O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente Parga, visitou hoxe a gardería municipal na que se está a desenvolver o programaEducando en Igualdade

O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente Parga, visitou hoxe a gardería municipal na que se está a desenvolver o programaEducando en Igualdade, que promove a asociación Educando en Familia e que está subvencionado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia. O devandito programa está coordinado por Encarna Santos, que é mestra e orientadora en Educando en Familia, e é impartido por Beatriz Yáñez, traballdora social e especialista en xuventude, sociedade e xénero.
Educando en Igualdade aborda algunhas claves para educar en igualdade desde o ámbito familiar: a coeducación; a corresponsabilidade; os xoguetes, contos e debuxos non sexistas; e o pensamento crítico e a educación emocional.