Archivo de la categoría: Concello

O CONCELLO ORGANIZA UNHA VIAXE AO SANTUARIO DE COVADONGA

O CONCELLO ORGANIZA UNHA VIAXE AO SANTUARIO DE COVADONGA. SERÁ O 31 DE MARZO.

Barreiros, 20 de marzo de 2015. O Concello barreirense organiza unha viaxe ao Santuario de Covadonga o vindeiro 31 de marzo.

A saída será ás 7:45 horas desde a praza do Concello. As persoas interesadas en participar poden inscribirse na Oficina de Turismo antes do 27 de marzo. O prezo é de 20 euros (inclúe viaxe e xantar).

Os asistentes acudirán a unha misa no Santuario de Covadonga, visitarán á Santina e subirán aos Lagos, si a climatoloxía o permite.

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, pasou esta mañá por Barreiros

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, pasou esta mañá por Barreiros.

Alí mantivo un encontro c@s alumn@s e profesores do obradoiro de emprego, que se está a levar a cabo entre os Concellos de Trabada, Lourenzá e Barreiros. Acompañaron á conselleira os tres rexedores: José Manuel Yanes Ginzo, Emma Álvarez e Alfonso Fuente, así coma a delegada territorial da Xunta, Raquel Arias.

200215 Foto visita conselleira 1200515 Foto visita conselleira 2

O CONCELLO ADXUDICOU NA ÚLTIMA XUNTA DE GOBERNO UNHA INVERSIÓN DE 100.000 EUROS PARA O ARRANXO DE CAMIÑOS

EscudoBarreirosO CONCELLO ADXUDICOU NA ÚLTIMA XUNTA DE GOBERNO UNHA INVERSIÓN DE 100.000 EUROS PARA O ARRANXO DE CAMIÑOS EN VARIAS PARROQUIAS. AS OBRAS COMEZARÁN CANDO REMITAN AS CHUVIAS DESTES DÍAS.

Barreiros, 7 de febreiro de 2015.  O Concello, na última xunta de goberno, acordou adxudicar o arranxo de varios camiños en San Xusto, Vilamartín pequeno, Carbacos, Benquerencia, San Cosme, Morteiro e Ibia. O importe dos traballos ascende a 100.000 euros, segundo deu a coñecer nesta xornada o alcalde, Alfonso Fuente.

O rexedor dixo que “en próximos días prevemos adxudicar outra partida de 100.000 euros para amañar vieiros municipais”. Os traballos darán comezo cando remitan os temporais de chuvia deste días. Fuente Parga subliñou que “serán 200.000 euros os que invistamos en total na rede municipal. Tamén imos arranxar a ponte do Puxigo, en San Xusto, que sufriu as consecuencias dos últimos temporais”.

O alcalde barreirense demandou “o arranxo por parte da Deputación de Lugo das vías provinciais. Están nun pésimo estado, e iso que temos un deputado e vicepresidente da institución provincial, que é de Barreiros, e que ademais é concelleiro no noso Concello”.

El Seprona investiga una vivienda del teniente de alcalde de Barreiros

Alfonso Fuente: «Hai aberto un expediente e se está correcto algún que quere sementar dúbidas terá, como se di vulgarmente, que envainala»

JOSÉ ALONSO barreiros / la voz, 27 de enero de 2015.

El Concello de Barreiros, a instancias del Servicio de Protección de la Naturaleza (Seprona) de la Guardia Civil, tiene abierto un expediente sobre una vivienda del primer teniente de alcalde, José Manuel Gómez Puente (PP), para verificar que la obra ejecutada se ajusta a la licencia concedida en su día. El asunto fue desvelado ayer por el Bloque, en un pleno en el que pidió explicaciones al alcalde.

Todo surgió de una denuncia de un particular, con un nombre que al parecer no se ajusta a la realidad, sobre supuestas irregularidades en la vivienda de Gómez Puente. A raíz de ello, el 10 de septiembre el Seprona se dirigía al Concello pidiendo información. Un día después, el alcalde, Alfonso Fuente, firmaba una resolución instando a la arquitecta municipal a emitir un informe. En este se indica que la referida vivienda no tiene solicitada la licencia de primera ocupación y reconoce que no verificó cómo fue ejecutada. Esta comprobación sigue pendiente, según manifestó ayer Fuente Parga:

«Se houbo unha modificación de proxecto, se se axusta a lexislación, que creo que é o que pasou, legalizarase. No próximo pleno traeremos todo aquí e se está todo correcto, algún que quere sementar dúbidas terá, como se di vulgarmente, que envainala.

El BNG pidió toda la documentación del caso y lanzó una batería de preguntas, por ejemplo, qué supuesta irregularidad investiga el Seprona, si se usó la vivienda en verano para alquilarla y si Gómez Puente estaba presente en la junta de gobierno en la que se le dio licencia de obra.

La economía municipal

El pleno de ayer fue convocado para aprobar ?solo con los votos del PP? un reconocimiento extrajudicial de crédito que se contempla en el presupuesto que se aprobó hace unos días, pero que dio pie a los portavoces de la oposición a criticar la gestión del PP, pues consideran que está abocando a Barreiros a un endeudamiento endémico. El argumento de Alfonso Fuente fue el que está recurriendo desde hace tiempo para justificar el gasto: «

Que ninguén se preocupe, que imos seguir prestando todos os servizos.

Por otro lado, el PP no aceptó la urgencia de dos mociones que presentó el BNG, una sobre Santo Estevo para verificar si hay en su entorno montes municipales, recuperarlos y fomentarlo como enclave turístico, y otra para solicitar a la Xunta financiación para ejecutar el saneamiento de la zona sur de Barreiros, lo que dio pie al concejal del PSOE, Benito Longarela, a denunciar la deuda histórica que tiene el Concello de Barreiros con los vecinos de su zona sur.

BARREIROS CONTA DENDE HOXE CUNHA NOVA GUÍA TURÍSTICA PUBLICADA POLO CONCELLO

TiuloTurismoBarreiros260115 Foto guia BarreirosBARREIROS CONTA DENDE HOXE CUNHA NOVA GUÍA TURÍSTICA PUBLICADA POLO CONCELLO. ESTA TARDE FOI PRESENTADA NA VILA E DURANTE ESTA SEMANA DARASE A COÑECER EN FITUR.

Barreiros, 26 de xaneiro de 2015. O Concello de Barreiros ven de presentar unha nova guía turística cunha tirada de mil exemplares, que será presentada durante esta semana en FITUR. Antes, esta mesma tarde, foi presentada aos veciños e veciñas e aos hostaleiros de Barreiros no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, coa presenza dos seus autores: Roberto Díaz e Emilio Piñeiroa.

O alcalde barreirense, Alfonso Fuente Parga, anunciou que “hoxe demos a coñecer a todos os hostaleiros de Barreiros que participaron nela, e aos que non, así coma a todo o público en xeral, a nova guía de Barreiros. Levábamos uns anos que estábamos esgotando aquel material de información turística que tíñamos e queríamos facer unha guía nova  que recollera todo o que hai novo no noso Concello. Agora viu a luz esa nova guía e hoxe presentouse nun acto no que estiveron presentes, Roberto Díaz e Emilio Piñeiroa, que foron os que traballaron nesa guía e na súa documentación. Na propia guía tamén hai algunha participación de José de Cora, e logo tamén está o equipo de fotografía, xa que na maioría dos casos hai unhas fotografías feitas cun drone, que  da unha perspectiva distinta á que tíñamos dalgunhas praias ou zonas”.

O rexedor explicou que “para comezar fixemos unha tirada inicial de 1.000 exemplares, e despois, a medida que sexa necesario, irase reeditando. Precisamente, fixemos primeiro unha tirada pequena para que se aparece algún erro poidamos ir corrixíndoo nas próximas tiradas. Pretendemos levar este material a FITUR, sempre entendendo que traballamos en promover A Mariña lucense de forma conxunta, pero sen querer dicir isto que os alcaldes que imos a estar alí presentes non representemos ao noso Concello. Aínda que eu participe coma presidente da Mancomunidade, é certo que tamén son o alcalde de Barreiros e vou a defender os intereses de Barreiros en FITUR. Por iso, imos ter alí a guía de Barreiros para que a xente poida interesarse polo noso concello”. Alfonso Fuente Parga engadía ademais que “sempre todos os traballos deste tipo son mellorables, seguro, pero eu creo que quedou unha guía que di moito do que é Barreiros e destaca  aqueles sitios do noso concello de interese turístico para visitar. Unha guía, na que calquera que a poida seguir pode ver todo o que queira de Barreiros, a onde dirixirse e todo tipo de información sobre o noso municipio”.

NO 2015 SE REALIZARÁN INVERSIÓNS POR IMPORTE DE 1.400.000 EUROS

EscudoBarreirosALFONSO FUENTE ANUNCIOU HOXE QUE NO 2015 SE REALIZARÁN INVERSIÓNS POR IMPORTE DE 1.400.000 EUROS NA MELLORA DO ABASTECEMENTO DE AUGA EN BARREIROS E OUTROS 200.000 EUROS NO ARRANXO DOS CAMIÑOS DO MUNICIPIO.

Barreiros, 21 de xaneiro de 2015.  O alcalde, Alfonso Fuente, asegura que neste municipio se investirán ao longo dos vindeiros meses 1.400.000 euros en diversas melloras no abastecemento de auga e 200.000 euros no amaño de camiños. O rexedor denuncia, unha vez máis, que a Deputación ten abandonado a Barreiros. Deste xeito sae ao paso das críticas da oposición, que tras o pleno do luns dicían que o Concello non faría investimentos no 2015. Os orzamentos para este ano, que ascenden a 3,5 millóns de euros, foron aprobados na sesión plenaria do luns. Fuente Parga subliñou que “non haberá subida algunha de impostos neste 2015, que mentres sexa alcalde non se renunciará a ningún servizo prestado polo Concello, e que quen teña segunda residencia en Barreiros terá que pagar aquí os seus impostos”.

O rexedor rexeitou hoxe as críticas vertidas desde a oposición nas que acusan ao equipo de goberno de falla de investimentos neste 2015: “dísenos que non vai haber investimentos neste concello. Cando aprobamos o presuposto do ano 2014 xa facían a mesma crítica, que non se ían facer investimentos no concello de Barreiros, pero despois, ao longo do ano, quedou demostrado que en Barreiros se fixeron moitos investimentos: en San Cosme mellorouse o acceso á igrexa, hai unha obra en marcha na parroquia de Reinante, executáronse unha serie de investimentos en traídas de auga e en saneamentos que non estaban contemplados no presuposto porque foi a través da execución de avais dos promotores”. Alfonso Fuente subliñou que “para este ano 2015, e non está contemplado nos presupostos porque provén doutras partidas, pero parece que a oposición non se quere decatar, vamos sacar nestes días porque xa o aprobamos na última xunta de goberno e están solicitados os presupostos para unha obra de 200.000 euros para mellorar o abastecemento de auga; estase informando outro investimento no departamento de Urbanismo para sacar outra obra, de preto de 200.000 euros, tamén de abastecemento de auga; e, por outro lado, estamos agora mesmo pendentes de recibir un proxecto de Augas de Galicia co que este Concello vai licitar unha obra de 1 millón de euros. Non están recollidos estes investimentos, por un total de 1.400.000 euros, no presuposto porque se incorporarán cando saia ese concurso”.

O alcalde barreirense indicou que “tampouco vexo que a oposición diga nada doutro asunto: vamos sacar nestes días, pois xa están pedidas as ofertas ás empresas, 200.000 euros  para a reparación de camiños e pistas municipais. E quero invitar ao Bloque Nacionalista Galego, que ten moito que dicir na Deputación porque o vicepresidente, que está aquí e alí, pero na Deputación co seu voto poderíanse arranxar todas as estradas provinciais que hai neste concello. Sorprendíame hai uns días cando o presidente da Deputación dicía que se repararan un montón de quilómetros da rede provincial de estradas, pero Barreiros tivo mala sorte porque nin un só metro cadrado de todos eses quilómetros que dixo o presidente foi nas estradas da Deputación que hai en Barreiros. É máis, hai pouco porque uns veciños da zona de San Xusto foron ameazados pola vixiante da Deputación, e tivo que ir o Concello cunha pala para limpar a cuneta da estrada provincial para que eses veciños non foran sancionados. Iso non o vexo por ningún lado nas notas que envían os da oposición, pero os veciños si o saben, son coñecedores diso e tamén saben que se van amañar as estradas, que se seguen prestando servizos e incluso mellorándoos, a pesar de que saímos dunha recesión importante. O único que boto en falta e lamento é que non se empecen a crear máis postos de traballo para eses rapaces que o están demandando”.

A oposición: de campaña electoral

Para Alfonso Fuente “parece que para a oposición xa empezou a campaña electoral, porque vexo como novamente intentan enganar aos veciños de Barreiros  poñendo unhas cifras para o ano 2032, pero todo o mundo sabe que cando se ten que pagar unha hipoteca se botan os cálculos de canto se pagará e ao final evidentemente saen esas cifras. Eu teño claro que mentres sexa alcalde deste Concello non vou renunciar a ningún servizo: nin á gardería municipal, nin ao ximnasio, nin aos servizos sociais, sobre o que me sorprendía no pleno do luns cando o Bloque Nacionalista Galego dicía que había moito gasto de persoal, precisamente en servizos sociais, é dicir naquela xente que está prestando servizos día a día nas casas axudando aos maiores e aos dependentes nas súas tarefas. Resulta que lle parece excesivo o gasto de persoal nesa partida, coa cal entendemos que o Bloque Nacionalista Galego o que faría sería quitar ese persoal”.

Incidente de onte

O alcalde lembrou que “precisamente onte mesmo aquí, en Barreiros, xurdía un accidente nunha casa, onde un matrimonio desgraciadamente tivo un accidente doméstico porque caeron, pasaron a noite así e pola mañá cando chegou a persoa de axuda a domicilio a esa casa viu que non lle abrían a porta; así saltou xa a alarma e chamouse aos bombeiros para abrir e poder atender a esas persoas maiores inmediatamente e levalas, como foi así, ao hospital de Burela. Isto é posible porque estas persoas están día a día nesas casas facendo esa labor e polo tanto mentres sexa alcalde, aínda que o Concello teña que endebedarse, farémolo para prestar ese servizo. Que non teña dúbidas ninguén”.

Impostos

Alfonso Fuente Parga engadiu: “por outro lado, din que se vai pagar a débeda cunha suba de impostos, pero o presuposto do ano 2015, e dígoo ben claro, non leva ningún incremento de impostos. O único que se produce é que aumenta a recadación, porque van pagar aquelas persoas que non o facían: había moitas segundas residencias que estaban sen dar de alta, o que vimos detectando dende hai un tempo e agora o Catastro fixo unha revisión; esas van empezar a pagar, porque evidentemente todo aquel que ten unha vivenda ten que pagar por ela o imposto de bens inmobles. Isto suporá un incremento na recadación de entre 200.000 e 300.000 euros anuais para o Concello por segundas residencias, na maioría dos casos, que non pagaban. E noutros casos foi xente que mellorou as súas vivendas, polo que teñen maior valor e iso vai repercutir tamén no imposto de bens inmobles. Iso todo o mundo o entende, pero parece que á oposición cústalle comprendelo ou quere enganar dicindo que se soben os impostos. Pero non se soben os impostos no ano 2015”. O rexedor dixo que “precisamente ese incremento de recadación é o que nos vai levar en vindeiros anos a unha rebaixa nos tipos impositivos, porque é unha frase que se ven recalcando no día a día que se pagamos todos pagamos menos. E eu, como alcalde, non vou consentir que ninguén veña aquí facer a súa segunda residencia e non pague o imposto de bens inmobles ou a auga ou o lixo. Aquela xente que decida ter aquí a súa segunda residencia vai pagar os impostos neste concello e precisamente iso vainos levar a que os que somos veciños de aquí poidamos ter unha rebaixa na carga impositiva”.

 

Barreiros aprueba un presupuesto que ronda los 3,5 millones

La oposición critica la deuda y el alcalde replica garantizando que se mantienen todos los servicios

BARREIROS / LA VOZ  21 de enero de 2015  10:40

El presupuesto de Barreiros de este año asciende a unos 3,5 millones de euros. El alcalde, Alfonso Fuente, los defendió y acusó a la oposición de jugar con las cifras para engañar a los vecinos: «Nos orzamentos de este ano se manteñen todos os servizos que prestamos, como a gardería municipal ou os servizos sociais, que están moi ben valorados. Cando se calcula un préstamo, se se fai ao final da súa vida, saen as cantidades que saen, e con este dato o BNG e o PSOE, botando as contas ata o 2032, tratan de confundir aos veciños. Hai unha débeda, pero eu quero un concello que preste servizos, non un concello que non deba nada a costa de non facer nada. Se prestar servizos supón pedir un crédito, pois o pedimos. Pero eu destacaría que se van a investir máis de 200.000 euros en amañar camiños e sobre todo investir en manter os servizos municipais».

«O BNG dicía no pleno que o gasto en persoal en servizos sociais era moi alto; quería reducilo. Ao mellor o BNG cadraba as contas reducindo os servizos sociais ou pechando a gardería. Iso comigo de alcalde non vai a pasar. E enganan aos veciños cando din que van subir os impostos. Iso é falso. Que digan que imposto sube. Ningún. O que sube é a recadación, porque por exemplo antes había moita vivenda que non tributaba e agora o vai a facer. En Barreiros imos pagar todos para pagar menos. Iso é o reflexo da boa xestión”, concluyó.

Por su parte, Ana Ermida (BNG), manifestó: “É moi grave que un concello coma Barreiros teña débeda por cinco millóns de euros”. Y añadió: “Pagarémolos todos coa suba de impostos”. Benito Longarela (PSOE), denunció que se desatiende al interior del municipio y la carga fiscal: “Contan recadar 300.000 euros máis vía impostos que o ano pasado”.