Archivo de la categoría: Balnearios

O PP atribúe a falta de socorristas en Barreiros á “falta de previsión do goberno local”

Barreiros, 14 de xullo de 2021. O Partido Popular de Barreiros a atribúe a falta de socorristas á “falta de previsión e á desastrosa xestión de Ana Ermida”, pois defenden que é responsabilidade da entidade local garantir este servizo e así manter as Bandeiras Azuis outorgadas ás praias de Acantilado-Remior, Coto e A Pasada.

Para os populares, segundo explica o voceiro, José Manuel Gómez Puente, o goberno local “é o único responsable de que os bañistas queden totalmente desprotexidos”. E é que dende que os nacionalistas chegaron ao Concello o número de profesionais que se contrataban para esta fin sempre foi a menos.

“Cando gobernaba o Partido Popular pódese dicir que eramos punteiros”, pois, ademais do proceso administrativo que conleva a contratación deste persoal, dende a entidade local poñíase a disposición dos traballadores outras prestacións que contribuían a que “os socorristas quixesen vir a Barreiros”. Refírese así Gómez Puente a que o Concello ofrecía aos seleccionados outras facilidades para favorecer a súa estancia durante o período que fixaba o contrato laboral.

“Falta de vontade política e de traballo”
Os populares de Barreiros consideran, por tanto, que os argumentos dados pola rexedora “son escusas” e evidencian “falta de vontade política e de traballo por parte da alcaldesa” para cubrir esta prestación. Proba delo é que Concellos limítrofes como os de Ribadeo ou Foz non contan con baixas no servizo de socorrismo.

“Dos contos non se vive”
José Manuel Gómez Puente pídelle á dirixente do BNG “que se deixe de falacias e traballe algo máis”, pois “o único que conta son contos, e dos contos non se vive”. “Barreiros ten nas súas praias un forte potencial turístico e económico. É unha mágoa que a alcaldesa non aposte por elas”, conclúe.

“BENESTAR EN BALNEARIOS 2017”

ANUNCIO

O Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Barreiros, pon en coñecemento de todos/as veciños/as que a Consellería de Política Social, convoca para o presente ano unha nova edición do programa BENESTAR EN BALNEARIOS 2017”.

Requisitos dos participantes:

  • Ser maior de 60 anos, ou de 55 reunido a condición de pensionista do Sistema da Seguridade Social, polos conceptos de xubilación, viuvez ou outras pensións.
  • Estar empadroado e residir nalgún concello da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Valerse en por si mesmo para as actividades da vida diaria e atoparse en condicións de participar no programa, agás no caso de fillos/as que acudan en calidade de acompañantes.
  • Non padecer alteracións do comportamento que poidan afectar a  normal convivencia nos establecementos, nin padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.
  • Carecer de contraindicación médica para a recepción dos tratamentos termais.
  • Acadar, de conformidade co baremo, a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitadas.

Prazo de presentación de solicitudes ata o día 17 DE ABRIL DE 2017.

Para maior información e tramitación de solicitudes, no Concello, Departamento de Servizos Sociais.

Barreiros a 21 de marzo de 2017

O ALCALDE

Asdo.- D. José Alfonso Fuente Parga.

Tipo de anuncio:

Anuncios

Archivos de anuncio: