A PLATAFORMA SANITARIA, REUNIDA EN SESIÓN EXTRAORDINARIA, CALIFICA DE ÉXITO SEN PRECEDENTES A MOBILIZACIÓN DO PASADO 4 DE FEBREIRO EN COMPOSTELA

A PLATAFORMA SANITARIA, REUNIDA EN SESIÓN EXTRAORDINARIA, CALIFICA DE ÉXITO SEN PRECEDENTES A MOBILIZACIÓN DO PASADO 4 DE FEBREIRO EN COMPOSTELA.

Comparan a masiva participación coa mobilización de Nunca Máis e dan as grazas a mariñás e mariñaos pola súa implicación

A Plataforma Sanitaria reuniuse en sesión extraordinaria para facer unha valoración da mobilización que o pasado día 4 de febreiro desprazou ate Compostela a un milleiro de mariñás e mariñaos en dez autobuses e centos de coches. Cualifican a manifestación coma histórica na Comarca “ e un éxito sen precedentes tanto para  Mariña coma para o país, comparable ao que ocurriu co movemento Nunca Máis” – sinala  o portavoz da Plataforma.

Desde a Plataforma Sanitaria tamén queren agradecer a toda a comarca a súa implicación e o gran esforzo que fixeron ao desprazarse ate Compostela nun domingo, levantándose cedo e cunha previsión meteorolóxica moi adversa.

A Plataforma Sanitaria estivo presente no debate da totalidade do pasado 6 de febreiro

Unha representación da Plataforma Sanitaria acudiu o pasado martes 6 de febreiro ao Parlamento para presenciar a sesión de debate da totalidade da reforma da Lei de Saúde de Galicia. @s asistentes coinciden en definir a actitude do Partido Popular como soberbia, chulesca e alonxada da realidade e do pobo.

Previo ao comezo da sesión a oposición solicitou a retirada do orde do día do punto relativo á reforma da lei de saúde, solicitude contestada polo deputado Pedro Puy  que esgrimiu uns argumentos  intolerables  ao dicir que “ afortunadamente neste país lexíslase no Parlamento e non contando manifestantes; non imos aceptar”.

A Plataforma Sanitaria  tamén  quere parabenizar á oposición pola súa postura unánime e ben argumentada no rexeitamento desta contrarreforma.

Á saída da sesión o portavoz da Plataforma Sanitaria  amosaba a súa indignación pola  negativa do PP a retirar esta reforma abrindo unha mesa de diálogo cos grupos políticos e axentes sociais. “ Nun país que se di democrático o feito de que 30.000 persoas saíran á rúa a dicir que non aceptan a reforma da lei, que rexeitan a supresión das áreas sanitarias e que non van a tolerar que se privatice a sanidade pública,sería suficiente para que o goberno retirase este punto da orde do día e se sentase a dialogar- manifesta Víctor Vila, portavoz da Plataforma

Desde a Plataforma Sanitaria anuncian tamén que aínda que isto foi un golpe contra a democracia e contra o pobo , que é soberano e de onde debe emanar o poder lexislativo, non desistiran na súa loita e anuncian que continuarán con actos reivindicativos que serán dados a coñecer proximamente.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *