Archivo de la categoría: Música

Co concerto de Mónica de Nut rematou onte á noite o ciclo Sons no Solpor

Co concerto de Mónica de Nut rematou onte á noite o ciclo Sons no Solpor, que se veu celebrando nos xardíns do Eido Dourado nas noites dos domingos de xullo e agosto.
 A polifacética artista presentou o seu traballo Raíces aéreas, co que deleitou ao público asistente nunha noite moi agradable a carón do mar, na praia das Pasadas, en Barreiros.

enviamos unhas declaracións do artista barreirense Celso Dourado sobre a actuación que ofrecerá Mónica de Nut

A POLIFACÉTICA ARTISTA MÓNICA DE NUT ACTÚA ESTE DOMINGO, 20 DE AGOSTO, NO EIDO DOURADO. DESTE XEITO REMATA O CICLO DE CONCERTOS SONS NO SOLPOR.

Barreiros, 18 de agosto de 2017. A polifacética artista galega Mónica de Nut actuará o vindeiro domingo, 20 de agosto, nos xardíns do Eido Dourado en Barreiros. Será o broche de ouro aos concertos do ciclo Sons no Solpor que se viñeron celebrando durante este verán. A actuación comezará sobre as dez da noite e a entrada é gratuíta.

O artista barreirense Celso Dourado comentou que “este domingo imos poñer fin ao ciclo musical Sons no Solpor que celebramos os domingos durante os meses de xullo e agosto, e ímolo facer coa que eu considero posiblemente a cantante máis vangardista que temos no panorama do canto en Galicia, con Monica de Nut”.

Celso Dourado subliñou que “Mónica de Nut é unha cantante tremendamente polifacética. Podemos dicir que canta ópera, jazz, músicas de raíz e sobre todo música experimental. Ten unha experiencia grande na interpretación teatral, na danza contemporánea, estudou piano e pedagoxía musical, e formouse no canto lírico licenciándose na Escola Superior de Canto de Madrid e tamén na música tradicional galega, e por suposto no jazz”.

Dourado dixo que “Mónica de Nut leva moitos anos no panorama da música e do espectáculo en Galicia, é unha cantante polifacética, controvertida nos seus xeitos de actuar, é unha grandísima animadora de rúa, atrévome a cualificala case como unha muller espectáculo”.

O artista e promotor do Eido Dourado lembrou que “Mónica de Nut estivo no Eido Dourado hai catro anos máis ou menos presentando un novo proxecto e realmente deixounos un pouquiño a todos coa boca aberta. É desas cantantes que che deixan unha pegada importante. Daquela propoñémonos os dous que cando tivera un proxecto novo sería unha oportunidade grande presentalo no Eido Dourado e este ano tócalle. Vai presentar o seu novo traballo Raíces aéreas”.

O promotor do Eido Dourado recorda que “unha vez máis coa caída do sol, a partir das dez, escoitaremos esta grandísima voz e daremos fin ao ciclo Sons no Solpor no Eido Dourado por este verán”.

Enviamos unhas declaracións do artista barreirense Celso Dourado sobre a actuación que ofrecerá Mónica de Nut o vindeiro domingo, 20 de agosto, nos xardíns do Eido Dourado. Será o broche de ouro aos concertos do ciclo Sons no Solpor, que se viñeron celebrando durante este verán.
(MAIS TARDE MANDAREMOS NOTA DE PRENSA E FOTO)
Esta semana remataron os laboratorios creativos que se viñeron desenvolvendo no Eido Dourado, en Barreiros. Foron impartidos pola artista mariñá e profesora de educación plástica Lucía Vila, que comentou que “tanto os participantes como as familias quedaron encantados. Houbo moi boa resposta en todas as sesións”. Os asistentes foron rapaces con idades comprendidas entre os 4 e os 16 anos, que nas tardes dos mércores durante unha hora se achegaron ao arte e á obra do artista barreirense Celso Dourado. Este foi o segundo ano no que se celebraron estes obradoiros creativos.

Arrincou onte no Eido Dourado, en Barreiros, a xira por Galicia de Xógara

Arrincou onte no Eido Dourado, en Barreiros, a xira por Galicia de Xógara, “unha banda anglo-galega-galesa, esencialmente instrumental que bebe da música celta. Naceu en Oxford da mao de tres músicos británicos e un galego. É un proxecto que encarna a mellor tradición europeísta da música folk”, explicaba na súa presentación o artista barreirense Celso Dourado. Os xardíns do Eido Dourado enchéronse para presenciar este concerto. Xógara actúa esta noite en Ribadeo e durante o mes de agosto pasarán por Foz.

Xógara inicia su gira gallega en Barreiros

Xógara inicia su gira gallega en Barreiros

El grupo originario de Oxford del que forma parte el focense Mano Panforreteiro actúa a las 22.00 en Eido Dourado

.
CEDIDA

«A tournée de Xógara é única e diversa como a propia banda», dicen de la formación musical integrada por tres británicos y un gallego que, por cierto, es de origen mariñano. Junto a John Ruddock, Jo Hamilton y Siriol Davies está Mano Panforreteiro, encargado de las gaitas gallegas y el low whistle. «O único galego desta banda vén de Foz, alí onde a palabra xógara resona moito máis ca un seixo», explica el propio focense. El grupo ha elegido precisamente esta comarca como punto de partida para una gira en la que, durante diez días, nueve conciertos mostrarán cómo se las gasta, rítmicamente hablando, la banda que nació en Oxford.

La primera actuación será hoy en los jardines de Eido Dourado, en Barreiros, a las 22.00. El segundo concierto será mañana, lunes, en el parque de San Francisco de Ribadeo. Foz será, como no podía ser de otra manera, el broche final: «Moita festa traerá o último concerto, parte das patronais de Foz, que se celebra o martes 8 na praza do Conde de Fontao».

La gira promete «sonoridades pouco habituais: os fonemas do galés, o galego na boca de cantantes británicos, as harmonías atrevidas…»

O GRUPO DE RAP GALEGO SOM DO GALPÓM ACTÚA ESTE VENRES, 28 DE XULLO, NO CÁMPING GAIVOTA, EN BARREIROS

O GRUPO DE RAP GALEGO SOM DO GALPÓM ACTÚA ESTE VENRES, 28 DE XULLO, NO CÁMPING GAIVOTA, EN BARREIROS.

Barreiros, 27 de xullo de 2017. O cámping Gaivota, propiedade do artista barreirense, Celso Dourado acolle este venres, 28 de xullo, a actuación do grupo de rap galego Som do galpóm. Será a partires das 23:00 horas nas súas terrazas e dentro da programación das Queimadas proletarias, música de raíz, que daban comezo hai uns días e que se prolongarán ata o 25 de agosto.

Celso Dourado anunciou que “este venres estará con nós na queimada que facemos todos os venres a partires das once da noite, nas terrazas do Gaivota, un grupo que eu me atrevo a dicir que é dos iniciadores do rap en galego. É un grupo da comarca de Santiago, é Som do galpóm”.

O artista barreirense convida a “todos aqueles que queiran disfrutar da música de Som do galpóm nun ambiente máxico, a cita é este venres a partires das once da noite no cámping Gaivota”.

Dourado explicou que “Som do galpóm foi un dos iniciadores do rap en galego, foi sempre unha aposta moi radical dentro do rap. Fai un tempo xa actuaron no cámping Gaivota. Estaban desaparecidos, estiveron por Francia, seguiron sempre facendo música, e agora de volta a terras galegas inician a súa tournée particular e entre as actuacións que teñen é esta no cámping Gaivota este venres”.

Celso Dourado subliñou que “o grupo trae novidades. Non estivo parado, estivo evolucionando, ten incluso nalgunha das súas composicións, unha certa influencia francesa dentro do que é o espectro do rap, e espero que non decepcionen”.

A entrada é libre e gratuíta.

Os xardíns do Eido Dourado, en Barreiros, enchéronse para gozar coa actuación musical do grupo galego Gelria

Os xardíns do Eido Dourado, en Barreiros, enchéronse para gozar

La imagen puede contener: 3 personas, personas en el escenario y exterior

coa actuación musical do grupo galego Gelria, que presentou o seu último traballo “Cantos de poeta”.
Elena Tarrats, Federico Mosquera e Mario Cortizo La imagen puede contener: árbol, planta, tabla, cielo, exterior y naturalezadeleitaron aos asistentes coa súa voz e coa súa música. A xira de verán de Gelria segue por Bueu, Cervo, Rianxo, Arousa Norte e O Grove.
Este grupo, creado en 2014, xa tocou en Holanda, o sur de Inglaterra, Cataluña e Galicia, entre outros lugares.

Domingo folk con Gavheta en Barreiros

Domingo folk con Gavheta en Barreiros

El grupo gallego hace música tradicional gallega “personalizada” y abre el ciclo Sons do Solpor de Eido Dourado

.
CEDIDA

El ciclo musical Sons do Solpor de Eido Dourado arranca hoy con el grupo vigués Ghaveta que hace música tradicional gallega «personalizada». Será a las 22.00 horas y gratis. “Sempre procuramos facelo coa caída do sol onde a luz natural deixa paso á iluminación do propio espazo, o cal fai máis bonito se cadra os concertos”, señala Celso Dourado.

Un concerto xunta a tres corais en Barreiros

Un concerto xunta a tres corais en Barreiros

16/05/2017 14:58

17 de maio?•?19.30 horas?•?Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro?•?A delegación municipal de Cultura do Concello de Barreiros ofrecerá nesta senlleira xornada un concerto no que participarán tres formacións corais galegas. Son a Coral de Cangas, a Coral de Riotorto e a local Coral de Barreiros.

17/05/2017 05:00

Hoxe • 19.30 horas • Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro • A delegación municipal de Cultura do Concello de Barreiros ofrecerá nesta senlleira xornada un concerto no que participarán tres formacións corais galegas. Estas son a Coral de Cangas, a Coral de Riotorto e a local Coral de Barreiros.

Cita de la Coral de Barreiros

Viernes 6.?20.00 horas. Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro.?Es tan tradicional el día de Reyes como la actuación que en esta jornada suele ofrecer la Coral Polifónica de Barreiros en su municipio de origen. En la de este viernes 6 contarán también con la compañía sonora de la Coral Polifónica Virxe do Monte de Cospeito y la Coral Polifónica Luar de Vilalba. Tratándose de una «noche mágica», como recuerdan, habrá espectáculo después de Pi y Senín.