos: castaños, carballos, salgueiros, bidueiros, abeleiras….
KILÓMETROS DE PERCORRIDO:
A) 3’3 Kms. Concello, Gasolineira, Eiras, Capela S. Estebo
B) 3’1 Kms. Concello, Estrada da Insua, Capela S. Estebo
ÉPOCA IDEAL:
Calquera do ano, sobre todo primavera e verán
DIFICULTADE:
Primeiro treito baixa (pode facerse a pé e bicicleta de montaña); a partir da capela alta (a pé), os menores deben ir acompañados
EDIFICIOS DE INTERÉS:
Capela do San Estebo. Destacamos a fonte ferruxinosa, a fervenza, fonte de Santa Rosa e muiños en estado ruinoso

FAUNA: corzos, raposos, xabaríns,esquíos, xinetas…; no rego troitas

VEXETACIÓN: Na primeira parte do percorrido pradeiras e terras de cultivo. Na arboreda piñeiros e eucaliptos, a partir da Capela atopamos a Fraga do S. Estbo formada por bosque autóctono: carballos, castaños, abeleiras, loureiros, salguieros, bidueiros

O punto de partida é A Casa do Concello en S. Cosme, na estrada N-634. Dende aquí hai dúas rutas alternativas que nos levan ata a Capela do S. Estebo do Ermo:

a) Dirección Lugo, pasada a gasolineira collemos unha estrada á esquerda, pasamos o barrios das Eiras; unha pista sen asfaltar, entre unha arboreda de piñeiros e eucaliptos, bordeando O Rego do San Estebo (onde podemos observar restos de muiños), lévamos ata a capela. Percorrido 3’3 Kms

b) Tomando a estrada da Insua, a 1’9 Kms unha pista sen asfaltar á dereita, lévanos á capela, cruzando piñeiros e ecualiptos. Percorrido 3,1 Kms

A capela do San Estebo do Ermo foi coñecida perante séculos como a Igrexa de Augas Santas, suponse que dita denominación venlle pola existencia nas inmediacións dun manantial de augas ferruxinosas que foron empregadas perante décadas polas súas propiedades curativas

A festividade celébrase o luns de Pascua, onde acuden romeiros de tódala Mariña. Foi arranxada en 1992 e acondiconada unha área recreativa con fonte de agua potable

A partir daquí a ruta só se pode realizar a pé (é recomendable que os menos vaian acompañados), andaremos 900 m, ida e volta, entre bosque autóctono: carballos, castaños, abeleiras, bidueiros, loureiros, salquieros…e o ruido da auga do rego. Os amantes da natureza poden seguir fraga arriba

Atoparemos:

– A fonte ferruxinosa: polas súas propiedades curativas (entre elas a anemia) aquí viñan xentes da Mariña (Cangas de Foz, Nois, Fazouro, Sta. Cilla, Valadouro..), Meira..a toma-las augas, parando en San Cosme nas casas de Ramón do Celeirao, do Rei, do Ulleiro, da Sra. Gene, de Rosario, de Barreiras das Eiras…
– A ferradura do cabalo de Santiago: arriba da fonte do ferro. A lenda dí: Cando

Santiago Apóstolo ía perseguido polos seus inimigos, o cabalo deu un salto dunha ladeira a outra
– A fonte de Santa Rosa: arriba da fervenza, como unha pequena charca, facilmente recoñecible pola abundancia de panos que deixan os romeiros que alí lavan a cara poque se lle atribúe poderes curativos para as rosas da pel, daquí o seu nome.Podemos seguir ata un muiño en mal estado de conservaciónDe regreso desviámonos á dereita, onde o río salva un desnivel formando unha fervenza, “fermosa cola de cabalo”, sobre todo cando o rego leva cantidade de auga; o ruxir da auga lévanos por un sendeiro paralelo ó rego ata a capelaRuta que chama a atención do visitante, que invita o recollemento polo silencio, tranquilidade, paz e contacto coa natureza

Estamos seguros que o que veña por primeira vez, repetirá

Noticias de Barreiros