Archivo de la categoría: Ocio

O próximo sábado día 30, as 5 da tarde, no Centro Cívico Manuel Díaz Sampedro, actuarán o Coro Son Elas, a entrada e gratuita e para todolos públicos

Bo día.
O próximo sábado día 30, as 5 da tarde, no Centro Cívico Manuel Díaz Sampedro, actuarán o Coro Son Elas, a entrada e gratuita e para todolos públicos.
Este Concerto podese levar acabo grazas a que e finanzado pola Deputación de Lugo.

Carmen Veiga
Portavoz do PSOE no Concello e
Candidata a Alcaldía.

Saudos e grazas.

O CONCELLO DE BARREIROS ORGANIZA UNHA VIAXE Á FESTA DA VIRXE DA BARCA EN MUXÍA O 9 DE SETEMBRO. HAI 40 PRAZAS DISPOÑIBLES

O CONCELLO DE BARREIROS ORGANIZA UNHA VIAXE Á FESTA DA VIRXE DA BARCA EN MUXÍA O 9 DE SETEMBRO. HAI 40 PRAZAS DISPOÑIBLES.

Barreiros, 4 de setembro de 2018. As Concellerías de Medio Ambiente e de Turismo organizan unha viaxe á Festa da Virxe da Barca en Muxía. Será o 9 de setembro e sairán dous autobuses, o primeiro ás 6:30 horas da praza do Concello cos peregrinos que están a realizar o Camiño de Santiago por etapas nese treito. O outro autocar partirá ás 8:00 horas coas persoas que queiran asistir á misa e á Festa da Virxe da Barca. En Muxía xuntaranse as dúas expedicións e compartirán un xantar a base de arroz á mariñeira, caldeirada de pescada, lacón asado, doces e café. O prezo por persoa é de 17 euros. Das 110 prazas ofertadas hai aínda 40 libres e a inscrición segue aberta. As persoas interesadas poden anotarse nos teléfonos 618 752 560 e 676 445 465.

O concelleiro de Medio Ambiente, José Manuel Gómez Puente, explicou que “é unha iniciativa da Delegación de Medio Ambiente e tamén da Delegación de Turismo, e vai consistir nunha viaxe que se fará en dúas partes. Iremos en dous autobuses, un cos camiñantes que van facer o camiño de Fisterra a Muxía. Alí faremos un tramo de 10 quilómetros para despois disfrutar da romaxe e da Festa da Virxe da Barca. A idea é coincidir que hai unha gran festividade a nivel galego como é a Festa da Virxe da Barca, e combinar ese traxecto do Camiño de Santiago de Fisterra a Muxía. Imos ir nun autobús corenta camiñantes, como viñemos facendo durante esta primavera e verán, e continuaremos agora en setembro”.

Gómez Puente contou que “ademais tamén invitamos aos veciños de Barreiros, que non poidan andar ou andar os dez quilómetros, a que poidan disfrutar da festa da Virxe da Barca. Teremos un autocar para eles, para despois confluír todos arredor da igrexa ás doce e media que será a misa. Seguiremos visitando Muxía e comeremos todos xuntos nun restaurante que temos alí xa reservado”.

O edil barreirense comentou que “quedan 40 prazas, de 110, pero que non se descoiden se lles apetece facer esta viaxe. Algunha vez xa temos feita esta viaxe, aínda que non é moi habitual porque é un pouco larga, e este ano decidimos facela porque como un grupo de peregrinos facemos esa etapa, entón animamos a todos os veciños e veciñas a que coñezan a zona que é preciosa”.

O ESPECTÁCULO ACHÉGATE AO SEXTO SENTIDO DO MAGO MANUEL LAMAS ESTARÁ EN BARREIROS ESTE DOMINGO, 22 DE ABRIL

O ESPECTÁCULO ACHÉGATE AO SEXTO SENTIDO DO MAGO MANUEL LAMAS ESTARÁ EN BARREIROS ESTE DOMINGO, 22 DE ABRIL.

Barreiros, 19 de abril de 2018. A Concellería de Cultura programa para este domingo, 22 de abril, o espectáculo titulado Achégate ao sexto sentido co mago Manuel Lamas.

Esta actuación, incluída no programa Cultura no Camiño 2018 da Xunta de Galicia, terá lugar no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro de San Cosme de Barreiros ás 18:00 horas.

Trátase dunha montaxe novidosa onde as novas tecnoloxías se mesturan con fermosas historias contadas con dobre sentido para que o público disfrute con emoción e ilusión.

O BNG PIDE RECUPERAR O USO PÚBLICO DO TELECLUB DE SAN COSME

O BNG PIDE RECUPERAR O USO PÚBLICO DO TELECLUB DE SAN COSME

O Concello non pode permitir que un local público como é o que ocupaba a antiga cafetería estea pechado 5 anos.

Barreiros, 26 de setembro 2017. No Pleno celebrado o pasado luns pola corporación barreirense, o grupo municipal do BNG levou a debate a situación na que se atopa o antigo teleclub da vila, concretamente preguntaron polo uso que se lle está a dar ao local destinado a cafetería no mencionado edificio, que é de titularidade municipal, e que desde o 14 de marzo de 2011 está cedida polo Concello de Barreiros á Asociación de Veciños de San Cosme según acordo plenario desa data, acordo que literalmente dí:

PRIMEIRO.-  Ceder gratuítamente por un prazo de quince anos á Asociación de Veciños de San Cosme de Barreiros o uso do local do inmoble sito en Carretera da Praia nº 1 de San Cosme de Barreiros e que se está destinando a cafetería. SEGUNDO.- Esta cesión de uso supón que os gastos derivados do uso deste local serán de conta da Asociación de Veciños, debendo entregar o local en óptimas condicións de uso ó final do período establecido.”

Nesa mesma sesión plenária na que se cedeu o local,  o alcalde Alfonso Fuente manifestou que “é un edificio de titularidade municipal onde hai unha cafetería que non ten ningunha relación xurídica co concello ainda que sí coa Asociación de Veciños. Para regularizar esta situación é polo que se cede gratuítamente este uso á Asociación de Veciños, entendendo que ésta actúa sin ánimo de lucro”.

Desde o BNG afirmaron  que pasados 6 anos e medio desde a adopción do acordo de cesión do local, e  lonxe de regularizarse esta situación, o local obxecto da cesión sufríu modificacións nos dous últimos anos realizándose obras no mesmo sen que se teña constancia do tipo de licenza concedido para tales obras nin do proxecto presentado para a suposta remodelación do local destinado a cafetería no antigo Teleclub. Ademáis  anunciouse en repetidas ocasións a inminente apertura da cafetería con carteis pendurados das vidreiras da mesma sen que ata o de agora  se levara a cabo tal apertura.

Esta situación xera malestar entre a veciñanza

Para o BNG esta situación, que está xerando malestar entre a veciñanza de Barreiros, debe solucionala o concello canto antes, pois este local público situado no centro de San Cosme non pode estar eternamente pechado, privándolle do seu disfrute aos barreirenses, por eso @s edís nacionalistas instaron ao alcalde a dirixirse á Asociación de Veciños de San Cosme para que ésta díe conta do uso que lle está dando ao local que lle foi cedido gratuitamente por espazo de 15 anos, e que así mesmo lles advirta que están obrigados a “devolver o local en óptimas condicións de uso ao final do período establecido”, tal como dí o acordo de cesión. Desde o BNG interesáronse tamén polo tipo de licenza concedida para as obras de demolición alí realizadas e mais de supostas reformas, e preguntaron tamén polo respectivo proxecto, para poder coñecer que é o que se pretende facer alí.

O Concello de Barreiros tén a obriga de averiguar e  explicar o que acontece con este local público

“O Concello, como propietario do inmoble tén a obriga de explicar o que está sucedendo con ese local, sobre todo tendo en conta ques se está a piques de chegar a metade do período temporal da cesión. É un ben público, de todas e todos, e polo tanto tén que interesarse polo estado desta infraestructura, e se a entidade beneficiaria da cesión non lle dá uso e non o mantén nas debidas condicións, o concello deberá plantearse a anulación da cesión e a recuperación do local para uso e disfrute de tod@s”, afirmaron desde o BNG.

En tren de Barreiros a Luarca

En tren de Barreiros a Luarca

Es un Roteiro polo Camiño de Ferro la propuesta que hace el Bar Moderno para este fin de semana, el sábado en concreto. Se trata de una excursión en tren desde Barreiros hasta Luarca, disfrutando de las vistas de las dos costas, la gallega y la asturiana. En la iniciativa colaboran Mar e Monte, Aciam y también el Concello barreirense. El almuerzo, en Luarca. Los interesados en participar deben estar en el Bar Moderno a las 10.00 horas o bien en los apeaderos de San Cosme, a las 11.12, o Reinante, a las 11.17. El coste del viaje, de ida y vuelta, es de 10,95 euros. “El objetivo -señalan- es pasar un bonito día con nuestros amigos asturianos, además de potenciar el comercio tanto aquí como allí. Y promocionar el tren en Barreiros”.

Función benéfica en San Miguel de Reinante

Función benéfica en San Miguel de Reinante

12-12-16

kjgrituanasmO pasado sábado, día 10 de decembro, a sección de Cáritas de San Miguel de Reinante organizou unha función benéfica para recadar fondos con vistas a axudar na compra dunha ambulancia para un pobo de Mali, no centro de África. Na función colaboraron a asociación cultural local de O Arco da Vella, que interpretou e bailou varias cancións, e o Grupo Humorístico Trípode, que levou a escena a súa obra titulada “A panxoliña máis fermosa”. O Salón de Actos das Escolas Vellas de San Miguel rexistrou un cheo case total.

Deu comezo en Barreiros o curso de ximnasia de relaxación e concentración para adultos

Deu comezo en Barreiros o curso de ximnasia de relaxación e concentración para adultos no que están a participar preto dunha veintena de veciños e veciñas. Desde o Concello sinalan que “as persoas interesadas en asistir aínda poden facelo. A inscrición está aberta ata finais do presente mes de outubro”. Este curso desenvolverase ao longo dos vindeiros meses no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro.211016-foto-relaxacion-adultos-2 211016-foto-relaxacion-adultos-1

O VINDEIRO LUNS, 17 DE OUTUBRO, DARÁN COMEZO OS TALLERES E ACTIVIDADES LÚDICAS PARA A TERCEIRA IDADE, QUE ORGANIZA O CONCELLO BARREIRENSE

O VINDEIRO LUNS, 17 DE OUTUBRO, DARÁN COMEZO OS TALLERES E ACTIVIDADES LÚDICAS PARA A TERCEIRA IDADE, QUE ORGANIZA O CONCELLO BARREIRENSE.

Barreiros, 11 de outubro de 2016. O vindeiro luns, 17 de outubro, darán comezo os talleres e actividades lúdicas para a terceira idade, que organiza o Concello de Barreiros. Desenvolveranse no centro socio cultural Manuel Díaz Sampedro de luns a xoves de 16 a 18 horas.

Segundo explican desde o departamento de Servizos Sociais “están destinados a maiores de 65 anos, xubilados maiores de 60 ou persoas con discapacidade (que se consideren idóneas para participar na actividade) do Concello de Barreiros. Nestes talleres realizaranse actividades de aprendizaxe e festivas, coas que se pretende favorecer o proceso de envellecemento, dando a coñecer este (as súas causas, consecuencias e recursos dispoñibles para palialo) e potenciando as relacións entre os seus iguais e os veciños de Barreiros”.

As persoas interesadas en asistir, para anotarse ou para conseguir máis información pode acudir no horario da actividade ao centro socio cultural Manuel Díaz Sampedro.