Éxito da xornada informativa sobre axudas e subvencións organizada pola asociación de Hostelería de Barreiros.

Éxito da xornada informativa sobre axudas e subvencións
organizada pola asociación de Hostelería de Barreiros.
O colectivo organizador contactou con diferentes departamentos da Xunta de Galicia, así
como tamén co GDR Terras de Miranda e o GALP A Mariña-Ortegal.
70 persoas asistiron á xornada organizada polas persoas que integran o colectivo de
hostelería de Barreiros, que lograron reunir na mesma mesa a diferentes departamentos
da Xunta, así como ao GDR Terras de Miranda. A idea desta xornada partiu do colectivo
barreirense ao observar o amplo abano de posibilidades de subvencións e axudas que
existen neste momento e das cales poden ser beneficiarias tanto persoas que traballan
por conta propia como empresas.
A asociación considera a xuntanza como un éxito, dada a alta participación que houbo, o
que dá mostra de que é un tema que esperta interese entre a xente. Axudar a difundir
estes apoios considérano básico para que as persoas interesadas teñan máis
coñecemento sobre as oportunidades que existen, e así, contribuir a reforzar o tecido
económico tanto do municipio como do resto de concellos do arredor.
Cristina Sanz do IGAPE, Paloma Vázquez da Axencia Galega de Turismo, Rocío Rebolo
do Servizo de Emprego e Economía Social, e Elena Martínez do GDR Terras de Miranda,
foron as expositoras desde o punto de vista técnico, de todas as axudas e subvencións
existentes. Na sesión tomou tamén a palabra o Delegado Territorial da Xunta de Galicia
na provincia de Lugo, José Manuel Balseiro Orol. A asociación organizadora agradece a
disposición de todas estas persoas para celebrar a xornada.
As poñentes facilitaron as presentacións empregadas, e foron agrupadas nunha carpeta
de acceso público para calquera persoa que desexe consultalas. En dita carpeta está
tamén dispoñible material informativo sobre outras axudas de outros departamentos ou
organismos. Esta información pode consultarse accedendo á páxina de Facebook de
“Hostelería de Barreiros”, ou ben solicitala por correo escribindo a
[email protected]