Archivo de la categoría: festas

O próximo sábado día 30, as 5 da tarde, no Centro Cívico Manuel Díaz Sampedro, actuarán o Coro Son Elas, a entrada e gratuita e para todolos públicos

Bo día.
O próximo sábado día 30, as 5 da tarde, no Centro Cívico Manuel Díaz Sampedro, actuarán o Coro Son Elas, a entrada e gratuita e para todolos públicos.
Este Concerto podese levar acabo grazas a que e finanzado pola Deputación de Lugo.

Carmen Veiga
Portavoz do PSOE no Concello e
Candidata a Alcaldía.

Saudos e grazas.

EN BARREIROS O DESFILE E BAILE DE ENTROIDO SERÁ ESTE VENRES, 8 DE MARZO, NA PRAZA DO CONCELLO

EN BARREIROS O DESFILE E BAILE DE ENTROIDO SERÁ ESTE VENRES, 8 DE MARZO, NA PRAZA DO CONCELLO.

Barreiros, 6 de marzo de 2019. O Concello de Barreiros organiza o Desfile e Baile de Entroido este venres, 8 de marzo. Será pola noite na praza do Concello.

Ás 21:00 horas dará comezo o desfile que terá lugar na praza do Concello, e en caso de que o tempo non acompañe trasladarase ao polideportivo.

A partir das 22:30 horas celebrarase a cea. O menú estará composto por empanada, entrantes fríos, churrasco, pan, bebida e postre. O prezo é de 17 euros por persoa. A venta e retirada de tarxetas pode facerse no Concello de Barreiros, de 9:00 a 14:00 horas e no teléfono 982 124 002 ata hoxe, 6 de marzo.

Rematada a cea terá lugar o Baile de Entroido, que estará amenizado polo grupo musical Lecer e no se fará entrega dos premios do Desfile.

Haberá premios para Infantil Individual de 30€ ao 1º e 20€ ao 2º, Infantil Parella de 40€ ao 1º e 30€ ao 2º, e Infantil Grupo de 60€ ao 1º e 40€ ao 2º. Na categoría de Adulto Individual serán de 50€ ao 1º e 30€ ao 2º, en Adulto Parella 60€ ao 1º e 40€ ao 2º, e en Adulto Grupo 100€ ao 1º e 50€ ao 2º. Na categoría de Comparsas e Charangas os premios serán de 300€ ao 1º, 250€ ao 2º, 150€ ao3º e 100€ ao 4º. Se algún premio quedara deserto, a organización resérvase o dereito de poder asignalo a outros participantes doutras categorías.

Colaboran co Concello barreirense na organización do evento: Comerciantes de Barreiros, Os Macanudos, Habelas Hainas e Chao dos Navais.

No Concello de Barreiros tivo lugar a presentación do DisfraBAR

No Concello de Barreiros tivo lugar a presentación do DisfraBAR, unha actividade de Entroido organizada pola asociación de
Hostelería de Barreiros e na que se vai sortear un menú completo de cocido para un grupo de 10 persoas. Será entre todos aquelas persoas que percorran os 7 establecementos hostaleiros que participan na iniciativa entre o 4 e o 6 de marzo. Cada persoa obterá

un selo para a súa papeleta por cada consumición realizada. O sorteo do premio terá lugar o 8 de marzo, na praza do Concello, durante a Festa do Entroido de Barreiros.

Para facilitar a participación no DisfraBAR e favorecer a mobilidade segura haberá un bus gratuíto durante os tres días, grazas á colaboración do Concello de Barreiros. Funcionará o luns e o mércores entre as sete da tarde e as doce da noite e o martes de Entroido de doce do mediodía a 4 da tarde e de sete da tarde a doce da noite. Partirá das inmediacións do Centro de Saúde e percorrerá os bares que se dan cita no DisfraBAR e que son La Barrica, A Yenka, A Curva, Lozano, O Asador, Moderno e Centro Social.
Na presentación desta mañá estivo o alcalde, Alfonso Fuente, xunto a representantes da asociación Hostelería de Barreiros.

O FESTIVAL INFANTIL DO ENTROIDO 2019 EN BARREIROS TERÁ LUGAR O 3 DE MARZO. HABERÁ DESFILE, BAILE, XOGOS MÁXICOS E PHOTOCALL

O FESTIVAL INFANTIL DO ENTROIDO 2019 EN BARREIROS TERÁ LUGAR O 3 DE MARZO. HABERÁ DESFILE, BAILE, XOGOS MÁXICOS E PHOTOCALL.

Barreiros, 18 de febreiro de 2019. A Concellería de Cultura organiza o Festival Infantil do Entroido 2019 o 3 de marzo.

A festa terá lugar no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro entre as 17:30 e as 20:15 horas.

Haberá un desfile infantil de disfraces con agasallos, bailes en grupo, xogos máxicos e photocall. Desde o Concello advirten que “nas actividades os menores deberán estar acompañados dun responsables desa rapaza ou rapaz”.

Os números de dinamización e maxia correrán a cargo de Chrystyan Magic. No Festival Infantil do Entroido 2019 en Barreiros tamén participarán Os Cabezudos.

O VINDEIRO SÁBADO, 23 DE FEBREIRO, TERÁ LUGAR EN BARREIROS A II FESTA DO COCIDO. AS ENTRADAS PARA ASISTIR XA ESTÁN Á VENDA

O VINDEIRO SÁBADO, 23 DE FEBREIRO, TERÁ LUGAR EN BARREIROS A II FESTA DO COCIDO. AS ENTRADAS PARA ASISTIR XA ESTÁN Á VENDA.    

Barreiros, 18 de febreiro de 2019. O Concello de Barreiros colabora co CF CeltaBarreiros e as charangas Os Macanudos e Habelas Hainas na organización da II Festa do Cocido que se celebrará o vindeiro sábado, 23 de febreiro. Terá lugar no polideportivo de San Cosme e dará comezo ás 21:30 horas.

O menú consistirá en sopa de cocido, cocido, postre, viño, auga, refrescos, pan, café e chupito. O prezo é de 20 euros para os adultos e de 10 euros para @s [email protected] de ata 10 anos. A cea será servida polo cátering Chao dos Navais e o baile estará amenizado pola discoteca móbil Eventec. Ademais haberá sorteo de grandes premios.

As persoas interesadas en asistir a esta festa poden facer as súas reservas nos números de teléfono: 659 392 666 (Manolo), 667 316 459 (Demelsa) ou 609 575 536 (Iria).

No evento colaboran ademais do Concello os restaurante O Asador e La Yenka, Chao dos Navais, Eventec, Eroski e Gadis.

A II Festa do Cocido foi presentada hoxe polos organizadores, que estiveron acompañados polo alcalde e polo tenente de alcalde, Alfonso Fuente Parga e José Manuel Gómez Puente, respectivamente.

O CONCELLO DE BARREIROS PROGRAMA, PARA ESTES DÍAS, TEATRO O 3, A CABALGATA DE REIS E O NACEMENTO VIVENTE QUE TERÁN LUGAR O 5 DE XANEIRO

O CONCELLO DE BARREIROS PROGRAMA, PARA ESTES DÍAS, TEATRO O 3, A CABALGATA DE REIS E O NACEMENTO VIVENTE QUE TERÁN LUGAR O 5 DE XANEIRO.

Barreiros, 31 de decembro de 2018. O Concello de Barreiros continúa coa súa programación de Nadal cunha actuación teatral que terá lugar este xoves, día 3, e a cabalgata de reis e o nacemento vivente que se celebrarán o sábado, 5 de xaneiro.

O grupo Palimoco Teatro representará Queres que cho conte?. A obra, dirixida ao público familiar, será no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, en San Cosme de Barreiros, ás 12:00 horas. Esta actuación está incluída no programa Nadal pola Provincia, que desenvolve a Deputación de Lugo.

O sábado, 5 de xaneiro, ás oito da tarde terá lugar a apertura ao público do nacemento vivente. E celebrarase a tradicional cabalgata de reis. A comitiva chegará ao centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro arredor das 20:15 horas.

Todas estas actividades están organizadas pola Concellería de Cultura de Barreiros e a Oficina Municipal de Información Xuvenil coa colaboración de [email protected] e voluntarios.