Archivo de la categoría: Música

ESTE DOMINGO, 24 DE XULLO, COMEZAN OS CONCERTOS NO SOLPOR NO EIDO DOURADO, EN BARREIROS, COA ACTUACIÓN DE BARAHÚNDA

ESTE DOMINGO, 24 DE XULLO, COMEZAN OS CONCERTOS NO SOLPOR NO EIDO DOURADO, EN BARREIROS,  COA ACTUACIÓN DE BARAHÚNDA.

Barahunda2 Barahunda1Barreiros, 20 de xullo de 2016. Este domingo, 24 de xullo, comeza no Eido Dourado, a carón da praia da Pasada, unha nova edición dos Concertos no Solpor. Será coa actuación do grupo Barahúnda. O Eido tamén promove outras actuacións musicais no Cámping Gaivota, que se inician este venres.

O artista barreirense Celso Dourado anunciou que “o venres o Eido Dourado promove, na tradicional queimada que facemos todos os venres no Cámping Gaivota, a actuación dun grupo que se chama Os Cacahuates, inspirado na música do tex mex mexicano. Ten unha marcha impresionante, eu a primeira vez que os vin quedei realmente sorprendido cómo lle podían quitar tanto a este tipo de música. Será a partir das once da noite nas terrazas do Gaivota”.

Dourado subliñou que “o domingo principiamos os Concertos no Solpor no Eido Dourado. Presentamos a Barahúnda, unha formación de orixe madrileño que decidiron hai un tempo instalarse en Galicia e que xira en torno á voz de Helena De Alfonso. A desta muller é unha voz moi particular que inunda realmente todo o que é a formación do grupo. Farán un percorrido por distintas cancións pertencentes a distintos estilos. Realmente penso que pode ser se o tempo nos axuda, unha noite preciosa. Os dous actos son de entrada balde”.

O artista barreirense manifestou que “no Eido estrearemos a iluminación xa que empezamos cos concertos, e se o tempo nos acompaña penso que vai ser realmente precioso. Son uns concertos coa caída do sol e son formacións absolutamente renovadoras que se dan a coñecer en A Mariña. Sempre buscamos aquelas músicas pertencentes ao noso país que aportan algo. Nesta ocasión, neste verán, penso que a programación do Eido Dourado é moi interesante e irémola esbozando en datas sucesivas”.

Celso Dourado  convida “a todos que queiran gozar dunha caída do sol cunha boa música a carón da praia da Pasada, penso que non vai decepcionar”.

 

Ogrupo Nova Poesía converteu ao tango en protagonista no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro

Ducias de persoas gozaron na tarde de onte no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, en Barreiros, da música do grupo Nova Poesía, que converteu ao tango en protagonista desta cita. Os asistentes puideron escoitar temas como La Cumparsita, Milonga del Ángel, El día que me quieras, Caminito, Mi Buenos Aires querido ou Libertango, entre outros. A actividade foi organizada pola Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Barreiros.220216 Foto Tango 2

220216 Foto Tango 1

Nova Poesía llegará hoy con su «Tango» a Barreiros

El acto tendrá lugar en el centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro

21 de febrero de 2016. Actualizado a las 05:00 h. 0

Es domingo así que planifiquemos el último día del fin de semana para aprovechar hasta la gota final de ocio. Lo harán, seguro, sobre todo aquellos que gustan del tango. En Barreiros, el grupo Nova Poesía llega con un espectáculo de audición musical versionando tangos conocidos por el público. «Este grupo está integrado por profesionais da música que interpretarán as pezas á guitarra, bandurria e rapsodia», señalan desde el ayuntamiento, pues la actividad está organizada por la entidad municipal a través de la Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) del Concello de Barreiros. Se desarrollará en el Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro.

O TANGO SOARÁ ESTE DOMINGO, 21 DE FEBREIRO, NO CENTRO SOCIOCULTURAL MANUEL DÍAZ SAMPEDRO

O TANGO SOARÁ ESTE DOMINGO, 21 DE FEBREIRO, NO CENTRO SOCIOCULTURAL MANUEL DÍAZ SAMPEDRO.

Barreiros, 15 de febreiro 2016. O espectáculo Tango porase en escena este domingo, día 21, no Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro de Barreiros.

O grupo Nova Poesía ofrecerá este espectáculo de audición musical no que versionará famosos tangos dentro do panorama histórico-musical. Este grupo está integrado por profesionais da música que interpretarán as pezas á guitarra, bandurria e rapsodia.

O concerto que terá lugar este domingo, día 21, comezará ás seis e media da tarde no Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro de Barreiros.

Esta actividade está organizada polo Concello de Barreiros a través da Oficina de Información Xuvenil.

CELSO DOURADO FAI UN BALANCE MOI POSITIVO DA ASISTENCIA DO PÚBLICO ÁS ACTIVIDADES DE VERÁN NO EIDO DOURADO

CELSO DOURADO FAI UN BALANCE MOI POSITIVO DA ASISTENCIA DO PÚBLICO ÁS ACTIVIDADES DE VERÁN NO EIDO DOURADO, QUE PREVÉ CONTINUAR E AMPLIAR O ANO QUE VÉN.O ESPAZO PECHA A SÚAS PORTAS ESTA TEMPADA O VINDEIRO DOMINGO, 6 DE SETEMBRO.030915 Foto arquivo Eido Dourado

Barreiros, 2 de setembro de 2015. O próximo domingo, 6 de setembro, pecha as súas portas esta tempada o Eido Dourado, o espazo que o artista barreirense Celso Dourado xestiona fronte á praia da Pasada. Logo das visitas realizadas á exposición plástica e a asistencia de público aos Concertos ao Solpor programados durante os domingos do verán, Celso Dourado fai un balance moi positivo da tempada, tanto polo número crecente de persoas que se achegan a coñecer o proxecto como pola calidade das propostas.

O Eido Dourado recibiu durante os verán a visita dunhas 2.000 persoas, cifra semellante á do ano 2014: “foi un verán realmente excepcional, moveuse unha cantidade de xente moi importante. As visitas seguen a tónica dos  últimos anos, cando máis hai é cando fai mal tempo. Neste verán por sorte tivemos moi bo tempo excepto agora en agosto, que foi cando máis visitas houbo”. Os eventos do solpor dos domingos nos xardíns do Eido reúnen, pola súa banda, entre 200 e 250 persoas cada noite.

Dourado asegura que son varios os elementos que fan do Eido un proxecto atractivo para os visitantes: “o Eido Dourado chama por varias cousas a atención da xente. Hai moitos de fóra que mesmo se achegan a preguntar que é aquilo. Chama a atención a edificación en si mesma, é unha edificación en pedra con moita madeira e cristal. Tamén o lugar, porque estamos enclavados a carón da praia da Pasada, polo cal o paseo marítimo que discorre por diante desta edificación é un reclamo turístico importante. E como non,  dentro,  as pinturas, a miña produción plástica que alí se expón, e logo os xardíns, que os domingos son usados para diferentes actividades dentro do eido cultural”.

“O balance é moi positivo, así como no tocante á exposición o número de visitas consolidouse nunhas cifras moi aproximadas un ano tras outro, os concertos cada ano van a mais. Estou ampliando constantemente o número de cadeiras, mesmo adecuando os xardíns para que os concertos e actividades sexan o máis cómodas posible”, apunta Celso Dourado.

Os Concertos ao Solpor das noites dos domingos, de balde, no xardín do Eido consolídanse ano tras ano como unha cita cultural de primeira orde na comarca: “este ano debido a que tivemos unhas noites magníficas o número de visitas foi moi importante. Empezamos en xullo cunhas pezas teatrais da man do gran dramaturgo da Mariña e de Galicia que é Manuel Lourenzo, ao cal acudiron preto de 200 persoas. A partir de aí foi a sinal de comezo destas actividades, iniciamos o ciclo de Concertos ao Solpor, coa caída do sol. O número foi continuamente in crescendo dende  o 26 de xullo, que actuou Vai Trío, un grupo folk dunha calidade inmensa, ata logo o proxecto de Yukhnevich e Cupeiro, Compromiscuo.  Eu asistín ao nacemento do proxecto e mesmo á rodaxe do videoclip Baleas e, dalgunha maneira presentámolo cara a Mariña aquí, este verán. Pasou tamén unha voz excepcional que descubrín por casualidade e cando indaguei, -estou a falar de Sara de Sousa, compoñente e voz do grupo Falúa-  dinme conta de que estamos diante dunha persoa cunhas dotes impresionantes. Sara de Sousa é unha persoa con raíces importantes no veciño Portugal,  tremendamente coñecida en Oporto, onde estivo varios anos actuando en todos os sitios, cantando dende fados a cancións propias dela. Deu a casualidade de que Sara estaba vivindo neses intres en Santiago e trouxémola ao Eido Dourado. Foi unha noite realmente magnífica”.

Celso Dourado lembrou que “rematamos o 16 de agosto co que está considerado o grupo de jazz por excelencia de Galicia e dos grupos máis imaxinativos de jazz, máis innovadores, do estado español. Estou falando de Sumrrá. Aí si que superamos todas as previsións. Malia que anunciaban auga non choveu e os xardíns enchéronse, realmente non collíamos dentro, foi incrible a capacidade de convocatoria deste grupo. A noite foi realmente máxica, eles mesmos saíron tremendamente ledos e repetiron algunha das pezas porque o publico así o demandaba”.

O proxecto ten futuro e, dado o éxito, Dourado pretende amplialo: “estou realmente moi motivado a continuar con este ciclo musical e para o ano mesmo pretendo amplialo e dótalo doutros argumentos que fagan posible que isto teña unha continuidade. Estamos pensando mesmo facer unha serie de concertos moi sentidos no xardín zen.  Creo que vai ser realmente sorprendente porque nos axudarán moito a iluminación e os efectos que alí se dan. É un espazo cerrado sobre si, onde a música, que xa probamos, soa dun xeito especial”.

O que non cambiará é o espírito do Eido Dourando: “a filosofía que a min me alimenta para realizalos é buscar aquelas musicas diferentes e diferenciadas que poden ter cabida nun espazo coma este. Realmente os resultados son moi motivantes. Esperamos seguir nesta liña”.

 

Os xardíns do Eido Dourado, en Barreiros, enchéronse para escoitar onte, domingo, á noite a Sumrrá

100_2214

Os xardíns do Eido Dourado, en Barreiros, enchéronse para escoitar onte, domingo, á noite a Sumrrá, “o mellor grupo de jazz e músicas improvisadas do panorama galego”, segundo o promotor do evento Celso Dourado. Manuel Gutiérrez, Xacobe Martínez e Lar Legido fixeron vibrar aos asistentes. Con esta actuación pecháronse os Concertos ao Solpor, que se viñeron celebrando durante o verán no Eido Dourado.

Vadim Yukhnevich e Abraham Cupeiro encheron de ritmo e de arte os xardíns do Eido Dourado

Vadim Yukhnevich e Abraham Cupeiro encheron de ritmo e de arte os xardíns do Eido Dourado na noite de onte, domingo. Alí presentaron o seu traballo Compromiscuo, unha mestura de sons balcánicos coa tradición celta. Os asistentes puideron gozar de instrumentos casi desaparecidos como é o caso do carnyx. O concerto enmarcouse dentro da programación cultural prevista para este verán polo Eido Dourado, sito a carón da praia barreirense de A Pasada. EidoDourado (4)

O CENTRO SOCIOCULTUAL MANUEL DÍAZ SAMPEDRO ACOLLERÁ MAÑÁ, SÁBADO, O III FESTIVAL DE HABANERAS

CentroSocioculturalO CENTRO SOCIOCULTUAL MANUEL DÍAZ SAMPEDRO ACOLLERÁ MAÑÁ, SÁBADO, O III FESTIVAL DE HABANERAS.

Barreiros, 1 de maio de 2015. O centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro acollerá mañá, 2 de maio, o III Festival de Habaneras, que organiza a Coral Polifónica de Barreiros. O evento, que organiza a Coral Polifónica de Barreiros, dará comezo ás 20 horas.

Nesta ocasión a Coral anfitriona estará acompañada pola Coral Polifónica de San Félix de Lugones e o Coro Son Astur de Oviedo. “Ademais de habaneras interpretaranse outros xéneros que farán as delicias do público asistente”, segundo explican os organizadores.

Ao final do concerto terá lugar o sorteo dunha fin de semana nun balneario.