A  UMAR  ATENDE  NO CENTRO DE SAÚDE DE LOURENZÁ AS DEMANDAS QUE,  DE FORMA MASIVA SE TRANSFORMARON EN RECLAMACIÓNS POLA  FALTA DE COBERTURA DA PEDIATRA

A  UMAR  ATENDE  NO CENTRO DE SAÚDE DE LOURENZÁ AS DEMANDAS QUE,  DE FORMA MASIVA SE TRANSFORMARON EN RECLAMACIÓNS POLA  FALTA DE COBERTURA DA PEDIATRA.

En menos de dúas horas a mesa informativa recolleu unhas trinta reclamacións , formándose colas para   denunciar públicamente a súa indignación pola negativa  do Sergas  para substituir  á pediatra.

Un grupo moi numeroso de veciñas e veciños acudiron o pasado martes ao  centro de saúde de Lourenzá, onde se ubicou a Unidade Móbil de Axuda coas Reclamacións (UMAR), para reclamar a cobertura plena e estable da pediatra que ate o día de onte se atopaba en situación de baixa laboral e sen substituir, xerando  por elo serios problemas de asistencia nas localidades donde desenvolve a súa acitividade profesional.

A incorporación da pediatra ao seu posto de traballo non impediu que as nais,pais ,avoas, avós e veciñ@s deste concello quixeran deixar constancia expresa do seu rexeitamento a esta negativa do Sergas para cubrir calquera ausencia xustificada da profesional, como está a ocurrir nos concellos de Barreiros, Lourenzá e Mondoñedo , xerando agardas para exames de saúde e consultas ordinarias de case tres meses. Según manifestaron @s numeros@s veciñ@s alí congregad@s  “ ainda que a pediatra se incorporou da súa baixa nuns días voltamos a estar igual pois vai coller vacacións e ,se o Sergas non quixo cbrir unha baixa médica con menos motivo cubrirán as súas vacacións, co cal a situación de desamparo que temos voltará nuns días”– dicían algunhas nais visiblemente preocupadas.

Desde a Plataforma Sanitaria engaden que “ esta situación é totalmente esperpéntica e o Sergas non fai máis que dar excusas  moi pouco cribles e que nos levan a pensar que as súas políticas recortadoras chegaron xa a un punto no que se está a volver contra eles ; agora mesmo cremos que se estan a sentar por riba dun polvorin a punto de estoupar”.

 

 

 

O feito de que en menos de dúas horas se redactaran  unhas trinta reclamacións en demanda dun servizo de pediatría estable, independentemente dos permisos que poida solicitar a titular, “ danos unha aproximación do grado de malestar social que hai na comarca e que a pouco que o Sergas manteña a súa actitude desencadenará novamente movementos de contestación social masivos”– conclúe a coordinadora do colectivo sanitario.

O alcalde, Alfonso Fuente Parga, visitou nas últimas horas a dúas veciñas do municipio que cumpriron 102 anos

O alcalde, Alfonso Fuente Parga, visitou nas últimas horas a dúas veciñas do municipio que cumpriron 102 anos. Trátase de Aurelia Dorado Pérez, de San Xulián, e de Guillermina Fraga Iglesias, de San Miguel. A primeira naceu o 8 de outubro de 1916 e a segunda o 11 de outubro do mesmo ano. En nome de tod@s @s barreirenses o rexedor desexoulles un feliz aniversario e fíxolles entrega duns agasallos.

 

Investigada por acoso y uso de armas de fogueo una pareja de Barreiros

Investigada por acoso y uso de armas de fogueo una pareja de Barreiros

En el último incidente, esta semana, hubo disparos a una yegua del vecino

Dos vecinos del lugar de Agolada, en Barreiros, mantienen un severo conflicto y un cruce de acusaciones, que han llevado a los agentes de la Guardia Civil a iniciar una investigación. Los dos miembros de una pareja, residentes en la zona, constan como investigados como presuntos autores de un delito de acoso vecinal. Los agentes se han incautado de un arma de fogueo y munición.

Se les ha señalado como supuestos autores de una serie de “insultos, seguimientos, vigilancia e incluso disparos con pistolas de fogueo” que se vienen produciendo desde el pasado mes de agosto. El último habría ocurrido esta semana, con disparos a una yegua del vecino.

En el transcurso de la investigación, aún en marcha, el presunto autor del delito de acoso vecinal, de 34 años de edad, sostiene que a él le rayaron dos vehículos en las inmediaciones de su vivienda, precisamente este verano. Parece que ése puede ser el origen de los hechos que se han ido sucediendo después.

A UNIDADE MÓBIL DE AXUDA COAS RECLAMACIÓNS (UMAR) ESTARÁ EN LOURENZÁ O VINDEIRO MARTES 16 DE OUTUBRO

A UNIDADE MÓBIL DE AXUDA COAS RECLAMACIÓNS (UMAR) ESTARÁ EN LOURENZÁ O VINDEIRO MARTES 16 DE OUTUBRO

A mesa informativa colocarase na entrada do centro de saúde en horario de 11 a 13 horas.

O centro de saúde de Lourenzá acollerá o próximo martes 16 de outubro a Unidade Móbil de Axuda coas Reclamacións (UMAR) no horario habitual, de 11 a 13 horas. Dita mesa ten como obxectivo principal informar a usuari@s , profesionais e colectivos de todo aquelo que precisen en relación a tempos de agarda excesivos para realizar probas diagnósticas,consultas ou intervencións cirúrxicas . Tamén axudarán , a quen así o solicite, na redacción e rexistro de reclamacións.

A UMAR entrou en funcionamento o pasado mes de abril, pouco despois de ser aprobada a reforma da lei de saúde polo PP en solitario, co rexeitamento de toda a oposición e cunha masiva contestación social que ningunearon . Desde a súa implantación dito dispositivo foi gañando apoios paulatinamente , e na actualidade goza do beneplácito de toda a comarca e mesmo trascende os límites da Mariña. Cunha periodicidade de dúas veces ao mes, a UMAR ubícase o primeiro martes de mes na entrada principal do hospital e o terceiro martes nun centro de saúde que é diferente cada mes. O número de reclamacións rexistrada e resoltas vai in crescendo e non só se limita ás datas nas que hai UMAR , senon que existe un goteo continuo a través do correo da Plataforma Sanitara ou de chamadas telefónicas.

Nesta ocasión esta localización da UMAR ten un sgnificado especial pois Lourenzá , xunto con Barreiros e Mondoñedo comparten pediatra e actualmente os tres centros de saúde carecen do servizo, xa deficiente en condicións normais, ao estar de baixa a profesional e non ser cuberta . Este feito está a causar serios problemas na atención de nenos e nenas destes concellos, problema denunciado nos medios de comunicación días atrás e que produciu situacións esperpénticas e inadmisibles como un atraso de case tres meses na reprogramación de revisións protocolizadas.

Por iste motivo desde a Plataforma Sanitaria animamos ás veciñas e veciños do concello de Lourenzá a que se acheguen o vindeiro martes 16 de outubro ao centro de saúde para denunciar públicamente o que consideramos é unha vulneración dun dereito fundamental, agravado ao tratarse de persoas de curta idade.

Para máis información chamar a Víctor Vila 677343429 ou a Montse Porteiro 615187637

O CENTRO SOCIOCULTURAL MANUEL DÍAZ SAMPEDRO ACOLLERÁ UN CURSO DE KARATE OS VENRES POLA TARDE. DARÁ COMEZO O 19 DE OUTUBRO

O CENTRO SOCIOCULTURAL MANUEL DÍAZ SAMPEDRO ACOLLERÁ UN CURSO DE KARATE OS VENRES POLA TARDE. DARÁ COMEZO O 19 DE OUTUBRO.

Barreiros, 9 de outubro de 2018. O centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro acollerá os venres de 17:30 a 18:30 horas un curso de karate. Dará comezo o vindeiro 19 de outubro. As persoas interesadas en asistir poden solicitar máis información no seguinte número de teléfono 655 052 149 ou no correo [email protected]

O obxectivo deste curso pasa por impulsar “o desenvolvemento físico e mental das persoas e a adquisición de concentración, confianza e seguridade”.

Ducias de persoas asistiron á exhibición de karate que tivo lugar a fin de semana pasada, o sábado, no centro sociocultural barreirense.

AS COMISIÓNS DE FESTAS DE SAN ROQUE, SAN BARTOLO E SAN COSME AGRADECEN A COLABORACIÓN DO CONCELLO BARREIRENSE COA ORGANIZACIÓN DESTES EVENTOS

AS COMISIÓNS DE FESTAS DE SAN ROQUE, SAN BARTOLO E SAN COSME AGRADECEN A COLABORACIÓN DO CONCELLO BARREIRENSE COA ORGANIZACIÓN DESTES EVENTOS.

Barreiros, 9 de outubro de 2018. As comisións de festas de San Roque, San Bartolo e San Cosme queren agradecer ao Concello de Barreiros a axuda prestada para a realización de ditas festas, que consistiu en facilitar carpas, instalación eléctrica, grupo electróxeno e combustible, tal e como fai en todas as demais festas do municipio.

A PLATAFORMA SANITARIA CUALIFICA DE ESCANDALOSA E INDECENTE A RESPOSTA DO SERGAS EN RELACIÓN Á FALTA DE COBERTURA  DE PEDIATRA NO CENTRO DE SAÚDE DE BARREIROS

A PLATAFORMA SANITARIA CUALIFICA DE ESCANDALOSA E INDECENTE A RESPOSTA DO SERGAS EN RELACIÓN Á FALTA DE COBERTURA  DE PEDIATRA NO CENTRO DE SAÚDE DE BARREIROS.

A baixa da pediatra que comparten os centros de saúde de Barreiros, Lourenzá e Mondoñedo provoca a anulación dunha cita e a súa reprogramación para case tres meses máis tarde.

As declaracións feitas polo Sergas despois de que unha veciña de Barreiros presentara unha reclamación no centro de saúde desta localidade pola falta de cobertura de pediatra son , ao parecer deste colectivo en defensa da sanidade pública, totalmente escandalosas, indecentes e faltas da máis mínima ética.

A veciña acudiu ao centro de saúde co seu fillo para un exame de saúde protocolizado e pertencente a unha programa de promoción da saúde e prevención de enfermidades , e uns minutos antes da hora da cita avisárona de que a pediatra estaba de baixa e que lle cambiaban a cita para o mes de decembro.En resposta á reclamación e denuncia pública nos medios  desta nai o Sergas resposta que “ a baixa desta profesional mon pudo ser prevista “  e que “ se trata de revisións incluídas no programa neno sano e non de atencións urxentes”. Ante estas respostas a Plataforma Sanitaria  denuncia que isto non é unha situación puntual nen extraordinaria , senón que se  veñen producindo bastante a miudo e ademáis estas revisións en persoas de tan curta idade non poden ser retrasadas por períodos tan longos de tempo ,”porque non se trata duns días senón de case tres meses podendo darse o caso de que case se solape unha revisión coa seguinte, e os parámetros a avaliar non sexan os correspondentes á idade do neno”- comentan desde o colectivo.

Estes programas foron creados para avaliar o desenvolvemento psicomotriz d@s pequenos así coma o crecemento e outros indicadores de saúde , sendo de gran trascendencia para o correto desenvolvemento d@s nen@s e avalados científicamente polas Sociedades de Pediatría. É por iso que cando se programa unha revisión correspondente a unha idade biolóxica , esta non debe demorarse moito tempo , xa que a velocidade coa que un/-ha nen@ crece e cambia é moi alta.

Desde a Plataforma Sanitaria da Mariña esiximos ao Sergas que asuma dunha vez por todas o gran problema que ten de escasez de profesionais nos centros sanitarios e que poña inmediata solución ao que” pode converterse nun escándalo de dimensións colosais “- conclúen.