O BNG DE BARREIROS PIDE QUE AS MODIFICACIÓNS DO IBI SEXAN TAMÉN NO TIPO IMPOSITIVO

O BNG DE BARREIROS PIDE QUE AS MODIFICACIÓNS DO IBI SEXAN TAMÉN NO TIPO IMPOSITIVO E NOS VALORES QUE SE LLES APLICAN AOS INMOBLES PARA DIMINUIR OS PREXUÍZOS QUE OCASIONAN OS ACTUAIS .

“Non hai debate posible no seguinte pleno, porque a modificación da ordenanza para rebaixar o IBI xa foi aprobada por unanimidade a instancias do BNG en setembro de 2015. O único que están facendo é cumprir un acordo oito meses despois de tomado”, afima a portavoz municipal Ana Ermida.

Os nacionalistan rexistraron unha moción reiterando a súa solicitude de rebaixa do tipo impositivo e unha revisión dos valores á baixa que non perxudique ás familias en transmisións, axudas, etc. por contar cun valor patrimonial irreal.

Barreiros, 4 de maio de 2016. O BNG de Barreiros continúa propoñendo medidas para tratar de rebaixar os prexuízos que as continuas modificacións do IBI impostas polo Partido Popular, ben desde o goberno do estado ou desde o propio concello, están tendo nas veciñas e veciños de Barreiros.

Neste sentido, veñen de rexistrar unha moción na que reiteran a solicitude que xa fixeron no pleno de marzo para que o goberno municipal se dirixa ao goberno do Estado pedindo unha nova valoración dos inmobles á baixa, tendo en conta a actual situación económica, o uso e a ubicación dos mesmos.

Desde o BNG valoran positivamente o anuncio feito nesta mesma semana polo alcalde de Barreiros de aplicación de bonificacións ás explotacións agrarias xa que foi unha proposta que fixo o BNG. Recordan que “foi un acordo que se tomou no pleno de setembro de 2015 despois do debate dunha moción do BNG na que se pedía que se rebaixara o tipo impositivo que se aplica en Barreiros  (que é o máis alto da provincia) e que se estableceran as bonificacións que foran posibles para diminuir a carga impositiva.” Por iso “non hai debate posible no seguinte pleno, tal e como pretende trasladar o alcalde nas súas declaracións”, afirma Ana Ermida. “O debate xa se deu, e foi porque o pediu o BNG, hai oito meses. O único que está facendo agora é cumprindo, parcialmente, ese acordo que se adoptara por unanimidade.”

A iniciativa que presenta agora a formación nacionalista pide, en primeiro lugar, o cumprimento íntegro do acordo de setembro. “Non só a aplicación de bonificacións. Senón, tamén que se rebaixe o tipo impositivo que aplica o concello -que é do 0,88%- e que lle afecta a todas as veciñas e veciños, con independencia de se teñen explotacións agrarias ou non.”

“Desde logo que é fundamental tomar medidas de axuda ás explotacións agrarias pola súa relevancia na economía municipal e pola dificil situación que atravesan, pero as consecuencias das decisións do goberno do PP (que pasou dun 0,6% ao 0,88% en 2012) perxudican a todas as veciñas e veciños e, neste sentido, deben adoptarse medidas que poidan beneficiar tamén a toda a poboación”, explican desde o BNG.

O BNG pide que, oito meses despois, o acordo que se tomou se cumpra na súa totalidade e que a revisión da ordenanza que se propón se faga dacordo con todos os grupos municipais e se aproveite tamén para rebaixar o tipo impositivo que marca o concello, beneficiando así a todas as veciñas e veciños.

Solicitude dunha nova valoración catastral.

Xa no último pleno celebrado o BNG pediulle ao goberno municipal que se dirixa ao goberno do Estado para que leve a cabo unha nova valoración catastral á baixa na que os valores se adapten á actual situación económica e na que se teñan en conta tanto o uso dos inmobles como a súa ubicación.

A portavoz municipal explica que “esta é unha medida que afecta a toda a poboación, pero especialmente ás construccións do rural e explotacións agrarias, xa que é onde máis inmobles existen (palleiras, almacéns, pendellos…) que foron valorados moi por riba do valor real.”

“Se as bonificacións e a rebaixa do tipo impositivo son importantes para tentar minorar o prexuízo no recibo do IBI, o feito de rebaixar o valor que se lle outorga aos inmobles é fundamental para evitar outras consecuencias que tamén están a soportar as familias barreirenses ao aparecerlles uns valores patrimoniais que nada teñen que ver cos reais”, explica Ana Ermida.

A nacionalista pon como exemplo “os impostos que deben pagar en caso de transmisións, tanto vendas como herdanzas, que se aplican sobre os valores patrimoniais ou os problemas para optar a bolsas de estudos dos fillos, ao computarse un valor patrimonial altísimo como consecuencia dos valores outorgados e que nada teñen que ver coa realidade.”

Pecha ‘Abril… libros mil’ en Barreiros

02-05-16libros-milabril-mil

Rematou no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, de Barreiros, a exposición “Abril… libros mil”, realizada con motivo da celebración do día internacional do libro. A mostra, organizada pola Biblioteca Pública Municipal, estivo aberta durante todo o mes en horario de 10 a 14 horas e de 17 a 19 horas. A exposición foi visitada por escolares do municipio. Nenos e nenas participaron en diferentes actividades con motivo da exposición e da proximidade da celebración do día das letras galegas.

Ya se distribuye gas natural en Viveiro, Cervo y Barreiros

Ya se distribuye gas natural en Viveiro, Cervo y Barreiros

El conselleiro de Economía, Francisco Conde, y el director general de Negocios Regulados de Gas Nautral, Antoni Peris, abrieronayer de forma simbólica la llave de válvula que conectará la localidad de Xove al ramal de transporte primario de gas Ribadeo–Viveiro.
El acto también contó con la presencia del delegado general de Gas Natural en Galicia, Manuel Fernández Pellicer; el director de Distribución Gas en la zona norte, Roberto Cámara; la directora general de Gas Natural Galicia, Raquel Vallejo, y el alcalde de Concello de Xove, Demetrio Salgueiro. Gas Natural Galicia invertirá más de 700.000 euros para dotar de suministro de gas natural a este municipio, que se conectará a la red de gas natural a través del gasoducto de A Mariña lucense. La compañía ha construido una red de distribución de más de 5,3 kilómetros, que permitirá que los hogares, industrias y comercios de la localidad puedan beneficiarse de las ventajas económicas y medioambientales del gas natural.conexion
La compañía energética destinó 30 millones de euros en la construcción del ramal de transporte primario Ribadeo y Viveiro, inaugurado en febrero 2015, una infraestructura que permitirá el acceso al gas natural a más de 55.000 habitantes de la comarca y al tejido empresarial e industrial de la zona, lo que supondrá una importante mejora en la economía doméstica de las familias y en la competitividad de las industrias y empresas de la comarca mariñana.
A través del gasoducto de A Mariña se conectarán en una primera fase, los municipios de Ribadeo y Xove, y además está previsto desarrollar los proyectos de gasificación de Foz y Burela, tal como informan desde Gas Natural Galicia.
Actualmente, Gas Natural Galicia ya distribuye en tres municipios de A Mariña lucense (Cervo, Barreiros y Viveiro), donde se adelantó el suministro de gas natural a través de plantas satélite de GNL a la espera de que se conecten al gasoducto general posteriormente.

terceira etapa da peregrinación que realizan os sábados a Santiago de Compostela

Medio cento de camiñantes barreirenses fixeron o pasado sábado a terceira etapa da peregrinación que realizan os sábados a Santiago de Compostela a través do Camiño Primitivo. O treito desta pasada fin de semana foi o comprendido entre Santa María de Gondar e Lugo. Segundo explica o concelleiro de Medio Ambiente de 020516 Foto peregrinacion BarreirosBarreiros, José Manuel Gómez Puente, “foi un tramo precioso de 18 quilómetros, no que se mistura o rústico e rural co urbano. Atravesamos Lugo pola porta de San Pedro da impresionante muralla, paseamos polas rúas de Lugo e chegamos á Catedral, que é dunha grande beleza, ademais de confortar o espírito”. O edil popular engadiu que “logo démonos un festín no restaurante A Seimeira, cunha xantar saboroso e co trato especial que nos ofreceu Azucena, a súa propietaria, que é veciña de Barreiros”.

 

O Concello de Barreiros rebaixará o IBI ás explotacións agrogandeiras ata un 95%, segundo deu a coñecer o alcalde

O Concello de Barreiros rebaixará o IBI ás explotacións agrogandeiras ata un 95%, segundo deu a coñecer o alcalde

30-04-16
Barreiros, 30 de abril de 2016.- O Concello rebaixará o IBI ás explotacións agrogandeiras ata un 95%, segundo deu a coñecer o alcalde, Alfonso Fuente. O asunto someterase a aprobación nun pleno da Corporación Municipal, que se celebrará en maio. O de Barreiros é o primeiro da Mariña en adoptar esta decisión.

Fuente Parga anuncia que “no próximo pleno imos facer unha serie de modificacións na ordenanza do Imposto de Bens Inmobles”.

O rexedor barreirense contou que “estivemos vendo, despois de facer varios estudos, como se podía rebaixar este imposto a un sector que ten un peso importante na economía do noso municipio”. E subliñou que “Barreiros é o primeiro Concello da nosa comarca en aplicar esta importante medida”.

A redución do 95% do IBI, á máxima que permite a lei, afectaralles ás explotacións gandeiras ou agrarias que se dedican exclusivamente ao sector primaria. E tamén se prevé unha redución do 50% nas explotacións destinadas tamén a outros usos. Alfonso Fuente relatou que “o que imos someter a aprobación no vindeiro pleno é unha redución do 95 por cento da cota que se paga no caso de construcións destinadas a agrogandeiría que estean en fincas independentes; e naquelas fincas onde exista a vivenda ou outras construcións destinadas a outra actividade que non sexa agrogandeira terán unha redución do 50 por cento”.

O alcalde de Barreiros salientou que “isto parécenos importante porque practicamente estas porcentaxes son as que permite a lei. A partir de aí abrirase un prazo ata final deste ano para que as persoas interesadas fagan a solicitude desa bonificación que entrará en vigor no ano 2017”.

O CEIP San Cosme viaxou ao Xurásico

O CEIP San Cosme viaxou ao Xurásico

Con T RexCon esqueletoBarreiros, 27 de abril de 2016.- Os alumnos de Primaria do Ceip San Cosme de Barreiros disfrutaron estew mércores dunha emocionante excursión, ao Museo Xurásico de Asturias, MUJA, entre as localidades de Colunga e Lastres. Participaron nunha visita guiada polo centro (interior e exterior do edificio), aprendendo curiosidades sobre as etapas Triásica, Xurásica e Cretácica da Era dos Dinosaurios.

Pola tarde visitarán o Centro de Arte Rupestre de Tito Bustillo e as Covas, en Ribadesella. Un xacemento declarado Patrimonio Mundial pola UNESCO.

A visita foi organizada polo equipo docente, e conta coa colaboración do Concello de Barreiros.

«¿Morrer de fame vacas na Mariña? Non entra na cabeza, pero…»

«¿Morrer de fame vacas na Mariña? Non entra na cabeza, pero…»

Antonio Villarino (SLG) pensa que os tres abandonos de granxas detectados en días en Galicia non se explican solo pola crise do sector

JOSÉ ALONSORIBADEO / LA VOZ, 27 de abril de 2016. Actualizado a las 05:00 h. 1

¿É posible que se dea na Mariña un caso de maltrato animal como o de Chantada, coa granxa na que apareceron ósos e restos descompostos de polo menos 39 vacas? En principio non… pero. A dúbida que se deixa no ar é de alguén que coñece ben o sector. Antonio Villarino, coordinador comarcal do Sindicato Labrego Galego (SLG), xa soubo dun caso semellante, fai anos, nunha granxa da Mariña Oriental: «Foi algo que se asemella ao de Chantada, pero eran menos vacas, en situación de abandono, que non chegaron a morrer». E máis preto no tempo está o caso dun gandeiro en Tol, Castropol. Foi no 2010. Axentes do Seprona de Vegadeo entraron na granxa e descubriron catro vacas mortas, aparentemente, por fame. Outras reses tamén presentaban síntomas de desnutrición. E non solo iso. En Mántaras (Tapia) deuse outro caso a finais de 2012

-¿Por que se chega a isto?

-En cada caso danse circunstancias particulares. Supoño que serán moitas causas que se xuntan e interactúan. Si hai elementos comúns: que son tres granxas de vacas de leite, as de Chantada, Boiro e Friol, e a situación económica, dramática, do sector. Eu non descartaría que este poda ser o detonante, o factor definitivo que leve aos donos destas vacas a perder o control da situación, que deriva nun abandono da explotación que en ningún caso é xustificable nin entendible.

-¿Que sinte un gandeiro ao ver granxas nas que as vacas morren de fame?

-Cando se produce un caso así, ver os animais abandonados, nesta situación, produce nos gandeiros unha sensación de absoluta zozobra. Unha expresión que se repite continuamente entre eles é que os animais, as vacas, non teñen a culpa. Certamente, máis ca ninguén, aos gandeiros lles produce unha sensación desagradable.

-Quizais cando falamos de granxas con máis de cen vacas sexa complicado, pero ata fai ben pouco era habitual que os gandeiros coñeceran a cada vaca polo seu propio nome. Sendo así, deixalas morrer de fame…

-Agora, como as granxas son moi grandes, ás veces teñen un número e non un nome, pero tradicionalmente as vacas eran algo máis que un elemento de produción. Cada unha tiña un nome, eran parte do capital familiar, do capital da casa, tiñan unha significación máis aló dos cartos. Hai anos, cando o gandeiro vendía unha vaca ou cando a vaca morría, a xente choraba. Tamén é certo que de aquela as vacas botaban máis tempo nas casas, vivían máis, pero tradicionalmente había unha vinculación entre o gando e as persoas que ía máis aló do mero valor instrumental dos animais… Efectivamente, cada vaca tiña o seu nome, por iso o que pasou nestas granxas non entra na cabeza da xente que se dedica á gandería.

-¿É isto unha chamada de atención sobre a crise do sector?

-O factor económico é clave. Entendo que non é o único, porque na situación de penuria hai moitas granxas e non se deixan morrer as vacas, véndense ou van para o matadoiro. Cando se produce un abandono da granxa hai tamén outros problemas, de desarraigo social, psicolóxicos… Pero o que vivimos estes días é tremendo, e non deixa de ser un aviso. Cando pasan estas cousas en tan curto período de tempo, que en unha semana aparezan tres casos de granxas abandonadas que transcenden aos medios de comunicación, pero puidera haber máis, penso que si que nos está dicindo algo, que moito do que é o medio rural e o sistema produtivo estase desmoronando

-¿Imaxínase un caso así na Mariña?

-¿Morrer de fame vacas. Non entra na cabeza, pero… Prefiro pensar que isto non vai pasar nunca, pero non hai nada diferencial nesta comarca con respecto a outras do país. Por iso, se ocorreu noutros sitios non podemos dicir que non vaia a suceder aquí, porque é síntoma de algo moi grave, a nivel individual e colectivo. En todo caso, é unha situación extrema e insólita que se deran tres casos en uns días. Non é descartable que volva a pasar, pero realmente é moi estraño.

antonio villarino coordinador comarcal do sindicato labrego galego

«O certo é que se ocorreu noutros sitios non podemos dicir que non vaia

a suceder aquí»

«Hai anos cada vaca tiña un nome; cando se vendía ou morría había xente que choraba»

Noticias de Barreiros