SITUACIÓN:
Na parroquia de Celeiro de Mariñaos.
Punto de partida na Igrexa Parroquial
Cornería, situada a 437 m. Excelente mirador, pode verse “a rasa cantábrica”; ós nosos pés Celeiro co río Masma, Vilaronte (Foz) e A Cazolga (Lourenzá)
Saímos da Igrexa Parroquial de Santa Cristina, N-634, cruzámo la Ponte do Barral, sobre o río Masma, troiteiro e salmoneiro; no Barral (barrio agricola e gandeiro) collemos a dereita, á esquerda transcorre a Ruta do Río Masma, deixámo-lo asfalto para colle-la pista forestal en continuo ascenso ata os 437 m.; atopamos O Rego Mariño e nun cruce desviámonos á dereita que nos leva ata o pico de Cornería, cós repetidores de TVG e TVE. Excelente panorámica ós nosos pés: a rasa cantábrica, coa Ría de Foz, Celeiro de Mariñaos surcada polo río Masma, Vilaronte (Foz) e A Cazolga (Lourenzá)
A tradición dí que Cornería esconde un tesouro clave na historia da Galicia norteña, un cofre añorado pola lenda, que nalgunha parte da montaña garda o gran diamante azul de Maeloc, o líder bretón que un bo día conduxo ás súas xentes fuxindo dos normandos |
A LENDA:
“A historia de Maeloc, o líder das xentes bretoñas que fuxindo das invasións anglosaxonas refuxáronse na actual Bretaña francesa e no norte de A Mariña, en donde fundaron unha cidade chamada Britonia, ¿será o actual Bretoña?, ubicada nun sector apartado do oriente galelo
Conta a lenda que á morte de Maeloc, a enorme “pedra preciosa” á que atribuén virtudes “todopoderosas” foi enterrada a bastante profundidade, no interior dun baúl de ouro macizo, que probablemente contiña outros valores da época. O motivo deste emprazamento sería dado pola posición estratéxica da montaña ó selo promontorio máis elevado que divisaban os bretóns ó chegar as costas galegas.“ |