OBRAS DE MELLORA DO ABASTECEMENTO DE AUGA NAS PARROQUIAS DE SAN COSME E SAN MIGUEL

O CONCELLO COMEZOU ESTES DÍAS AS OBRAS DE MELLORA DO ABASTECEMENTO DE AUGA NAS PARROQUIAS DE SAN COSME E SAN MIGUEL. O INVESTIMENTO TOTAL ASCENDE A 400.000 EUROS.

Barreiros, 10 de maio de 2016. O Concello comezou estes días as obras de mellora do abastecemento de auga nas parroquias de San Cosme e San Miguel. O orzamento total ascende a 400.000 euros.

O alcalde, Alfonso Fuente, explicou que “estes días iniciábanse obras en Barreiros, nas parroquias de San Cosme e de San Miguel de Reinante. Estas obras, como xa o tíñamos anunciado, consisten na mellora do abastecemento de augas”.DSC06189

O rexedor relatou que “se vai meter un tubo que vai comunicar no caso de San Miguel o depósito da Barranca co depósito de Reinante para aumentar a capacidade de almacenamento e mellorar tamén o servizo. E aproveitando esa obra vaise ampliar a estrada na zona de Obra Pía, se lle vai dar máis ancho e mellorar o seu asfalto”.

O alcalde de Barreiros indicou que “no caso de San Cosme se levantan as beirarrúas situadas fronte á da Casa Consistorial para chegar ata o depósito da Folgueirosa e unir tamén o depósito co de Merille, aumentar a capacidade de almacenamento e a rede de auga. Ao mesmo tempo que se fai esta obra se vai mellorar a beirarrúa e se vai meter tubaxe para o saneamento e máis para pluviais, é dicir separar residuais de pluviais que ata o de agora ían xuntas no mesmo tubo”.DSC06188

Alfonso Fuente subliñou que “estas obras teñen cada unha delas presupostos que se aproximan aos 200.000 euros. Quixera salientar que se acometen con fondos daquel convenio que se asinara no seu día cos promotores e que tanto dera que falar á oposición, que criticaba que eses cartos ían destinados solo a legalizar e a favorecer ás obras propias deles e neste caso estamos a ver que o que vai beneficiar é a todos os veciños e veciñas de Barreiros e concretamente aos desas parroquias. Son melloras de infraestruturas de abastecemento, de beirarrúas e rúas, que xa se están executando neste momento”.

O alcalde de Barreiros anunciou que “en breve tamén, nuns días iniciarase outra obra tamén adxudicada con fondos dese convenio que supón 1.200.000 euros para ampliar o depósito de San Caetano e a depuradora de augas de Celeiro de Mariñaos”.DSC06187

Alfonso Fuente pide desculpas “sobre todo aos veciños que están nesas zoas onde se están a executar esas obras, polos os inconvenientes que van ter estes días. Estamos falando coas empresas para que apuren na maior medida as obras co obxectivo de non meterse durante o verán coas obras e telas practicamente rematadas ou rematadas na súa totalidade”.

Finalmente o rexedor salientou: “creo que son obras importantes, melloras importantes, que como pasa ás veces nas obras de saneamento e abastecemento cando se rematan quedan ocultas debaixo da terra, pero a verdade despois é un beneficio o que nos produce á hora de abrir o billa. Como era o caso de San Cosme, onde a depuradora de residuais tiña un funcionamento precario porque chegaba moita carga tanto de residuais como de pluviais xunta, agora con estas obras se van ir separando pouco a pouco”.

 

Cuarta etapa da peregrinación a Santiago a través do Camiño Primitivo

Un grupo de barreirenses realizaron o pasado sábado, 7 de maio, a cuarta etapa da peregrinación a Santiago a través do Camiño Primitivo. O percorrido foi de 18 quilómetros entre Lugo e San Román da Retorta. O concelleiro de Medio Ambiente, José Manuel Gómez Puente, contou que “foi un camiño sen demasiadas 100516 Foto peregrinación Barreiros (cuarta etapa)dificultades, pero cunhas vistas á natureza extraordinarias, sobre todo na serra do Careón, que divide as provincias de Lugo e A Coruña”. O edil explicou que “nos introducimos no máis rural galego, pasando por aldeas con casas de pedra de cantería e camiños de terra, que fan que os peregrinos avancemos máis comodamente cara a meta. Atopamos xente hospitalaria e traballadora. Moitos dos nosos peregrinos, xa xubilados, lembraron e añoraron eses traballos de tempos pasados”.

O BNG PREGUNTA AO GOBERNO DE BARREIROS POLA CONSTRUCCIÓN DUNHA SUBESTACIÓN ELÉCTRICA NO MONTE DAS FACHAS

O BNG PREGUNTA AO GOBERNO DE BARREIROS POLA CONSTRUCCIÓN DUNHA SUBESTACIÓN ELÉCTRICA NO MONTE DAS FACHAS

“Se se confirma a existencia do xacemento e se promociona convintemente, Barreiros pode converterse nun referente arqueolóxico con este e o xacemento da Roda, en Reinante”, asegura Ana Ermida.

“Non podemos arriscarnos a autorizar a construcción dunha subestación eléctrica enriba dun lugar onde pode haber restos arqueolóxicos”, afirman desde o BNG.

Barreiros, 9 de maio de 2016. O grupo municipal do BNG en Barreiros presentou unha serie de preguntas dirixidas ao alcalde sobre a concesión da licenza de obras que debe outorgar o concello para a construcción dunha subestación eléctrica no Monte das Fachas, en San Xusto.

Neste lugar, coñecido por albergar algún tipo de xacemento megalítico, preténdese instalar unha subestación eléctrica para a que parece que a delegación de Patrimonio da Xunta non pon ningún impedimento. Pola contra, a existencia do xacemento está historicamente documentada e existen referencias ao mesmo tanto en textos de historiadores como no propio inventario arqueolóxico elaborado á hora de delimitar o Camiño de Santiago.

Desde o BNG realizan unha batería de preguntas coas que pretenden “comprobar se se está poñendo todo o celo que corresponde por parte das administracións á hora de preservar un xacemento que pode ter alto valor tanto histórico coma cultural”, explican.

“É sorprendente que a propia Xunta catalogue este xacemento hai uns anos e conclúa agora que non existe, cando se trata de construir unha subestación eléctrica no lugar. Queremos pensar que non se priorizan outros intereses por riba dos históricos, culturais e patrimoniais”, afirma a portavoz do BNG en Barreiros, Ana Ermida.

Nas preguntas realizadas para a súa contestación no pleno de maio ou por escrito se houbera que dar algún paso antes dese pleno, o BNG pretende saber se o Concello ten coñecemento da realización e dos resultados das catas realizadas por Patrimonio, se se personou no procedemento á fin de notificar a existencia do xacemento ou se, á vista dos datos existentes, ten previsto outorgar a licenza sen máis comprobacións.

Desde o BNG consideran que “non pode priorizarse a construcción dunha subestación eléctrica á preservación do patrimonio cultural, polo que a obriga do Concello neste caso é facer o posible por clarificar a situación e, desde logo en caso de dúbida, debe facilitarse a construcción noutro lugar e preservar un posible xacemento que podería promocionarse e ter grande importancia histórica á altura de outros similares en Europa como o de Stonehenge e que se sumaría á existencia no concello doutro similar no caso da Roda, en Reinante”, conclúen desde a formación nacionalista.

A Rede de Voluntariado Local do Concello de Barreiros está a organizar os actos do VI Día Solidario

A Rede de Voluntariado Local do Concello de Barreiros está a organizar os actos do VI Día Solidario

Barreiros, 6 de maio de 2016.- A Rede de Voluntariado Local do Concello e as súas voluntarias están a organizar os actos do VI Día Solidario.

Segundo explican “nesta ocasión a recadación será doada para a Asociación Ring 14 España, trátase dunha asociación que traballa con familias afectadas dunha enfermidade xenética rara, provocada por alteracións no cromosoma 14. Entre as súas finalidades están divulgar o coñecemento da enfermidade entre os médicos (xenetistas, pediatras, etc.) para que as familias poidan obter unha correcta diagnose, estimular a investigación científica no campo clínico, farmacolóxico, xenético e rehabilitativo, financiando proxectos de investigación e ofrecer apoio ás familias que teñan compoñentes afectados de discapacidades graves”.

O primeiro acto para celebrar o VI Día Solidario será un desfile benéfico, que terá lugar o 29 de maio ás 17 horas no Centro Socio Cultural Xuvenil e da 3ª Idade Manuel Díaz Sampedro (San Cosme de Barreiros). O custe da entrada será de 3 euros e a recadación íntegra será para a Asociación Ring 14 España.

Os comercios colaboradores neste acto son: Peluquería Almudena (Villamar), Peluquería Ana (San Cosme de Barreiros), Peluquería Anabel (San Miguel de Reinante), Bandana (Foz), Conde Santo Confección (Vilanova de Lourenzá), Zapatería Chinela (Foz), Cinco Lobiños (Foz), Floristería Cillero (San Cosme de Barreiros), Floristería Sefa (Mondoñedo), Geno (Vilanova de Lourenzá), Lourdes Moda Íntima (Foz), Maria Docampo (Foz), Ginzo Moda Hombre (Foz), Deportes Élide (Lugo) e Xanela Complementos (Foz).

Cena del cáncer 2016

Ver álbum de fotos  

O CONCELLO COLABOROU COA CENA BENÉFICA EN APOIO DA ASOCIACIÓN DE LOITA CONTRA O CANCRO CELEBRADA O PASADO VENRES. A CONCELLEIRA ADELA RODRÍGUEZ MOSTRA O SEU AGRADECEMENTO A TODAS AS PERSOAS QUE ACUDIRON E ÁS EMPRESAS QUE APORTARON OBSEQUIOS PARA SER SORTEADOS.

Barreiros, 9 de maio de 2016. O Concello colaborou coa cena benéfica en apoio da loita contra o cancro celebrada o pasado ComidaCancer2016 (13)venres, día 6 de maio. Nela participaron 167 persoas ás que a concelleira Adela Rodríguez agradece a súa asistencia. Tamén estiveron presentes o alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, e o vicepresidente da Deputación de Lugo, Antonio Veiga, entre outros.

A edil Adela Rodríguez manifestou que “queremos dar as grazas a todas as persoas que nos acompañaron na cea o venres día 6, en ComidaCancer2016 (16)apoio da loita contra o cancro, así como a todas as persoas que axudaron cos seus donativos e ás empresas que nos deron distintos obsequios para sortear gratuitamente na cena”.

Adela Rodríguez dixo que “non podemos pasar sen dar as grazas ao restaurante A Yenka pola atención exquisita que sempre mostra con esta cena. Tamén queremos puntualizar que as persoas importantes desta cena non somos as que organizamos senón as que nos ComidaCancer2016 (19)acompañan, que co seu donativo fan posible que esta enfermidade cada vez teña un futuro mellor co traballo dos investigadores, xa que eles poñen o seu grao de area para poder pagar a súa investigación”.

A edil barreirense subliñou que “nesta cena varias persoas que sufriron esta enfermidade, incluso algunhas operadas ata tres veces de distintos tumores, cearon, bailaron e o pasaron ben con
ComidaCancer2016 (7)esperanza de vida vendo a colaboración das persoas de Barreiros e algunhas doutros concellos, polo que de novo lles damos as grazas con todo o noso afecto e deles tamén”.

Adela Rodríguez concluíu: “non teño verbas para mostrar a nosa alegría e gratitude en ver o comedor cheo de xente. De novo grazas, grazas”.

A REDE DE VOLUNTARIADO LOCAL DO CONCELLO ESTÁ A ORGANIZAR OS ACTOS DO VI DÍA SOLIDARIO

A REDE DE VOLUNTARIADO LOCAL DO CONCELLO ESTÁ A ORGANIZAR OS ACTOS DO VI DÍA SOLIDARIO. A PRIMEIRA ACTIVIDADE SERÁ UN DESFILE BENÉFICO, QUE TERÁ LUGAR O 29 DE MAIO.

Barreiros, 6 de maio de 2016. A Rede de Voluntariado Local do Concello e as súas voluntarias están a organizar os actos do VI Día Solidario.

Segundo explican “nesta ocasión a recadación será doada para a Asociación Ring 14 España, trátase dunha asociación que traballa con familias afectadas dunha enfermidade xenética rara, provocada por alteracións no cromosoma 14. Entre as súas finalidades están divulgar o coñecemento da enfermidade entre os médicos (xenetistas, pediatras, etc.) para que as familias poidan obter unha correcta diagnose, estimular a investigación científica no campo clínico, farmacolóxico, xenético e rehabilitativo, financiando proxectos de investigación e ofrecer apoio ás familias que teñan compoñentes afectados de discapacidades graves”.

O primeiro acto para celebrar o VI Día Solidario será un desfile benéfico, que  terá lugar o 29 de maio ás 17 horas no Centro Socio Cultural Xuvenil e da 3ª Idade Manuel Díaz Sampedro (San Cosme de Barreiros). O custe da entrada será de 3 euros e a recadación íntegra será para a Asociación Ring 14 España.

Os comercios colaboradores neste acto son: Peluquería Almudena (Villamar), Peluquería Ana (San Cosme de Barreiros), Peluquería Anabel (San Miguel de Reinante), Bandana (Foz), Conde Santo Confección (Vilanova de Lourenzá), Zapatería Chinela (Foz), Cinco Lobiños (Foz), Floristería Cillero (San Cosme de Barreiros), Floristería Sefa (Mondoñedo), Geno (Vilanova de Lourenzá), Lourdes Moda Íntima (Foz), Maria Docampo (Foz), Ginzo Moda Hombre (Foz), Deportes Élide (Lugo) e Xanela Complementos (Foz).

SEIS SERÁN AS BANDEIRAS AZUIS QUE LUCIRÁN AS PRAIAS BARREIRENSES NESTE 2016

SEIS SERÁN AS BANDEIRAS AZUIS QUE LUCIRÁN AS PRAIAS BARREIRENSES NESTE 2016. A DE AREALONGA RECUPERA O DISTINTIVO, ALGO QUE SUBLIÑOU O ALCALDE, ALFONSO FUENTE.Lóngara

Barreiros, 5 de maio de 2016. O alcalde, Alfonso Fuente Parga, valora positivamente a concesión de seis bandeiras azuis a outras tantas praias deste concello. Os areais que recibiron este recoñecemento son As Pasadas, Lóngara, Coto, Acantilado-Remior, Arealonga e Fontela-Valea.

Alfonso Fuente dixo: “a verdade é que, como non podía ser doutra forma, satisfacción novamente en Barreiros por esas seis bandeiras azuis que nos veñen de conceder”.

O rexedor lembrou que “este ano decidimos non pedir a bandeira para a praia de Altar precisamente polo problema que xurdía coa práctica do kitesurf e do surf nesa praia. É unha praia que reúne todos os requisitos para a bandeira azul, aínda que temos ese pequeno inconveniente”.

Fuente Parga sinalou que “polo tanto aínda que os recoñecementos son seis podemos dicir que temos sete praias preparadas e que teñen unha calidade especial”.

O rexedor barreirense subliñou “o recoñecemento para esas seis praias e tamén destacar a bandeira azul de Arealonga, que despois de tanto como se incidiu nela, este ano os análises de auga e todo volveron dar ben. Polo tanto puido optar a ese galardón e volve izarse esa bandeira azul na praia de Arealonga”.

 

MOCIÓN PARA SOLICITAR UNHA NOVA REVISIÓN CATASTRAL

Ana B. Ermida Igrexas, Antonio Veiga Outeiro, Montserrat Porteiro Sánchez e Dámaso Ratoeira Basanta como concelleiras e concelleiros do grupo municipal do BNG en Barreiros, ao abeiro da lexislación vixente, presentan a seguinte

MOCIÓN PARA SOLICITAR UNHA NOVA REVISIÓN CATASTRAL Á BAIXA DOS VALORES OUTORGADOS AOS INMOBLES EN BARREIROS

Nos últimos anos as veciñas e veciños de Barreiros veñen sufrindo unha suba desmesurada de taxas e impostos que pouco ou nada se corresponden cos servizos que reciben. Unha das subas máis acuciantes foi a experimentada polo Imposto sobre Bens Inmobles.

Primeiro, foi o propio goberno municipal quen decidiu incrementar o tipo impositivo a aplicar ata situalo nun 0,88% (o máis alto da provincia). Posteriormente, o goberno central iniciou unha revisión catastral que culminou con centos de familias abonando unha taxa de 60€ por unha regularización catastral que tivo máis de medida recaudatoria que reguladora. A raíz desa revisión, foron incluídas como inmobles calquera tipo de edificación. chegando a producirse regulacións catastrais por casetas de cans ou pérgolas de xardín.

Como consecuencia desta revisión realizada polo goberno do Estado, as veciñas e veciños de Barreiros tiveron que facer fronte a recibos de ata catro anos atrás nos que se incluían os novos inmobles e os novos valores, chegando en moitos casos a afrontar recibos que quintuplicaban o que viñan pagando por este imposto.

É evidente, pola idiosincrasia galega, que as zonas máis afectadas por esta medida son as zonas rurais. O rural galego, e Barreiros non é excepción, caracterízase por numerosas construccións, a modo de palleiras ou alpendres que, se ben carecen de valor material por si mesmas, prestan servizo elemental á hora do desenvolvemento das labores agrarias.

Estes elementos foron incluídos na regularización realizada polo Ministerio e foron valorados como  se de inmobles habitables se tratara, non tendo en conta que se trata de construccións destinadas á agricultura que, ademais, poderían beneficiarse de bonificacións e dándolles un valor moi superior ao real.

Ademais das consecuencias directas que isto ten no propio recibo do IBI, que o BNG tratou de paliar propoñendo unha modificación da ordenanza municipal que permita rebaixar o tipo impositivo aplicado e abra a posibilidade de realizar bonificacións para determinadas construccións sobre o que houbo acordo no pleno e se incumpliu na súa execución por parte do goberno municipal, os novos valores aplicados teñen unha serie de consecuencias “indirectas” que lles están afectando considerablemente ás familias do rural barreirense. Deste xeito, ao outorgar unha valoración catastral tan alta, ven como se incrementan os impostos que deben abonar por transmisións inter vivos ou mortis causa ou como as axudas (ou incluso bolsas de estudos para as súas fillas e fillos) lles son denegadas por ter un patrimonio moi elevado que, na realidade, dista moito desa valoración.

O feito de que a revisión se fixese de xeito lineal, sen aplicar ningún tipo de variable polo tipo de inmoble ou a ubicación do mesmo, leva a que especialmente no caso de familias con explotacións agrarias, estean enfrontando un valor patrimonial dos seus inmobles que non se adapta para nada á realidade. En primeiro lugar, á realidade social de Barreiros, porque non pode ser o mesmo o valor que se lle aplica a un inmoble para vivir situado en primeira liña de praia que a un inmoble destinado a palleira ou establo situado nunha parroquia do interior. Incluso o valor das vivendas non poden ser iguais na costa que no interior. Pero, en segundo lugar, tampouco se adapta á realidade económica actual: a revisión foi realizada tomando como referencia uns valores que proviñan dunha situación económica notablemente distinta e outorgouse unha valoración que na actualidade dista moito de ser real.

Tendo en conta o exposto, consideramos que é xusto que o goberno municipal en primeiro lugar cumpra co acordo plenario adoptado por unanimidade a instancias do BNG e proceda a modificar a ordenanza reguladora do IBI, rebaixando o tipo impositivo aplicable e establecendo as bonificacións que sexa posible de cara a minimizar no posible as nefastas consecuencias que está a ter a suba deste imposto nas economías familiares.

E, en segundo lugar, como defensor dos intereses xerais, consideramos que o goberno municipal debe dirixirse ao goberno do Estado para solicitar unha nova valoración catastral á baixa na que se tomen como referencia os valores patrimoniais actuais dos inmobles, dacordo coa actual situación económica e na que se diferencien os valores tanto en función da ubicación do inmoble (na costa ou no interior) como do seu uso.

Por todo o exposto con anterioridade, o grupo municipal do BNG propón ao Pleno da Corporación de Barreiros a adopción dos seguintes ACORDOS:

PRIMEIRO: Que o goberno municipal inicie os trámites, dando participación a todos os grupos da corporación, para modificar a ordenanza reguladora do IBI, procedendo a rebaixar o tipo impositivo aplicado polo Concello de Barreiros e instaurando as bonificacións que sexa posibles.

SEGUNDO: Que o goberno municipal se dirixa ao goberno do Estado para solicitar unha nova revisión catastral na que se outorguen valores á baixa, tendo en conta a nova situación económica e os valores reais dos inmobles e a súa ubicación dentro do propio concello e o uso ao que se destinan.

En Barreiros a 4 de maio de 2016.

Ana B. Ermida Igrexas                                                                     Antonio Veiga Outeiro

Concelleira-portavoz do GM                                                                        Concelleiro do GM

do BNG en Barreiros                                                                        do BNG en Barreiros

Montserrat Porteiro Sánchez                                                 Dámaso Ratoeira Basanta

Concelleira do GM                                                               Concelleiro do GM

do BNG en Barreiros                                                            do BNG en Barreiros

AO ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE BARREIROS

Noticias de Barreiros