Archivo de la categoría: Música

O CENTRO SOCIOCULTURAL MANUEL DÍAZ SAMPEDRO SERÁ ESCENARIO ESTE DOMINGO, 27 DE NOVEMBRO, DO CONCERTO LYRICAS EN GALICIA

captura-de-pantalla-103O CENTRO SOCIOCULTURAL MANUEL DÍAZ SAMPEDRO SERÁ ESCENARIO ESTE DOMINGO, 27 DE NOVEMBRO, DO CONCERTO LYRICAS EN GALICIA.

Barreiros, 22 de novembro de 2016. O centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro será escenario este domingo, 27 de novembro, a partir das 18:00 horas da actuación de Lyricas, unha formación musical que compoñen Julia María Dopico (pianista) e Diana Somkhieva (soprano). A primeira é profesora superior de piano e linguaxe musical e a segunda profesora superior de canto.

O título do concerto é Lyricas en Galicia. Os que asistan poderán gozar dunha selección de composicións interpretadas por estas dúas mulleres, entre as que destacan Negra Sombra, Lela, Lonxe da terriña, Os teus ollos…

Desde a Concellería de Cultura e desde a Oficina Municipal de Información Xuvenil invitan a acudir a este concerto “especial e emocionante”.

Coa actuación de Nastasia Zürcher remataron os Concertos ao Solpor

100_2871 100_2841 Coa actuación de Nastasia Zürcher remataron os Concertos ao Solpor, que por oitavo ano consecutivo organizou o artista barreirense Celso Dourado nos xardíns do Eido Dourado, a carón da praia da Pasada, en Barreiros. Nastasia Zürcher deleitou aos presentes coa súa voz, que a fixo ser a última gañadora dos premios Martín Códax de Música na categoría de blues, funky e soul.
Polo Eido Dourado pasaron ao longo deste verán Barahúnda; Isaías Salazar, Miguel Flores e Sandra Calderón cun espectáculo de flamenco; Arifi, Aramat e Nastasia Zücher. O promotor dos Concertos ao Solpor amósase satisfeito coa acollida que tiveron 100_2833estes espectáculos ao longo deste verán de 2016.

Barreiros inicia hoy San Bartolo con sardiñada, Os Adrianos y discomóvil

Mañana y pasado habrá sesión vermú y otras dos verbenas

BARREIROS / LA VOZ 22/08/2016 05:00

Desde última hora de esta tarde hasta la madrugada del jueves, Barreiros está de fiesta, con su San Bartolo, al que el próximo miércoles sacará en procesión desde el templo hasta la playa. Barreiros, en lo que la comisión organizadora llama «zona veraniega», es hoy un comedor al aire libre para un pescado tan del verano como las sardinas.

Alrededor de las nueve de esta tarde empieza la sardiñada. Gratis para quienes aportaron fondos para organizar las fiestas y a cuatro euros para el resto del público. Por cuatro euros, una ración de cinco sardinas asadas, pan y vino. La comisión ha adquirido doscientos kilos de pescado para repartir esta noche. Y después de esa cena al aire libre, la primera verbena, con el Dúo Os Adrianos y Discoteca Móvil.

Mañana y pasado

El pasacalles de un grupo de gaiteiros abrirá el martes de San Bartolo en Barreiros. Y a partir de las dos de la tarde, la primera sesión vermú de las fiestas, con los ritmos del grupo Montreal. Volverá a subirse al escenario en la verbena de mañana, en la que compartirá protagonismo con la orquesta La Fórmula.

El día grande de San Bartolo en Barreiros será el miércoles, 24. Para las once y media de la mañana está programada la primera misa y un pasacalles con O Arco da Vella, de San Miguel de Reinante (Barreiros). A las doce y media empezará la segunda misa, a la que seguirá una procesión que discurre desde el templo hasta la playa, con San Bartolo a hombros de los vecinos y, en esta ocasión, con la música de O Arco da Vella. El primer tramo del miércoles concluirá con la sesión vermú, que amenizará el grupo Limón. Las fiestas de Barreiros rematarán en las primeras horas del jueves, cuando finalice una verbena en la que actuarán Limón y la orquesta La Nueva Phila.

La comisión de fiestas de San Bartolo de Barreiros la forman Kiko Varea, Jesús Caserío y Rubén Fonte, con Promociones Artísticas Vázquez y la colaboración de varias personas, tanto en trabajo como económicamente.

A ÚLTIMA GAÑADORA DOS PREMIOS MARTÍN CÓDAX DE MÚSICA NA CATEGORÍA DE BLUES, FUNKY E SOUL, NASTASIA ZÜRCHER, PECHARÁ O DOMINGO, 21 DE AGOSTO, OS CONCERTOS AO SOLPOR NO EIDO DOURADO

Nastasia Zürcher 2A ÚLTIMA GAÑADORA DOS PREMIOS MARTÍN CÓDAX DE MÚSICA NA CATEGORÍA DE BLUES, FUNKY E SOUL, NASTASIA ZÜRCHER, PECHARÁ O DOMINGO, 21 DE AGOSTO, OS CONCERTOS AO SOLPOR NO EIDO DOURADO.

Barreiros, 19 de agosto de 2016. Os Concertos ao Solpor no Eido Dourado en Barreiros, rematarán este domingo, 21 de agosto, coa actuación da última gañadora dos Premios Martín Códax de Música nas categorías de blues, funky e soul, Nastasia Zürcher.

Celso Dourado contou que “nos Concertos ao Solpor do Eido Dourado sempre o broche final o poñemos cunha personalidade dentro do campo da música que eu considero importante, e este ano imos pechalos con Nastasia Zürcher”.

Nastasia Zürcher 1O artista barreirense subliñou que “é unha xove cantante e compositora suizo-galega, nada en Xenebra, e forma parte dunha familia de grandes músicos. Múdase a Galicia onde forma parte de multitude de proxectos ata o inicio dunha fulgurante carreira en solitario. Podemos dicir dela que conxuga estilos de sonoridade nunha fusión tanto de soul como de jazz. Todo ilo interpretado cunha grande personalidade”.

O responsable do Eido Dourado salientou que “está sendo moi valorada e foi a última gañadora no 2016 do Premio Martín Códax de Música na categoría de blues, funky e soul. Unha voz realmente impresionante”.

Celso Dourado quere “invitar a todos a que asistan o vindeiro domingo, día 21, a partir das 22:00 horas nos xardíns do Eido Dourado porque realmente non vai decepcionar”.

Os xardíns do Eido Dourado acolleron esta serie de concertos que congregaron a moito público, Celso Dourado asegurou que “realmente quedáronse pequenos, estamos dandolle unha volta a isto porque as duascentas sillas máis ou menos que hai sempre se quedaron escasas, por exemplo no concerto de flamenco ou no último de danza era tanta a xente que alí estaba que temos que contemplar algunha posible ampliación ou modificar algunha parte do xardín para acoller a esta demanda que estamos a ter. Estamos moi satisfeitos”.

Celso Dourado salienta que “quero repetir que por detrás destes concertos soamente está a vontade do seu promotor, eu neste caso, e máis a dos propios músicos. Non recibimos apoio económico de ninguén nin subvencións de ninguén, é todo un traballo minucioso de cooperación entre os músicos e nós e claro que estamos moi satisfeitos”.

Os Concertos ao Solpor, que se celebran nos xardíns do Eido Dourado, en Barreiros, os domingos do verán trouxeron o pasado 14 de agosto a Aramat

100_2849Os Concertos ao Solpor, que se celebran nos xardíns do Eido Dourado, en Barreiros, os domingos do verán trouxeron o pasado 14 de agosto a Aramat, un espectáculo de música e danza inspirados nas músicas do mundo, sobre todo do leste de Europa: Romanía, Bulgaria, Eslovenia… “un espectáculo case fundamentado na danza do ventre”, segundo explicaba 100_2843Celso Dourado hai uns días. Os Concertos ao Solpor seguirán o 21 de agosto.

O EIDO DOURADO CONTINÚA COS CONCERTOS

O EIDO DOURADO CONTINÚA COS CONCERTOS AO SOLPOR E ESTE DOMINGO ACOLLERÁ A ACTUACIÓN DE ARAMAT, UN GRUPO INTEGRADO POR TRES MÚSICOS E TRES BAILARINAS INSPIRADO EN MÚSICAS E BAILES PROCEDENTES DO LESTE DE EUROPA.

Aramat2Barreiros, 11 de agosto de 2016. O Eido Dourado continúa cos seus Concertos ao Solpor e este domingo, 14 de agosto, ofrecerá a actuación do grupo Aramat. Composto por tres músicos e tres bailarinas o seu repertorio está composto por pezas musicais e bailes procedentes do leste de Europa. A actuación dará comezo arredor das 22:00 horas.

Aramat1Celso Dourado explicou que “este é o cuarto e penúltimo evento dos Concertos ao Solpor. É un proxecto novo que ten unha curta vida, se pode dicir que semanas. Está capitaneado pola bailarina Tamara Sánchez”.

O artista barreirense dixo que “o proxecto chámase Aramat e mestura música e danza. Tanto no apartado musical como na danza a inspiración é un pouco músicas do mundo, sobre todo do leste de Europa, Romanía, Bulgaria, Eslovenia, etc… É un espectáculo atrévome a dicir que case fundamentado na danza no ventre no que se refire ao baile e estará composto por tres músicos e tres bailarinas. A parte principal da danza vaina levar Tamara Sánchez”.

Dourado comentou que “eu vinas en Santiago hai uns días e pareceume moi interesante. Coñezo a Tamara e establecemos diálogo hai un tempo e ela mesma me chamou e me dixo que estaba traballando nun proxecto absolutamente novo acompañada doutras bailarinas. E ímolo presentar no Eido Dourado este vindeiro domingo coa caída do sol. A entrada é libre ata completar aforo como sempre”.

O responsable do Eido Dourado lembrou que “dispoñemos case de duascentas sillas e complétase practicamente sempre os domingos pola noite. Queda xente de pé e andamos nunha media entre duascentas e duascentas cincuenta persoas. O aforo tampouco dá para máis. A nosoutros tampouco nos gusta presentar grupos medianamente coñecidos senón aquelas propostas que consideramos innovadoras para que dado o espazo no que se desenvolve haxa unha combinación de luz, música e movemento que realmente responda ás expectativas”.

Cámping Gaivota

O cámping Gaivota continúa tamén coas súas actividades de verán, promovidas polo Eido Dourado, e este venres celebrará a tradicional queimada. Dará comezo ás 23:00 horas e contará coa actuación en directo do grupo Os Cascarillas.

O grupo Arifi pasou onte, domingo, á noite polos xardíns do Eido Dourado

100_2814O grupo Arifi pasou onte, domingo, á noite polos xardíns do Eido Dourado, dentro dos seus Concertos ao Solpor. Os asistentes gozaron da súa música étnica de raíz árabe. Iria Estévez, Vadin Yuhnevich, Gonzo Piña, Marco Mendoza e Toni deleitaron coa súa voz e coa súa música ao público.
Os Concertos ao Solpor, a carón da praia da Pasada, en Barreiros seguirán os días 14 e 21 de agosto con outras propostas musicais promovidas polo Eido Dourado.

As terrazas do Cámping Gaivota, en Barreiros, acolleiron onte á noite unha actuación do grupo Os D’Abaixo

060816 Foto Os D'AbaixoAs terrazas do Cámping Gaivota, en Barreiros, acolleiron onte á noite unha actuación do grupo Os D’Abaixo. O evento foi promovido polo Eido Dourado. A 060816 Foto Os D'Abaixo 2formación compostelá está composta, entre outros, por ex compoñentes de Fía na Roca ou Berrogüeto como Quin Fariña. As 060816 Foto Os D'Abaixo 3terrazas do Gaivota enchéronse para gozar da música folk de Os D’Abaixo. Os asistentes saborearon tamén a tradicional queimada que os venres pola noite se serve nesta instalación.
Mañá, domingo, no Eido Dourado, a carón da praia da Pasada e dentro dos Concertos ao Solpor a partir das 22:30 horas terá lugar a actuación de Arifi.

O GRUPO ARIFI ACTUARÁ ESTE DOMINGO NO EIDO DOURADO DENTRO DA PROGRAMACIÓN DOS CONCERTOS AO SOLPOR, QUE ESTÁN A SER UN ÉXITO

O GRUPO ARIFI ACTUARÁ ESTE DOMINGO NO EIDO DOURADO DENTRO DA PROGRAMACIÓN DOS CONCERTOS AO SOLPOR, QUE ESTÁN A SER UN ÉXITO.

Barreiros, 5 de agosto de 2016. O grupo Arifi ofrecerá un concerto este domingo, día 6, nos xardíns do Eido Dourado, en Barreiros, a carón da praia da Pasada, dentro do ciclo Concertos ao Solpor.

Celso Dourado comentou que “Arifi está composto por xente como a súa voz Iria Estévez, que provén de En clave de Fado, ou Vadim Yukhnévich, que provén de distintos grupos entre eles a Banda Crebinsky. Uníronse para crear unha formación, para crear un proxecto e beben un pouco da música étnica sobre todo de raíz árabe.

O artista barreirense dixo que “é un proxecto cunha posta en escena moi bonita e moi agradable, non vai defraudar porque os músicos son tremendamente representativos do panorama actual do noso país galego”.

100_2729Celso Dourado convida “a que todas as persoas que queiran velo se acheguen polo Eido Dourado este domingo porque non van decepcionar. Se o tempo nos axuda unha vez máis a noite será realmente preciosa”.

O promotor do Eido Dourado subliña que o concerto comezará “entre 22:00 e 22:30 horas dependendo da luz do día. Sempre aproveitamos cando cae o sol, cando o sol se mete, simplemente pola luz que transmite e combinamos a luz natural coa luz artificial dos xardíns, entonces creas un ambiente determinado que fai que a música entre de outra maneira co mar de fondo soando”.

Celso Dourado asegura que “é un espectáculo que está tendo unha gran acollida e realmente fermoso”. O pasado domingo, 31 de xullo, un espectáculo de flamenco logrou reunir a máis de 200 persoas nos xardíns do Eido Dourado.

OS XARDÍNS DO EIDO DOURADO ACOLLERÁN O DOMINGO, 31 DE XULLO, UN ESPECTÁCULO DE FLAMENCO DENTRO DOS CONCERTOS AO SOLPOR

OS XARDÍNS DO EIDO DOURADO ACOLLERÁN O DOMINGO, 31 DE XULLO, UN ESPECTÁCULO DE FLAMENCO DENTRO DOS CONCERTOS AO SOLPOR.

Flamenco 1

Barreiros, 29 de xullo de 2016. Os xardíns do Eido Dourado, á carón da praia de A Pasada, acollerán este domingo, 31 de xullo, un espectáculo de flamenco dentro dos Concertos ao Solpor.

O artista barreirense Celso Dourado explica que “no Eido Dourado sempre apostamos por proxectos innovadores que se desenrolan no noso país. Eu cando descubrín que había unha tendencia moi alimentada sobre todo pola etnia xitana en Galicia, que estaba promovendo o cante flamenco incluso con certas veleidades pola máis fonda tradición da música en Galicia, me pareceu algo sorprendente”.

Flamenco 2Dourado detalla que “este espectáculo flamenco xira en torno a tres paos, pero sobre todo xira en torno a figura do bailaor. O esquema central vaino ocupar Isaías Salazar ao baile, que é un xitano nado en Ferrol, moi formado no que é o baile e desenrola a súa actividade en torno a este esquema. Vai estar arroupado por un guitarrista andaluz chamado Miguel Flores, que por razóns sentimentais trasladouse a Galicia onde vive cunha persoa moi coñecida no mundo da música, e trata de potenciar o que é o seu estilo. É un guitarrista flamenco do máis puro e está a tocar por distintos sitios, neste caso vai arroupar a Isaías Salazar ao baile. O outro pao dos tres que compoñen este espectáculo é o que ocupa Sandra Calderón. Vai acompañar ao cante, ten unha voz realmente espectacular e entre os tres van presentar un espectáculo penso que digno e moi interesante”.

Celso Dourado lembra que “a entrada será como sempre de balde e a partir das 22:00 horas dará comezo esta cita. Entre dez e dez e media será coa caída do sol porque sempre facemos coincidir todos os espectáculos coa caída do sol, o espectáculo empezará un tanto de día e rematará un tanto de noite. Ver como a luz artificial que ilumina os xardíns gaña protagonismo ao luz do sol. Ese cambio sempre procuramos preservalo e sempre o facemos a esa hora entre dez e dez e media damos inicio coa caída do sol, por iso denominamos a estes concertos Concertos ao Solpor”.