Archivo de la categoría: Gente

Estíbaliz Veiga: «Estou coñecendo verdadeiros lugares máxicos e incribles»

Estíbaliz Veiga: «Estou coñecendo verdadeiros lugares máxicos e incribles»

Estreou na canle autonómica o espazo que ensina Galicia dende «os seus ollos»; A Mariña sae o día 16

YOLANDA GARCÍA
BARREIROS / LA VOZ 

Con raíces fondas e sentimentais en Celeiro de Mariñaos, a actriz barreirense Estíbaliz Veiga acaba de mergullarse nunha nova aventura dentro da súa carreira. A última incursión televisiva da mariñá leva por título Un país en 360, programa de Adiviña Producións baixo a dirección de Jorge Algora, que entraba onte á noite nas casas galegas a través da TVG en horario de máxima audiencia (emítese os luns ás 22.00 horas) coa estrea dedicada á Ribeira Sacra. O seguinte capítulo será o vindeiro 16, o da Mariña, e continuará nesta orde: Oseira, Lugo, A Coruña, Costa da Morte e Parque das Illas Atlánticas. A novidade é o formato no que foi gravado, incorporando nun concepto multiplataforma en España a denominada estereoscopia.

-Como prevé «o parto»?

-Aínda será de noite [por onte], porque nos debemos ao noso público, á nosa audiencia. Para min esta experiencia foi das máis gratificantes que tiven nos 20 anos que levo de traxectoria profesional, pero ata que saia o primeiro capítulo e se teste cos que están na casa estou con todos os dedos cruzados.

-Fixo algún ritual de sorte en particular para que sexa exitoso?

-Simplemente mirei para o ceo e pensei no meu avó.

-Debe de ser emocionante sacar adiante un proxecto así…

-Efectivamente, é emocionante porque non só achegamos as nosas tecnoloxías aos usuarios e ás súas casas, senón que tamén nós imos con eles ás súas propias casas. De feito, estivemos sobrevoando co dron as casas dunhas mulleres de Zobra, por exemplo, onde vían onde tiñan o seu galiñeiro, a súa horta… e para min iso é realmente entrañable, pois recórdame o cariño que lle tiña meu avó á súa casiña naquela época dos 90, na que se levaban tanto as fotografías aéreas e a cada un lle gustaba ter unha. Neste programa atopámonos con esa xente que ten ese amor á súa casa, a que, con tanto esforzo, e a base de traballo duro, foron construíndo. Tamén mesturamos persoas, profesións, lugares, rural, urbano… e achegámonos moi de preto á súa forma de vida, sexa co dron, coa realidade virtual, nun 360? ou dun xeito totalmente convencional. Mesturando iso, as novas tecnoloxías e a xente do noso «país en 360?»… claro que é emocionante!

-Ás veces dise que en Galicia non valoramos o suficiente o noso. Servirá isto para darlle a volta?

-Este programa amosa o patrimonio paisaxístico, histórico, cultural e etnográfico, todo canto hai. Todos temos eses puntos que coñecemos da nosa Galicia, pero eu mesma, que me movo moito, estou coñecendo verdadeiros lugares máxicos, de paisaxes incribles e inexplorados. Velos a través dunha cámara 360? dende a casa é realmente impresionante. Poden ver a través dos meus ollos, como o poema de Rosalía Vista dos meus ollos. Eu levo a cámara, busco planos (cun equipo detrás obviamente), busco os recunchos… Vou contar unha sorpresa que se pode dicir: subinme ao faro de Illa Pancha de Ribadeo por unhas escaleiras fermosas de forxa de Sargadelos, metinme por un buraco e, dende alí arriba, fixen planos que ninguén ten.

-Viviu algunha anécdota tamén a «nena» que leva dentro?

-De feito, a cativa que vive en min é a que fai o programa. Ando escapada ás veces do resto do equipo, a «cabriña de Celeiro» está presente todo o tempo, buscando alturas ou pensando: «isto ten que velo a xente, ten que experimentalo comigo».

-Pasoulle factura algunha peripecia con «Un país en 360?»?

-Non! Estou enteira! Teño caído máis na miña propia casa. Fixen todo tipo de deportes: foil surf en Ribadeo, barranquismo nas pozas de Melón, snorquel nas illas Cíes, bicicleta eléctrica en Vigo… Hai moitas cousas en cada programa que son xeniais. Ademais, é a primeira vez en España que se fai un formato deste tipo, con esta tecnoloxía. É algo arriscado, pero confiamos en que incluso todos aqueles que queiran viaxar dentro da nosa Galicia poidan sacarlle partido, pois imos colgar tamén parte dos capítulos na canle de YouTube da TVG, para poder ver en 3D e 360?.

-A ver se vai producir algún que outro «efecto As Catedrais»…

-Sempre repito isto: non é unha postal, é unha paisaxe viva que debe ser coidada, respectada e medida. Así que todo o mundo que se achegue aos lugares que nós amosamos ha de ir con esa perspectiva de coidar o contorno, porque só temos un planeta, e eu, que son superecoloxista, vivo con esa premisa dende que me ergo ata que me deito.

-Xa sabemos que as comparacións son odiosas sempre, pero… podemos chancear dicindo que é a nosa «Calleja galega»?

-[Sorrí]. Si, xa mo teñen dito!

«Esta experiencia foi das máis gratificantes que tiven en 20 anos de traxectoria»

«É a primeira vez que se fai un formato deste tipo. Somos pioneiros con esa tecnoloxía»

Más protestas de pensionistas en Barreiros y Mondoñedo Este fin de semana continuarán en Ribadeo y Foz

Más protestas de pensionistas en Barreiros y Mondoñedo
Este fin de semana continuarán en Ribadeo y Foz
La imagen puede contener: una o varias personas, personas de pie, multitud y exterior
CEDIDA
S. C. 
BARREIROS / LA VOZ 13/04/2018 05:00 H
Ayer a media mañana continuaron las protestas de los pensionistas en Barreiros y también en Mondoñedo. Este fin de semana harán lo propio los pensionistas en Foz y Ribadeo. Reclaman, como es sabido, unas pensiones dignas.«Pensións públicas dignas e con poder adquisitivo; a creación de emprego de calidade coma mellor vía para garantir ingresos que paguen as pensións; a derrogación das reformas laborais; recuperar a idade de xubilación aos 65 anos; incrementar as pensións non contributivas; que o cómputo da pensión se realice en base aos 15 mellores anos da vida profesional dos e das traballadoras», son algunas de las reivindicaciones expuestas ayer de nuevo por el colectivo de jubilados y pensionistas de Barreiros. Defienden «o sistema público de pensións para que se garanta o seu poder adquisitivo e que as mínimas sexan iguais ao SMI».

Concentraciones de jubilados en Barreiros y Mondoñedo

Concentraciones de jubilados en Barreiros y Mondoñedo

Continúan reclamando en la calle una mayor subida de las pensiones

.
BARREIROS / LA VOZ 

Los jubilados de A Mariña continúan participando en actos para que se visualice su reclamación de una subida digna de las pensiones. Ayer hubo concentraciones en Barreiros y Mondoñedo.

Desde hace unas semanas, jubilados mariñanos vienen llevando periódicamente sus protestas a la calle. Además, se han creado varias nuevas agrupaciones, conscientes de la importancia numérica que tienen y del valor de sus votos de cara a las próximas elecciones. Las subidas en las pensiones anunciadas por el gobierno de Rajoy de momento no colman ni mucho menos sus aspiraciones.

“As mulleres tamén somos as máis perxudicadas no caso das pensións”

“As mulleres tamén somos as máis perxudicadas no caso das pensións”

Pensionistas de Barreiros y de Mondoñedo volvieron a concentrarse para exigir pensiones dignas

.
CEDIDA
VIVEIRO / LA VOZ 

Jubilados de Barreiros y de Mondoñedo volvieron ayer a concentrarse en las plazas de los Ayuntamientos para reclamar que se garantice su poder adquisitivo y que las pensiones mínimas san iguales al salario mínimo interprofesional. Defienden el sistema público de pensiones y reclaman, entre otros, que se cree empleo de calidad para garantizar ingresos que paguen las pensiones.

«As mulleres somos as máis perxudicadas no caso das pensións, ao termos unha vida laboral maís precaria e con importantes lagoas de cotización, que xunto coas altas taxas de feminización das pensións non contributivas, fai que unha de cada catro mulleres maiores de 65 anos estea baixo a liña da pobreza», recordaron ayer en un manifiesto en Barreiros.

NO PLENO CELEBRADO O LUNS, O  BNG INSTOU AO ALCALDE DE BARREIROS A POSICIONARSE DO LADO D@S XUBILAD@S E PENSIONISTAS DE BARREIROS

NO PLENO CELEBRADO O LUNS, O  BNG INSTOU AO ALCALDE DE BARREIROS A POSICIONARSE DO LADO D@S XUBILAD@S E PENSIONISTAS DE BARREIROSLa imagen puede contener: 11 personas, personas de pie, personas caminando, multitud y exterior

La imagen puede contener: 14 personas, personas sonriendo, personas de pie, niños y exterior

Desde a formación nacionalista manifestan o seu apoio aos pensionistas barreirenses e ás súas xustas reivindicacións

 

O Colectivo de Xubilad@s e Pensionistas de Barreiros volve a mobilizarse este xoves 29 concentrándose na Praza do Concello

Barreiros, 28 de marzo de 2018. No Pleno celebrado o pasado luns día 26 no concello de Barreiros, o BNG solicitou á alcaldía que se posicione do lado d@s xubilad@s e pensionistas que están a sufrir una vez mais os recortes do PP nas súas devaluadas pensións. A portavoz nacionalista Ana Ermida fixo fincapé tamén no elevado número de xubilad@s e pensionistas na poboación de Barreiros, polo que instou a Alfonso Fuente a solidarizarse co colectivo barreirense de xubilados e pensionistas, que todos os xoves se concentran na praza do concello demandando pensións públicas dignas e con poder adquisitivo. Según manifestou Ermida, a resposta dada polo alcalde foi darlle unha vez mais as costas aos seus veciños e veciñas, pois a súa única aportación foi recordarnos as palabras de Rajoy: se se aproban os orzamentos do Estado, miraremos de subir as pensións.

 

As reformas laborais dos anos 2010, 2011 e 2012 promovidas por gobernos do PSOE e do PP foron un grave ataque ao sistema público de pensións.

Na súa intervención, a portavoz municipal do BNG tamén recordou as reformas laborais promovidas, durante os anos 2010, 2011 e 2012, por gobernos do PSOE e PP, respectivamente, con diferentes niveis no seu contido e importancia, e que afondaron na liña neoliberal, atrasando a idade de xubilación aos 67 anos, ampliando a 25 o número de anos para calcular a base reguladora, atrasando a idade de acceso á xubilación anticipada, dificultando o acceso ao subsidio de desemprego establecendo límites económicos de miseria para ter dereito ao mesmo e atrasando a idade de acceso dos 52 aos 55. En definitiva, medidas todas orientadas a dificultar o acceso e reducir a contía das prestacións do sistema público de protección social, ao tempo que se fomenta a súa privatización.

O BNG manifesta o seu apoio ao colectivo de xubilad@s e pensionistas de Barreiros

O BNG mostra o seu apoio ao colectivo de xubilad@s e pensionistas de Barreiros e ás concentracións que realizan todos os xoves na praza do concello e que tamén terá lugar este xoves día 29 para reivindicar pensións dignas e con poder adquisitivo, dereito á xubilación ordinaria aos 65 anos, actualización anual das pensións en base ao IPC, derrogación das reformas laborais e a aprobación dunha nova lexislación laboral e social que restitúa os dereitos perdidos.

Jubilados de Barreiros y Mondoñedo salen a la calle para defender sus pensiones

Jubilados de Barreiros y Mondoñedo salen a la calle para defender sus pensionesLa imagen puede contener: 9 personas, personas sonriendo, personas de pie y exterior

Creen que la mejor vía para garantizar pensiones dignas es generar empleo de calidad

A.V.
M.C. 
VIVEIRO / LA VOZ 

La comarca mariñana volvió ayer a registrar diferentes protestas de jubilados y pensionistas que exigen al Gobierno de Rajoy el pago de pensiones dignas. Critican al subida del 0,25 %. Desde el colectivo de jubilados y pensionistas de Barreiros exigen la creación de empleo de calidad, «como a mellor vía para garantir ingresos que paguen as pensións».

También solicitan la derogación de las reformas laborales, recuperar la edad de jubilación a los 65 años, que se incrementen las pensiones contributivas y que el cómputo de la pensiones se realice «en base aos quince mellores anos da vida profesional dos e das traballadoras».

Otro punto de la comarca donde también hubo protestas fue en Mondoñedo. En la Praza do Concello se reunieron vecinos para exigir pensiones dignas que les permitan vivir. Todos defienden el sistema público de pensiones para que se garantice su poder adquisitivo «e que as pensións mínimas sexan iguais ao salario mínimo interprofesional.