
As terrazas do Cámping Gaivota, en Barreiros, acolleiron onte á noite unha actuación do grupo Os D’Abaixo. O evento foi promovido polo Eido Dourado. A

formación compostelá está composta, entre outros, por ex compoñentes de Fía na Roca ou Berrogüeto como Quin Fariña. As

terrazas do Gaivota enchéronse para gozar da música folk de Os D’Abaixo. Os asistentes saborearon tamén a tradicional queimada que os venres pola noite se serve nesta instalación.
Mañá, domingo, no Eido Dourado, a carón da praia da Pasada e dentro dos Concertos ao Solpor a partir das 22:30 horas terá lugar a actuación de Arifi.