O ALCALDE DE BARREIROS DEIXOU O CONCELLO ABANDONADO, PRODUCÍNDOSE UNHA SITUACIÓN ESPERPÉNTICA DERIVADA DUNHA FUGA DE AUGA

O ALCALDE DE BARREIROS DEIXOU O CONCELLO ABANDONADO, PRODUCÍNDOSE UNHA SITUACIÓN ESPERPÉNTICA DERIVADA DUNHA FUGA DE AUGA.

O descoñecemento do goberno municipal da rede municipal de abastecemento impide unha solución áxil dunha fuga de auga, pese a participar a empresa adxudicataria do novo servizo de mantemento, ao non localizarse a fuga nin a chave para pechar o abastecemento.

Barreiros, 4  de outubro de 2018. “No día de onte, mentres en Remior se producía unha fuga de auga que deixaba sen subministro a practicamente todo San Cosme, o alcalde de Barreiros estaba ausente e, novamente, sen deixar delegación en ninguén do equipo de goberno”, asegura a portavoz municipal do BNG, Ana Ermida.

“O acontecido onte demostra que este goberno municipal ten na cabeza calquera cousa, menos as necesidades de Barreiros”, continúa. “En calquera concello normal, unha fuga na traída da auga arránxase con certa axilidade e, desde logo, de ser de gravidade mantense informada á poboación e tómanse as medidas para evitar situacións coma as de onte.”

“O que aconteceu en Barreiros foi que se produciu unha fuga nunhas tubaxes con moita antigüidade e que non teñen as condicións para soportar o subministro actual de auga. Pero a todo isto, sumouse o descoñecemento por parte do goberno municipal de como actuar neste caso; derivado da improvisación e da falta de planificación”, aseguran desde o BNG.

“Non é normal que durante horas se estea furando ata dar atopado a fuga e tampouco saber onde se atopa a chave para pechar o abastecemento, intentando así evitar a perda de auga dos depósitos. E é moito menos normal que pase isto cando se vén de licitar un contrato de mantemento da rede de subministro por 242.000 euros no que se supón se debera valorar previamente o estado da actual rede, a situación, a extensión, etc.”, relata Ana Ermida.

“Está claro que o goberno municipal, co alcalde como máximo responsable, desatenden as súas funcións ao sacar un contrato no que nin sequera especifican as características da rede da que se saca. Sácano dun xeito opaco e sen garantir que as empresas que liciten coñezan, a priori, as necesidades da rede. De feito, nas obras de onte participou a empresa adxudicataria deste servizo e todo parece indicar que aínda non ten detectadas as eivas na rede, a xulgar polo tempo transcorrido”, manifestan.

Desde o BNG queren recoñecer a labor de servizo público ao ex-traballador municipal que acudiu á axuda das labores para localizar os puntos conflictivos e que permitiu o desenlace da situación, preto de 20 horas despois de terse iniciado.

O alcalde ausente e sen ninguén ao frente do Concello.

Novamente, como xa acontecera ao inicio do verán, o alcalde atópase fóra de Barreiros e non deixou delegadas as funcións da alcaldía en ningunha persoa do equipo de goberno. “Isto amosa a falta de confianza e de equipo do goberno, xa que non é normal que o alcalde marche toda a semana e non quede unha persoa responsabilizada e con competencias para resolver calquera cuestión que poida producirse. No día de onte, estaba presencialmente na fuga o tenente alcalde, pero nin sequera tería por que estar, xa que se estaba responsabilizando dunha situación que lle correspondía a un alcalde que se atopa de descanso”, manifestan desde o BNG.

A CONCELLERÍA DE CULTURA DE BARREIROS ORGANIZA UN CURSO DE TÉCNICAS DE RELAXACIÓN E CONCENTRACIÓN

A CONCELLERÍA DE CULTURA DE BARREIROS ORGANIZA UN CURSO DE TÉCNICAS DE RELAXACIÓN E CONCENTRACIÓN.

Barreiros, 4 de outubro de 2018. A Delegación de Cultura, a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil, organiza un curso de técnicas de relaxación e concentración.

Esta actividade vai dirixida a moz@s e adultos, e estase a desenvolver dende o pasado 1 de outubro ata o 31 de maio de 2019. Celébrase os luns e os venres, en horario de 10:30 a 11:30 horas, no salón de usos múltiples do centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro de San Cosme de Barreiros.

As inscricións poden facerse na Oficina de Información Xuvenil ata cubrir prazas.

 

O CONCELLO ACOMETERÁ OBRAS DE MELLORA NA REDE DE ABASTECEMENTO DE AUGA EN REMIOR

O CONCELLO ACOMETERÁ OBRAS DE MELLORA NA REDE DE ABASTECEMENTO DE AUGA EN REMIOR. OS TRABALLOS CONSISTIRÁN NA SUBSTITUCIÓN DA TUBAXE E O CAMBIO DO SEU PERCORRIDO PARA QUE NON ATRAVESE A ESTRADA PROVINCIAL.

Barreiros, 4 de outubro de 2018. O alcalde, Alfonso Fuente, anuncia que xa quedou restablecido o abastecemento de auga en San Cosme e en Remior tras a avaría que se producía na xornada de onte. Unha tubaxe da rede partiu polo medio na zona de Remior. Segundo o rexedor “trátase da segunda avaría grave que se produce nos últimos tempos”. Os traballos para arranxala foron complicados porque esa tubaxe atravesa unha estrada provincial, que houbo que cortar para poder actuar. Foi esta madrugada cando os últimos veciños afectados puideron contar con auga nas súas casas. Fuente Parga explicou que unha motobomba do Concello e os bombeiros do parque comarcal de Barreiros tiveron que abastecer de auga, na tarde de onte, ás explotacións gandeiras de Remior. Nas vindeiras semanas o Concello acometerá unha obra de emerxencia nesa zona. Consistirá en cambiar o percorrido da tubaxe para que non atravese a estrada provincial.

O alcalde de Barreiros contou que “onte en Barreiros tivemos un problema no abastecemento de auga pola rotura dunha tubaxe na zona de Remior. Nestes últimos meses é a segunda avaría grave que temos nesa zona por culpa dun tubo de fibrocemento que abriu polo medio, non é como noutros casos nos que se xera un pequeno furado, neste caso abriu todo o tubo. A traída de auga alí vai a unha profundidade importante e hai que sumar que vai polo medio dunha estrada provincial. Houbo que abrir unha gran fosa e houbo problemas porque si se enchía de auga dificultaba as tarefas de arranxo. Isto provocou que se baleirara o depósito de Merille, o cal levou a que a partir do mediodía os veciños de San Cosme quedaran sen auga. Pouco a pouco se intentou ir restablecendo por outra vía e en torno ás once da noite se puido restablecer na parroquia de San Cosme. E en Remior, onde hai unha zona cunhas gandeirías importantes, nosoutros coa nosa motobomba e os bombeiros levamos auga a algunhas gandeirías. Isto levaba o seu tempo dado que tiñan esperar a que o gando fora bebendo pouco a pouco. Eu estiven en contacto en todo momento con eles e foise solucionando. Houbo que traballar duro, e na zona da fuga a partir das once da noite só quedaban catro casas sen servizo, e ás dúas e media da mañá remataron os traballos e puido ter servizo todo o mundo. Neste momento está xa restablecido todo o servizo, e estase arranxando a estrada que está cortada, como estivo no día de onte”.

Alfonso Fuente dixo que “é unha zona que agora detectamos que está a romper ademais desta forma que nos chama moito a atención, que abra todo o tubo polo medio, que pode ser que, ao ir por debaixo da estrada, que esta cedera un pouco o chan e que lle faga abrir o tubo”.

O rexedor anunciou que “imos iniciar unha obra de emerxencia primeiro sacando a tubaxe de debaixo da estrada e levándoa a zona da cuneta. A ver se a semana que ven podemos poñernos en contacto con algunhas empresas que poidan facelo de inmediato, e cambiar esa tubaxe. Onte se cambiaba outra e fai aproximadamente un mes se cambiaban outros seis metros, entón o que hai que facer é esa obra de emerxencia e cambiar o tramo. Tamén é certo que hai unha promotora que iniciou de novo a construción dun edificio que estaba paralizado e que, con cargo a esa promoción, teñen que cambiar toda a tubaxe desde o cruce de abaixo de Remior. Poñerémonos en contacto con eles para que fagan esta obra conxuntamente con nós e polo tanto o cargo ao Concello desta obra será moito menor xa que son moitos menos metros, dado que o resto de metros ata o cruce de Remior terá que executalo esta promotora”.

E subliñou: “polo tanto o custe para os veciños vai ser mínimo e imos intentar que se faga canto antes para evitar que ocorran estas cousas. É unha zona que hai moita gandeiría e hai un gran consumo de auga. De feito xa se cambiara toda a tubaxe desde o Eroski ata Remior, que era un tramo que tamén daba moitos problemas e rompía continuamente, e agora falta esta parte baixa de Remior ata chegar ao cruce da estrada da praia. É un tramo que está dando estes problemas e vai ser o que se vai cambiar, e así o estamos facendo, vendo eses tramos que nos quedan en fibrocemento e indo substituíndo por unha tubaxe máis moderna e de máis sección”.

 

O TRAIL MONTE COMADO CELÉBRASE EN BARREIROS OS DÍAS 13 E 14 DE OUTUBRO. A INSCRICIÓN PÉCHASE O 11

O TRAIL MONTE COMADO CELÉBRASE EN BARREIROS OS DÍAS 13 E 14 DE OUTUBRO. A INSCRICIÓN PÉCHASE O 11.

Trail Monte Comado 2018

Barreiros, 3 de outubro de 2018. Os días 13 e 14 deste mes terá lugar o Trail Monte Comado. Trátase dun evento deportivo que está organizado por varias firmas coas que colabora o Concello de Barreiros.

O sábado 13 terá lugar a carreira de ½ km. en vertical. A saída será dende a praia de Arealonga, xunto ao restaurante La Yenka, e a chegada ao alto do Monte Comado. De seguido celebraranse os trails infantís no cume do propio monte.

O domingo 14 desenvolverase o trail de 10 km e 28 km que estrea trazado, percorrendo puntos do concello como Cornería, Penabor, Santo Estevo do Ermo e Comado, entre outros.

O prazo de inscrición remata o 11 de outubro e pode facerse en montecomado.galitiming.com e mediokmverticalmontecomado.jimdo.com

Os organizadores deste evento son: Casa Elena, Peña Barcelonista San Miguel, Taxi Antonio Valea, Pinturas Centeno, Hotel Ría do Masma, Autodelfín, Moirón Electromecánica e Meta. A organización anima a participar a todo o mundo en calquera das distancias da proba e prometen “un trato familiar para o corredor como ven sendo xa habitual nestes últimos anos. É importante coidar os percorridos, pero aos participantes moito máis”.

 

Se buscan perros en San Pedro de Benquerencia

Se buscan perros

La imagen puede contener: perro y exterior
La imagen puede contener: perro y exterior

Sandra Amezaga está con Mario Castro Fiallega.

Ayer 2 de Octubre a las 19.30, se nos escaparon los perros de la foto de la zona de San Pedro de Benquerencia (Barreiros).
Responden al nombre de Eros (Golden color canela de tamaño grande) y Lía (Borde Colie blanca y negra de tamaño mediano). Ambos son muy cariñosos y no son peligrosos.
Por favor, si alguien los ha visto o incluso si los atropellaron pido que me aviséis.
Agradecería que por fa, compartáis mi publicación para que llegue a más gente.
Un millón de gracias

O VINDEIRO SÁBADO, 6 DE OUTUBRO, HABERÁ UNHA EXHIBICIÓN DE KARATE NO CENTRO SOCIOCULTURAL DE BARREIROS

O VINDEIRO SÁBADO, 6 DE OUTUBRO, HABERÁ UNHA EXHIBICIÓN DE KARATE NO CENTRO SOCIOCULTURAL DE BARREIROS.

Barreiros, 1 de outubro de 2018. O Concello de Barreiros patrocina unha exhibición de karate que se celebrará o vindeiro sábado, día 6 de outubro.

Esta actividade terá lugar a partires das 12:00 horas no Centro Sociocultural, Xuvenil e da Terceira Idade Manuel Díaz Sampedro de San Cosme de Barreiros.

Desde o Concello tamén informan da celebración dun curso de karate e as persoas interesadas poden obter máis información no número de teléfono 655 052 149.

Organiza estas actividades Karate Shito Kai A Mariña.

Hosteleros de Barreiros critican «o aspecto de deixadez» del concello en verano

Hosteleros de Barreiros critican «o aspecto de deixadez» del concello en verano

Lamentan que el alcalde no atendiese ninguna de sus demandas, y se las reiteran

.
JOSÉ ALONSO
BARREIROS / LA VOZ 

La Asociación de Hostelería de Barreiros celebró una reunión en la que hizo balance de la temporada estival, en la que se constató que julio fue un mes flojo, mientras que en agosto sí se registraron cifras similares a las de otros años, en tanto el Camino de Santiago sigue al alza. Otro de los puntos tratados fueron las demandas que trasladaron al alcalde, Alfonso Fuente, antes del verano, relativas a hacer mejoras en la web municipal, instalar carteles de promoción turística en las playas, vallas de bienvenida o ampliar el horario de la oficina de turismo. Desde la asociación lamentan que ninguna de las demandas fuese atendida, por lo que han presentado un nuevo escrito en el Concello, para que lo sean lo antes posible.

También critican «o aspecto de deixadez que durante todo o verán presentou a contorna do concello e algunhas instalacións de uso, principalmente turístico». «Enténdese moi negativa para a promoción do concello como alternativa de destino, causando unha imaxe de moi pouca calidade. O que, polo tanto, repercute tamén nos establecementos de hostalería», añaden.