O TRAIL MONTE COMADO CELÉBRASE EN BARREIROS OS DÍAS 13 E 14 DE OUTUBRO. A INSCRICIÓN PÉCHASE O 11

O TRAIL MONTE COMADO CELÉBRASE EN BARREIROS OS DÍAS 13 E 14 DE OUTUBRO. A INSCRICIÓN PÉCHASE O 11.

Trail Monte Comado 2018

Barreiros, 3 de outubro de 2018. Os días 13 e 14 deste mes terá lugar o Trail Monte Comado. Trátase dun evento deportivo que está organizado por varias firmas coas que colabora o Concello de Barreiros.

O sábado 13 terá lugar a carreira de ½ km. en vertical. A saída será dende a praia de Arealonga, xunto ao restaurante La Yenka, e a chegada ao alto do Monte Comado. De seguido celebraranse os trails infantís no cume do propio monte.

O domingo 14 desenvolverase o trail de 10 km e 28 km que estrea trazado, percorrendo puntos do concello como Cornería, Penabor, Santo Estevo do Ermo e Comado, entre outros.

O prazo de inscrición remata o 11 de outubro e pode facerse en montecomado.galitiming.com e mediokmverticalmontecomado.jimdo.com

Os organizadores deste evento son: Casa Elena, Peña Barcelonista San Miguel, Taxi Antonio Valea, Pinturas Centeno, Hotel Ría do Masma, Autodelfín, Moirón Electromecánica e Meta. A organización anima a participar a todo o mundo en calquera das distancias da proba e prometen “un trato familiar para o corredor como ven sendo xa habitual nestes últimos anos. É importante coidar os percorridos, pero aos participantes moito máis”.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *