Archivo de la categoría: Barreiros

O CONCELLO REMATOU AS OBRAS NA TRAÍDA DA AUGA NA ZONA DE PUMARÍN. AGORA SÓ QUEDA PENDENTE A REPOSICIÓN DO FIRME NA ESTRADA

O CONCELLO REMATOU AS OBRAS NA TRAÍDA DA AUGA NA ZONA DE PUMARÍN. AGORA SÓ QUEDA PENDENTE A REPOSICIÓN DO FIRME NA ESTRADA. La imagen puede contener: 3 personas, personas de pie, árbol, exterior y naturaleza

Barreiros, 21 de febreiro de 2019. O Concello ven de realizar obras na traída de auga na zona de Pumarín. Alí substituíuse máis dun quilómetro da vella rede de fibrocemento, na que se rexistraban avarías con certa frecuencia. O alcalde, Alfonso Fuente, e o concelleiro de Obras, Lorenzo Penabad, visitaron os traballos que rematarán coa reposición do firme.

O rexedor sinalou que “esta actuación modifica a traída de auga na zona de Pumarín, case un quilómetro de substitución da vella rede de fibrocemento. Continuamos co cambio de tubaxes que xa iniciamos fai uns anos. Esta era unha obra que estaba dentro da adxudicación da depuradora. Era unha mellora igual que a que se fixo en Benquerencia desde a N-634 ata Agolada, e agora substituíuse esta. Eran dúas traídas moi importantes porque a parte de ser en fibrocemento, producíanse moitas avarías nesa zona e moitos cortes no subministro”.

O alcalde declarou que “neste momento falta a reposición do firme da estrada, pero os propios veciños me trasladaban que están bastante contentos con esta obra porque recolocaron os contadores e colocáronos ao pé da vía para facilitar a lectura dos mesmos”.

Alfonso Fuente salientou que “continuamos traballando nesa mellora da rede de abastecemento”.

O alcalde visitou Pumarín acompañado do concelleiro de Obras, Lorenzo Penabad.

Excursión doble: a la nieve y a Gijón 

juana carrera
Mié 20/02/2019 16:51
Xornal mensual da Mariña
Hola. Os paso una notita y fotos.

Gracias por todo, Juana

* Excursión doble: a la nieve y a Gijón 
Los alumnos del CEIP San Cosme de Barreiros disfrutan de una doble salida. Los más mayores han partido a primera hora de la mañana hacia la estación de esquí de Leitariegos (Asturias) donde disfrutarán de tres días de deporte y diversión. Paralelamente los alumnos de menor edad han viajado este miércoles a Gijón para visitar el Acuario y dar un paseíto por la playa de San Lorenzo.
Todos lo están pasando en grande en sus respectivos destinos.
Excursiones organizadas por el equipo docente del CEIP San Cosme.

………….

Excursión dobre: á neve e a Xixón 
Os alumnos do CEIP San Cosme de Barreiros gozan dunha dobre saída. Os máis maiores partiron á primeira hora da mañá cara á estación de esquí de Leitariegos (Asturias) onde gozarán de tres días de deporte e diversión.  Paralelamente os alumnos de menor idade viaxaron este mércores a Gijón para visitar o Acuario e dar un  paseíto pola praia de San  Lorenzo.
Todos o están pasando en grande nos seus respectivos destinos.
Excursións organizadas polo equipo docente do CEIP San Cosme.

Éxito da xornada informativa sobre axudas e subvencións organizada pola asociación de Hostelería de Barreiros.

Éxito da xornada informativa sobre axudas e subvencións
organizada pola asociación de Hostelería de Barreiros.
O colectivo organizador contactou con diferentes departamentos da Xunta de Galicia, así
como tamén co GDR Terras de Miranda e o GALP A Mariña-Ortegal.
70 persoas asistiron á xornada organizada polas persoas que integran o colectivo de
hostelería de Barreiros, que lograron reunir na mesma mesa a diferentes departamentos
da Xunta, así como ao GDR Terras de Miranda. A idea desta xornada partiu do colectivo
barreirense ao observar o amplo abano de posibilidades de subvencións e axudas que
existen neste momento e das cales poden ser beneficiarias tanto persoas que traballan
por conta propia como empresas.
A asociación considera a xuntanza como un éxito, dada a alta participación que houbo, o
que dá mostra de que é un tema que esperta interese entre a xente. Axudar a difundir
estes apoios considérano básico para que as persoas interesadas teñan máis
coñecemento sobre as oportunidades que existen, e así, contribuir a reforzar o tecido
económico tanto do municipio como do resto de concellos do arredor.
Cristina Sanz do IGAPE, Paloma Vázquez da Axencia Galega de Turismo, Rocío Rebolo
do Servizo de Emprego e Economía Social, e Elena Martínez do GDR Terras de Miranda,
foron as expositoras desde o punto de vista técnico, de todas as axudas e subvencións
existentes. Na sesión tomou tamén a palabra o Delegado Territorial da Xunta de Galicia
na provincia de Lugo, José Manuel Balseiro Orol. A asociación organizadora agradece a
disposición de todas estas persoas para celebrar a xornada.
As poñentes facilitaron as presentacións empregadas, e foron agrupadas nunha carpeta
de acceso público para calquera persoa que desexe consultalas. En dita carpeta está
tamén dispoñible material informativo sobre outras axudas de outros departamentos ou
organismos. Esta información pode consultarse accedendo á páxina de Facebook de
“Hostelería de Barreiros”, ou ben solicitala por correo escribindo a
[email protected]

A Xunta informa en Barreiros dos programas de axuda que convoca para emprendedores, autónomos e pemes

Hostelería de Barreiros <[email protected]>
Mié 20/02/2019 14:06

Boa tarde,

Escribimos desde a asociación de Hostelería de Barreiros dado que observamos que a información publicada sobre a xornada informativa sobre axudas e subvencións celebrada onte en Barreiros, é errónea en dous punto:
1. Onde di: A Xunta de Galicia organizou, en colaboración coa Asociación de Hostalería de Barreiros”. Debe dicir ao revés, a asociación de hostelería foi a organizadora e quen contactou con distintos departamentos da Xunta e outros como o GALP e o GDR para realizar este evento.
2. Onde di : a xestora da asociación de hostaleiros de Barreiros, Tamara Rubiños”. Esta referencia é errónea, a nosa compañeira non é xestora de dita asociación, que está presidida por David Hinojosa Bermúdez. A participación de Tamara na xornada de onte foi unicamente en calidade de representante para este evento en particular.
Agradecemos, por favor, a rectificación dos puntos anteriores e informamos que enviaremos en breve a nosa propia nota como entidade organizadora.
Graciñas e un saúdo.

FUENTE PARGA VISITOU AS OBRAS DA DEPURADORA DE CELEIRO DE MARIÑAOS

FUENTE PARGA VISITOU AS OBRAS DA DEPURADORA DE CELEIRO DE MARIÑAOS, QUE ESTÁN A PIQUES DE REMATAR. O INVESTIMENTO ASCENDE A UN MILLÓN DE EUROS.

Barreiros, 19 de febreiro de 2019. O alcalde, Alfonso Fuente, visitou esta mañá as obras da depuradora de Celeiro de Mariñaos, que entrará en funcionamento en breve. O investimento realizado ascende a 1 millón de euros.

O rexedor contou que “visitei as obras da depuradora, da Etap, en Celeiro de Mariñaos para ver como ían. Esperamos que nuns días poidan estar rematadas xa totalmente esas obras, para poder poñer xa en funcionamento a nova depuradora e evitar así o que viña pasando, que cando o río baixaba revolto, por choivas ou por obras no cauce, iso ocasionaba que a auga saíse con turbidez”.

Alfonso Fuente engadiu que “para eliminar todo isto, unha vez se poña en marcha esta nova depuradora, iso xa quedará solucionado. Así mesmo amplía a capacidade de produción de auga potable, e tamén se aumentou o depósito de cabeceira. Tiñamos un depósito de 900 metros cúbicos e agora xa contamos cun depósito de 2.000 metros cúbicos”.

O alcalde lembrou que “o investimento está en torno a 1 millón de euros, que creo que nos vai dar moita mellora en toda a rede de abastecemento de auga do noso concello”.

O FESTIVAL INFANTIL DO ENTROIDO 2019 EN BARREIROS TERÁ LUGAR O 3 DE MARZO. HABERÁ DESFILE, BAILE, XOGOS MÁXICOS E PHOTOCALL

O FESTIVAL INFANTIL DO ENTROIDO 2019 EN BARREIROS TERÁ LUGAR O 3 DE MARZO. HABERÁ DESFILE, BAILE, XOGOS MÁXICOS E PHOTOCALL.

Barreiros, 18 de febreiro de 2019. A Concellería de Cultura organiza o Festival Infantil do Entroido 2019 o 3 de marzo.

A festa terá lugar no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro entre as 17:30 e as 20:15 horas.

Haberá un desfile infantil de disfraces con agasallos, bailes en grupo, xogos máxicos e photocall. Desde o Concello advirten que “nas actividades os menores deberán estar acompañados dun responsables desa rapaza ou rapaz”.

Os números de dinamización e maxia correrán a cargo de Chrystyan Magic. No Festival Infantil do Entroido 2019 en Barreiros tamén participarán Os Cabezudos.

O VINDEIRO SÁBADO, 23 DE FEBREIRO, TERÁ LUGAR EN BARREIROS A II FESTA DO COCIDO. AS ENTRADAS PARA ASISTIR XA ESTÁN Á VENDA

O VINDEIRO SÁBADO, 23 DE FEBREIRO, TERÁ LUGAR EN BARREIROS A II FESTA DO COCIDO. AS ENTRADAS PARA ASISTIR XA ESTÁN Á VENDA.    

Barreiros, 18 de febreiro de 2019. O Concello de Barreiros colabora co CF CeltaBarreiros e as charangas Os Macanudos e Habelas Hainas na organización da II Festa do Cocido que se celebrará o vindeiro sábado, 23 de febreiro. Terá lugar no polideportivo de San Cosme e dará comezo ás 21:30 horas.

O menú consistirá en sopa de cocido, cocido, postre, viño, auga, refrescos, pan, café e chupito. O prezo é de 20 euros para os adultos e de 10 euros para @s nen@s de ata 10 anos. A cea será servida polo cátering Chao dos Navais e o baile estará amenizado pola discoteca móbil Eventec. Ademais haberá sorteo de grandes premios.

As persoas interesadas en asistir a esta festa poden facer as súas reservas nos números de teléfono: 659 392 666 (Manolo), 667 316 459 (Demelsa) ou 609 575 536 (Iria).

No evento colaboran ademais do Concello os restaurante O Asador e La Yenka, Chao dos Navais, Eventec, Eroski e Gadis.

A II Festa do Cocido foi presentada hoxe polos organizadores, que estiveron acompañados polo alcalde e polo tenente de alcalde, Alfonso Fuente Parga e José Manuel Gómez Puente, respectivamente.

O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente Parga, visitou hoxe a gardería municipal na que se está a desenvolver o programaEducando en Igualdade

O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente Parga, visitou hoxe a gardería municipal na que se está a desenvolver o programaEducando en Igualdade, que promove a asociación Educando en Familia e que está subvencionado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia. O devandito programa está coordinado por Encarna Santos, que é mestra e orientadora en Educando en Familia, e é impartido por Beatriz Yáñez, traballdora social e especialista en xuventude, sociedade e xénero.
Educando en Igualdade aborda algunhas claves para educar en igualdade desde o ámbito familiar: a coeducación; a corresponsabilidade; os xoguetes, contos e debuxos non sexistas; e o pensamento crítico e a educación emocional.