O GRUPO ARIFI ACTUARÁ ESTE DOMINGO NO EIDO DOURADO DENTRO DA PROGRAMACIÓN DOS CONCERTOS AO SOLPOR, QUE ESTÁN A SER UN ÉXITO

O GRUPO ARIFI ACTUARÁ ESTE DOMINGO NO EIDO DOURADO DENTRO DA PROGRAMACIÓN DOS CONCERTOS AO SOLPOR, QUE ESTÁN A SER UN ÉXITO.

Barreiros, 5 de agosto de 2016. O grupo Arifi ofrecerá un concerto este domingo, día 6, nos xardíns do Eido Dourado, en Barreiros, a carón da praia da Pasada, dentro do ciclo Concertos ao Solpor.

Celso Dourado comentou que “Arifi está composto por xente como a súa voz Iria Estévez, que provén de En clave de Fado, ou Vadim Yukhnévich, que provén de distintos grupos entre eles a Banda Crebinsky. Uníronse para crear unha formación, para crear un proxecto e beben un pouco da música étnica sobre todo de raíz árabe.

O artista barreirense dixo que “é un proxecto cunha posta en escena moi bonita e moi agradable, non vai defraudar porque os músicos son tremendamente representativos do panorama actual do noso país galego”.

100_2729Celso Dourado convida “a que todas as persoas que queiran velo se acheguen polo Eido Dourado este domingo porque non van decepcionar. Se o tempo nos axuda unha vez máis a noite será realmente preciosa”.

O promotor do Eido Dourado subliña que o concerto comezará “entre 22:00 e 22:30 horas dependendo da luz do día. Sempre aproveitamos cando cae o sol, cando o sol se mete, simplemente pola luz que transmite e combinamos a luz natural coa luz artificial dos xardíns, entonces creas un ambiente determinado que fai que a música entre de outra maneira co mar de fondo soando”.

Celso Dourado asegura que “é un espectáculo que está tendo unha gran acollida e realmente fermoso”. O pasado domingo, 31 de xullo, un espectáculo de flamenco logrou reunir a máis de 200 persoas nos xardíns do Eido Dourado.