O BNG IMPUGNA OS ORZAMENTOS DE BARREIROS POR NON CONTAR CON CARTOS SUFICIENTES PARA OS GASTOS QUE PREVÉN

O BNG IMPUGNA OS ORZAMENTOS DE BARREIROS POR NON CONTAR CON CARTOS SUFICIENTES PARA OS GASTOS QUE PREVÉN

O goberno do PP anuncia obras con cargo ao convenio asinado cos promotores por importe de preto de 800.000 euros, cando nesa conta quedan 166.000 euros.

Barreiros, 15 de febreiro de 2018. O Bloque Nacionalista Galego en Barreiros vén de impugnar os orzamentos aprobados polo Partido Popular para o ano 2018, presentando un escrito de alegacións que debe resolver o pleno municipal no prazo dun mes.

Segundo a formación nacionalista, “os orzamentos son impugnables desde o momento en que existe unha clara insuficiencia dos gastos previstos para atender ás necesidades para as que se prevén; que é unha das causas establecidas pola lexislación”.

“A importante redución que supón en numerosas partidas o recoñecemento extraxudicial de crédito que se aprobou no mesmo pleno ca os orzamentos e as partidas que o Alcalde na memoria dispón que son para gastos do 2017 e que supoñen deixar os orzamentos con 512.000 euros menos; fai que na realidade en todas esas partidas a consignación real sexa en moitos casos inferior en máis da metade á do ano pasado, cando xa foi insuficiente e por iso quedaron esas facturas sen pagar”, explica Ana Ermida.

Pero ademais, a portavoz municipal do BNG asegura que “hai unha previsión de ingresos e de gastos que lonxe de ser reais, mostran como se están falseando os orzamentos, mentindo descaradamente e tratando de enganar a respecto dos investimentos que se anuncian.”

Refírense ás obras de mellora da rede de abastecemento de auga municipal, en concreto a depuradora de Celeiro de Mariñaos que o Alcalde anunciou por un importe de preto dun millón de euros e que na memoria da Alcaldía presentada se especifica que se financiará cos aos avais depositados polos promotores con cargo ao convenio asinado no 2006. “O primeiro engano é que o Alcalde fala dun millón de euros, cando nos orzamentos se prevén 790.143,51 euros”, aseguran. “Pero o segundo engano, e máis grave, é que mentres nos orzamentos aparecen eses preto de 800.000 euros (que deberían estar depositados na conta restrinxida que o Concello ten aberta nun banco), na conta bancaria na que deberían estar eses cartos, a data 31 de decembro do 2017, polo tanto xusto antes de empezar o ano 2018, quedaban 166.579,60 euros”, expón Ana Ermida.

“Non sabemos a quen pretende enganar. Como ten pensado pagar esa obra, se a vai facer ou vai ser outra obra máis desas inacabadas que salpican a xeografía municipal, neste caso, enterrando cartos públicos”, preguntan.

“O que está facendo o PP en Barreiros é de xulgado de garda. Dilapida diñeiro público a costa do esforzo que fan as veciñas e veciños que levan anos aguantando subidas de impostos debido á nefasta xestión do goberno municipal e, por riba, téntanos enganar con anuncios baleiros de contido e, neste caso, de cartos”, aseguran.

“Agardemos que no pleno no que se resolvan estas alegacións, o goberno municipal dea algunha explicación, porque as veciñas e veciños estanas pedindo, tal e como puidemos comprobar desde o BNG nas reunións informativas sobre os orzamentos que viñemos realizando polas parroquias”, conclúen desde a formación nacionalista.

El alcalde afirma que las cámaras de vigilancia instaladas no están activadas

El alcalde afirma que las cámaras de vigilancia instaladas no están activadas

VIVEIRO / LA VOZ 

El alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente Parga, explicaba ayer que las cámaras de vigilancia instaladas a la entrada y en diversos puntos del polígono industrial del municipio aún no están activadas al estar pendientes de alguna autorización. «Hai uns quince días viñeron facer revisión da instalación, supoño que para obter esa autorización», señaló el regidor.

El sistema, contratado a la empresa CDR, cuenta con cámaras a la entrada y en el recorrido que puede hacer un vehículo por el polígono. La de la entrada ya lleva incorporado un sistema que recoge la matrícula de los vehículos que acceden. Y va diseñado para conectarse con la central de la empresa de seguridad.

Las cámaras, según Fuente Parga, se instalaron el año pasado , en 2017, gracias a una ayuda solicitada a la Xunta de Galicia. Se decidieron a implantarlo debido a los constantes robos que se producían en el polígono. «Púxose para tratar de evitalos», señalaba el munícipe. También instalaron sistemas de vigilancia en la casa consistorial.

Roban metales de valor en un centro de reparación de maquinaria de Barreiros

Roban metales de valor en un centro de reparación de maquinaria de Barreiros

Es el enésimo robo que se produce en empresas de esta zona

.
PEPA LOSADA 
VIVEIRO / LA VOZ 

Nuevo robo en el polígono industrial de Barreiros. Esta vez la afectada es una empresa que se dedica a la reparación de maquinaria.

Según ha trascendido, los ladrones debieron de acceder a la zona trasera de las instalaciones, que está orientada hacia la zona del monte y se llevaron metales de valor, como bronce y similares, que la firma tenía acopiados en esa área. La cuantía y valor del material sustraído no se conocía ayer, dado que aún no había sido presentada la denuncia.

Empresarios del polígono señalaban que a pesar de las cámaras instaladas por el Concello en distintos puntos del parque industrial es fácil entrar por la parte de atrás, por una calle que da al monte, sin llamar la atención y sin hacerse ver.

Otra persona señalaba que «non hai vigilancia ningunha e a luz mala» e indicaba que la proliferación de coches y camiones aparcados por la calle sirve para que los cacos se resguarden y eviten ser vistos.

En los últimos años se han producido robos frecuentes en varias empresas. Y en el resto del municipio tampoco son ajenos a las incursiones de los delincuentes. Esta misma semana entraron en un cámping del litoral y se llevaron televisores dinero de las instalaciones y del interior de varias caravanas que el dueño tenía alquiladas a clientes en el interior del recinto. Valoraron las pérdidas en unos diez mil euros.

O Praias de Barreiros, de novo líder da liga de Preferente Galicia de fútbol sala

O Praias de Barreiros, de novo líder da liga de Preferente Galicia de fútbol sala

Venceu ó Chacala Arzúa, por tres goles a dous

.

Tras un mal comezo do 2018, o Praias de Barreiros volveu a gañar. O fixo ante o Chacala Arzúa (3-2), con goles de Sergio, Charly e Xoia, e o apoio da afección. Coa derrota do Concello de Begonte ante o Parrulo B (0-3), os de Barreiros volven a ser líderes

«Machei a Londres en 1966 se saír nunca da Espiñeira e foi como espertar un día de sol»

«Machei a Londres en 1966 se saír nunca da Espiñeira e foi como espertar un día de sol»

 Minerva Bermúdez. PABLO VILLAPOL

Fai só uns meses que a barreirense Minerva Bermúdez está xubilada. Dispón agora de todo o tempo do mundo, algo que lle vén moi ben porque asegura que se mantén moi ocupada. O seu último emprego foi de taxista, e garda centos de lembranzas

TODO O MUNDO COÑECE a Minerva Bermúdez en Barreiros. Xa era moi coñecida, pero a súa última ocupación converteuna nun persoaxe case público, porque exerceu como taxista durante 18 anos. Antes xa levara unha vida que a encamiñou a ter varios traballos en Inglaterra durante doce anos, dende 1966. Agora dispón de tempo para camiñar uns dez quilómetros ó día cos seus cans, saír tomar café e non parar.

Como foi aquelo de marchar a Londres?

Estiven alí doce anos, dende 1966, e marchei porque quería traballar. A min enseñáranme algo de corte e confeción, pero aquelo non me gustaba nada de nada. Nada. Así que como a xente nova marchaba e emigraba, eu tamén o fixen, pero eu fíxeno a Londres. Era o Londres de mediados dos anos 60.

Como foi a aventura de marchar dende San Cosme de Barreiros ata alí?

Realmente eu fun porque me gustaba estudar. Un profesor que tiña daquela dixo que se quedaba me podía conseguir unha beca, pero vía que todos marchaban, e tamén o fixen.

E que atopou alí?

Pois vin un mundo moi, moi diferente, en todos os sentidos. Era como deitarte de noite e amencer cun sol radiante.

Non se atopou algo perdida no medio desa gran cidade e xusto nese momento histórico?

Claro, hai que pensar eu cheguei a Londres desde A Espiñeira. A viaxe máis longa que fixera fora a Ribadeo e marchei vivir en pleno centro de Londres.

Que lle pareceu?

Non me asuste, pero si que me sorprendín. Eu non sabía nada de inglés. Ó principio amañeime porque son decidida e entendíame ou facíame entender por sinais. Logo fun aprendendo algunha palabra, porque só sabía dicir «bos días» e «grazas» e pouco máis. Fun a clases nocturnas e fun aprendendo pouco a pouco, ata que acabei falando inglés sen problema.

En que traballaba?

O primeiro traballo que tiven foi nun hotel. Servía os almorzos, limpaba as habitacións… Un día chegou un cliente que era un aviador e eu estaba facéndolle a habitación. Quería decirlle «Excuse me», que é «descúlpeme», pero díxenlle «squeeze me», que é «abrázame», e o home quedou algo despistado, pero foime abrazar, ata que lle puxen as mans e xa non pasou nada, pero foi unha anécdota moi ilustrativa dos problemas co idioma. Tamén traballei de camareira. Pero o mellor é que aprendes a valerte por ti mesma. Ó final, podo dicir que marchei para alí chorando, pero tamén volvín chorando.

Era tan bohemio o Londres dos 60 como se di agora?

Era totalmente diferente a isto, que era como unha prisión. Todo me chamaba a atención, todo. Había todo tipo de xente, todo tipo de razas, todas as culturas… Todo convivindo con total normalidade. Aprendín moitísimo.

Por que se volveu?

Volvín porque eu sempre fun unha persoa moi apegada á familia, e miña nai sempre me estaba pedindo que volvese e, ó final, volvín.

A España que atopou xa non era a que deixara en 1966.

Non, non. España era xa moi diferente, moito máis moderna en todo. Notábase moitísimo o cambio, porque por exemplo cando marchei tiñas que ir á misa, con velo e tapada. Non podías ir en coche cun rapaz. Non podías facer nada. Cando volvín…, pois xa podías tomar un cubata, por exemplo.

Conducir
«Saquei o carné ós 20 anos e dixéronme se podía conducir en calquer parte do mundo»

Xubilación
«Retireime case por casualidade. Estiven esperando porque non estaba convencida»

E meteuse de taxista, unha profesión singular para unha muller daquela. Como o colleu?

O do taxi realmente non foi unha novidade para min, porque eu saquei o carné de conducir ós vinte anos en Londres. Aprendín no centro de Londres e cando saquei o carné dixéronme que ó saberfacelo alí, podía conducir en calquer parte do mundo, porque alí é complicadísimo. E a verdade é que conducir me gustaba moito.

E como chegou a coller o taxi en San Cosme?

Decidinme a coller a praza, aínda que ó principio fíxeno cun pouco de medo porque non sabía como ía ser a cousa, pero a realidade é que ó final sempre tiven xente para traballar e foime moi ben, nunca me faltou o traballo.

Non desconfiaba ó principio a xente ou se mostraba remisa por ser unha muller nun tempo no que non había taxistas que fosen mulleres por aquí?

Eu son botada para diante, así que en canto conseguín a praza, empecei a moverme. Xa me coñecía moita xente, pero ía por exemplo ó centro de saúde e repartía tarxetas entre a xente dicíndolles que tiña o taxi, e sempre me acolleron ben e me deron traballo.

E por que acabou por decidir xubilarse?

Foi case por casualidade. Vendín a praza de taxista e incluso estiven esperando a que a persoa á que lla vendera se volvese atrás porque non estaba totalmente convencida de retirarme. Eu disfrutaba traballando. Pasábao ben. Tiven
moito traballo, ás veces incluso tiven máis do que podía atender porque penso que a xente ía a gusto conmigo.

Agora que ten tempo libre, a que o adica?

Non paro un minuto. Sempre estou facendo cousas. Teño cans e encántanme. Ocúpome moito deles porque absorben moito tempo. Vou todos os días pasear con eles e camiño nove ou dez quilómetros porque os saco en tandas. Uns poden camiñar máis que outros e sácoos por grupos. Fanme moita compañía e estou encantada con eles.

«POLA NOITE, NO TAXI, POÑÍALLES AOS RAPACES MÚSICA DA SÚA E SEMPRE QUERÍAN VIR COMIGO»

A NOITE foi boa para os taxistas e a Minerva Bermúdez tocoulle un momento bo.

Tocoulle traballar nunha época na que había moita movida nocturna, por exemplo en Ribadeo. Usaba o seu taxi moita xente nova?

Moitísima. Eu traballando de noite pasábao chupi. Sempre me entendín ben coa xuventude. Eu leváballes a música que escoitaban. Procuraba enterarme do que escoitaban, comprábao e poñíallo para saír, e sempre querían vir
comigo.

As voltas tamén estarían máis animadas…

Para volver, fíxate como sería que eles preferían a que fixera eu unha viaxe e volvese e esperarme en vez de coller outro taxi porque querían ir co Taxi Minerva. Era moi divertido. Tamén levei moito turista, sobre todo no verán. E por certo, quedaban moi estranados de que unha taxista soubese inglés.

La nueva subestación eléctrica asegura el suministro a 56.000 mariñanos

La nueva subestación eléctrica asegura el suministro a 56.000 mariñanos

El conselleiro de Industria y el presidente de Viesgo la inauguraron en Ribadeo

Una subestación eléctrica de Viesgo en Ribadeo asegura luz a 56.000 abonadosUna subestación eléctrica de Viesgo en Ribadeo asegura luz a 56.000 abonadosPEPA LOSADA
D. GAYOSO S. CORRAL 
RIBADEO / LA VOZ 

El presidente de Viesgo, Miguel Antoñanzas, y el conselleiro de Economía, Emprego e Industria de la Xunta de Galicia, Francisco Conde, inauguraron ayer a mediodía ?como estaba previsto- la nueva y ansiada subestación eléctrica de Ribadeo. Sus dos transformadores pueden dar ya suministro a 56.000 ciudadanos de A Mariña Oriental a pleno rendimiento.

Era, efectivamente, una obra necesaria y muy demandada; es, por eso, una obra muy importante tanto para vecinos como para empresarios de toda esa zona oriental que limita con Asturias; en especial para Ribadeo. En Viesgo, la empresa que se encarga del suministro eléctrico de esta zona, eran y son conscientes y en solo seis meses han puesto en marcha esta nueva subestación. Un tiempo récord, dato éste que ayer recalcaron especialmente tanto el presidente de la compañía energética como el titular de Economía e Industria de la Xunta en Ribadeo.

«Un proyecto trascndente»

La nueva subestación ribadense ?con una potencia instalada de 80 megavoltamperios a través de sus dos transformadores y con capacidad ?tal como hemos anticipado- para dar suministro eléctrico a 56.000 personas a pleno rendimiento, supone un salto adelante muy importante: cualitativo y cuantitativo. Fundamental para una población como Ribadeo, en crecimiento, pero también para los demás municipios que conforman A Mariña Oriental, A Pontenova, Barreiros, Trabada y otras zonas colindantes. La nueva subestación dará apoyo igualmente a los nuevos desarrollos industriales y residenciales de la demarcación, en especial al polígono industrial de Ribadeo, tal como demandaba el concello.

La inversión total que ha supuesto la construcción de esta nueva subestación y de las líneas eléctricas que parten de la misma, asciende a casi 9 millones de euros, en concreto a 8,8. El acto inaugural de ayer se adelantó cuatro meses, pues las previsiones eran que la subestación estuviese finalizada el próximo verano, en junio. Lo que prueba el interés de Viesgo, quinta compañía energética de España, en esta obra.

El conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, señaló que «se trata de un proyecto transcendente para toda A Mariña Oriental y va a ser un resorte muy importante tanto para los ciudadanos como para los empresarios de esa zona».

Suárez, satisfecho porque ahora será más atractivo y fuerte el parque empresarial

El alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, también asistió ayer a la inauguración de la subestación en su municipio, al igual que otras autoridades locales, comarcales y provinciales. Suárez expresó su satisfacción por esta nueva instalación confiando en que a partir de ahora «Ribadeo acade estabilidade no subministro eléctrico, fundamental para o noso porvir, e a autonomía enerxética que precisamos».

El regidor municipal también expresaba su confianza en que ahora el polígono industrial «quede blindado para que calquera empresa de gran consumo enerxético que queira instalarse aquí poida facelo e poida traballar con total normalidade. Sen dúbida é moi importante para o noso parque empresarial», apuntaba Fernando Suárez en otro momento.

El polígono industrial de Ribadeo, situado en un lugar estratégico y que rivaliza con otros parques empresariales próximos, será a partir de este momento más fuerte y atractivo para los empresarios. También para la hostelería y el comercio locales esta nueva instalación eléctrica supone un paso adelante, y al igual que para Ribadeo, también para los municipios que conforman A Mariña Oriental y otras zonas próximas tanto de Galicia como de Asturias, dentro de esa misa área.

Próximo proyecto en Barreiros para controlar los flujos con Asturias y los parques eólicos

El presidente de Viesgo, Miguel Antoñanzas, adelantó el próximo proyecto de la compañía en A Mariña: «Será una nueva subestación en Barreiros, que conlleva una inversión de casi 5 millones y muy importante para controlar los flujos de energía con Asturias y con todos los parques eólicos». Antoñanzas también apuntó que con esta inversión, refiriéndose a la subestación de Ribadeo recién inaugurada, «en la que invertimos casi 9 millones de euros, Viesgo demuestra una vez más su apuesta por Galicia, donde la compañía invierte 20 millones de euros todos los años».

También dijo que «Viesgo dota de mayor seguridad y calidad al suministro eléctrico de la zona, al que favorecerá el bienestar y el desarrollo económico de A Mariña Oriental y su entorno».

O centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, de Barreiros, acolleu na tarde de onte a celebración do Festival de Entroido Infantil e Xuvenil

O centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, de Barreiros, acolleu na tarde de onte a celebración do Festival de Entroido Infantil e Xuvenil. Houbo baile, música, desfile, maxia e agasallos para todos os participantes, ademáis de premios para os mellores disfraces. Os cabezudos non quixeron perder esta cita e estiveron acompañando e animando aos asistentes.
O Concello de Barreiros organiza o Desfile e Baile de Entroido, que terá lugar o 16 de febreiro a partir das 21:00 horas na Praza do Concello. Unha vez rematado o desfile, ás 22:30 horas celebrarase unha cea na Praza do Concello, servida polo catering Chao dos Navais, na que o menú estará composto por empanada, entrantes fríos, churrasco, pan, bebida e postre a un prezo de 15 euros por persoa. O teléfono para reservas é o do Concello de Barreiros 982 124 002, e a retirada de tarxetas farase no Concello ata o 13 de febreiro de 9:00 a 14:00 horas previa reserva. Ao final da cea procederase á entrega de premios e terá lugar o Baile de Entroido amenizado polo grupo musical Lecer.
Este programa do Entroido está organizado polo Concello coa colaboración dos Comerciantes de Barreiros, Os Macanudos, Habelas Hainas e Catering Chao dos Navais.La imagen puede contener: 2 personas, personas de pie e interior

A PLATAFORMA SANITARIA, REUNIDA EN SESIÓN EXTRAORDINARIA, CALIFICA DE ÉXITO SEN PRECEDENTES A MOBILIZACIÓN DO PASADO 4 DE FEBREIRO EN COMPOSTELA

A PLATAFORMA SANITARIA, REUNIDA EN SESIÓN EXTRAORDINARIA, CALIFICA DE ÉXITO SEN PRECEDENTES A MOBILIZACIÓN DO PASADO 4 DE FEBREIRO EN COMPOSTELA.

Comparan a masiva participación coa mobilización de Nunca Máis e dan as grazas a mariñás e mariñaos pola súa implicación

A Plataforma Sanitaria reuniuse en sesión extraordinaria para facer unha valoración da mobilización que o pasado día 4 de febreiro desprazou ate Compostela a un milleiro de mariñás e mariñaos en dez autobuses e centos de coches. Cualifican a manifestación coma histórica na Comarca “ e un éxito sen precedentes tanto para  Mariña coma para o país, comparable ao que ocurriu co movemento Nunca Máis” – sinala  o portavoz da Plataforma.

Desde a Plataforma Sanitaria tamén queren agradecer a toda a comarca a súa implicación e o gran esforzo que fixeron ao desprazarse ate Compostela nun domingo, levantándose cedo e cunha previsión meteorolóxica moi adversa.

A Plataforma Sanitaria estivo presente no debate da totalidade do pasado 6 de febreiro

Unha representación da Plataforma Sanitaria acudiu o pasado martes 6 de febreiro ao Parlamento para presenciar a sesión de debate da totalidade da reforma da Lei de Saúde de Galicia. @s asistentes coinciden en definir a actitude do Partido Popular como soberbia, chulesca e alonxada da realidade e do pobo.

Previo ao comezo da sesión a oposición solicitou a retirada do orde do día do punto relativo á reforma da lei de saúde, solicitude contestada polo deputado Pedro Puy  que esgrimiu uns argumentos  intolerables  ao dicir que “ afortunadamente neste país lexíslase no Parlamento e non contando manifestantes; non imos aceptar”.

A Plataforma Sanitaria  tamén  quere parabenizar á oposición pola súa postura unánime e ben argumentada no rexeitamento desta contrarreforma.

Á saída da sesión o portavoz da Plataforma Sanitaria  amosaba a súa indignación pola  negativa do PP a retirar esta reforma abrindo unha mesa de diálogo cos grupos políticos e axentes sociais. “ Nun país que se di democrático o feito de que 30.000 persoas saíran á rúa a dicir que non aceptan a reforma da lei, que rexeitan a supresión das áreas sanitarias e que non van a tolerar que se privatice a sanidade pública,sería suficiente para que o goberno retirase este punto da orde do día e se sentase a dialogar- manifesta Víctor Vila, portavoz da Plataforma

Desde a Plataforma Sanitaria anuncian tamén que aínda que isto foi un golpe contra a democracia e contra o pobo , que é soberano e de onde debe emanar o poder lexislativo, non desistiran na súa loita e anuncian que continuarán con actos reivindicativos que serán dados a coñecer proximamente.

Medio Rural mantendrá al menos un año más la prohibición de plantar patatas

Medio Rural mantendrá al menos un año más la prohibición de plantar patatas

Recogida de patatas realizada el año pasado, en Trabada. P.V.
 Recogida de patatas realizada el año pasado, en Trabada. P.V.

La consellería recalca que el protocolo puesto en marcha para erradicar la polilla exige, como mínimo dos ejercicios ►En 2018 continuarán vigilando que no haya nuevas plantacionesLa Consellería de Medio Rural mantendrá como mínimo un año más la prohibición de plantar patatas en esta comarca porque consideran que las medidas adoptadas para controlar la plaga de la polilla guatemalteca deben valorarse tras un plazo mínimo de dos años. Completan de este modo unas declaraciones del director general de Sanidad de la Producción Alimentaria del Gobierno Central, Valentín Almansa, en las que había dado por controlada la plaga.

Fuentes de Medio Rural sí que reconocen que las medidas que implantaron de control de la plaga surtieron efecto. Como ejemplo de ello utilizan las capturas de polilla que registraron en las trampas que distribuyeron y dicen que “as capturas diminuíron considerablemente en case todas as zonas, incluso moitas trampas deixaron de recoller capturas”. Sin embargo, añaden que pese a ello “non quere dicir que estea erradicada a praga”. Recalcan que en este caso se trata de un proceso “que dura un mínimo de dous anos”.

Ese horizonte temporal empezaría a contar en 2017, por lo que ya anticipan que “a avaliación conxunta e definitiva dos resultados convén deixala para máis adiante”. Eso quiere decir que como mínimo hasta 2019 no se replantearán la rescisión de la prohibición de plantar patatas en la zona, cuando se haga esa evaluación de las medidas que tienen implantadas en toda la comarca y que se extienden también, por el momento, a los municipios del Occidente de Asturias.

Desde Medio Rural señalan que las medidas tomadas fueron acertadas y “as únicas posibles para este tipo de producións”

EFICACIA. En cuanto al trabajo que es necesario realizar de aquí en adelante, desde dicho departamento de la Xunta indican que para este año “e posto que xa non teremos plantacións legais na zona infestada, as medidas irán encamiñadas ao control das parcelas, así como á vixilancia da prohibición de circulación e comercialización de pataca a granel procedente do exterior da zona infestada nesta área”.

En cuanto a las declaraciones realizadas por Valentín Almansa, desde Medio Rural señalan que las medidas tomadas fueron acertadas y “as únicas posibles para este tipo de producións. Dado que o único sitio onde pode asentarse esta couza é a pataca, a medida máis eficaz foi a de prohibir o cultivo e o movemento de tubérculos na zona infestada como medida para impedir a propagación da mesma”.

SATISFACCIÓN. También analizan el resultado global después de un año de medidas controladas y para Medio Rural dicho resultado “podemos consideralo como moi satisfactorio dada a complexidade do proceso”.

Eso sí, reconocen que 2017 fue “un ano difícil” en el que fue necesario desarrollar en la comarca “un inxente traballo nos meses de verán para recoller toda a pataca sementada nas explotacións das zonas infestadas” así como las que se encontraban en los almacenes tanto al por mayor como las destinadas a autoconsumo de los 31 municipios en los que se declaró la plaga.

También será importante la coordinación con el Gobierno del Principado de Asturias para que ambas administraciones actúen al unísono a la hora de abordar esta plaga ya que, de otro modo, las medidas aplicadas carecerían de sentido.