Archivo de la categoría: Concello

ATA O 7 DE MARZO ESTÁ ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR AXUDAS POR FILLO MENOR

ATA O 7 DE MARZO ESTÁ ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR AXUDAS POR FILLO MENOR A CARGO PARA O ANO 2016. NO CONCELLO BARREIRENSE OFRECEN INFORMACIÓN E TRAMITAN AS SOLICITUDES CORRESPONDENTES.

Barreiros, 4 de febreiro de 2016.  Ata o 7 de marzo está aberto o prazo de presentación de solicitudes para a prestación económica de pagamento único por fillo menor a cargo para  ano 2016, segundo informa o Concello barreirense, que xa enviou comunicacións ás familias empadroadas no municipio.

Desta liña de axudas da Xunta de Galicia poden beneficiarse aquelas persoas que teñan ao seu cargo fillas ou fillos menores de tres anos o 1 de xaneiro deste 2016, e que durante o ano 2014 nin elas nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración do IRPF correspondente a este período, nin a presentaran de xeito voluntario aínda sen estar obrigadas a iso. Tamén se poden beneficiar os fillos ou fillas adoptadas ou acollidas entre o 31 de decembro de 2014 e o 31 de decembro de 2015.

Os requisitos que se esixen son que os proxenitores teñan a residencia habitual en Galicia e que na data da solicitude os menores convivan coa persoa solicitante.

As persoas interesadas nestas axudas poden obter máis información no departamento de Servizos Sociais do Concello de Barreiros, de luns a venres en horario de 10 a 14 horas. Tamén alí lles axudarán a tramitar as solicitudes correspondentes.

Axudas Barreiros

CONTINÚAN AS OBRAS DE LIMPEZA DE CUNETAS

CONTINÚAN AS OBRAS DE LIMPEZA DE CUNETAS E PARA DAR SOLUCIÓN A UN PROBLEMA OCASIONADO POR UNHA BAIXANTE DE AUGAS NO BARRIO DO MORTEIRO, EN SAN XUSTO. FUENTE PARGA ASEGURA QUE FALARON CON TODOS OS VECIÑOS E QUE TIVERON EN CONTA AS SÚAS ADVERTENCIAS.

Barreiros, 3 de febreiro de 2016. En San Xunto, no barrio do Morteiro, continúan as obras de limpeza das cunetas e para dar solución a un problema ocasionado por unha baixante de augas que ía cara unhas casas. O alcalde, Alfonso Fuente, asegura que os traballos non se paralizaron e que onte o que fixeron foi escoitar as advertencias dalgúns veciños de Val do Caínzo e Ibia. Ademais criticou a actitude da oposición da que di que “o que quere é sacar rédito político”.

O rexedor declarou: “no Morteiro estamos a realizar unha labor de limpeza de cunetas e precisamente solucionando un problema de augas que ían cara unhas casas, e onte á mañá personábanse alí uns veciños para advertir dunha transversal que había e da posibilidade de que ao estar limpando as cunetas a auga fose cara as súas casas. Atendéronse as indicacións dos veciños e á media mañá, de onte, estiven alí e deixamos todo solucionado”.

Para Fuente Parga “dicir que as obras están paralizadas é moi arriscado cando hoxe as máquinas e os tractores están alí hoxe traballando. O que intentamos é solucionar un problema ocasionado hai tempo por unha baixante de augas que veñen do monte e que nalgún momento cando chovía moito se metían nas casas. Un domingo que choveu moito, me chamaron os veciños, me acerquei ata alí e estivemos vendo toda esta situación”.

Sobre a presenza de membros da oposición nesas obras o alcalde barreirense dixo que “cando xorden cousas destas a oposición parece que o quere é sacar rédito electoral, indo a criticar, indo a ver… parece ser que houbo unha procesión de membros da oposición pola obra. Iso é o que pasa cando un Concello fai unha obra, despois de falar cos veciños para ver como se pode solucionar. Os que se achegaron alí eran doutros núcleos como Val do Caínzo e Ibia e as actuacións se están a realizar no Morteiro atendendo ás indicacións de todo o mundo e vendo como se podía solucionar estamos a traballar e vai quedar solucionado o problema”.

Alfonso Fuente considera que “os veciños o que están a ver é que aparecen enxeñeiros da oposición por todos os lados. Os membros da oposición que viñeron alí parecen os salvadores da patria, nós vamos alí falamos con todos os veciños e dámoslle unha solución ao problema. Non se paralizou ningunha obra, estamos a actuar no Morteiro sen máis e sen problema. Imos facer todo o que sexa necesario porque eu o que non quero é que ningún veciño me poida dicir que se lle meteu a auga na casa, pero nin a uns nin a outros. Nós damos solucións aos problemas da mellor forma posible e sempre sen prexudicar a ninguén”.

O alcalde de Barreiros explicou que “este problema xorde desde o momento no que hai o propietario dunha finca, que era a que asumía esa auga, ese propietario tiña un caneiro de auga pola súa finca e agora di que non o quere. Nós podemos entender que os tempos cambiaron, que a maquinaria que se emprega  nas fincas require que non estean con moito rego, porque senón as máquinas se enterran. Hai uns anos era todo o contrario, todo o mundo quería que a auga fose polo seu prado para regalo. Nós atendendo a eses cambios o que facemos é tomar solucións para levar a auga polas cunetas e dirixila cara os regos, sen prexudicar a ninguén. As cousas se falan, os veciños que viñeron alí advertiron desa transversal, buscamos outra solución que se executará sen ningún problema”.

Entrega de Premios del Concurso de Poesías y Dibujos de Nadal


Entrega de Premios del Concurso de Poesías y Dibujos de Nadal
La Biblioteca Municipal de Barreiros ha acogido esta tarde la entrega de los premios de la fase local del Certamen de Dibujo y Poesía de Nadal 2015. Una delegación municipal, capitaneada por el alcalde, ha hecho entrega de los presentes a los galardonados. La concejala de Cultura, Adelina Rodríguez, ha aprovechado la ocasión para lanzar un guiño al regidor: le ha pedido más dinero para otorgar más premios en el próximo certamen, el del Día de la Mujer Trabajadora.

1

1

2

2

3

3

4

4

5

5

6

6

7

7

8

8

9

9

10

10

11

11

CERTAME LOCAL DE POESÍA E DEBUXO DO NADAL 2015

O CERTAME LOCAL DE POESÍA E DEBUXO DO NADAL 2015 XA TEN GAÑADORES EN BARREIROS

Data de publicación:
sábado, 9 Xaneiro, 2016 – 09:56

Os gañadores do certame local de “Poesía e Debuxo do Nadal 2015″ convocado pola biblioteca pública municipal do Concello de Barreiros son:

POESÍA
Categoría A
– Aarón García Lastra
– María Fuente Álvarez
– Felipe Martín de Burgos

Categoría B
Rebeca Daroca Negura
Marco Tripiana González
Fátima Dorrego Díaz

Categoría C
Noa Otero Palacios
Dafne Gómez Meneses
Andrea Piñeiro Palacios

DEBUXO INFANTIL
Jesús Rodríguez Fernández
Josep Carles Miranda Cantero
Karol Perdiguero Smolen

– See more at: http://www.concellodebarreiros.com/gl/noticias/o-certame-local-de-poesia-e-debuxo-do-nadal-2015-xa-ten-ganadores-en-barreiros#sthash.5v51EctZ.dpuf

FEAFES Galicia y el proyecto EcaTIC

Vídeo onde un alumno do “Obradoiro Serra da Cadeira II” conta a súa experiencia como usuario do Proxecto EcaTIC da Fundación ONCE
Fecha de publicación:

martes, 15 Decembro, 2015 – 18:33

Un usuario de FEAFES Galicia, traballador do taller de emprego “Serra da Cadeira II” do Concello de Barreiros, participa no Proxecto EcaTIC da Fundación ONCE.

Un usuario de FEAFES Galicia, traballador do taller de emprego “Serra da Cadeira II” do Concello de Barreiros, participa no Proxecto EcaTIC da Fundación ONCE. – See more at: http://www.concellodebarreiros.com/gl/noticias/video-onde-un-alumno-do-obradoiro-serra-da-cadeira-ii-conta-a-sua-experiencia-como-usuario#sthash.0UDXfnDR.dpuf

Alfonso Fuente señaló que no hay cambios ni en la Junta de Gobierno ni en el equipo de gobierno en Barreiros

Alfonso Fuente señaló que no hay cambios ni en la Junta de Gobierno ni en el equipo de gobierno en Barreiros

O rexedor insistiu en que, a pesares de causar baixa como afiliados do PP (el e varios concelleiros), seguen pertencendo ao grupo do PP e non se pasarán ao grupo Mixto.
Fuente Parga contou que “o pleno de hoxe desenvolveuse con total normalidade. No primeiro punto o BNG solicitou a contestación a unha serie de preguntas e así se foi facendo, dirimindo esa serie de preguntas, informando de que non hai ningún cambio en canto á Xunta de Goberno e ao equipo de goberno do Concello de Barreiros. Pese a darnos de baixa como afiliados do Partido Popular, a propia secretaria no seu informe xurídico di que non é obrigatorio. Nin o partido nin ningún concelleiro solicitamos a baixa do grupo do Partido Popular, polo tanto seguimos no grupo, que ninguén se equivoque, que en Barreiros segue gobernando o grupo do Partido Popular, o Partido Popular. Por máis que lle pese ao Bloque Nacionalista Galego, que intenta confundir dicindo que se nos dimos de baixa teríamos que pasar ao grupo mixto, e iso non é verdade, e así o di o informe xurídico, que mentres non solicitemos a baixa por escrito do grupo seguimos pertencendo ao grupo do Partido Popular, outra cousa é a afiliación, que non é obrigatoria para presentarse en calquera grupo, nin na do PP nin en ningún outro partido”.

O rexedor subliñou que “os membros da Xunta de Goberno local, van seguir sendo os mesmos porque non hai ningún cambio. Por outro lado, onde solicitaban a cantidade destes custes xudiciais, xa se lles aclarou: se ao final do proceso resulta que fóramos culpables nós costearemos ese proceso xudicial e non lle custará nin un só euro ao Concello, pero se saímos non culpables, evidentemente está claro que eses gastos si os tería que asumir o Concello porque están dentro do desenvolvemento do cargo. Esas foron as preguntas”.
Sobre a moción de reprobación contou que foi votada en contra: “saíu adiante co voto meu, co voto de calidade do alcalde, xa que hoxe faltaba un concelleiro que desculpou a súa ausencia porque comezaba hoxe a traballar ás sete da mañá e lle era imposible poder asistir a este pleno”.

Dimisión de Besteiro
Alfonso Fuente criticou a actitude mantida na sesión plenaria pola portavoz do PSOE: “xa que nalgún momento quedou patente a falta de educación da portavoz do Partido Socialista. En varias ocasións lle indiquei que por favor mantivera a orde e que por favor escoitara e deixara falar, non o fixo así e nun momento dado tiven que levantarlle a voz e pedirlle que deixara escoitar ao resto, por que o primeiro é a educación. Eu en ningún momento interrompo as intervencións nin da portavoz do BNG nin do Partido Socialista, pero é que resultaba imposible, e toda a xente que estivo no pleno puido ver que era imposible poder falar e rebater o que alí estábamos a escoitar. Quizais o que menos lle gustou á portavoz do PSOE foi cando despois de pedir a nosa dimisión foi cando eu lle dixen que o primeiro que tiña que facer, posto que mencionaba que o Partido Socialista de Galicia pedía a nosa dimisión, que o PSdeG o primeiro que tería que facer, dado que a imputación nosa é idéntica á do señor Besteiro, que o primeiro que tería que dimitir era o señor Besteiro. Non se pode vir aquí pedir unha cousa e estar facendo a contraria”.

Boom urbanístico
O alcalde de Barreiros seguiu a relatar que “se nos imos ao BNG, a verdade é como xa lles dixen, que as eleccións gáñanse nas urnas, non nos xulgados. Como nós levamos coa imputación unha serie de anos, xa houbo un arquivo da causa, non chegando a celebrarse o xuízo, e que logo foi recorrido pola Fiscalía. Agora haberá un xuízo pero a situación, o que se lles explicaba era iso: as eleccións xa foron gañadas por este equipo de goberno nos anos 2007, 2011 e fai uns meses no 2015, polo tanto nós imos continuar porque así o quixo o pobo de Barreiros”.
Fuente Parga engadiu: “nun pobo pequeno como é Barreiros coñecémonos todos, e cando nos coñecemos todos sabemos todos o que fixemos e o noso pasado está aí. E o pasado da portavoz do BNG aínda fai pouco que se lle aperturaba un expediente neste Concello, sabemos dunha serie de infraccións urbanísticas que se puxeron de manifesto naquel pleno, e logo tamén somos todos coñecedores que houbo quen na época do boom urbanístico aproveitou esa situación, o cal é moi lícito, pero evidentemente vir despois a criticar esa situación de boom urbanístico non parece moi lóxico, non parece moi ético, senón máis que demagóxico. Así llelo fixen saber no pleno, creo que os confunde un pouco a situación do que está suceder na Deputación de Lugo, onde hai líos todos os días entre o equipo de goberno, e aquí quedoulles moi claro hoxe que no equipo de goberno non hai ningún problema e o único no que pensamos é en gobernar Barreiros, en tirar para diante e continuar facendo melloras para o noso Concello e os nosos veciños”.

O PSdG-PSOE de Barreiros SOLICITOU a DIMISIÓN DO ALCALDE E TODA A XUNTA DE GOBERNO

O PSdG-PSOE de Barreiros SOLICITOU a DIMISIÓN DO ALCALDE E TODA A XUNTA DE GOBERNO, é decir a Dimisión de D. Alfonso Fuente Parga, D. José Manuel Gómez Puente y D. Lorenzo Penabad Bolaño.

Barreiros 9/12/2015.- Dende a chegada a vida política de Barreiros de éste Alcalde e o seu equipo de Goberno, fai mais de unha década, Barreiros pasou a ser coñecido a nivel galego, nacional e internacional polos seus reiterados desgobernos é polos seus presuntos delitos urbanísticos.

Aínda respectando a presunción de inocencia, como non pode ser de outro xeito –di a voceira socialista, Maria Carmen Veiga- a única forma de que Barreiros deixe de estar cautivo polos destinos dos acusados é que o alcalde e o seu equipo de goberno presenten a súa dimisión, posto que sexa cal sexa a sentenza que emita o xuíz o dano a Barreiros e ás súas xentes xa esta feito.

E pasados días asistimos a súa premura por darse de baixa como militantes do Partido Popular, acto que os socialistas consideramos una simple operación de maquillaxe e lavado de imaxe dos seus xefes Feijóo e Rajoy, pero que en nada beneficia á imaxe de Barreiros. Sinceramente danos igual si están no PP militando, si non están ou son mediopensionistas. Por ética e por estética, polos desmanes que están salpicando ao noso pobo solo nos vale a dimisión.

O PSOE de Barreiros, ainda estando e votando a favor da moción de reprobación do BNG, quixo introducir unha engadega solicitando a inclusión da petición de dimisión do alcalde e toda a xunta de goberno, que o BNG non aceptou, nunha postura que aínda non acabamos de entender, posto que en outros casos con unha menor repercusión para o concello de Barreiros si a ten pedido.

O rodillo do PP non permitiu que a moción se aprobase, demostrando que ós concelleiros do PP preocupalles mais a imaxe do seu partido que a do pobo que gobernan.

Os Socialistas estaremos atentos as consecuencias legais e económicas que deriven desta situación, denunciando calquera actuación que poida ser lesivas para as arcas municipais.

O VOTO DE CALIDADE DO ALCALDE DE BARREIROS EVITA A REPROBACIÓN DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Un concelleiro do PP non asistiu ao pleno e as outras dúas que non marcharon da formación apoiaron que continuase a actual Xunta de Goberno.

A moción presentada polo BNG obtivo cinco votos a favor e cinco en contra, tendo que desempatar o Alcalde co voto de calidade.

Barreiros, 9 de decembro de  2015. No pleno celebrado na mañá de hoxe en Barreiros, despois da solicitude do grupo municipal do BNG, o alcalde e tenentes de alcalde foron sometidos á reprobación da corporación. Coa moción presentada polo BNG todas as concelleiras e concelleiros tiveron que posicionarse sobre se estas tres persoas, á espera de apertura de xuízo oral por un presunto delicto de prevaricación urbanística continuada polo que a fiscalía solicita penas de prisión e inhabilitación, seguen contando ou non co seu apoio para continuar formando a Xunta de Goberno Local de Barreiros. Os votos que obtivo a moción do BNG foron 5 votos a favor e 5 votos en contra, xa que un dos concelleiros que quedan no PP non acudiu ao pleno. “Polo tanto, o Alcalde tivo que facer valer o seu voto de calidade para seguir mantendo a confianza da corporación municipal”, explican desde o BNG. “En caso contrario, de sair reprobada a súa actuación, terían que deixar os seus postos, xa que se explicitaría a falla de apoio da corporación  a estas tres persoas para continuar formando goberno en Barreiros.”

Segundo afirmou a portavoz nacionalista en Barreiros, Ana Ermida, “é evidente que o BNG nunca confiou nestas persoas para formar o goberno de Barreiros, pero deberían posicionarse as persoas que quedan militando no PP.” No debate que houbo no pleno non falou ninguén máis que o Alcalde e as dúas concelleiras militantes do PP que acudiron ao pleno só se posicionaron co seu voto en contra da moción do BNG, “polo que entendemos que, aínda que non explicitamente, o Partido Popular está permitindo que Alfonso Fuente, José Manuel Gómez e Lorenzo Penabad continúen como concelleiros do PP”, sinalan desde o BNG.

A formación nacionalista non dubida en cualificar esta situación como “un auténtico engano ás veciñas e veciños de Barreiros, unha fraude democrática de quen, por un lado di que xa non é do PP pero continúa representándoo en Barreiros e, por outro, do propio PP que non quere verse salpicado pola situación de Barreiros, pero que de feito, mantén a estas persoas no goberno por medo a perdelo.”

Os concelleiros implicados negan que sexan non adscritos, a pesar de que a lei di o contrario.

Unha das cuestións debatidas no propio pleno é o pase dos concelleiros que abandonaron o PP a formar parte do grupo de concelleiros non adscritos, cuestión que Alfonso Fuente negou en nome dos outros dous concelleiros e que foi rebatida desde o BNG.

A portavoz nacionalista non só acudiu á propia Lei de Bases de Réxime Local que no seu artigo 73.3 di literalmente que “cando a maioría dos concelleiros dun grupo político municipal abandonen a formación política que presentou a candidatura pola que concurriron ás eleccións ou sexan expulsados da mesma, serán os concelleiros que permanezan na citada formación política os lexítimos integrantes de dito grupo político a todos os efectos.”, aplicándose o primeiro suposto recollido neste parágrafo ao caso dos tres concelleiros de Barreiros que deixarían de pertencer ao grupo popular para pasar a ser non adscritos, mantendo a representación do grupo popular as outras tres persoas que manteñen a militancia. Pero ademais, Ana Ermida esgrimiu unha recente sentenza do ano 2014 dun tribunal canario na que se enxuizaba unha moción de censura e que vai máis alá , calificando unha situación similar á barreirense non só como un caso claro de paso ao grupo de non adscritos, senón como un claro de transfuguismo político.

A comparecencia da Xunta de Goberno: “un paripé e unha falta de respecto á veciñanza”

Segundo o BNG “o xeito de contestar ás preguntas formuladas na comparecencia da Xunta de Goberno Local non só non serviu para aclarar nada, senón que o Alcalde pretendeu que fose un simple paripé no que non aclarou ningunha das cuestións plantexadas.”

“En primeiro lugar, pretendeu violar os dereitos que os grupos municipais temos a efectuar preguntas alí mesmo, ignorando o procedemento estipulado legalmente e pretendendo pasar por alto algunha das cuestións plantexadas. E, en segundo lugar, deixou sen contestar gran parte das cuestións e as que respondeu foi mediante evasivas que non aclararon cuestións fundamentais como as consecuencias legais e económicas para o concello nas posibles resolucións.”

A portavoz nacionalista califica esta comparecencia como unha falta de respecto “non cara ao BNG que a solicitou, senón cara ás veciñas e veciños de Barreiros, moitos deles presentes enchendo o  salón de plenos na propia sesión a pesar da clara intención do Alcalde poñendo o pleno ás 9 da mañá, que teñen dereito a saber como poden afectar as distintas situacións que se poden dar en Barreiros a un concello que, desde hai dez anos o único que ten son problemas xudiciais e económicos.”

O DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS RECOLLE ALIMENTOS

O DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS RECOLLE ALIMENTOS EN VARIOS PUNTOS PARA AS FAMILIAS MÁIS NECESITADAS DO MUNICIPIO BARREIRENSE. E UN ANO MÁIS PON EN MARCHA A CAMPAÑA UN NENO, UN XOGUETE.  

Barreiros, 8 de decembro de 2015. O Concello ven de emitir un anuncio da Alcaldía no que informa aos veciños de que o Departamento de Servizos Sociais, dende a Rede de Voluntariado Local e en colaboración coa Asociación Vea, ten actualmente en marcha unha campaña de recollida de comida non perecedoira e produtos de primeira necesidade para o Banco de Alimentos. “A finalidade desta iniciativa é cubrir necesidades básicas como a alimentación en aqueles fogares do municipio que o precisen”, explica o alcalde, Alfonso Fuente.

Recollerase comida non perecedoira a curto prazo, enseres básicos, como xeles, champús ou materiais para a limpeza, así como produtos de Nadal, nos seguintes puntos: CEIP San Miguel de Reinante, CEIP San Cosme de Barreiros, no Roupeiro Municipal sito no Teleclube de San Cosme, -os venres entre as 17:30 horas e as 18:30 horas-, e nos supermercados Eroski e Gadis de San Cosme.

Ademais, con motivo das festas de Nadal, ponse en marcha de novo a campaña Un neno, un xoguete, que busca recoller material escolar novo, contos infantís e xoguetes usados –en bo estado e que non sexan de temática bélica- para as familias máis necesitadas do municipio. O material poderá entregarse no Roupeiro Municipal, sito no Teleclub San Cosme, os venres entre as 17:30 horas e as 18:30 horas, ata o 18 de decembro.

Fuente Parga subliña que “aquelas familias que estean interesadas en beneficiarse desta campaña poden pasar polo Departamento de Servizos Sociais do Concello e dirixirse á educadora familiar os venres de 9 a 11 horas, para formalizar a súa solicitude”. O prazo está aberto ata o 18 de decembro.