Archivo de la categoría: Hospital

DENUNCIA QUE SEU PAI LEVA AGARDANDO SETE MESES POR UN TRATAMENTO DE REHABILITACIÓN URXENTE

DENUNCIA QUE SEU PAI LEVA AGARDANDO SETE MESES POR UN TRATAMENTO DE REHABILITACIÓN La imagen puede contener: 1 persona, de pie

O paciente foi operado dúas veces da columna e precisa fisioterapia para recuperar a mobilidade .

A Mariña, 15 de decembro de 2020. Unha muller denuncia, no nome de seu pai, que levan agardando sete meses por un tratamento rehabilitador pautado por neurocirurxía, con carácter de urxente , tras a dupla intervención cirúrxica á que foi sometido no HULA.

O paciente foi intervido por vez primeira en marzo do 2020 no HULA dunha estenose de canle na columna cervical , con mielopatía, en marzo de 2020. Dada a súa evolución favorable, interveñen por segunda vez en abril do mesmo problema na zona lumbar. En maio do 2020 é alta por parte do servizo de neurocirurxía do HULA, con prescripción de tratamento rehabilitador inmediato para acadar unha boa recuperación da súa mobilidade. Desde o servizo de neurocirurxía recalcaron o carácter urxente do tratamento, que debía ser realizado no seu distrito sanitario.

O paciente non é chamado ata que pasan dous meses da súa alta, en xullo de2020, data na que é vista pola única facultativa rehabilitadora que existe no hospital da Mariña e que decide poñerlle prioridade alta. Malias as recomendacións da rehabilitadora o paciente segue sen ser chamado, polo que presentan reclamación en atención ao paciente sin que ata o momento lle deran solución á mesma. Desde atención ao paciente comunícanlle que “agora xa depende do servizo de rehabilitación, máis en rehabilitación infórmannos de que é a dirección do hospital, a través dun comité, quen decide”- explica a muller.

Como pasa o tempo e non chaman , deciden contactar coa Plataforma sanitaria e presentar reclamación, que é rexistarda o día 16 de novembro con número de entrada 2786.

O paciente viuse obrigado a acudir a un centro privado de rehabilitación

O paciente está a recibir tratamento rehabilitador nunha entidade privada desde a súa alta hospitalaria e correndo cos gastos derivados do mesmo, pois a recuperación da mobilidade depende da instauración precoz de rehabilitación.

Segundo comentan desde a Plataforma Sanitaria, non se trata dun caso illado, e non é a primeira vez que se tramitan reclamacións desta índole. Desde o colectivo temos constancia de que moita xente está a acudir a profesionais privados porque o Sergas non da solución axeitada aos seus problemas de saúde, deixándoos sen a atención que precisan. É por iso que esiximos que doten aos centros sanitarios públicos dos medios humanos e materiais suficientes para que a poboación sexa atendida como se merece, sen que ninguén se vexa obrigado a acudir a centros privados porque non están sendo atendidos na sanidade pública.

O colectivo sanitario lémbralles que existe unha normativa, a lei de garantías de prestacións sanitarias (lei 12/2013 , artigo 5), que o Sergas está a incumplir sistemáticamente, obrigando a moita xente a pagar por asistencia sanitaria, xa que o sistema non é capaz de garantirlla, e mesmo está a causar na poboación enormes desigualdades, pois non tod@s poden pagar sanidade privada; é por iso que esiximos ao Sergas que cumpla coas as normativas , garantindo o cumplimento estrito dos prazos e atendendo ás prescripcións de prioridade ou urxencia , así como á gratuidade da prestación . “Cando un paciente se ve na obriga de acudir a un fisioterapeuta privado por falta de atención no sistema público, este deixa de ser gratuíto” – conclúe a coordinadora do colectivo.

A MARIÑA  SOFRE A PERDA  DOUTRO SERVIZO MÁIS, AO QUEDAR SEN UN ESPECIALISTA NA ÁREA DE CARDIOLOXÍA

A MARIÑA  SOFRE A PERDA  DOUTRO SERVIZO MÁIS, AO QUEDAR SEN UN ESPECIALISTA NA ÁREA DE CARDIOLOXÍA.

Desde o mes de setembro falta o terceiro d@s facultativ@s do servizo de cardioloxía, sen que ata o momento fora substituído.

A Mariña a 30 de novembro de 2020. O Hospital da Mariña está a sofrir unha nova merma nos servizos ao quedar sen un dos especialistas da área de cardioloxía. Desde o mes de setembro, despois de que un dos cardiólogos solicitara una excedencia, o hospital atópase cun facultativo menos, pois ate o momento non foi substituído.

Esta plataforma sanitaria ven de coñecer e contrastar a ausencia de  substitución do facultativo , polo que se constata unha vez máis a sangría de servizos que paulatinamente ven sufrindo este centro desde hai anos, e que se agrava desde eliminación da área sanitaria, como vimos predecindo desde entón. Cremos desde o colectivo, que este novo golpe para a saúde de mariñás e mariñaos provocará agardas para realización de probas diagnósticas , consultas de revisión imprescindibles e primeiras consultas para diagnosticar, inasumibles e vergoñentas,  que multiplicarán as que xa había ata agora e que foron denunciadas polo colectivo en numerosas ocasións.

O portavoz da plataforma, Víctor Vila apunta que cada día que pasa a poboación da Mariña vai perdendo servizos esenciais para unha asistencia sanitaria digna e próxima e apela á xerencia do centro a que se poña a traballar na dotación axeitada de profesionais e servizos en vez de “secundar servilmente as decisións políticas da Xunta para darlle o tiro de gracia á sanidade pública desta comarca”.

A PLATAFORMA SANITARIA DENUNCIA  QUE O HOSPITAL DA MARIÑA PERDE UN SERVIZO MÁIS AO QUEDAR  PRÁCTICAMENTE SEN REUMATÓLOGA

A PLATAFORMA SANITARIA DENUNCIA  QUE O HOSPITAL DA MARIÑA PERDE UN SERVIZO MÁIS AO QUEDAR  PRÁCTICAMENTE SEN REUMATÓLOGA .

A especialista que había trasladouse a Lugo e pasa consulta na Mariña únicamente os luns.

A Mariña, 10 de novembro de 2020. A Plataforma Sanitaria  ven de coñecer , a través de queixas de pacientes , que a reumatóloga que había no Hospital da Mariña  comezou a traballar no  HULA e , de momento, está a desplazarse os luns ao Hospital da Mariña a pasar consulta, polo que a efectos prácticos pérdese outro servizo máis  no distrito da Mariña.

O distrito da Mariña contaba ata hai pouco cunha reumatóloga para a atención de una poboación de uns setenta mil habitantes. Desde este colectivo sanitario denunciouse en reiteradas ocasións que era de todo insuficiente  e que se precisarían dúas profesionais para que a poboación estivese mínimamente atendida. Agora coa marcha da reumatóloga para Lugo quedamos nunha situación caótica , xa que unha reumatóloga un día á semana semella una tomadura de pelo para mariñás e mariñaos.

Pacientes sen ver desde o ano 2017.

A Plataforma Sanitaria ven facendo reclamacións de pacientes, tanto nos dispositivos móbiles que creou hai un tempo (UMAR) e que neste momento están suspendidos por mor da pandemia, como individualmente e “ a goteo” no resto dos días. Somos sabedor@s por este motivo, que hai pacientes de reumatoloxía sen ver desde o ano 2017. A coordinadora do colectivo sanitario, Montse Porteiro  asegura que “ este tempo de agarda é inadmisible e mesmo incumple toda normativa e leis de garantías, tanto se están en listas de agarda oficiais coma se están nas listas non estruturais “.

A este respecto o tamén portavoz da Plataforma, Víctor Vila manifesta que tiñamos razón cando advertimos da perda de servizos que suporía a eliminación da área sanitaria, e que os “máis e mellores servizos” que profetizaba o entón delegado da Xunta ” non son máis que una falacia “.

Desde este colectivo esiximos ao Sergas que poña fin a esta situación de desamparo e abandono de pacientes e dote o servizo dos profesionais necesarios a tempo completo, durante todos os días da semana.  Parécenos que a ampliación de espazos é moi necesaria, como así vimos mantendo desde o ano 2010, máis “ as publireportaxes vendendo metros cadrados e millóns de euros non teñen ningún sentido se perdemos servizos e profesionais, máis alá de lavar a imaxe privatizadora e destrutora da sanidade pública que ten o goberno da Xunta”- conclúen.

A PLATAFORMA SANITARIA DA MARIÑA REÚNESE HOXE COS COMITÉS DE EMPRESA DA FACTORÍA DE ALÚMINA- ALUMINIO E EMPRESAS AUXILIARES

A PLATAFORMA SANITARIA DA MARIÑA REÚNESE HOXE COS COMITÉS DE EMPRESA DA FACTORÍA DE ALÚMINA- ALUMINIO E EMPRESAS AUXILIARES.

O colectivo sanitario trasládalle de novo o seu total apoio á loita polo mantemento dos empregos e a continuidade da fábrica.

A  Mariña 21 de outubro de 2020.  Integrantes da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña veñen de manter unha reunión cos Comités de Empresa da factoría e empresas auxiliares, na que lle amosaron e tarsladaron de novo  todo o seu apoio na loita que veñen mantendo desde hai moitos meses, polo mantemento de preto de mil postos de traballo e pola continuidade da  fábrica de aluminio .

O industria do aluminio é unha actividade estratéxica e debe seguir producindo aluminio e alúmina nesta comarca; non se entendería que os gobernos da Xunta e do Estado permitisen que unha multinacional ,que se estivo a beneficiar durante moitos ano de subvencións “ libres de polvo e palla”, sen prácticamente  facer investimentos , fixera efectiva unha fuxida previa parada das cubas, deixando na rúa a preto dun milleiro de familias e cun impacto brutal sobre a economía da Mariña.

A Plataforma Sanitaria fai un chamamento para apoiar a manifestación do proximo sábado 24 de outubro en Lugo .

A Plataforma Sanitaria adhírese unha vez máis ás reivindicacións da industria do aluminio da Mariña e fai un chamamento a veciños e veciñas da comarca para que acudan á manifestación que o vindeiro sábado  día 24 sairá  ás 11 horas do edificio multiusos da Xunta de Galicia , en Lugo, e rematará diante da subdelegación do goberno. O futuro da comarca depende , en gran medida da permanencia desta industria, pois debemos lembrar que representa preto do 30% do PIB da provincia, e xenera  milleiros de empregos directos e indirectos na Mariña. Perder esta industria  significaría a desertización industrial da comarca, obrigando a gran parte da poboación á emigración.Segundo  explica a coordinadora da plataforma sanitaria, Montse Porteiro, “temos que continuar a  pelexar man con man pola actividade industrial da Mariña e por una sanidade pública digna e de proximidade, posto que tanto unha como a outra foron os obxectivos dos agravios máis brutais destes últimos anos”. No mesmo sentido manifestouse o portavoz do colectivo sanitario, Víctor Vila, quen engadiu que “A Mariña sálvase loitando e unida, ben sexa na sanidade, na industria o nas reivindicacións  sobre infraestruturas”.

Desde a Plataforma sanitaria apelamos á responsabilidade de todas as persoas para respectar e acatar todas as medidas dictadas polas autoridades sanitarias  nas reivindicacións.

PREVISIÓN INFORMATIVA MÉRCORES 21 DE OUTUBRO de 2020

PREVISIÓN INFORMATIVA MÉRCORES 21 DE OUTUBRO de 2020

Data: Mércores 21 de outubro de 2020

Hora: 9:15 horas

Lugar: ALCOA. San Cibrao. Diante do edificio do Comité de empresa

Asunto: A Plataforma Sanitaria acude á factoría de alúmina-aluminio para reunirse cos comités de empresa da factoría e empresas auxiliares. Enviaranse fotos e comunicado de prensa.

Acuden: Activistas da Plataforma Sanitaria da Mariña e membros dos comités de empresa de Alcoa e empresas auxiliares

Alcoa ten intención de iniciar o próximo 25 de xuño un proceso formal de consultas para un expediente de regulación de emprego

A Mariña, 18 de xuño de 2020.

Tralo anuncio de que  Alcoa ten intención de iniciar o próximo 25 de xuño un proceso formal de consultas para un expediente de regulación de emprego (ERE) , que afecta a 534 empregos da planta de aluminio de San Cibrao ,  e á perda de polo menos 400 empregos das empresas auxiliares, a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña quere amosar o seu total apoio ás e aos traballadores da factoría e das empresas auxiliares afectadas así como ás súas familias. A decisión da empresa de botar á rúa a preto de  1000 traballador@s  supón unha fenda brutal para o desenvolvemento económico, industrial e de emprego da comarca e obrigará a gran parte da poboación a marchar fora en busca de oportunidades laborais. Desde este colectivo apoiamos e sumámonos ás mobilizacións en defensa dos empregos e do desenvolvemento industrial da comarca.

O colectivo sanitario apoiará e participará ,do mesmo xeito, na manifestación que o vindeiro luns 22 de xuño sairá desde o Hospital da Mariña  ás oito da tarde , baixo o lema “ Queremos futuro para a Mariña”.Animamos a todas as veciñas e veciños da comarca a que acudan de forma masiva a esta convocatoria , pois sólo coa loita seremos quen de frear esta sangría económica, laboral  e sociodemográfica que nos asola.

Para máis información chamar a Montse Porteiro 615187637 ou a Víctor Vila 677343429

DENUNCIA A NEGATIVA POR PARTE DA  DIRECCIÓN DO HOSPITAL DA MARIÑA  A DERIVALA  A UN CENTRO PÚBLICO CON EXPERIENCIA NA INTERVENCIÓN QUE PRECISA

DENUNCIA A NEGATIVA POR PARTE DA  DIRECCIÓN DO HOSPITAL DA MARIÑA  A DERIVALA  A UN CENTRO PÚBLICO CON EXPERIENCIA NA INTERVENCIÓN QUE PRECISA.

Tras denunciar á Valedora do Pobo a situación é recibida pola dirección do hospital  .

A Mariña  9   de marzo de 2020. Unha paciente  denuncia que a dirección do Hospital da Mariña estalle a negar unha derivación ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) para someterse a unha intervención cirúrxica de ombreiro que non se realiza no Hospital da Mariña.Tras denunciar a situación ante a Valedora do Pobo, a dirección médica accede a recibila, máis  na reunión , lonxe de solucionar a súa situación, ” atópome frente a unha barreira insalvable que non fai máis que intensificar a miña desesperación e indignación”- comenta a paciente.

A súa odisea comezou en xuño de 2017, cando lle diagnostican unha tendinopatía no ombreiro dereito, máis noutra consulta posterior confírmase un novo diagnóstico, rotura completa do tendón do músculo supraespinoso. Seis meses despois deste diagnóstico, e de sufrir continuamente dor e dificultade para o movemento, é operada por artroscopia. A muller non quedou ben desta intervención e é sometida a unha segunda intervención en xaneiro de 2019. Despois da  segunda intervención e de seguir un tratamento rehabilitador é dada de alta , pois dinlle que non se pode facer nada máis e que ten que convivir coa dor.

A muller vese obrigada a ir a unha consulta privada ante a deixadez da administración pública.

Ante as  expectativas tan negativas que lle dan no hospital a paciente vese na obriga de acudir a unha consulta privada, onde é informada que existe a posibilidade de someterse a unha intervención cirúrxica de reconstrucción da cápsula articular anterior, e que esta intervención realízase  nos hospitais da rede pública de A Coruña ou Santiago. Con esta información acude de novo á sua consulta de traumatoloxía do hospital da Mariña, pero o único que lle ofertan é a colocación dunha prótese no HULA, xa que en Lugo non se realiza a intervención que sería recomendable.

 

Impotencia, sensación de abandono e agravio comparativo respecto a  pacientes das capitais.

Ante esta resposta, logo de que a inspección médica corroborase que debía ser derivada a Santiago ou A Coruña,a muller pon dúas reclamacións en Atención ao Paciente que caen en “saco roto ,” e mesmo solicita ser recibida pola Xerencia do hospital, obtendo o silencio como resposta. É despois de presentar a denuncia ante a Valedora do Pobo cando a dirección do centro decide recibila, máis  “ somentes atopei actitudes agresivas e á defensiva que en lugar de aliviar a miña angustia , multiplican a miña desesperación é indignación”- manifesta a muller.

Desde a Plataforma Sanitaria esiximos á dirección do centro que demostre con feitos que realmente a asistencia sanitaria do SERGAS é continuista , facilitando á paciente a posibilidade de equipararse a calquera outro/a paciente que resida en A Coruña ou Santiago. “ A casos coma este nos referimos cando afirmamos que estamos a ser tratad@s como pacientes de segunda clase e non é a primeira vez que ocurre, nen será a última”- relatan desde o colectivo sanitario.

Do mesmo xeito, @s activistas sanitari@s afirman que as Xerencias dos centros públicos deberían ser transmisoras de solucións  e empáticas co sufrimento das persoas, garantindo , no contexto da mellor atención posible, o acceso ás técnicas máis avanzadas  e máis axeitadas a cada caso, ofertándollas ao paciente independentemente do lugar onde vivan.

REMATA O CICLO DE ASEMBLEAS INFORMATIVAS ORGANIZADAS POLA PLATAFORMA SANITARIA DA MARIÑA CUN BALANCE MOI POSITIVO EN ASISTENCIA E PARTICIPACIÓN

REMATA O CICLO DE ASEMBLEAS INFORMATIVAS ORGANIZADAS POLA PLATAFORMA SANITARIA DA MARIÑA CUN BALANCE MOI POSITIVO EN ASISTENCIA E PARTICIPACIÓN.

As asembleas, que tiñan como obxectivo informar sobre a situación da sanidade pública, resultaron verdadeiros foros de debate pola súa participación veciñal.

A Mariña,1 de febreiro de 2020. O ciclo de asembleas informativas convocadas pola Plataforma Sanitaria da Mariña  rematou na noite de onte coa celebración da última das tres que se organizaron,  no Centro Sociocultural de Alfoz. O acto, que comezou ás oito da tarde, foi un éxito tanto en asistencia como en participación , ao igual que nas celebradas en Viveiro e Barreiros.

O formato das asembleas foi igual nas tres, comezando cunha exposición da situación sanitaria en Galiza en xeral e avanzando ata a comarca da Mariña . Os actos contaron coa presencia de diversos colectivos para analizar todos os ámbitos. Integrantes da Plataforma Sanitaria en Defensa da Sanidade Pública abriron os actos para falar do desmantelamento progresivo  e continuado, do que está a ser vítima a Atención Primaria, con desabastecemento de material e  falta de cobertura dos permisos ou baixas do persoal.

Este colectivo sanitario abordarou tamén a ampliación do hospital da Mariña, ampliación moi necesaria e conseguida froito da loita social durante anos.Lamentaron que esa gran obra civil non fora acompañada de novas prestacións de servizos coma a resonancia fixa prometida cando houbese sitio para ela, a densitometría ósea,as placas dentais ou a electromiografía e electroencefalografía. Igualmente tratouse a blindaxe de servizos existentes no hospital e a creación de novos servizos e prestacións, que consideramos básicas e irrenunciables para a dotación dun hospital .O aumento das listas de agarda a pesares da maquillaxe de datos por parte do SERGAS foi un dos temas que causou máis indignación a veciñas e veciños.

Enfermeiras Eventuais en Loita asociaron a precariedade laboral á perda de calidade asistencial e á repercusión negativa sobre os coidados a pacientes

A continuación o colectivo Enfermeiras Eventuais en Loita puxo de manifesto que a precariedade laboral á que teñen sometido a este colectivo, acumulando máis de cincocentos contratos tras dez anos de traballo ,sen dereitos a descansos reglamentarios, vacacións ou sabendo que se collen unha baixa por enfermidade lles vai supoñer a non renovación dalgún un pouco máis longo ( de un mes), repercute directamente sobre sobre a calidade asistencial. “ Non podemos impartir os coidados que @s pacientes merecen cando estamos cada día nun sitio diferente, sen ter a oportunidade de coñecer a historia e evolución da persoa enferma,e eso perxudica á sua evolución ao tempo que causa frustración en nós”-lamentan.

O colectivo de técnicos de transporte sanitario analizaron as consecuencias da supresión dun técnico na ambulancia medicalizada.

Nas asembleas participou tamén un TES,que analizou as consecuencias para a comarca da supresión dun dos técnicos da ambulancia medicalizada.Explicou que no caso dunha emerxencia que precise da presencia da ambulancia medicalizada,os efectivos actuales non son suficientes e moitas veces teñen que solicitar a presencia dunha segunda ambulancia básica que lles aporte reforzo de persoal, o que implica  derroche de recursos e que esta segunda ambulancia non preste servizo noutros lugares mentres esté reforzando á medicalizada.

A Plataforma Sanitaria amosa a súa indignación pola represión e censura da dirección do centro ao retirar dúas pancartas da fachada do hospital.

A retirada no día de onte de dúas pancartas da fachada do hospital por parte da dirección do centro, en cumplimento da instrucción emitida polo SERGAS, causa indignación no colectivo, que ve nestas actuacións un acto represivo e de censura sanitaria. Segundo @s activistas sanitari@s, estas actuacións propias de gobernos totalitarios , que nos retrotraen a tempos da dictadura, non van conseguir que deixemos de informar, de mobilizarnos e de protestar polas políticas de privatización e de desmantelamento da sanidade pública.”Lonxe de conseguir o seu obxectivo, o que lograrán será o efecto contrario, magnificando as mobilizacións”-conclúe.

Para máis información chamar a Víctor Vila  677343429 ou a Montse Porteiro 615187637

Plataforma Sanitaria A Mariña

Data:  Mércores 29 de  Xaneiro 2020

Hora:  20 horas

Lugar: CONCELLO DE VIVEIRO. SALA MULTIUSOS.

Asunto:   Asemblea  para informar a veciñas e veciños da situación actual da sanidade pública na comarca e no país  , para incidir na necesidade de manifestármonos  o vindeiro 9 de febreiro e para ofertar o transporte en autobús cara a Compostela. Tras  unha pequena intervención d@s poñentes abrirase un turno no que o público pode preguntar, suxerir ou mesmo abrirse un debate.