O centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, de San Cosme de Barreiros, acolleu esta tarde unha charla sobre seguridade vial

O centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, de San Cosme de Barreiros, acolleu esta tarde unha charla sobre seguridade vial, que foi organizada polo Concello, xunto á Dirección General de Tráfico e á Unidade de Vítimas de Accidentes de Tráfico.
Os asistentes recibiron a través de diapositvas e dun vídeo unha serie de recomendacións “que sempre é preciso ter en conta por parte dos peatóns. Insistiron na necesidade de levar sempre chaleco reflectante e co apoio dun vídeo viron como un conductor pode percatarse da presenza dunha persoa que leva chaleco reflectante a uns 150 metros e no caso de non ir provistos desta prenda esa distancia redúcese ata os 50 metros. Tamén se destacou a necesidade de circular sempre pola esquerda e de cruzar as estradas ou rúas polos lugares habilitados para ese fin: pasos de cebra, pasarelas… e incidiron moito en que non se crucen nunca polo medio das rotondas”, contou o alcalde, Alfonso Fuente Parga. Na charla tamén se explicou a labor que realiza a Unidade de Vítirmas de Accidentes de Tráfico.
Os asistentes á charla celebrada hoxe en Barreiros recibiron como agasallo un folleto informativo e un chaleco reflectante.