O CENTRO SOCIOCULTURAL MANUEL DÍAZ SAMPEDRO SERÁ ESCENARIO ESTE DOMINGO, 27 DE NOVEMBRO, DO CONCERTO LYRICAS EN GALICIA

captura-de-pantalla-103O CENTRO SOCIOCULTURAL MANUEL DÍAZ SAMPEDRO SERÁ ESCENARIO ESTE DOMINGO, 27 DE NOVEMBRO, DO CONCERTO LYRICAS EN GALICIA.

Barreiros, 22 de novembro de 2016. O centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro será escenario este domingo, 27 de novembro, a partir das 18:00 horas da actuación de Lyricas, unha formación musical que compoñen Julia María Dopico (pianista) e Diana Somkhieva (soprano). A primeira é profesora superior de piano e linguaxe musical e a segunda profesora superior de canto.

O título do concerto é Lyricas en Galicia. Os que asistan poderán gozar dunha selección de composicións interpretadas por estas dúas mulleres, entre as que destacan Negra Sombra, Lela, Lonxe da terriña, Os teus ollos…

Desde a Concellería de Cultura e desde a Oficina Municipal de Información Xuvenil invitan a acudir a este concerto “especial e emocionante”.