O CONCELLO REMATOU AS OBRAS NA TRAÍDA DA AUGA NA ZONA DE PUMARÍN. AGORA SÓ QUEDA PENDENTE A REPOSICIÓN DO FIRME NA ESTRADA

O CONCELLO REMATOU AS OBRAS NA TRAÍDA DA AUGA NA ZONA DE PUMARÍN. AGORA SÓ QUEDA PENDENTE A REPOSICIÓN DO FIRME NA ESTRADA. La imagen puede contener: 3 personas, personas de pie, árbol, exterior y naturaleza

Barreiros, 21 de febreiro de 2019. O Concello ven de realizar obras na traída de auga na zona de Pumarín. Alí substituíuse máis dun quilómetro da vella rede de fibrocemento, na que se rexistraban avarías con certa frecuencia. O alcalde, Alfonso Fuente, e o concelleiro de Obras, Lorenzo Penabad, visitaron os traballos que rematarán coa reposición do firme.

O rexedor sinalou que “esta actuación modifica a traída de auga na zona de Pumarín, case un quilómetro de substitución da vella rede de fibrocemento. Continuamos co cambio de tubaxes que xa iniciamos fai uns anos. Esta era unha obra que estaba dentro da adxudicación da depuradora. Era unha mellora igual que a que se fixo en Benquerencia desde a N-634 ata Agolada, e agora substituíuse esta. Eran dúas traídas moi importantes porque a parte de ser en fibrocemento, producíanse moitas avarías nesa zona e moitos cortes no subministro”.

O alcalde declarou que “neste momento falta a reposición do firme da estrada, pero os propios veciños me trasladaban que están bastante contentos con esta obra porque recolocaron os contadores e colocáronos ao pé da vía para facilitar a lectura dos mesmos”.

Alfonso Fuente salientou que “continuamos traballando nesa mellora da rede de abastecemento”.

O alcalde visitou Pumarín acompañado do concelleiro de Obras, Lorenzo Penabad.