Archivo de la categoría: Música

Estíbaliz Veiga: «Estou coñecendo verdadeiros lugares máxicos e incribles»

Estíbaliz Veiga: «Estou coñecendo verdadeiros lugares máxicos e incribles»

Estreou na canle autonómica o espazo que ensina Galicia dende «os seus ollos»; A Mariña sae o día 16

YOLANDA GARCÍA
BARREIROS / LA VOZ 

Con raíces fondas e sentimentais en Celeiro de Mariñaos, a actriz barreirense Estíbaliz Veiga acaba de mergullarse nunha nova aventura dentro da súa carreira. A última incursión televisiva da mariñá leva por título Un país en 360, programa de Adiviña Producións baixo a dirección de Jorge Algora, que entraba onte á noite nas casas galegas a través da TVG en horario de máxima audiencia (emítese os luns ás 22.00 horas) coa estrea dedicada á Ribeira Sacra. O seguinte capítulo será o vindeiro 16, o da Mariña, e continuará nesta orde: Oseira, Lugo, A Coruña, Costa da Morte e Parque das Illas Atlánticas. A novidade é o formato no que foi gravado, incorporando nun concepto multiplataforma en España a denominada estereoscopia.

-Como prevé «o parto»?

-Aínda será de noite [por onte], porque nos debemos ao noso público, á nosa audiencia. Para min esta experiencia foi das máis gratificantes que tiven nos 20 anos que levo de traxectoria profesional, pero ata que saia o primeiro capítulo e se teste cos que están na casa estou con todos os dedos cruzados.

-Fixo algún ritual de sorte en particular para que sexa exitoso?

-Simplemente mirei para o ceo e pensei no meu avó.

-Debe de ser emocionante sacar adiante un proxecto así…

-Efectivamente, é emocionante porque non só achegamos as nosas tecnoloxías aos usuarios e ás súas casas, senón que tamén nós imos con eles ás súas propias casas. De feito, estivemos sobrevoando co dron as casas dunhas mulleres de Zobra, por exemplo, onde vían onde tiñan o seu galiñeiro, a súa horta… e para min iso é realmente entrañable, pois recórdame o cariño que lle tiña meu avó á súa casiña naquela época dos 90, na que se levaban tanto as fotografías aéreas e a cada un lle gustaba ter unha. Neste programa atopámonos con esa xente que ten ese amor á súa casa, a que, con tanto esforzo, e a base de traballo duro, foron construíndo. Tamén mesturamos persoas, profesións, lugares, rural, urbano… e achegámonos moi de preto á súa forma de vida, sexa co dron, coa realidade virtual, nun 360? ou dun xeito totalmente convencional. Mesturando iso, as novas tecnoloxías e a xente do noso «país en 360?»… claro que é emocionante!

-Ás veces dise que en Galicia non valoramos o suficiente o noso. Servirá isto para darlle a volta?

-Este programa amosa o patrimonio paisaxístico, histórico, cultural e etnográfico, todo canto hai. Todos temos eses puntos que coñecemos da nosa Galicia, pero eu mesma, que me movo moito, estou coñecendo verdadeiros lugares máxicos, de paisaxes incribles e inexplorados. Velos a través dunha cámara 360? dende a casa é realmente impresionante. Poden ver a través dos meus ollos, como o poema de Rosalía Vista dos meus ollos. Eu levo a cámara, busco planos (cun equipo detrás obviamente), busco os recunchos… Vou contar unha sorpresa que se pode dicir: subinme ao faro de Illa Pancha de Ribadeo por unhas escaleiras fermosas de forxa de Sargadelos, metinme por un buraco e, dende alí arriba, fixen planos que ninguén ten.

-Viviu algunha anécdota tamén a «nena» que leva dentro?

-De feito, a cativa que vive en min é a que fai o programa. Ando escapada ás veces do resto do equipo, a «cabriña de Celeiro» está presente todo o tempo, buscando alturas ou pensando: «isto ten que velo a xente, ten que experimentalo comigo».

-Pasoulle factura algunha peripecia con «Un país en 360?»?

-Non! Estou enteira! Teño caído máis na miña propia casa. Fixen todo tipo de deportes: foil surf en Ribadeo, barranquismo nas pozas de Melón, snorquel nas illas Cíes, bicicleta eléctrica en Vigo… Hai moitas cousas en cada programa que son xeniais. Ademais, é a primeira vez en España que se fai un formato deste tipo, con esta tecnoloxía. É algo arriscado, pero confiamos en que incluso todos aqueles que queiran viaxar dentro da nosa Galicia poidan sacarlle partido, pois imos colgar tamén parte dos capítulos na canle de YouTube da TVG, para poder ver en 3D e 360?.

-A ver se vai producir algún que outro «efecto As Catedrais»…

-Sempre repito isto: non é unha postal, é unha paisaxe viva que debe ser coidada, respectada e medida. Así que todo o mundo que se achegue aos lugares que nós amosamos ha de ir con esa perspectiva de coidar o contorno, porque só temos un planeta, e eu, que son superecoloxista, vivo con esa premisa dende que me ergo ata que me deito.

-Xa sabemos que as comparacións son odiosas sempre, pero… podemos chancear dicindo que é a nosa «Calleja galega»?

-[Sorrí]. Si, xa mo teñen dito!

«Esta experiencia foi das máis gratificantes que tiven en 20 anos de traxectoria»

«É a primeira vez que se fai un formato deste tipo. Somos pioneiros con esa tecnoloxía»

Os Rockenstein, musical para toda la familia en Barreiros

Hoy • 12.00 horas • Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro • Dentro del programa Cultura no Camiño de la Xunta de Galicia llega a Barreiros en este miércoles un espectáculo de teatro musical que está dirigido especialmente al público familiar y cuyo nombre es Os Rockenstein. La entrada es totalmente gratuita al Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro, hasta completar aforo. La historia se basa en un experimento que realiza un inventor melómano llamado Rockenstein, «creando futuras estrelas de rock, pero rematará formándoas primeiro como persoas e logo como rockeiros».

CANTAR DELAS ACTUARÁ ESTE SÁBADO, 30 DE MARZO, EN SAN COSME DE BARREIROS

CANTAR DELAS ACTUARÁ ESTE SÁBADO, 30 DE MARZO, EN SAN COSME DE BARREIROS.

Barreiros, 26 de marzo de 2019. O grupo Cantar delas actuará o vindeiro sábado, 30 de marzo, no centro sociocultural de San Cosme de Barreiros, ás 19:00 horas.

Neste concerto, enmarcado nos actos de conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, Cantar Delas fará un percorrido pola música dende o século XIII ata o XX. Cada letra irá precedida dunha presentación de personaxes femininas que forman parte do imaxinario colectivo e están presentes nas nosas vidas, sen saber en moitos casos quen foron e as razóns polas que pasaron á historia.

Cantar Delas quere dar a coñecer a esas mulleres, o seu papel no cuestionamento da orde social, na loita contra as inxustizas, os motivos polos que foron perseguidas nuns casos, vilipendiadas ou incomprendidas noutros. Deste xeito reivindica ás mulleres que abriron camiño ao longo dos séculos e que posibilitaron chegar a onde hoxe estamos, lonxe aínda da igualdade real pero camiño dela.

Este concerto está organizado pola Deputación de Lugo coa colaboración do Concello de Barreiros.

O próximo sábado día 30, as 5 da tarde, no Centro Cívico Manuel Díaz Sampedro, actuarán o Coro Son Elas, a entrada e gratuita e para todolos públicos

Bo día.
O próximo sábado día 30, as 5 da tarde, no Centro Cívico Manuel Díaz Sampedro, actuarán o Coro Son Elas, a entrada e gratuita e para todolos públicos.
Este Concerto podese levar acabo grazas a que e finanzado pola Deputación de Lugo.

Carmen Veiga
Portavoz do PSOE no Concello e
Candidata a Alcaldía.

Saudos e grazas.

A AC BRIGANTIA PRESENTA CLÁSICOS DA MÚSICA (TANGO). SERÁ  ESTE DOMINGO, 16 DE DECEMBRO, NO CENTRO CULTURAL MANUEL DÍAZ SAMPEDRO

A AC BRIGANTIA PRESENTA CLÁSICOS DA MÚSICA (TANGO). SERÁ  ESTE DOMINGO, 16 DE DECEMBRO, NO CENTRO CULTURAL MANUEL DÍAZ SAMPEDRO.

Barreiros, 10 de decembro de 2018. O Concello de Barreiros, a través da Oficina de Información Xuvenil e da Delegación de Cultura, organiza un concerto da AC Brigantia, que se celebrará o vindeiro domingo, 16 de decembro.

Nesta actuación terá lugar a presentación do novo CD da Asociación Cultural Brigantia que leva por título Clásicos da Música (Tango). Neste traballo Julia Mª Dopico e Daniel Azdamian presentan unha selección de música clásica de tango desde Gardel ata Piazzola, con arranxos propios en versión única para bandurria e guitarra.

O  concerto será no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, de San Cosme de Barreiros, o domingo ás 18:00 horas. A entrada é gratuíta, ata completar aforo.

O concerto que ofreceu onte á noite a cantante Nastasia Zürcher no Eido Dourado, a carón da praia da Pasada, en Barreiros, foi un éxito

O concerto que ofreceu onte á noite a cantante Nastasia Zürcher no Eido Dourado, a carón da praia da Pasada, en Barreiros, foi un éxito.

Máis de 200 persoas encheron os xardíns deste espazo para gozar da música negra, do soul, do blues na voz desta artista que actuou por segunda vez no Eido Dourado. O concerto enmárcase dentro do ciclo Sons ao Solpor, que se ven desenvolvendo desde o pasado 15 de xullo.

A CANTANTE NASTASIA ZÜRCHER ACTUARÁ NO EIDO DOURADO, EN BARREIROS, ESTE DOMINGO, 12 DE AGOSTO

A CANTANTE NASTASIA ZÜRCHER ACTUARÁ NO EIDO DOURADO, EN BARREIROS, ESTE DOMINGO, 12 DE AGOSTO.

Barreiros, 10 de agosto de 2018. O Eido Dourado acollerá este domingo, 12 de agosto, un novo concerto do ciclo musical Sons no solpor, que correrá a cargo da cantante galego-suiza Nastasia Zürcher. Será a partires das 22:00 horas nos xardíns do Eido Dourado, a carón da praia da Pasada, en Barreiros.

O artista barreirense Celso Dourado anunciou: “contaremos coa presenza de Nastasia Zürcher, é unha vella coñecida, xa actuou hai dous ou tres anos, cando iniciaba a súa carreira aquí. Ela viña de Suiza, xa tiña suficientes táboas e por circunstancias trasladouse a vivir a Galicia”.

Celso Dourado explicou que “é unha cantante nada en Xenebra no ano 1988. É unha compositora galego-suiza e está galardoada cun sinfín xa de premios pese á súa xuventude, como poden ser no Galician Music e nos Martin Códax, como cantante revelación no ano 2016. Actuou nun sinfín de sitios, tanto en España como en Europa, foi tremendamente ben acollido o seu estilo e as súas cancións en Holanda o ano pasado”.

Dourado engadiu que “agora volve a Galicia e inicia outra xira, que a está levando por sitios singulares este verán. Neste caso vai recalar no Eido Dourado este domingo a partires das dez e media. Será en acústico, co seu músico e compositor Adrián Saavedra”.

O artista barreirense convida “a todos aos que lles gusta a música negra, o soul, o blues, pois aquí teñen esta cantante que pode responder aos seus gustos. O domingo pasado a noite era espectacular, esa é unha baza tremendamente importante na programación do Eido Dourado, e iso supuxo que superaramos as 200 persoas, polo que estábamos practicamente ao límite”.

Celso Dourado dixo que “este vai ser o penúltimo concerto do ciclo musical Sons no solpor do Eido Dourado e, se a noite nos axuda unha vez máis, será un concerto digno de ver e apreciar. A entrada vai ser libre e gratuíta ata completar aforo. Gustaríame que os amantes da música poidan gozar desta cantante e intérprete porque merece a pena”.

AS NENAS E NENOS DOS COLEXIOS DE BARREIROS GOZARÁN MAÑÁ, MARTES, DO ESPECTÁCULO MÚSICO-TEATRAL ALEGRÍA

AS NENAS E NENOS DOS COLEXIOS DE BARREIROS GOZARÁN MAÑÁ, MARTES, DO ESPECTÁCULO MÚSICO-TEATRAL ALEGRÍA. E SERÁN AGASALLADOS CUN LIBRO DE MARÍA VICTORIA MORENO, AUTORA Á QUE ESTE ANO ESTÁ DEDICADO O DÍA DAS LETRAS GALEGAS. A ACTIVIDADE ESTÁ ORGANIZA POLO CONCELLO.No hay texto alternativo automático disponible.

Barreiros, 9 de abril de 2018. A Concellería de Cultura, xunto coa Biblioteca Municipal e a OMIX, organiza actividades para nen@s e o público familiar dentro da programación do mes especial dedicado aos libros. Mañá, 10 de abril, terá lugar unha delas.

Mañá, martes, haberá un espectáculo músico-teatral titulado Alegría, que é unha historia contada con música e toques de humor. Correrá a cargo de Sergio Tannus, quen interpretará varios instrumentos musicais e poñerá á voz, e Andrea Picos quen tamén poñerá a voz nesta montaxe. Será ás 11:30 horas no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro.

A Concellería de Cultura de Barreiros organiza este acto dedicado en especial aos nen@s dos colexios do concello. Os escolares recibirán como agasallo un libro infantil-xuvenil da autora homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas, que é María Victoria Moreno.

A Concellería de Cultura anuncia que o vindeiro día 23, Día Internacional do Libro, presentará novidades para os nen@s, moz@s e adultos usuarios da Biblioteca Pública Municipal.

Concierto Banda Folk de Ribas de Sil el Colegios viejos de San Miguel

La imagen puede contener: texto

Concello de Barreiros

Boa tarde 😀. Mañá sábado, ás 20 H. haberá un concerto ofrecido pola Banda Folk de Ribas de Sil, terá lugar nos Colexios Vellos de San Miguel de Reinante.

Está actividade está enmarcada dentro do programa “Nadal pola provincia” que organiza a Deputación Provincial de Lugo en colaboración cos concellos participantes.