AS NENAS E NENOS DOS COLEXIOS DE BARREIROS GOZARÁN MAÑÁ, MARTES, DO ESPECTÁCULO MÚSICO-TEATRAL ALEGRÍA. E SERÁN AGASALLADOS CUN LIBRO DE MARÍA VICTORIA MORENO, AUTORA Á QUE ESTE ANO ESTÁ DEDICADO O DÍA DAS LETRAS GALEGAS. A ACTIVIDADE ESTÁ ORGANIZA POLO CONCELLO.
Barreiros, 9 de abril de 2018. A Concellería de Cultura, xunto coa Biblioteca Municipal e a OMIX, organiza actividades para [email protected] e o público familiar dentro da programación do mes especial dedicado aos libros. Mañá, 10 de abril, terá lugar unha delas.
Mañá, martes, haberá un espectáculo músico-teatral titulado Alegría, que é unha historia contada con música e toques de humor. Correrá a cargo de Sergio Tannus, quen interpretará varios instrumentos musicais e poñerá á voz, e Andrea Picos quen tamén poñerá a voz nesta montaxe. Será ás 11:30 horas no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro.
A Concellería de Cultura de Barreiros organiza este acto dedicado en especial aos [email protected] dos colexios do concello. Os escolares recibirán como agasallo un libro infantil-xuvenil da autora homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas, que é María Victoria Moreno.
A Concellería de Cultura anuncia que o vindeiro día 23, Día Internacional do Libro, presentará novidades para os [email protected], [email protected] e adultos usuarios da Biblioteca Pública Municipal.