O grupo de barreirenses que están a peregrinar a Compostela a través do Camiño Primitivo fixeron o pasado sábado, 14 de maio, o treito comprendido entre Burgo de Negral (Friol) e Vilamor (Toques)

O grupo de barreirenses que están a peregrinar a Compostela a través do Camiño Primitivo fixeron o pasado sábado, 14 de maio, o treito comprendido entre Burgo de Negral (Friol) e Vilamor (Toques). Trátase da quinta etapa daIMG_5739 IMG_5735 IMG_5726 IMG_5662s oito previstas e que deron comezo a mediados do pasado mes de abril. O concelleiro de Medio Ambiente, José Manuel Gómez Puente, contou que “a quinta etapa foi dura, a través de camiños cheos de barro, pero ao final triunfamos e rematamos cunha boa comida. E aproveitamos para celebrar o cumpreanos dun dos nosos compañeiros camiñantes, de José de Vilamartín”.

Sanidade acredita la potabilidad del agua de la traída de Barreiros

Los técnicos se desplazaron ayer al municipio para supervisar el estado del agua en varias zonas

BARREIROS / LA VOZ, 13 de mayo de 2016

Técnicos de Sanidade se desplazaron ayer a Barreiros para supervisar el estado del agua de la traída en zonas como Reinante, San Miguel o San Pedro, tras alertar el alcalde, Alfonso Fuente, al Seprona por el mal olor que emanaba. Según el regidor, Sanidade acreditó la potabilidad del agua, tal y como ya se había manifestado desde el Concello para tranquilizar a la población. Fuente Parga atribuye lo ocurrido a residuos de labores agrícolas, que llegaron al depósito de A Barranca.

BARREIROS CELEBRA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS CON TEATRO E CON MÚSICA

BARREIROS CELEBRA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS CON TEATRO E CON MÚSICA.

Barreiros, 13 de maio de 2016. Barreiros celebra o día das Letras Galegas con teatro e con música o domingo e o martes.

Este domingo, 15 de maio, haberá teatro. O grupo A Adala representará Unha morta moi viva. Será a partir das sete da tarde no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro. A actividade está organizada pola Oficina de Información Xuvenil e pola Biblioteca Pública Municipal.

E o martes, 17 de maio, ás 19:30 horas a Coral Polifónica de Barreiros actuará nas Escolas de Celeiro de Mariñaos. A cita foi organizada pola Concellería de Cultura para conmemorar as Letras Galegas.

coral teatro

O PSOE propón que a rebaixa dos impostos non sexa só para o sector agrogandeiro, senón para todos os veciños

Barreiros 12/05/2015.- O PSdeG de Barreiros tras o anuncio feito en prensa polo Alcalde Sr Fuente Parga de rebaixar ata nun 95% o IBI ás explotacións agrogandeiras, e estando nun principio a favor desta medida xa que devandito sector ten un peso importante no noso concello e esta atravesando momentos difíciles, cree que é o momento de dar un paso mais e non solo rebaixar o tipo impositivo ao sector agrogandeiro, senón a tódolos veciños e veciñas do Concello e así o fai constar nunha moción rexistrada para o seu debate pola corporación municipal no vindeiro Pleno.

Posto que os Barreirenses soportamos o Imposto de Bens Inmobles máis alto de Galicia – explica Maria Carmen Veiga –  xa que temos un tipo impositivo de 0,88 para Urbana e un 0,60 para Rústica e no que respecta á urbana temos a “dubidosa honra” de ter máis carga impositiva que Lugo Capital ou calquera outro Concello da Provincia, máis alto que  Santiago, A Coruña, Ourense, Pontevedra, etc., os socialistas consideramos necesaria e urxente unha rebaixa do tipo impositivo de forma Universal, tanto para Urbana como para Rústica, e non nos valen desculpas de que poida afectar á estabilidade orzamentaria, por isto solicitamos se fagan cantos informes técnicos sexan necesarios para determinar a cuantía a rebaixar.

Así mesmo dado que o Concello de Barreiros, deixou expirar a moratoria da Normativa Europea que Obrigaba a dotar a todos os núcleos rurais de Saneamento, cuxa Normativa é do ano 2000  e tiña unha moratoria de 15 anos e polo tanto expirou o ano pasado. E ante un compromiso alcanzado polo Grupo Municipal socialista coa Alcaldía en Pleno, que ante o prexuízo que a falta de saneamento e o incumprimento da Normativa europea ocasionaba aos veciños e veciñas que carecían de dito saneamento por falta de infraestruturas para o mesmo, e xa que o alcalde se comprometeu a resarcilos dos prexuízos ocasionados. O grupo socialista cree que chegou o momento de que se adopte un acordo, para a redución do 50% de recibo de IBI a aqueles inmobles que non teñan acceso ao servizo de Rede de sumidoiros e Saneamento, mentres se atopen en dita situación e sen prexuízo de outras reducións que lles puidesen beneficiar.

Por outra banda, conscientes de que a revalorización Catastral que houbo recentemente supuxo un incremento dos valores catastrais e polo tanto un gran aumento nos recibos do IBI da maioría dos veciños e veciñas de Barreiros, superiores a un 60% e mesmo en moitos casos a unha porcentaxe mais alta. Visto que un importante número de vivendas incrementaron o seu valor catastral nun 500% co consecuente problema á hora de poder vendelas, herdalas, etc.., xa que o Imposto de Transmisión de Bens Patrimoniais  se incrementou, o grupo socialista entende que se debería solicitar ao Catastro un novo Relatorio Catastral, á BAIXA, na valoración do chan e os bens inmobles para axustalo aos usos reais dos mesmos.

 

Entrega hoxe nos colexios de San Miguel e de San Cosme varios exemplares de libros de Manuel María

O alcalde, Alfonso Fuente, e a concelleira de Cultura, Adela Rodríguez, entregaron hoxe nos colexios de San Miguel e de San Cosme varios exemplares de libros de Manuel María, o escritor ao que este ano se dedica o Día das Letras Galegas. “Deste xeito queremos contribuír á celebración desta data”, sinalaron.

O rexedor dixo que “desde hai anos cando se achegan estes días imos aos colexios de Barreiros para facerlles entrega de diverso material didáctico relacionado coa figura á que se dedica o Día das Letras Galegas. Neste 2016 levamos libros de Manuel María a estes centros, que quedarán á súa disposición nas bibliotecas dos colexios. E serán os mestres os que acheguen aos nenos e nenas de Barreiros á figura de Manuel María e á súa obra”.

O ALCALDE ASEGURA QUE A AUGA DAS PARROQUIAS DE REINANTE, SAN MIGUEL E SAN PEDRO É APTA PARA O CONSUMO

O ALCALDE ASEGURA QUE A AUGA DAS PARROQUIAS DE REINANTE, SAN MIGUEL E SAN PEDRO É APTA PARA O CONSUMO, A PESARES DO FORTE OLOR DESTES ÚLTIMOS DÍAS.

Barreiros, 11 de maio de 2016. O alcalde, Alfonso Fuente, asegura que a auga das parroquias de Reinante, San Miguel e San Pedro é apta para o consumo a pesares do forte olor detectado estes días.

O rexedor contou que “dende hai dous días en Barreiros, sobre todo nas parroquias de Reinante, San Miguel e San Pedro, estase a notar un olor moi forte na auga. Un olor que se podería confundir cun exceso de cloro ou de lixivias”.

Fuente Parga lembrou que “isto xa pasou noutra ocasión, xa hai uns meses que pasou e sempre ocorre despois de días de fortes choivas. Este é un feito que, xa digo, dende hai dous ou tres meses ven pasando na depuradora da Barranca”.

O alcalde engadiu que “xa o puxemos en coñecemento do Servizo de Protección da Natureza, o Seprona. Están investigando estes feitos que poden ser derivados de arrastres dalgún tipo de herba ensilada pola zona de Remourelle, que verte no rego da Barranca e logo despois pois chega a esa captación da auga”.

O rexedor barreirense subliñou que “o que si quero matizar é que a auga non ten ningún problema para o seu consumo. Podemos consumir ese auga con seguridade, o que si ten é ese forte olor que resulta ás veces incómodo”.

Alfonso Fuente explicou que “o que xa fixemos foi baleirar ese depósito da Barranca. Hoxe xa está a entrar auga, que non ten ese olor e é posible que ao longo do día de hoxe e de mañá xa non haxa ese olor na auga”.

O alcalde de Barreiros insistiu en que “pódese consumir sen ningún problema, pero é certo que se está a investigar a causa destes olores”.

Noticias de Barreiros