Archivo de la categoría: Medio ambiente

Cruces y carteles de protesta por el estado del río Masma en Barreiros

Cruces y carteles de protesta por el estado del río Masma en Barreiros

Aparecen clavados en una orilla rodeada de maleza

La imagen puede contener: árbol, planta, exterior y naturaleza

Dos cruces y cuatro carteles han aparecido clavados en una orilla del río Masma, a su paso por Celeiro de Mariñaos, parroquia de Barreiros. Lectores de La Voz han enviado una imagen que describen como una «protesta espontánea» con la que se reivindica la limpieza de las orillas del curso fluvial, plagadas de maleza.

La fotografía muestra el estado de esa orilla del cauce fluvial. Los mensajes son elocuentes: «o río morre rezemos por el», «limpieza río xa», «limpieza xa», «xusticia=río limpio», «poñer leis na orilla é co ordenador é mui fácil, pero limpar nin dios, ¡qué vergoña!» y «políticos!! roubar- limpar +». La Xunta ha anunciado limpieza de varios ríos en A Mariña.

O MINISTERIO PARA A TRANSICIÓN ECOLÓXICA CITA AO GOBERNO BARREIRENSE PARA TRATAR A SITUACIÓN DA DEPURACIÓN DE AUGAS RESIDUAIS

O MINISTERIO PARA A TRANSICIÓN ECOLÓXICA CITA AO GOBERNO BARREIRENSE PARA TRATAR A SITUACIÓN DA DEPURACIÓN DE AUGAS RESIDUAIS.

O director xeral de auga, Manuel Menéndez Prieto, recibirá a unha delegación do goberno de Barreiros o vindeiro 24 de outubro.

Barreiros, 4 de outubro de 2019. As xestións realizadas polo goberno municipal para que a construción da nova depuradora de San Miguel sexa unha realidade comezan a dar os seus froitos e o vindeiro 24 de outubro, a alcaldesa, Ana Ermida, e a segunda tenente da alcaldía, Carmen Veiga, desprazaranse ao Ministerio para a Transición Ecolóxica para trasladar a problemática da depuración de augas residuais e tratar de obter colaboración na solución da mesma.

A delegación barreirense será recibida polo director xeral de auga, Manuel Menéndez Prieto, ao que lle trasladarán a incidencia do mal funcionamento dos sistemas de depuración na costa de Barreiros, nomeadamente na praia de Arealonga.

Presentaranlle tamén o proxecto elaborado por Augas de Galicia para a construción dunha nova depuradora en San Miguel que solucionaría os problemas de vertidos nas parroquias de San Miguel e Reinante e que está orzamentado en algo máis de 3,3 millóns de euros.

A alcaldesa valora moi positivamente a resposta obtida do Ministerio, “pois o feito de poder amosarlles de primeira man a problemática e presentar o proxecto que lle daría solución supón un avance para lograr a implicación das distintas administracións.” Amósase tamén esperanzada en lograr a implicación do goberno central, “xa que os efectos na zona de costas e en zonas de alto interese ambiental son notables e é preciso buscarlles unha solución no menor prazo posible.”

Avispas Velutinas

Aquí unas fotos de la casa Nº 58 carretera de San Pedro que como podéis ver está en ruinas y cubierta de hiedras y que está plagada de Avispas Velutinas.

Espero que a quien corresponda, tome las oportunas medidas al objeto de evitar daños secundarios a las personas que habitan en la viviendas próximas.

A Xunta, disposta a cofinanciar o saneamento en Barreiros

A Xunta, disposta a cofinanciar o saneamento en Barreiros

Proponlle á alcaldesa, Ana Ermida, unha xuntanza coa Deputación e o Concello

PEPA LOSADA

A Xunta ofrece ao Concello de Barreiros cofinanciar as obras de saneamento de San Miguel de Reinante na mesma porcentaxe que a Deputación de Lugo, e proponlle á alcaldesa, Ana Ermida, unha xuntanza coa representación das tres Administracións con vontade real de participación técnica e financeira como solución aos problemas de depuración do municipio.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, vén así de dirixirse á alcaldesa para amosar a vontade de colaboración de Augas de Galicia.

O GOBERNO DE BARREIROS DIRÍXESE AO MINISTERIO DE TRANSICIÓN ECOLÓXICA PARA SOLICITAR UNHA REUNIÓN SOBRE A POSIBILIDADE DE CONSTRUCIÓN DA DEPURADORA DE SAN MIGUEL

O GOBERNO DE BARREIROS DIRÍXESE AO MINISTERIO DE TRANSICIÓN ECOLÓXICA PARA SOLICITAR UNHA REUNIÓN SOBRE A POSIBILIDADE DE CONSTRUCIÓN DA DEPURADORA DE SAN MIGUEL.

, 28 de agosto de 2019. O goberno municipal de Barreiros vén de dirixirse ao Ministerio de Transición Ecolóxica e ao Secretario de Estado de Medio Ambiente para solicitar unha reunión para trasladarlle a necesidade de colaboración entre administracións para tratar de solucionar un problema moi importante que leva anos existindo e que empeora co tempo; como é a depuración de augas residuais que se leva a cabo nas zonas de San Miguel de Reinante e Santiago de Reinante. A carta asinada pola alcaldesa, Ana Ermida, e a segunda tenente da alcaldía, Carmen Veiga, expón que “este problema, que se coñece e se ten determinado hai anos, podería solucionarse coa construción dunha nova estación depuradora en San Miguel que daría solución a ambas parroquias; tal e como se contempla no proxecto elaborado por Augas de Galicia. Dito proxecto, que este goberno considera fundamental executar, está orzamentado en máis de 3.300.000 euros; cantidade imposible de afrontar para esta administración local.

Segundo sinalan desde o goberno “a localización dos puntos de vertedura actuais son en zonas moi próximas á praia, mesmo a lugares tan emblemáticos como a praias de Augas Santas/ As Catedrais, e mesmo en Rede Natura, o que supón uns impactos tanto ambiental como turístico negativos; a maiores dos evidentes de saúde pública que se detectan nas analíticas realizadas pola administración competente.”

As representantes do goberno municipal expoñen ao Ministerio que dada a urxencia da solución, consideran necesario poñelo en coñecemento da administración estatal, entendendo que o propio Estado español ten interese en que devanditos problemas poidan solucionarse no menor tempo posible e, dese modo, evitar unha deterioración maior da nosa costa e do propio medio ambiente.

Esta cuestión foi tamén trasladada polo goberno municipal á Xunta de Galicia a pasada semana, solicitando igualmente unha reunión con distintas Consellerías coa intención de “poñer en marcha vías de colaboración para buscar unha solución efectiva a un problema que se arrastra desde hai anos.”

A alcaldesa barreirense agarda que a proposta sexa tida en conta e se poida iniciar unha vía de colaboración que redunde no beneficio das veciñas e veciños de Barreiros e manifesta a “esperanza de que os intereses xerais das veciñas e veciños estean por riba de todo e todas as administracións se impliquen en facer posible a solución.”

Desde o executivo local afirman que a súa disposición é “petar en todas as portas que fagan falta. Porque cando existe un problema hai que afrontalo e tratar de poñerlle solución. Temos claro que a xente nos escolleu para gobernar e faremos todas as xestións que estean nas nosas mans para acadar o resultado final esperado.”

As analíticas de sanidade continúan coa recomendación de non bañarse.

Os resultados recibidos polo Concello de Barreiros a respecto das novas mostras de augas de baño na praia de Arealonga seguen arroxando valores de contaminación microbiolóxica por riba dos normais, polo que a administración local mantén a recomendación de non bañarse en dito areal ata que os resultados das analíticas sexan normais.

AS ANALÍTICAS DE SANIDADE NA PRAIA DE AREALONGA DESACONSELLAN O BAÑO EN DITO AREAL

AS ANALÍTICAS DE SANIDADE NA PRAIA DE AREALONGA DESACONSELLAN O BAÑO EN DITO AREAL

Desde o departamento autonómico comunicaron ao Concello de Barreiros a necesidade de colocar nas entradas do areal a recomendación de non bañarse pola presenza de enterococos intestinais.

A alcaldesa insiste en que existe un proxecto redactado por Augas de Galicia de construción dunha nova depuradora que dá solución aos vertidos causantes da contaminación.

Barreiros, 23 de agosto de 2019. A última hora da mañá de hoxe o Concello de Barreiros recibiu unha comunicación de sanidade sobre a existencia de enterococos intestinais (escherichia coli) en niveis que superan o valor aceptable establecido de contaminación microbiolóxica na auga de baño. Por esta razón, desde o departamento autonómico instaron á entidade municipal a sinalizar a recomendación de non bañarse na praia de Arealonga, á espera dunha nova analítica na vindeira semana. O Concello procedeu a colocar carteis informativos sobre a contaminación temporal, xunto coa recomendación de non bañarse.

Desde o goberno municipal explican que a presenza de enterococos intestinais vén dándose especialmente nos últimos anos a consecuencia dos problemas de depuración  das augas residuais que existen nas parroquias de San Miguel e Reinante. “Por esta razón, entre outras, é urxente acometer as obras necesarias para a construción dunha nova depuradora en San Miguel que, tal e como recolle o proxecto elaborado por Augas de Galicia, solucionaría o saneamento que provoca verquidos en dito areal.”

O Concello lembra que xa existe un proxecto concreto e que o goberno municipal trata de sacalo adiante.

Lembran ademais que, pese ás declaracións do delegado da Xunta, a administración autonómica ten asumido noutros lugares obras similares e, mesmo en Barreiros, existiu hai un tempo un compromiso para aportar unha importante suma de diñeiro a un convenio para a mellora e ampliación das infraestruturas de saneamento entre as que se atopaba esta mesma depuradora.

“Existindo xa ese proxecto concreto para afrontar o problema de depuración das augas residuais de Barreiros  que demanda o delegado e que foi redactado e cuantificado por Augas de Galicia, desde o Concello tomamos a iniciativa de iniciar un diálogo con outras administracións para analizar a posibilidade de execución do mesmo. E nese sentido e nese contexto se encadran as misivas enviadas aos distintos departamentos da Xunta que entendemos poden ter interese e implicación na solución”, relata a alcaldesa.

Ana Ermida  manifesta que “a disposición do Concello é buscar solución a un problema existente desde hai anos e, sendo conscientes da imposibilidade de que esta sexa dada exclusivamente polo Concello, debemos buscar a colaboración interadministrativa en beneficio das veciñas e veciños e fuxir de sectarismos ou apriorismos insubstanciais que non levan a solución algunha”.

A ALCALDESA DE BARREIROS VÉN DE DIRIXIRSE ÁS CONSELLERÍAS DE MEDIO AMBIENTE, TURISMO, SANIDADE E INFRAESTRUTURAS PARA TRASLADARLLES A PROBLEMÁTICA DA DEPURACIÓN NA ZONA DE SAN MIGUEL E REINANTE E SOLICITAR A  IMPLICACIÓN DA ADMINISTRACIÓN GALEGA NO SEU FINANZAMENTO

A ALCALDESA DE BARREIROS VÉN DE DIRIXIRSE ÁS CONSELLERÍAS DE MEDIO AMBIENTE, TURISMO, SANIDADE E INFRAESTRUTURAS PARA TRASLADARLLES A PROBLEMÁTICA DA DEPURACIÓN NA ZONA DE SAN MIGUEL E REINANTE E SOLICITAR A  IMPLICACIÓN DA ADMINISTRACIÓN GALEGA NO SEU FINANZAMENTO.

Barreiros, 22 de agosto de 2019. O goberno municipal de Barreiros manifesta que o seu interese “é tratar de solucionar un problema moi importante que leva anos existindo e que empeora co tempo; como é a depuración de augas residuais que se leva a cabo nas zonas de San Miguel de Reinante e Santiago de Reinante. Este problema, que se coñece e se ten determinado hai anos, podería solucionarse coa construción dunha nova estación depuradora en San Miguel que daría solución a ambas parroquias; tal e como se contempla no proxecto elaborado por Augas de Galicia. Dito proxecto, que este goberno considera fundamental executar, está orzamentado en máis de 3.300.000 euros; cantidade imposible de afrontar para esta administración local.

Ana Ermida explica na carta remitida aos departamentos da Xunta que “o concello de Barreiros ten un censo poboacional de menos de 3.000 habitantes, porén a súa poboación flotante multiplica esta cifra por máis do triplo nos meses de verán. Isto supón que os servizos que se precisan, deben estar dimensionados para atender dita demanda; o que require de investimentos importantes para poder levar a cabo ditas execucións.”

Segundo sinalan desde o goberno “a ubicación dos puntos de vertido actuais son en zonas moi próximas á praia, mesmo a lugares tan emblemáticos como a praias de Augas Santas/As Catedrais, e mesmo a Rede Natura, o que supón uns impactos tanto medioambiental como turístico negativos; a maiores dos evidentes de saúde pública que se detectan mesmo nas analíticas realizadas pola propia administración galega.”

Por esta razón, e considerando que a Xunta de Galicia ten competencia na cuestión e varias das súas consellerías poderían estar involucradas na resolución deste problema, o goberno municipal solicita unha xuntanza para abordar esta cuestión coas distintas Consellerías que poden estar implicadas.

A alcaldesa considera que “é imprescindible a colaboración entre administracións para afrontar investimentos desta importancia, en beneficio das veciñas e veciños de Barreiros, das persoas que visitan este municipio e do propio País, que precisa dunha imaxe moderna, avanzada e con servizos propios do século XXI.”

La Audiencia Provincial dictaminó la absolución del exregidor de Barreiros

La Audiencia Provincial dictaminó la absolución del exregidor de Barreiros

Alfonso Fuente Parga. JOSÉ Mª ÁLVEZ
 Alfonso Fuente Parga. JOSÉ Mª ÁLVEZ
Alfonso Fuente y cinco concejales fueron absueltos de un delito de prevaricación urbanística

La sección segunda de la Audiencia Provincial de Lugo dictó el viernes sentencia firme absolutoria sobre un recurso de apelación presentado por la fiscalía y Adega contra la sentencia dictada el pasado 8 de febrero por el Juzgado de lo Penal número 2 de la capital lucense, por la que se absolvió al exalcalde de Barreiros, el popular Alfonso Fuente, a cinco de sus ediles y a la arquitecta municipal de un delito de prevaricación urbanística, por la concesión, en 2006, de 40 licencias con las que se preveía la construcción de 3.000 viviendas en el concello mariñano.

En el dictamen final, uno de los tres magistrados que instruyó el recurso de apelación se mostró en contra de la sentencia final absolutoria, sobre la que no cabe casación. Así las cosas, el ministerio fiscal sostenía, al igual que Adega -que se presentó como acusación particular y que también había recurrido-, que “no se han valorado adecuadamente las pruebas practicadas”.

Uno de los acusados, Alfonso Fuente, mostraba el viernes su satisfacción tras conocerse la sentencia. “Estoy aliviado, y alegre porque desde el principio sabíamos, tanto el equipo de gobierno como yo, que habíamos hecho las cosas bien. Todas nuestras decisiones estaban basadas en los informes de los técnicos del ayuntamiento”, reconoce el ex regidor barreirense y ahora en la oposición.

A ALCALDESA DE BARREIROS E O CONCELLEIRO DE MEDIO AMBIENTE REUNIRONSE ESTE LUNS COA DIRECTORA DE AUGAS DE GALICIA

A ALCALDESA DE BARREIROS E O CONCELLEIRO DE MEDIO AMBIENTE REUNIRONSE ESTE LUNS COA DIRECTORA DE AUGAS DE GALICIA

Ana Ermida e Dámaso Ratoeira mantiveron un encontro con Teresa Gutiérrez, para abordar a situación actual das depuradoras barreirenses e buscar unha solución.

Barreiros, 16 de xullo de 2019. Este luns a alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, e o concelleiro de Medio Ambiente, Dámaso Ratoeira, mantiveron unha reunión coa directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, para mostrarlle a situación actual das depuradoras de Barreiros e tratar de buscar solucións para corrixir os problemas das augas residuais sen depurar que cada verán se están a sufrir en Barreiros.

Segundo conta a rexedora, “Un dos problemas que se tratou é o do emisario da depuradora de San Bartolo, o cal leva roto varios anos, e que Teresa Gutiérrez se compromete a revisar”. Tamén se abordou a situación da depuradora de San Miguel, “da cal existe un proxecto redactado cun custo de 3,3 millóns de euros pero sen financiamento. Neste punto a Directora de Augas de Galicia emprázanos a buscar financiación directamente coa Conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez Mejuto.”

A mandataria barreirense non quixo esquecerse das zonas do interior do municipio, as cales non contan con ningunha rede de saneamento, para interesarse por un proxecto piloto que está a desenrolar Augas de Galicia xunto coa Universidade da Coruña sobre balsas verdes. “Creemos que este proxecto encaixaría moi ben dentro de Barreiros, polo que nos ofrecemos como Concello de proba para que realicen os estudos pertinentes e así dotar as zonas do interior de sistemas de depuración.”