INICIADAS AS OBRAS EN ACCESOS ÁS PRAIAS DE BARREIROS

INICIADAS AS OBRAS EN ACCESOS ÁS PRAIAS DE BARREIROS QUE O PSOE INCLUÍU NO ORZAMENTO DA DEPUTACIÓN EN RESPOSTA ÁS PETICIÓNS DOS VECIÑOS

A voceira do PSOE en Barreiros, Maria Carmen Veiga, amosou a satisfacción dos socialistas pola posta en marcha das obras na estrada provincial LU-P-0610, pois “trátase dunhas actuacións que solicitaron os nosos veciños durante a elaboración dos primeiros Presupostos Participativos dunha Deputación en España, e que o Goberno progresista de Gómez Besteiro fixo posible que os estivese a de Lugo este 2015”.

“Os socialistas prometémoslles aos veciños que, en resposta ás súas peticións, faríamos estas obras .Por iso, o Goberno progresista de Gómez Besteiro incluíu estas actuacións no Orzamento Participativo da Deputación para 2015 e, posteriormente, aprobounas na Xunta de Goberno Provincial do 15 de maio”.

“Con estas obras, os socialistas de Barreiros damos resposta ás peticións dos nosos veciños, ao tempo que contribuímos á dinamización da economía local e á boa imaxe do noso Concello, pois estas actuacións acométense na estrada que fai de acceso ás praias de Altar, Reinante e Os Castros, que reciben a miles de visitantes, principalmente, agora no verán. Son uns traballos que, claramente, potencian un sector fundamental para a economía do noso Concello, como é o do turismo”.

As obras execútanse na LU-P-0610, no treito comprendido entre os puntos quilométricos 4,450 e 7,450. O seu presuposto é de 140.000 euros, procedente do Orzamento Participativo da Deputación, que elaborou, coa colaboración dos veciños, o Goberno progresista de Gómez Besteiro.