O CONCELLO FIXO OBRAS DE MANTEMENTO NO COLEXIO DE SAN MIGUEL

O CONCELLO FIXO OBRAS DE MANTEMENTO NO COLEXIO DE SAN MIGUEL. OS TRABALLOS CONSISTIRON NO PINTADO DO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO E DALGUNHA AULA DO CENTRO.

Barreiros, 8 de xaneiro de 2018. O Concello realizou obras de mantemento no colexio de San Miguel, aproveitando as vacacións de Nadal dos rapaces. Eses traballos foron supervisados hoxe polo alcalde e pola directora do centro.

Alfonso Fuente contou que “estes días aproveitando as vacacións de Nadal dos nenos no colexio, estivemos a realizar unha serie de obras para humanizar o entorno do centro. Pintamos o pavillón pola parte de dentro, xa que era un pavillón frío, primeiro fixéronse unhas labores para sacar esas humidades que tiña e agora pintamos todo por dentro, branqueando todo ese bloque de color gris que fai triste o pavillón. Démoslle branco para que os nenos do colexio poidan seguir pintando os seus murais sobre esas paredes, dándolle colorido e humanizando o que é o pavillón polideportivo”.

O rexedor barreirense dixo que “tamén aproveitamos para pintar algunha aula, para cambiar e arranxar a sala de profesores, e tamén colocar unhas portas de acceso para unir os dous colexios nesta pasarela que levaba un tempo que non se podía usar. Agora mesmo están esas portas colocadas e imos ir pouco a pouco facendo obras para que xa se poida poñer en servizo esa pasarela e que os nenos poidan ir dun edificio ao outro sen ter que pasar polo exterior, sobre todo os días de choiva”.

O alcalde subliñou que “son unhas tarefas que na medida que o Concello poida ir arranxando, o está facendo, arranxando ese colexio que en definitiva é mellora para todos os nenos do noso concello”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *