A Rede de Voluntariado Local do Concello de Barreiros está a organizar os actos do VI Día Solidario

A Rede de Voluntariado Local do Concello de Barreiros está a organizar os actos do VI Día Solidario

Barreiros, 6 de maio de 2016.- A Rede de Voluntariado Local do Concello e as súas voluntarias están a organizar os actos do VI Día Solidario.

Segundo explican “nesta ocasión a recadación será doada para a Asociación Ring 14 España, trátase dunha asociación que traballa con familias afectadas dunha enfermidade xenética rara, provocada por alteracións no cromosoma 14. Entre as súas finalidades están divulgar o coñecemento da enfermidade entre os médicos (xenetistas, pediatras, etc.) para que as familias poidan obter unha correcta diagnose, estimular a investigación científica no campo clínico, farmacolóxico, xenético e rehabilitativo, financiando proxectos de investigación e ofrecer apoio ás familias que teñan compoñentes afectados de discapacidades graves”.

O primeiro acto para celebrar o VI Día Solidario será un desfile benéfico, que terá lugar o 29 de maio ás 17 horas no Centro Socio Cultural Xuvenil e da 3ª Idade Manuel Díaz Sampedro (San Cosme de Barreiros). O custe da entrada será de 3 euros e a recadación íntegra será para a Asociación Ring 14 España.

Os comercios colaboradores neste acto son: Peluquería Almudena (Villamar), Peluquería Ana (San Cosme de Barreiros), Peluquería Anabel (San Miguel de Reinante), Bandana (Foz), Conde Santo Confección (Vilanova de Lourenzá), Zapatería Chinela (Foz), Cinco Lobiños (Foz), Floristería Cillero (San Cosme de Barreiros), Floristería Sefa (Mondoñedo), Geno (Vilanova de Lourenzá), Lourdes Moda Íntima (Foz), Maria Docampo (Foz), Ginzo Moda Hombre (Foz), Deportes Élide (Lugo) e Xanela Complementos (Foz).