Archivo de la categoría: Concello

AXUDAS INDIVIDUAIS DESTINADAS Á ADQUISICIÓN DE SERVIZOS DE PROMOCIÓN DA AUTONOMÍA PERSOAL, ASÍ COMO Á ADQUISICIÓN DE SERVIZOS COMPLEMENTARIOS DE ASISTENCIA PERSOAL. Data de envio:

 AXUDAS INDIVIDUAIS DESTINADAS Á ADQUISICIÓN DE SERVIZOS DE PROMOCIÓN DA AUTONOMÍA PERSOAL, ASÍ COMO Á ADQUISICIÓN DE SERVIZOS COMPLEMENTARIOS DE ASISTENCIA PERSOAL.

 O Sr Alcalde – Presidente do Concello de Barreiros, pon en coñecemento de todos/as os/as interesados/as, que a CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL acaba de convocar: AXUDAS INDIVIDUAIS DESTINADAS Á ADQUISICIÓN DE SERVIZOS DE PROMOCIÓN DA AUTONOMÍA PERSOAL, ASÍ COMO Á ADQUISICIÓN DE SERVIZOS COMPLEMENTARIOS DE ASISTENCIA PERSOAL.

  • REQUISITOS DOS BENEFICIARIOS:
  • – Persoas que teñan recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ó 33%, así como pensionistas da Seguridade Social que teñan recoñecida unha pensión de incapacidade permanente no grao de total, absoluta ou grande invalidez.
  • – Residir na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • – Que a necesidade de axuda solicitada derive da tipoloxía de discapacidade recoñecida.
  • – Que a capacidade económica do solicitante, non supere o 400% do IPREM establecido para o ano 2016.
  • – Non percibir durante o ano 2016 outras axudas para o mesmo fin.
  • DOCUMENTACIÓN:
  • – ANEXO III  debidamente cuberto.
  • – Copia do IRPF correspondente ó ano 2015 da persoa solicitante, Declaración das pensións ou prestacións percibidas.
  • – Proxecto de intervención detallado.

O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES FINALIZA O 18 DE MAIO DO 2016.

Para maior información e tramitación das solicitudes poden pasarse polo Departamento de Servizos Sociais, mediante cita previa (Teléfono: 982-124002).

Barreiros a 7 de Abril de 2016

O ALCALDE

Asdo.- D. José Alfonso Fuente Parga.

Escola Infantil Municipal

A Escola Infantil Municipal de Barreiros, “O Bítere”, acolle o primeiro ciclo de Educación Infantil (0-3 anos) e ten dúas funcións.

Unha función educativa, proporcionando ós seus usuarios unha atención individualizada a través dun programa global que favorece o pleno desenvolvemento físico, intelectual, afectivo e social dos/as nenos/as. E unha función social coa fin de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral.

Na actualidade conta con 43 prazas divididas en 3 unidades.

A Escola Infantil presta os seus servizos os doce meses do ano, de luns a venres en horario de 8:00 horas da mañá a 20:00 horas da tarde, agás nos meses de xullo e agosto, nos que a escola presta os seus servizos de 8:00 horas da mañá a 18:00 horas da tarde.

PRAZOS:

  • Solicitude de reserva de praza para nenos/as xa matriculados, Do 1 ó 20 de marzo.
  • Solicitude de reserva de praza para nenos/as non matriculados, Do 1 ó 30 de abril.
  • Publicación da lista de admitidos, excluídos, vacantes ou lista de espera. 10 de maio (reclamacións nun prazo de 10 días).
  • Publicación da lista definitiva de admitidos, excluídos, vacantes ou lista de espera. 31 de maio.
  • Matrícula do 1 ó 15 de xuño.
  • Escola de Verán, matrícula por orde de chegada. Desde o 1 de xuño.

DOCUMENTACIÓN A APORTAR:

Documentación reserva de praza e lista de espera:

  1. Documentación acreditativa da situación familiar:
    • 1 fotocopia do libro de familia.
    • Fotocopia do D.N.I ou pasaporte do pai/nai ou titor/a legal.
    • Certificado de empadroamento da unidade familiar.
    • Documentación de incidencias tales como: separación, abandono do fogar, maltrato, etc.
    • No caso dalgunha enfermidade ou deficiencia alegada polos membros da unidade familiar, certificado expedido polo organismo correspondente ou outros documentos nos que consten incidencias familiares, económicas ou sociais susceptibles de puntuación.
    • Informes dos Servizos Sociais nos supostos de que sexa necesario por falta de acreditación documental ou pola situación especial na que viva a unidade familiar.
  2. Documentación acreditativa da situación económica:

    • 1 copia da declaración da Renda ou, no seu defecto, certificado emitido pola delegación de Facenda acreditando os ingresos anuais.

    • En casos de nulidade matrimonial, separación e divorcio, considerarase a renda de quen exerza a patria potestade.

    • Tarxeta de desempregado/a.

 Documentación para matrícula:

  • Fotocopia da tarxeta da Seguridade Social.
  • Certificado médico do/a neno/a.
  • Carné de vacinación actualizado.
  • 2 fotos.
  • Número da conta bancaria en caso de pagar taxa de asistencia. Cubrir impreso de domiciliación bancaria na escola.

Localización da Escola Infantil Municipal de Barreiros:

Imaxes:
Escuela Infantil Municipal de Barreiros
Escuela Infantil Municipal de Barreiros

O CONCELLO CONVIDA A ACHEGARSE AOS LIBROS COA MOSTRA ¡¡ABRIL…LIBROS MIL!!

050416 Foto libros Barreiros 2 050416 Foto libros Barreiros 1O CONCELLO CONVIDA A ACHEGARSE AOS LIBROS COA MOSTRA ¡¡ABRIL…LIBROS MIL!!, QUE ESTÁ ABERTA NA BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DURANTE ESTE MES.

Barreiros, 5 de abril 2016. O Concello organiza unha exposición de libros durante este mes de abril con motivo da celebración do Día Internacional do Libro o vindeiro día 23.

A Concellería de Cultura e a Biblioteca Pública Municipal organizan este mes una exposición titulada ¡¡Abril…Libros Mil!! Con motivo da celebración o pasado día 2 do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil e o vindeiro día 23 do Día Internacional do Libro.

A mostra recolle as novidades e os libros máis lidos da Biblioteca e pode visitarse na propia Biblioteca, situada no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro de luns a venres en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 19:00 horas.

Esta exposición permanecerá aberta ata o vindeiro día 29. A Concellería de Cultura e a Biblioteca Municipal convidan a todos a visitala e a aproveitar estas datas á achegarse aos libros a través da lectura.

UNHA TRINTENA DE PERSOAS PERCORRERON ONTE, SÁBADO, 10 QUILÓMETROS DO CAMIÑO NORTE

030416 Foto peregrinación BarreirosUNHA TRINTENA DE PERSOAS PERCORRERON ONTE, SÁBADO, 10 QUILÓMETROS DO CAMIÑO NORTE CON SAÍDA DA PARROQUIA BARREIRENSE DE VILAMARTÍN PEQUENO. A ACTIVIDADE FOI ORGANIZADA POLA CONCELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE.

Barreiros, 3 de abril de 2016. Un trintena de persoas participaron onte, sábado, nunha peregrinación duns 10 quilómetros realizada polo Camiño Norte con saída da parroquia barreirense de Vilamartín Pequeno. Estivo organizada polo Concello e serviu como preparación para que a que dará comezo o vindeiro 16 de abril polo Camiño Primitivo. Esta actividade está programada pola Concellería de Medio Ambiente que dirixe José Manuel Gómez Puente.

Segundo explicou hai uns días o edil popular “a peregrinación que faremos este ano polo Camiño Primitivo dividirase en oito etapas que se realizarán os sábados cun percorrido de vinte quilómetros cada unha delas. Comezaremos na Fonsagrada o 16 deste mes e remataremos a xornada no Cádavo. A viaxe farase en autobús ata o comezo de cada etapa. A saída do autocar será da praza do Concello. Haberá ademais un autobús escoba ou de apoio”.

O custe das oito etapas, a través do Camiño Primitivo, será de 50 euros por persoa e os nen@s participarán gratis. Pódense apuntar todas aquelas persoas que desexen acudir desde calquera concello da Mariña. Os interesados deberán anotarse no número de teléfono 618 752 560 (José Manuel).

O CONCELLO ORGANIZA UN ESPECTÁCULO MUSICAL PARA ESTE DOMINGO

O CONCELLO ORGANIZA UN ESPECTÁCULO MUSICAL PARA ESTE DOMINGO, 3 DE ABRIL. O CANTAUTOR GALEGO MANOLO COUTO PRESENTARÁ O DISCO TESOUROS OCULTOS.

Barreiros, 31 de marzo 2016. Este domingo, 3 de abril, o intérprete galego Manolo Couto presentará o disco titulado Tesouros Ocultos.  Será no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro ás 18:30 horas e está organizado pola Concellería de Cultura de Barreiros a través da súa Oficina de Información Xuvenil.

Neste espectáculo musical o cantautor, humorista e intérprete galego presentará o que é o seu cuarto disco e que leva por título Tesouros Ocultos. Este traballo está composto por famosos clásicos do vinilo como Os Panchos ou Pucho Boedo, e composicións do propio Manolo Couto con denuncia de temas de actualidade tales como o maltrato ou os incendios forestais.Cantautor Barreiros

PEREGRINACIÓN POLO CAMIÑO PRIMITIVO

O CONCELLO ORGANIZA UNHA PEREGRINACIÓN POLO CAMIÑO PRIMITIVO QUE COMEZARÁ O DÍA 16 DE ABRIL. DIVIDIRASE EN OITO ETAPAS QUE SE LEVARÁN A CABO OS SÁBADOS.

Barreiros, 31 de marzo 2016. O Concello organiza unha peregrinación a Santiago de Compostela a través do Camiño Primitivo. Esta actividade está programada pola Concellería de Medio Ambiente que dirixe José Manuel Gómez Puente.

Segundo explica o edil popular “a peregrinación dividirase en oito etapas que se realizarán os sábados cun percorrido de vinte quilómetros cada unha delas. Comezaremos na Fonsagrada o 16 deste mes e remataremos a xornada no Cádavo. A viaxe farase en autobús ata o comezo de cada etapa. A saída do autocar será da praza do Concello. Haberá ademais un autobús escoba ou de apoio”.

O custe das oito etapas será de 50 euros por persoa e os nen@s participarán gratis. Pódense apuntar todas aquelas persoas que desexen acudir desde calquera concello da Mariña. Os interesados deberán anotarse no número de teléfono 618 752 560 (José Manuel).

Para ir quentando motores a Concellería de Medio Ambiente organiza para este sábado, 2 de abril, unha peregrinación polo Camiño Norte cunha etapa de dez quilómetros con partida desde Vilamartín Pequeno. A saída cara ese punto será en autocar dende a praza do Concello así como tamén o regreso dos participantes.

 

 

concentración este mediodía diante do Concello para amosar a súa repulsa aos atentados de onte en Bruxelas

Funcionari@s, veciñ@s e o alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, concentráronse este mediodía diante do Concello para amosar a súa repulsa aos atentados de onte en Bruxelas e tamén a súa solidariedade coas familias das vítimas e cos feridos nestes ataques.

BENESTAR EN BALNEARIOS 2016

Fecha de mensaje:

25/02/2016 – 18:44

ANUNCIO

O Sr. Alcalde -Presidente do Concello de Barreiros, pon en coñecemento de todos/as veciños/as que a Consellería de Política Social, convoca para o presente ano unha nova edición do programa “BENESTAR EN BALNEARIOS 2016”.

*Requisitos dos participantes:

– Ser maior de 60 anos, ou de 55 reunido a condición de pensionista do Sistema da Seguridade Social, polos conceptos de xubilación, viuvez ou outras pensións.

– Estar empadroado e residir nalgún concello da Comunidade Autónoma de Galicia.

– Valerse en por si mesmo para as actividades da vida diaria e atoparse en condicións de participar no programa, agás no caso de fillos/as ou persoas tuteladas que acudan en calidade de acompañantes.

– Non padecer enfermidade infecto–contaxiosa, en fase activa, nin transtornos mentais condutuais non compensados que poidan alterar a  normal convivencia durante o transcurso da quenda.

– Carecer de contraindicación médica para a recepción dos mesmos.

*Documentación:

– Solicitude debidamente cuberta.

– No caso de non asinar na solicitude a autorización para a súa consulta, deberá presentarse copia compulsada do DNI, Certificado de Empadroamento, copia do IRPF e Certificado do grao de discapacidade do/a fillo/a ou tutelado/a pola persoa solicitante.

Prazo de presentación de solicitudes ata o día 7 DE MARZO DE 2016. Para maior información e tramitación de solicitudes, no Concello, Departamento de Servizos Sociais.

Barreiros a 24 de febreiro de 2016

O ALCALDE

Asdo.- D. José Alfonso Fuente Parga.

Archivos de anuncio: 

XORNADA FORMATIVA SOBRE A LOPD

XORNADA FORMATIVA SOBRE A LOPD (Lei Orgánica de Protección de Datos de Carácter Persoal)

DATA: 23/02/2016

HORA: 12:00 – 14:00

TEMARIO:

  1. Lei Orgánica de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD – Lei Orgánica 15/1999):

– Introdución

– Principios xerais LOPD

– Dereitos ARCO

– Transferencia Internacional de datos

– Declaración de ficheiros

  1. Real Decreto de desenvolvemento da LOPD (RDLOPD – RD 1720/2007):

– Disposicións xenerais

– Medidas de seguridade automatizadas

– Medidas de seguridade non automatizadas

  1. Sistemas de información e seguridade

Para inscribirse ou máis información acudir a aula CeMIT de Barreiros ou no correo [email protected]

– See more at: http://www.concellodebarreiros.com/gl/noticias/xornada-de-formacion-lopd-aula-cemit#sthash.lMyP8CLx.dpuf

SUBVENCIÓNS PARA A REHABILITACIÓN DE VIVENDAS E EDIFICIOS NO ÁMBITO DOS CAMIÑOS DE SANTIAGO

O LOCAL SOCIAL DE CABARCOS ACOLLERÁ O 16 DE FEBREIRO UNHA CHARLA SOBRE AS SUBVENCIÓNS PARA A REHABILITACIÓN DE VIVENDAS E EDIFICIOS NO ÁMBITO DOS CAMIÑOS DE SANTIAGO.

Barreiros, 10 de febreiro de 2016. O local social de Cabarcos, en Barreiros, acollerá o vindeiro martes, 16 de febreiro, ás cinco da tarde unha charla informativa sobre a convocatoria de subvencións que sacou a Xunta de Galicia o pasado 28 de decembro para a rehabilitación de vivendas e edificios no ámbito da área de rehabilitación integral (ARI) dos Camiños de Santiago.

O alcalde, Alfonso Fuente, explica que “na charla resolveranse cantas dúbidas poidan xurdir sobre esa convocatoria”. A cita está destinada aos veciños e veciñas das parroquias de Vilamartín Pequeno, San Xulián de Cabarcos e San Xusto. O rexedor asinou hoxe un anuncio informando desta xuntanza da vindeira semana.