Barreiros tampoco tendrá banderas azules en 2018

Barreiros tampoco tendrá banderas azules en 2018

El Concello renunció por segundo año consecutivo a solicitarlas

.
PEPA LOSADA
BARREIROS / LA VOZ 

Las banderas azules de Adeac no ondearán el próximo verano, por segunda vez consecutiva, en las playas de Barreiros. El alcalde, Alfonso Fuente, declinó de nuevo solicitar las enseñas que distinguen a los arenales con mejores servicios y calidad del país. Barreiros llegó a ser uno de los municipios con más banderas azules de Galicia, pero en 2016 le fueron retiradas varias en plena campaña estival. El alcalde, al entender que estaban siendo un objeto de polémica, declinó pedirlas en 2017. Y de nuevo lo ha hecho para la campaña del próximo verano.

La paradoja: la Xunta multa a Barreiros por vertidos de los que también tiene culpa

La paradoja: la Xunta multa a Barreiros por vertidos de los que también tiene culpa

El Concello pagará 17.500 euros por las deficiencias en el saneamiento, que el gobierno gallego prometió mejorar

.
JOSÉ ALONSO 
BARREIROS / LA VOZ 

Las carencias en el saneamiento de Barreiros, una consecuencia más del bum urbanístico y que quedó pendiente de resolver al frustrarse el acuerdo entre Concello, Xunta y Diputación para dotar al municipio de infraestructuras básicas, es uno de los principales problemas del municipio, que de un tiempo a esta parte se evidencia en las sanciones de Augas de Galicia a las que tiene que hacer frente el Concello. Las últimas, según desveló ayer al BNG, suman 17.500 euros.

Frente a esta realidad, el alcalde, Alfonso Fuente, apunta a la paradoja que supone que la Xunta multe a Barreiros por las consecuencias de carecer de un saneamiento en condiciones, a cuya ejecución debería contribuir de forma mayoritaria, sino total, la Xunta, como hará por ejemplo en el vecino concello de Foz financiando la depuradora.

Tras un tumultuoso verano con varias inspecciones y denuncias por vertidos en la playa de Arealonga, incluso con varias concentraciones de protesta de bañistas y vecinos, en septiembre Fuente Parga se entrevistó en Santiago con Alberto Núñez Feijoo, presidente de la Xunta, para reiterarle la necesidad de que la Xunta acometa el proyecto de la nueva depuradora de San Miguel y su red complementaria. El presupuesto asciende a 4,7 millones de euros, una cantidad inasumible para el Concello. Ayer Fuente Parga se limitó a manifestar: «A Xunta ten o proxecto feito, e estamos mirando que se faga. Non sei máis. ¿Expectativas de que se faga? Nin idea. A ver se se fai algo este ano». Mientras tanto, no queda otra: «Pagar as multas que veñan».

El caso es que, en fechas puntuales del año, cuando hay más población, el depósito de la depuradora que hay en San Miguel resulta insuficiente y rebosa, de modo que los vertidos llegan al mar.

Inspecciones

La situación que se da es por momentos alarmante. En verano una denuncia de un particular por vertidos de aguas fecales en Arealonga provocó que al llamar al 112 se pusiese en marcha un amplio dispositivo alertando a la Guardia Civil y a los bomberos. También acudieron técnicos de la Xunta, para comprobar la magnitud del vertido. Y siguieron las inspecciones, que derivaron en sanciones, que no son exclusivas de la playa de Arealonga. También las hay por vertidos a San Bartolo y en Rego da Barranca, según desveló el BNG, advirtiendo de la magnitud del problema que tiene Barreiros por sus evidentes deficiencias en saneamiento y depuración de aguas.

Son cuatro procedimientos: dos de ellos han concluido con sanciones de 5.000 euros, otro a punto de finalizar propone una multa de 2.500, y hay otro iniciado con una sanción de 5.000. «Estamos falando de sancións por importe de 17.500 euros durante un mes, que poden repetirse ao longo do ano», señala Ana Ermida, portavoz del BNG de Barreiros.

«Para un Concello coma o de Barreiros, con un orzamento real de arredor de 2 millóns e medio de euros, que nun só mes cheguen sancións por importe de case 20.000 euros é unha auténtica barbaridade que non pode soportarse e, máis, cando se levan aumentando impostos municipais nos últimos anos a consecuencia da nefasta xestión económica que se fai por parte do goberno municipal», afirma Ermida, quien reclama al gobierno municipal, «que se poñan a traballar desde xa para darlle solucións a estes problemas e que deixen de poñer desculpas e ampararse no que fagan ou deixen de facer outras institucións. Son cuestións que levan anos enriba da mesa, que todo o mundo sabe e que o goberno municipal ten obriga de buscarlle solucións. Se non son capaces ou se prefiren adicar o seu tempo a outras cuestións, que deixen paso a quen teña capacidade de traballar no benestar do Concello».

A TERCEIRA E ÚLTIMA ETAPA DA CARAVANA POLA SANIDADE PÚBLICA REMATARÁ NO PORTO DE BURELA COA CHEGADA DOS COCHES DESDE OS TRES ITINERARIOS

A TERCEIRA E ÚLTIMA ETAPA DA CARAVANA POLA SANIDADE PÚBLICA REMATARÁ NO PORTO DE BURELA COA CHEGADA DOS COCHES DESDE OS TRES ITINERARIOS.

Desde o a explanada do Porto de Burela dirixirase camiñando ate o Centro de Saúde , donde se dará lectura a un manifesto.

A Mariña,12 de xaneiro de 2018. O vindeiro sábado día 13 de xaneiro terá lugar a terceira e última etapa da Caravana pola  Sanidade Pública. Nesta ocasión os puntos de orixe ubícanse nos Centros de Saúde de Foz, Valadouro e San Cibrao, correspondentes respectivamente aos itinerarios  oriental, central e occidental. Os tres itinerarios rematarán na explanada do Porto de Burela ,a donde chegaremos simultáneamente, e desde aquí dirixirémonos camiñando ate o Centro de saúde de Burela donde se dará lectura a un manifesto- comenta o portavoz da Plataforma, Víctor Vila.

Desde a Plataforma Sanitaria da Mariña queremos facer un chamamento a toda a poboación da comarca para que acudan a esta etapa da Caravana , desprazándose ate a localidade que lle quede máis próxima ou lle sexa máis cómoda. O que nos xogamos é a supervivencia da Área Sanitaria , pois o gobernó da Xunta pretende eliminala converténdoa nun distrito de Lugo sen debate, a golpe de decreto, usando a mayoría absoluta que posúen de forma totalitaria e absolutista, e desoíndo o clamor popular da Comarca- apuntan desde a Plataforma Sanitaria.

 

 

 

 

 

Para máis información chamar a Victor Vila 677343429

Un kilómetro de playa convertido en pedregal

Un kilómetro de playa convertido en pedregalLa imagen puede contener: cielo, nube, océano, exterior, naturaleza y agua

En Arealonga, Barreiros, un año más por la fuerza del mar

Como ocurrió otros años, los temporales de mar han retirado enormes cantidades de arena en varios puntos de la costa de A Mariña y el Occidente asturiano. El efecto del mar es especialmente visible en Arealonga, la playa de Barreiros de casi un kilómetro de longitud, que se ha convertido en un pedregal. Ya pasó otros años y en algún momento incluso se planteó algún tipo de intervención para regenerar la playa, desestimada finalmente por ser muy improbable que surtiese efecto. Reciente está el caso de la playa de Covas, donde el mar también se llevó toda la arena que se había depositado para proteger la zona de los envites de las olas. En Arealonga solo cabe confiar en una regeneración natural.

O CONCELLO DE BARREIROS SUMOU CERCA DE 20.000 EUROS EN MULTAS POR INFRACCIÓNS MEDIOAMBIENTAIS DURANTE O VERÁN

O CONCELLO DE BARREIROS SUMOU CERCA DE 20.000 EUROS EN MULTAS POR INFRACCIÓNS MEDIOAMBIENTAIS DURANTE O VERÁN

Só no mes de setembro de 2017 notificáronselle ao alcalde de Barreiros catro procedementos sancionadores que conlevan multas de entre 2.500€ e 5.000€

Barreiros, 10 de xaneiro de 2018. “O Concello de Barreiros segue acumulando sancións por infraccións mediambientais e iso repercute nas arcas municipais”, aseguran desde o BNG.

A portavoz municipal do BNG deu a coñecer as consecuencias que está a ter para as veciñas e veciños de Barreiros o desleixo e a falla de organización, tamén, en materia mediambiental do goberno municipal de Barreiros. “Hai uns meses advertíamos da cantidade de procedementos sacionadores abertos ao Concello de Barreiros por incumprimentos en materia de contaminación e mediambiental. Agora puidemos ter acceso a esa documentación e comprobamos o que temíamos, asegura: dous procedementos rematados con unha sanción de 5.000 euros cada un, outro a piques de finalizar con outra multa de 2.500 euros e outro iniciado con unha proposta de sanción doutros 5.000 euros”, relata Ana Ermida.

Para o BNG o máis grave é que esta situación se corresponde con “feitos producidos ou detectados durante un período duns dous meses e que é algo que se repite sistematicamente. Polo tanto, estamos falando de sancións por importe de 17.500 euros durante un mes, que poden repetirse ao longo do ano.”

“Para un Concello coma o de Barreiros, con un orzamento real de arredor de 2 millóns e medio de euros, que nun só mes cheguen sancións por importe de case 20.000 euros é unha auténtica barbaridade que non pode soportarse e, máis, cando se levan aumentando impostos municipais nos últimos anos a consecuencia da nefasta xestión económica que se fai por parte do goberno municipal”, afirman.

Expedientes sancionadores por verquidos ás praias e regatos.

Como leva anos advertindo o BNG, estes expedientes prodúcense ante a falta de medidas do goberno municipal para arranxar os problemas de verteduras que se producen constantemente no Concello de Barreiros.

Os expedientes que se resolven nesta ocasión con estas sancións son por verquidos na praia do San Bartolo, de Arealonga e no Rego da Barranca.

Desde o BNG reclaman do goberno municipal “que se poñan a traballar desde xa para darlle solucións a estes problemas e que deixen de poñer desculpas e ampararse no que fagan ou deixen de facer outras institucións”. “Son cuestións que levan anos enriba da mesa, que todo o mundo sabe e que o goberno municipal ten obriga de buscarlle solucións. Se non son capaces ou se prefiren adicar o seu tempo a outras cuestións, que deixen paso a quen teña capacidade de traballar na defensa e no benestar do Concello de Barreiros”, conclúe Ana Ermida.

Un herido en Barreiros al soltarse el remolque de un tráiler e impactar con una furgoneta

Un herido en Barreiros al soltarse el remolque de un tráiler e impactar con una furgoneta

La furgoneta y el camión accidentados. EP
 La furgoneta y el camión accidentados. EP

El suceso se produjo en A Cruz do Lobo.

Una persona resultó herida leve este martes en un accidente de tráfico en Barreiros.

El suceso se produjo en A Cruz do Lobo, al soltarse el remolque de pescado de un tráiler e impactar con una furgoneta.

O CONCELLO INSTALOU CONTEDORES PARA A RECOLLIDA DE PAPEL EN SAN MIGUEL E VILAMARTÍN GRANDE

O CONCELLO INSTALOU CONTEDORES PARA A RECOLLIDA DE PAPEL EN SAN MIGUEL E VILAMARTÍN GRANDE.

Barreiros, 9 de xaneiro de 2018. O Concello ven de colocar tres contedores para a recollida de papel, dous en San Miguel e un en Vilamartín Grande. Desde a Concellería de Medio Ambiente queren facilitarlles aos veciños a posibilidade de reciclar o lixo que se xera nos seus fogares.

O concelleiro de Medio Ambiente, José Manuel Gómez Puente, anunciou que “este ano colocamos tres contedores que nos foron doados pola empresa que recolle o papel. Déronnos tres contedores e valoramos a colocación en sitios un pouco estratéxicos como pode ser Vilamartín Grande, preto da capela do Carme, que aí tamén pode facilitarlle a recollida e a posterior selección de papel aos veciños de Vilamartín Pequeno.Tamén fora demandado un contedor polo colexio de San Miguel, alí pegado ao centro que era pedido polos profesores e alumnos. E por último colocamos outro contedor en San Miguel, na nacional preto do supermercado que hai alí, que creo que tamén é un sitio apropiado para facilitar a selección e o depósito de papel”.

O edil barreirense subliñou que “creo que estamos experimentando un aumento da reciclaxe, a xente cada vez está máis sensibilizada ante os problemas medio ambientais. Tendo en conta que as novas xeracións, dada a educación nos colexios, eu creo que se está cada ano experimentando unha maior recollida sobre todo de papel e vidro”.

Gómez Puente engadiu que “quizais nos plásticos temos que incidir un pouquiño máis porque nos contedores de plásticos hai outros materiais que non son axeitados, entón aí temos que incidir un pouco na educación porta a porta. Pero en papel e vidro a verdade é que si que estamos moi contentos coa resposta dos veciños e veciñas de Barreiros”.

O alcalde, Alfonso Fuente, e o concelleiro de Medio Ambiente supervisaron hoxe os lugares nos que foron colocados os novos contedores para a recollida de papel.

A Xunta inviste 2,1 millóns de euros en accións de promoción do deporte na provincia

A Xunta inviste 2,1 millóns de euros en accións de promoción do deporte na provincia

03-01-18

030118 DeportesLugo, 03 de xaneiro de 2018.- A Xunta de Galicia inviste 2,1 millóns de euros en accións de promoción do deporte na provincia de Lugo, entre iniciativas directas como as axudas aos deportistas, patrocinios ou obras de mellora de instalacións e equipamentos e outros apoios indirectos como os dirixidos ao sostemento da actividade das distintas federacións deportivas con presenza na nosa provincia.

Programa Xogade
Neste cómputo global ten un peso específico o programa Xogos Galegos Deportivos en Idade Escolar, Xogade, no que participan 16.500 nenos e nenas da provincia de Lugo. O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, destacou que “esta é unha clara aposta polo deporte base, unha iniciativa coa que pretendemos inculcar nos nenos a práctica do deporte e, con elo, hábitos saudables e valores que os acompañarán durante toda a vida”.

En Xogade conviven 26 modalidades diferentes, divididas en “actividade deportiva escolar” e “actividade deportiva federada” con competicións de carácter local, provincial e autonómico na maioría dos casos. O desenvolvemento deste programa na provincia de Lugo implica un desembolso económico de 367.600 euros.

Patrocinios e subvencións a clubs e agrupacións
Igualmente, a Secretaría Xeral para o Deporte destina 330.700 euros ao patrocinio de 8 eventos deportivos na provincia e 14 subvencións para equipos de primeira e segunda división. Entre os eventos destacables atópanse o rally San Froilán e as subidas a Chantada e A Pontenova, así como carreiras e campionatos de distintas especialidades.

Por outra banda, inviste 292.000 euros en subvencionar a actividade de 163 clubs e agrupacións deportivas da provincia, así como a deportistas lucenses de alto nivel, incluíndo a estadía de tres deles no Centro Galego de Tecnificación Deportiva.

Mellora de infraestruturas deportivas
Finalmente, a Xunta sufragou no presente ano obras de mellora de infraestruturas deportivas por importe global de 287.358 euros. O investimento máis destacado foi o convenio recentemente asinado para impulsar o circuíto deportivo de Outeiro de Rei, para o que a Xunta achegará 157.000 euros. Tamén, melloráronse os campos de fútbol de Pantón e Guntín, a pista deportiva do Saviñao, a cuberta e as gradas do pavillón de Ribas de Sil, a iluminación do de Pedrafita do Cebreiro, e realizáronse obras de eficiencia enerxética no de Trabada e a pavimentación do acceso ao campo de Friol.

Achegas directas a federacións galegas
Ademais, segundo explicou Balseiro, a Xunta distribuíu 3,6 millóns de euros en convenios con 58 federacións deportivas galegas para o desenvolvemento de actividades en todo o territorio, dos que entorno a 900.000 euros repercuten nas distintas actividades da nosa provincia.

O CONCELLO FIXO OBRAS DE MANTEMENTO NO COLEXIO DE SAN MIGUEL

O CONCELLO FIXO OBRAS DE MANTEMENTO NO COLEXIO DE SAN MIGUEL. OS TRABALLOS CONSISTIRON NO PINTADO DO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO E DALGUNHA AULA DO CENTRO.

Barreiros, 8 de xaneiro de 2018. O Concello realizou obras de mantemento no colexio de San Miguel, aproveitando as vacacións de Nadal dos rapaces. Eses traballos foron supervisados hoxe polo alcalde e pola directora do centro.

Alfonso Fuente contou que “estes días aproveitando as vacacións de Nadal dos nenos no colexio, estivemos a realizar unha serie de obras para humanizar o entorno do centro. Pintamos o pavillón pola parte de dentro, xa que era un pavillón frío, primeiro fixéronse unhas labores para sacar esas humidades que tiña e agora pintamos todo por dentro, branqueando todo ese bloque de color gris que fai triste o pavillón. Démoslle branco para que os nenos do colexio poidan seguir pintando os seus murais sobre esas paredes, dándolle colorido e humanizando o que é o pavillón polideportivo”.

O rexedor barreirense dixo que “tamén aproveitamos para pintar algunha aula, para cambiar e arranxar a sala de profesores, e tamén colocar unhas portas de acceso para unir os dous colexios nesta pasarela que levaba un tempo que non se podía usar. Agora mesmo están esas portas colocadas e imos ir pouco a pouco facendo obras para que xa se poida poñer en servizo esa pasarela e que os nenos poidan ir dun edificio ao outro sen ter que pasar polo exterior, sobre todo os días de choiva”.

O alcalde subliñou que “son unhas tarefas que na medida que o Concello poida ir arranxando, o está facendo, arranxando ese colexio que en definitiva é mellora para todos os nenos do noso concello”.

Fomento invertirá 2,92 millones en arreglar la carretera N-642, desde Barreiros a San Cibrao

Fomento invertirá 2,92 millones en arreglar la carretera N-642, desde Barreiros a San Cibrao

El ministerio ha licitado el contrato de la obra para reparar el firme en varios tramos del vial

.
PEPA LOSADA
M. CUADRADO 
VIVEIRO / LA VOZ 

Tras muchos meses de espera el Ministerio de Fomento ha licitado el contrato de obras para rehabilitar el firme de la N-642, la carretera que vertebra buena parte de la comarca mariñana, desde Barreiros a San Cibrao (Cervo). La obra ha sido publicitada en el BOE, donde se recoge que la inversión que se realizará ascenderá a 2,92 millones de euros. El vial, por el que circulan a diario miles de vehículos, sufre un importante deterioro, principalmente en tramos que discurren por Fazouro, Cangas y Nois, en Foz; por la variante de Burela, y en Cervo. Desde el ministerio avanzan que los tramos sobre los que se actuará será entre los puntos kilométricos 26,950 y 28,800, entre la conexión de la N-642 con la N-634 y el núcleo focense de Mañente, y un segundo tramo, entre los kilómetros 36,500 y 55,00, entre Fazouro y San Cibrao.

Noticias de Barreiros