O Ceip San Cosme e o mar

31-03-17

IMG-20170330-WA0008Os alumnos do Cole de San Cosme gozaron hoxe dunha excursión enmarcada na campaña “Mares de Cultura: os nenos e o mar”, unha iniciativa do GAC A Mariña Ortegal para sensibilizar aos nenos sobre os valores dos recursos mariños. Primeiro visitaron a Granxa de Coral de Viveiro e logo a Lonxa de Burela. A actividade foi organizada polo equipo docente en colaboración con Maremasma.

BARREIROS CELEBRA O DÍA DO LIBRO CUNHA EXPOSICIÓN QUE SE PODE VISITAR DESDE HOXE,

BARREIROS CELEBRA O DÍA DO LIBRO CUNHA EXPOSICIÓN QUE SE PODE VISITAR DESDE HOXE, 30 DE MARZO, E ATA O 29 DE ABRIL NO CENTRO SOCIOCULTURAL MANUEL DÍAZ SAMPEDRO. E O VINDEIRO MARTES HABERÁ TEATRO PARA @S MÁIS PEQUEN@S.

Barreiros, 30 de marzo de 2017. A Biblioteca Pública Municipal organiza unha exposición para celebrar o día do libro. Poderase visitar desde hoxe, 30 de marzo, e ata o 29 de abril no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro de luns a venres en horario de 10 a 14 horas e de 17 a 19 horas. Durante a Semana Santa os días 10, 11 e 12 de abril o horario será de 9:30 a 15:00 horas.

Esta actividade foi organizada para celebrar o día internacional do libro infantil e xuvenil, que ten lugar o 2 de abril, e o día internacional do libro, que será o día 23. Desde a Biblioteca Pública Municipal animan a nen@s e adultos a ler e a visitar esta mostra. E lembran que “nas nosas instalacións atoparán interesantes novidades, así coma os libros máis lidos”.

Ademais o vindeiro martes, 4 de abril, ás once da mañá o grupo Lucusneda – Guagua Teatro representará Lúa en vila dos libros, unha obra que mestura teatro e música nunha historia que reflicte a importancia dos libros nas nosas vidas. A actividade, enmarcada na celebración do día internacional do libro infantil e xuvenil, está destinada a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos. Organizan a Concellería de Cultura e a Biblioteca Pública Municipal en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude da Xunta.

O CONCELLO FAI OBRAS DE MELLORA EN BEIRARRÚAS DE SAN MIGUEL DE REINANTE E SAN COSME DE BARREIROS

O CONCELLO FAI OBRAS DE MELLORA EN BEIRARRÚAS DE SAN MIGUEL DE REINANTE E SAN COSME DE BARREIROS, SEGUNDO DEU A COÑECER O ALCALDE.

Barreiros, 29 de marzo de 2017. O Concello leva a cabo obras de mellora en beirarrúas de San Miguel de Reinante e San Cosme de Barreiros. O alcalde, Alfonso Fuente, espera que os traballos estean rematados en breve.

O rexedor contou que “en Barreiros estamos traballando xa en dúas obras que esperamos que se poidan empezar en breve. En San Miguel de Reinante continuamos cunhas beirarrúas que fai pouco, aproveitando que metíamos unha traída de auga, se renovaban e ampliaba unha zona que non tiña beirarrúas. Seguindo pola marxe dereita cara a Reinante queremos continuar esa beirarrúa e meter un carril de servizo. Ademais Fomento está a poñer problemas coas saídas directas á nacional, así que para evitar tamén accidentes e protexer ao peón con esas beirarrúas das que carecen agora nunha zona que consideramos vai acadando un grado de urbanización importante”.

O alcalde barreirense explicou que “na parroquia de San Cosme de Barreiros hai unha zona, despois desta obra que se facía e se remataba non hai moito tempo, que precisamente estes días estaban acabando de colocar as farolas. Quédanos aínda un treito que hai que adoquinar. Nunha beirarrúa que estaba rematada, estaba sen adoquín, polo que poñerase adoquín e remataranse esas beirarrúas en zonas que faltan”.

Fuente Parga salientou que “son obras que esperamos que se poidan poñer en marcha en breve para mellorar o entorno urbano tanto na parroquia de San Miguel de Reinante como na de San Cosme de Barreiros”.

O CONCELLO APROBOU EN PLENO A SOLICITUDE DUNHA SUBVENCIÓN Á XUNTA POR IMPORTE DE 475.000 EUROS PARA O PLAN DE MANTEMENTO DOS SERVIZOS SOCIAIS

O CONCELLO APROBOU EN PLENO A SOLICITUDE DUNHA SUBVENCIÓN Á XUNTA POR IMPORTE DE 475.000 EUROS PARA O PLAN DE MANTEMENTO DOS SERVIZOS SOCIAIS. E TAMÉN A MODIFICACIÓN DE VARIAS ORDENANZAS. FUENTE PARGA SUBLIÑA O DESCENSO QUE SE APLICARÁ ÁS TAXAS DE APERTURA OU INICIO DE ACTIVIDADE CO OBXECTIVO DE FAVORECER A IMPLANTACIÓN DE EMPRESAS NO POLÍGONO INDUSTRIAL.

Barreiros, 28 de marzo de 2017. Aprobada no pleno celebrado na tarde de onte a solicitude de subvención á Xunta para o plan concertado de mantemento dos servizos sociais por un importe de 475.000 euros. Na sesión tamén se acordou modificar varias ordenanzas. O alcalde, Alfonso Fuente, subliñou o descenso que se aplicará ás taxas de apertura ou inicio de actividade co obxectivo de favorecer a implantación de empresas no polígono industrial.

O rexedor explicou que “neste pleno levábamos a solicitude de subvención do plan concertado á Xunta de Galicia por un importe de 475.000 euros. Esta é a solicitude que se fai todos os anos para o mantemento dos servizos sociais tanto de dependencia como de prestación básica e para outros proxectos, ademais de para gasto de persoal. Aprobouse por unanimidade”.

Fuente Parga contou que “se levaba tamén un recoñecemento extraxudicial de créditos de dúas facturas que non se tiñan recibido no Concello e que as reclamaba a empresa Aqualia por un importe en torno a 19.000 euros. Polo sistema telemático non se recibiran no Concello e a Aqualia constáballe que as tiñan enviado. Como son facturas do ano 2016 levábanse a ese recoñecemento extraxudicial de crédito”.

O alcalde barreirense subliñou que “se levaban a esta sesión plenaria varias ordenanzas para adaptalas á declaración responsable ou á comunicación previa que hai que facer tanto para obras menores como para actividades. Tamén se modifican esas ordenanzas porque agora van por auto liquidación no momento en que as presenta o administrado. Para axilizar todos os trámites administrativos dado que o Concello vai ter, no caso de obras menores, dez días para resolver esas licencias, axilizar todo o que é a actividade administrativa do Concello e dos administrados. Aproveitamos a ocasión para baixar as taxas de apertura ou de inicio de actividade. Entendemos que cando se modificaron estaban un pouco altas e facémolo tamén para fomentar esa implantación de novas empresas no noso polígono. Como a Xunta de Galicia rebaixaba o prezo do solo no parque empresarial de Barreiros, nós tamén queremos incentivar esa actividade económica no polígono rebaixando a taxa de actividades económicas”.

Turbidez da auga

Respecto á situación da auga da traída o alcalde de Barreiros manifestou que “vemos que estes días motivado polas choivas, a auga saía turbia nalgunhas zonas do municipio. Xa ten pasado noutras ocasións e esperemos que cando se remate a obra da nova depuradora, non pase”.

Alfonso Fuente salientou que “se lles explicou no pleno que poderíamos evitar esta turbidez na auga, sempre tendo en conta que a auga é potable, é apta para o consumo, aínda que se vexa esa turbidez. Poderíamos ter un auga completamente cristalina se utilizaramos nas depuradoras o que se chaman floculantes. Se utilizamos estes floculantes veremos un auga totalmente cristalina, pero será un auga que leva un produto engadido nese contido da auga. Un engadido que está permitido por Saúde Pública, pero evidentemente tamén entendemos que pode consumirse perfectamente sen produtos engadidos, simplemente por unha cuestión visual como é esa turbidez. Isto xa pasou, foi eses días de auga, e xa volve ser cristalina. Xa digo que sempre o facemos para evitar cargar a auga de produtos químicos que eliminarían a turbidez, pero evidentemente eses produtos quedarían na auga, e aínda estando permitidos preferimos que non os leven”.

O Ceip San Cosme celebrou hoxe a Día da Árbore

IMG-20170324-WA0000Os alumnos do Ceip San Cosme celebraron esta venres o Día da Árbore. O exemplar que plantaron no xardín do colexio é un amieiro, que foi donado pola Deputación de Lugo. Trala plantación os nenos posaron para a foto representando o símbolo da árbore en linguaxe de signos. En todas as actividades que organizan utilizan a linguaxe de signos dentro da filosofía do equipo de ensino para normalizar a comunicación e integración entre todos os alumnos.

Nieve desde A Mariña

Vista desde la playa de Benquerencia de O Cadramón nevado

https://www.facebook.com/benquerencia/photos/a.10155186608923442.1073741913.340885448441/10155271856973442/?type=3&theater

https://www.facebook.com/benquerencia/photos/a.10155186608923442.1073741913.340885448441/10155271856968442/?type=3&theater

Rematan as xornadas de teatro de Ollomao en Barreiros

Rematan as xornadas de teatro de Ollomao en Barreiros

Esta fin de semana represéntanse as dúas últimas obras

As Xornadas de Teatro organizadas polo Colectivo Cultural Ollomao de Barreiros chegan ao seu final na vindeira fin de semana. Dúas novas propostas darán remate a esta actividade, que desde o Colectivo cualifican como moi satisfactoria, tanto desde o punto de vista da calidade das propostas presentadas como da afluencia de público a todas e cada unha delas.

O sábado 25, ás sete da tarde e no Centro Social de Vilamar será o grupo O BATÁN de Cangas de Foz o que, coa dirección de Mª Paz Rodríguez Silva, porá en escena “BICOS DE VINAGRE”, unha obra ORIXINAL DE Francisco Piñeiro na que se aborda o tema dos problemas de familia. “Como consecuencia da desestruturación da familia tradicional, os fillos utilízanse como parapetos tras dos cales algún pais e nais agochan moitos dos seus defectos, dando como consecuencia unha educación carente de valores éticos e sociais. Compre revisar certas condutas familiares que prexudican sempre ao mais débil: OS FILLOS”

O domingo 26 será  o grupo anfitrión o que poña o peche a estas xornadas. Neste caso a representación será tamén ás sete da tarde no Centro Social de O Canteiro en San Pedro de Benquerencia. Para esta ocasión o Grupo de Teatro de Ollomao preparou un espectáculo que titulou “DOUS CONTOS E … UNHA SORPRESA”. Trátase de retornar unha parte da súa última montaxe “Catro contos” ao seu ambiente orixinal e mostrarlle ao público dous deses contos tal e como se puideron ver na súa primeira versión cando formaban parte do proxecto “Teatro nos bares”. Ademais, como colofón, haberá unha pequena sorpresa que como tal non podemos desvelar.

As entradas, que poderán adquirirse nos propios locais desde media hora antes do inicio da función, terán un prezo de 2 euros

“BENESTAR EN BALNEARIOS 2017”

ANUNCIO

O Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Barreiros, pon en coñecemento de todos/as veciños/as que a Consellería de Política Social, convoca para o presente ano unha nova edición do programa BENESTAR EN BALNEARIOS 2017”.

Requisitos dos participantes:

  • Ser maior de 60 anos, ou de 55 reunido a condición de pensionista do Sistema da Seguridade Social, polos conceptos de xubilación, viuvez ou outras pensións.
  • Estar empadroado e residir nalgún concello da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Valerse en por si mesmo para as actividades da vida diaria e atoparse en condicións de participar no programa, agás no caso de fillos/as que acudan en calidade de acompañantes.
  • Non padecer alteracións do comportamento que poidan afectar a  normal convivencia nos establecementos, nin padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.
  • Carecer de contraindicación médica para a recepción dos tratamentos termais.
  • Acadar, de conformidade co baremo, a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitadas.

Prazo de presentación de solicitudes ata o día 17 DE ABRIL DE 2017.

Para maior información e tramitación de solicitudes, no Concello, Departamento de Servizos Sociais.

Barreiros a 21 de marzo de 2017

O ALCALDE

Asdo.- D. José Alfonso Fuente Parga.

Tipo de anuncio:

Anuncios

Archivos de anuncio:

O centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, de San Cosme de Barreiros, acolleu esta tarde unha charla sobre seguridade vial

O centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, de San Cosme de Barreiros, acolleu esta tarde unha charla sobre seguridade vial, que foi organizada polo Concello, xunto á Dirección General de Tráfico e á Unidade de Vítimas de Accidentes de Tráfico.
Os asistentes recibiron a través de diapositvas e dun vídeo unha serie de recomendacións “que sempre é preciso ter en conta por parte dos peatóns. Insistiron na necesidade de levar sempre chaleco reflectante e co apoio dun vídeo viron como un conductor pode percatarse da presenza dunha persoa que leva chaleco reflectante a uns 150 metros e no caso de non ir provistos desta prenda esa distancia redúcese ata os 50 metros. Tamén se destacou a necesidade de circular sempre pola esquerda e de cruzar as estradas ou rúas polos lugares habilitados para ese fin: pasos de cebra, pasarelas… e incidiron moito en que non se crucen nunca polo medio das rotondas”, contou o alcalde, Alfonso Fuente Parga. Na charla tamén se explicou a labor que realiza a Unidade de Vítirmas de Accidentes de Tráfico.
Os asistentes á charla celebrada hoxe en Barreiros recibiron como agasallo un folleto informativo e un chaleco reflectante. 

Noticias de Barreiros