Archivo de la categoría: Fotos

ESTE MEDIODÍA FORON ENTREGADOS OS PREMIOS DO 1º CONCURSO DE FOTOGRAFÍA BARREIROS, UN MAR DE PRAIAS

ESTE MEDIODÍA FORON ENTREGADOS OS PREMIOS DO 1º CONCURSO DE FOTOGRAFÍA BARREIROS, UN MAR DE PRAIAS.

La imagen puede contener: texto

La imagen puede contener: 4 personas, personas de pieBarreiros, 27 de setembro de 2018. Este mediodía foron entregados no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro os premios aos gañadores do 1º concurso de fotografía Barreiros, un mar de praias, que foi organizado polo Concello.

O primeiro premio, de 100 euros, foi para a foto titulada Presa de Celeiro, presentada por Noelia Ramalleira Barrera. E o segundo premio, de 50 euros, correspondeulle a José Rocha Grande pola súa foto Corveira. Estas imaxes irán na portada e contraportada do calendario do Concello de Barreiros para o ano 2019. Entre as restantes fotografías presentadas ao concurso seleccionaranse doce para representar a cada un dos meses.

O acto desta mañá estivo presidido polo alcalde, Alfonso Fuente Parga.

O xurado estivo integrado pola fotógrafa Iria Pernas Cagigal, o pintor afeccionado Ángel Carregal Alonso e a secretaria interventora do Concello, Begoña Teijeiro, que deu fe do acto.

FALLADO O 1º CONCURSO DE FOTOGRAFÍA BARREIROS, UN MAR DE PRAIAS. OS PREMIOS ENTREGARANSE MAÑÁ, XOVES, NO CENTRO SOCIOCULTURAL MANUEL DÍAZ SAMPEDRO

FALLADO O 1º CONCURSO DE FOTOGRAFÍA BARREIROS, UN MAR DE PRAIAS. OS PREMIOS ENTREGARANSE MAÑÁ, XOVES, NO CENTRO SOCIOCULTURAL MANUEL DÍAZ SAMPEDRO.

Barreiros, 26 de setembro de 2018. Fallado o 1º concurso de fotografía Barreiros, un mar de praias, que foi organizado polo Concello. Os premios entregaranse nun acto que se celebrará mañá, xoves, ás doce do mediodía no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, en San Cosme de Barreiros.

O primeiro premio, de 100 euros, é para a foto titulada Presa de Celeiro, presentada por Noelia Ramalleira Barrera. E o segundo premio, de 50 euros, corresponde a José Rocha Grande pola súa foto Corveira. Estas imaxes irán na portada e contraportada do calendario do Concello de Barreiros para o ano 2019. Entre as restantes fotografías presentadas ao concurso seleccionaranse doce para representar a cada un dos meses.

O xurado estivo integrado pola fotógrafa Iria Pernas Cagigal, o pintor afeccionado Ángel Carregal Alonso e a secretaria interventora do Concello, que deu fe do acto.

BASES CONCURSO FOTOGRAFÍA QUE O CONCELLO CONVOCA PARA O 1º CERTAME FOTOGRÁFICO BARREIROS, UN MAR DE PRAIAS

BASES CONCURSO FOTOGRAFÍA

1ª Edición – Certame fotográfico
“Barreiros, un mar de praias”
1.- Obxecto:
Constitúe o obxecto das presentes bases a regulación do procedemento aplicable para o
outorgamento dos premios do concurso de fotografía organizado polo Concello de Barreiros,
para a promoción dos valores paisaxísticos, artísticos ou culturais deste concello. Ditas
fotografías posteriormente serán empregadas para a elaboración do calendario anual municipal.
2. Participantes.-
Poderán concorrer a este certame fotográfico todas as persoas maiores de 18 anos que o
desexen, sexan profesionais ou afeccionados, sempre que os seus traballos se axusten ás bases
do mesmo.
Unha mesma persoa non poderá participar con distintos pseudónimos nin se admitirán varias
solicitudes distintas do mesmo pseudónimo.
2. Temática.-
A temática do concurso será libre e entenderase pola mesma, a presentación de imaxes que
recollan a riqueza paisaxística, cultural, artística, etc.… do noso concello.
3. Características das fotografías.-
 As imaxes deberán ser necesariamente orixinais e inéditas.
 Todas as fotografías presentadas terán que estar libres de dereitos a terceiros.
 As imaxes poderán ser en color ou en branco e negro, non admitíndose a manipulación
dixital das mesmas.
 As fotografías deberán presentarse impresas en formato 10×15 e nun CD en formato de
extensión JPG e un tamaño de arquivo entre 1 e 4 MB (Megabyte) por fotografía.
 Cada participante poderá presentar hasta un máximo de catorce fotografías
 O contido das mesmas necesariamente estará relacionado co tema do concurso.
 As fotografías presentadas pasarán a ser propiedade do Concello, que se reserva todos
os dereitos sobre as mesmas e poderá utilizalas posteriormente con fins culturais,
artísticos ou publicitarios, citando sempre o nome do autor; aténdose, en todo caso, ao
que dispón a Lei de Propiedade Intelectual.
 Os participantes responden ante o concello da autoría da fotografía e asumen a plena
responsabilidade ante calquera reclamación que neste sentido podan efectuar terceiras
persoas, incluídas as derivadas dun incumprimento da lexislación sobre o honor, a
intimidade, inxurias, calumnias e dereito á imaxe ou por imaxes que se podan considerar
difamatorias ou obscenas.
 O concello non aceptará aquelas fotografías que considere que podan resultar ofensivas,
que atenten contra as normas sociais de convivencia, que non respondan a uns mínimos
criterios estéticos, que podan ferir a sensibilidade da cidadanía ou a imaxe dunha
persoa, entidade e/ou institución, que sexan de carácter político ou relixioso, que
constitúan unha apoloxía da violencia en calquera das súas manifestacións, que
promovan o consumo de drogas, tabaco e bebidas alcohólicas, as de contido racista,
xenófobo, sexista ou contrario ós valores democráticos.
 Todas aquelas fotografías que non cumpran algún dos requisitos establecidos nas
presentes Bases quedarán fóra do concurso.
4.- Forma de presentación e envío.-
Presentarase no concello de Barreiros un sobre pechado identificado unicamente co
pseudónimo e co seguinte contido:
– as fotografías impresas e co pseudónimo escrito no reverso.
– o CD e no que figurará escrito tamén o pseudónimo.
– un sobre pechado no que se incluirá un documento co contido do anexo I destas bases e
copia do DNI da persoa participante.
5.- Lugar de entrega e data de presentación.
As fotografías presentaranse preferiblemente de forma presencial no Concello de Barreiros, sito
na rúa Vila, 63, San Cosme de Barreiros (cp: 27790) inda que tamén se poderán remitir por
correo postal mediante carta certificada dirixíndoas á mesma dirección.
A data límite de presentación será o día 15 de setembro de 2018.
Para aquelas fotografías que se envíen por correo, considerarase como data de presentación a
amosada no selo de correos.
6.- Xurado.
O xurado será designado polo Concello, entre persoas competentes no arte fotográfico e/ou
artístico. O xurado resérvase o dereito de interpretación das Bases do presente concurso e de
resolución dos casos non contemplados, de acordo co seu mellor criterio.
O fallo do xurado será feito público o día 20 de setembro de 2018 e será inapelable.
Darase publicidade do fallo mediante comunicación telefónica aos participantes premiados,
publicarase na páxina web do concello e nas redes sociais. O xurado resérvase o dereito de
declarar desertos os premios que se establecen no apartado seguinte, se os traballos
presentados non reunisen, ó seu criterio, os méritos suficientes.
A mesma persoa non poderá recibir os dous premios.
7.- Premios.-
Establécense os seguintes premios:
1º Premio: 100 €
2º Premio: 50 €
A entrega de premios realizarase nun acto público o día 27 de setembro de 2018 no Centro
Sociocultural D. Manuel Díaz Sampedro ás 12 horas.
Os autores ou autoras premiados comprométense a recoller os premios no acto de entrega
citado anteriormente e onde se poderá observar unha mostra coas fotografías premiadas e
cunha selección das mellores que non resultaran gañadoras. En caso excepcional e xustificado de
non poder asistir ao acto, a persoa premiada poderá recoller o premio nas oficinas municipais
con posterioridade.
No acto farase entrega dunha tarxeta acreditativa do premio recibido.
Para recibir a contía do premio deberán presentar no concello xustificante bancario do seu
número de conta para realizar a transferencia da contía que corresponda segundo o premio.
8.- Protección de datos de carácter persoal.-
A mera participación neste Concurso implica a total aceptación das Bases Reguladoras do
mesmo, condicións, requisitos e obrigas contidas nas mesmas.
A concorrencia ao proceso implica a manifestación tácita do consentimento inequívoco ao
tratamento de datos de carácter persoal e a súa publicación, conforme ó establecido na
normativa sobre Protección de Datos de carácter persoal.
ANEXO I (Documento a incluír en sobre pechado co CD das fotografías e con copia do DNI)
Pseudónimo:
Nome:
Apelidos:
DNI:
Domicilio:
Telefono de contacto:
MANIFESTO a miña intención de participar no Certame fotográfico “Barreiros, un mar de praias”,
organizado polo concello de Barreiros, aceptando totalmente o establecido nas bases
reguladoras do mesmo.
Data:
Firma:

O CONCELLO CONVOCA O 1º CERTAME FOTOGRÁFICO BARREIROS, UN MAR DE PRAIAS

O CONCELLO CONVOCA O 1º CERTAME FOTOGRÁFICO BARREIROS, UN MAR DE PRAIAS.La imagen puede contener: texto

Barreiros, 6 de setembro de 2018. A Concellería de Turismo convoca o 1º Certame Fotográfico Barreiros, un mar de praias.

A temática é libre e as imaxes presentadas terán que recoller a riqueza paisaxística, cultural, artística, etc… de Barreiros. As bases do concurso poden consultarse na páxina web do Concello, www.concellodebarreiros.com

Bases para o concurso

As fotografías deberán presentarse no Concello de Barreiros, e a data límite de admisión de orixinais é o día 15 deste mes de setembro.

Esta primeira edición do Certame Fotográfico Barreiros, un mar de praias outorgará dous premios en metálico: 100 euros para o gañador e 50€ para o segundo.

A entrega de premios terá lugar 27 deste mes no Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro, ás 12:00 horas.

ALFONSO FUENTE ENTREGOU OS PREMIOS ÁS GAÑADORAS E GAÑADORES DO I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA A MULLER TRABALLADORA

ALFONSO FUENTE ENTREGOU OS PREMIOS ÁS GAÑADORAS E GAÑADORES DO I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA A MULLER TRABALLADORA.

Barreiros, 10 de marzo de 2018. Entregados en Barreiros os premios ás gañadoras e gañadores do I Concurso de Fotografía A muller traballadora.

Os premiados foron:

CATEGORIA A (de 8 a 12 anos)

1º Posto – Daniela Yañez Lorenzo

2º Posto – Fernando Seco Sánchez

CATEGORIA B (de 13 a 17 anos)

1º Posto – Ainara López Fernández

2º Posto – Nerea López Fernández

CATEGORIA C (desde 18 anos)

1º Posto – Diego Muruais Jartín

2º Posto – Mª Carmen Fernández Vizoso

O alcalde, Alfonso Fuente, foi o encargado de facer a entrega de agasallos a estas rapazas e rapaces.

O I Concurso de Fotografía A Muller Traballadora foi convocado polo Concello “coa finalidade de expresar por medio da fotografía a loita da muller polos deus dereitos, pola súa participación, en igualdade co home, na sociedade e no desenvolvemento íntegro como persoa”.

Desde o Concello indican que “nos próximos días realizarase unha exposición con todos os traballos recibidos”

O CONCELLO CONVOCA O I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA A MULLER TRABALLADORA. A PRESENTACIÓN DE IMAXES REMATA O 7 DE MARZO

O CONCELLO CONVOCA O I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA A MULLER TRABALLADORA. A PRESENTACIÓN DE IMAXES REMATA O 7 DE MARZO.

Barreiros, 26 de febreiro de 2018. O Concello organiza, a través do seu departamento de Servizos Sociais, unha serie de actos con motivo da celebración do Día Internacional da Muller Traballadora, que se celebra o 8 de marzo.

Así convoca o I Concurso de Fotografía A Muller Traballadora coa finalidade de expresar por medio da fotografía a loita da muller polos deus dereitos, pola súa participación, en igualdade co home, na sociedade e no desenvolvemento íntegro como persoa. As bases recollen que a temática será a expresión por medio da fotografía desa loita da muller polos seus dereitos. Todo material inapropiado ou non vinculado co tema será descartado.

Establécense tres categorías: categoría A dende 8 ata 12 anos, categoría B entre 13 e 17 anos, e categoría C desde 18 anos. As fotografías que se presenten ao concurso deberán ser entregadas nas Oficinas Xerais do Concello de Barreiros, no CEIP de San Cosme de Barreiros ou no CEIP de San Miguel de Reinante. O prazo remata o 7 de marzo ás 13:00 horas, e permitirase un máximo de tres fotografías por participante.

As fotografías entregaranse en formato impreso e tamaño 10 x 15 cm (papel fotográfico), asinadas cun pseudónimo e en sobre pechado, acompañando outro sobre pechado (anexado ao principal) onde figurará o pseudónimo xunto co nome, idade, categoría e teléfono de contacto. No caso de presentar un mesmo autor varias fotografías, estas deberán ser entregadas de xeito individual.

As obras presentadas ao concurso son propiedade do seu autor e autorizará ao Concello de Barreiros para a súa difusión. Tras o fallo do xurado realizarase unha exposición de todos os traballos presentados.

As bases recollen que o autor é libre do seu uso unha vez emitido o fallo do concurso, comprometéndose a non divulgar ningunha das fotografías presentadas a concurso antes da resolución das premiadas. A divulgación previa implica a non participación no concurso.

O xurado estará composto por tres integrantes sensibilizados e vinculados coa temática do mesmo e co mundo da imaxe.

Haberá un primeiro e un segundo premio por cada categoría, e a resolución das fotografías premiadas está prevista para o xoves 8 de marzo, ás 19:00 horas, no Centro Social de San Cosme de Barreiros.