












ESTE SÁBADO 11, CHEGA O CIRTUÍTO DE TEATRO AFECCIONADO A BARREIROS
Este sábado 11 de decembro, o grupo de teatro “HIPOCRITA TEATRO” representará no centro sociocultural de San Cosme a obra #CÁSTING.
Unha obra na que varias actrices compiten por un único papel cinematográfico.
Atrapadas nas súas personaxes estereotipo chegan ao límite do absurdo por cumprir coas expectativas do seu rol.
Unha comedia agridoce para chorar, rir ou chorar coa risa
🎭 Achégase o Nadal e con el as habituais voltas. E, claro, no noso caso a volta dunha nova obra de #teatro. Chámase “O Documento” e, por suposto, imos contarvos un pouco de que vai:
“Manueliño atopa unha carta de amor no mandil da súa moza Sabeliña. Desesperado polos celos non atopa outra saída que…”
Non pensariades que iamos facer un spoiler, non? 😃
Para coñecer o desenlace nada mellor que vivilo na estrea desta nova peza que terá lugar nos 📍Colexios Vellos de San Miguel nas seguintes datas:
📆Venres, 20 de decembro, ás 22:00h.
📆Sábado, 21 de decembro, ás 20:00h.
📆Domingo, 22 de decembro, ás 18:00h.
🎟Prezo da entrada: 4€.
Hoy • 12.00 horas • Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro • Dentro del programa Cultura no Camiño de la Xunta de Galicia llega a Barreiros en este miércoles un espectáculo de teatro musical que está dirigido especialmente al público familiar y cuyo nombre es Os Rockenstein. La entrada es totalmente gratuita al Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro, hasta completar aforo. La historia se basa en un experimento que realiza un inventor melómano llamado Rockenstein, «creando futuras estrelas de rock, pero rematará formándoas primeiro como persoas e logo como rockeiros».
ESPECTÁCULO DE MÁXIA E HUMOR ESTE VENRES 19 DE XULLO EN
Barreiros, 16 de xullo de 2019. Os magos Manuel Lamas e Owy presentarán o espectáculo “Nada é imposible”. Un espectáculo creado para toda a familia con fermosas historias, efectos máxicos, toques de humor e interacción co público.
A función terá lugar no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro de San Cosme ás 12:00 horas. Entrada gratuíta ata completar aforo.
O evento está organizado polo Concello de Barreiros e incluído no programa “Cultura no Camiño 2019” da Xunta de Galicia.
O centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, de Barreiros, acolleu na xornada de onte unha actuación do grupo Odaiko, especialmente destinada ao público familiar e aos colexios do concello.
A actividade enmarcouse no programa Cultura no Camiño 2019 da Xunta de Galicia.
Ata o centro sociocultural acudiron as concelleiras Montserrat Porteiro e Carmen Veiga, que lles dirixiron unhas verbas aos asistentes ao remate da actuación de Odaiko.
ODAIKO PRESENTARÁ O ESPECTÁCULO COUSAS DE CATRO O 18 DE XUÑO NO CENTRO MANUEL DÍAZ SAMPEDRO DE BARREIROS.
Barreiros, 13 de xuño de 2019. Odaiko presentará o espectáculo Cousas de Catro o vindeiro 18 de xuño en Barreiros.
A cita, incluída no programa Cultura no Camiño 2019 da Xunta de Galicia, correrá a cargo da formación artística Odaiko que presentará o espectáculo teatral-musical dirixido a toda a familia, especialmente para [email protected] de 3 a 11 anos de idade, titulado Cousas de catro. Terán prioridade, ata completar aforo, os/as [email protected] dos colexios de Barreiros.
Trátase dun musical narrado e escenificado por percusionistas. Xunto con instrumentos do mundo da percusión contemporánea, Sergio Sande, Antonio Ocampo, Juan Collazo e Pepe Varela mesturan a creación, referencias humorísticas, artísticas e tradicionais, máis o efecto sorpresa, destacando sempre a importancia do traballo en equipo.
O espectáculo terá lugar o vindeiro martes, 18 de xuño, no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro de San Cosme de Barreiros a partires das 11:30 horas.
O GRUPO AXOUXERES REPRESENTA EN BARREIROS O 12 DE MAIO A OBRA UN DIVORCIO NO POBO.
Barreiros, 7 de maio de 2019. O grupo de teatro Axouxeres actuará en Barreiros o domingo, 12 de maio.
Axouxeres porá en escena Un divorcio no pobo, trátase dunha obra cómico-costumbrista apta para todos os públicos.
A función terá lugar no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, en San Cosme, ás 18:30 horas.
A representación está organizada polo Concello de Barreiros, a través da súa Delegación de Cultura e a Oficina de Información Xuvenil.