Todas las entradas de: Alvaro Vizoso

Los militantes elixen por aclamación a Carmen Veiga

La imagen puede contener: una o varias personas, personas de pie y exteriorOs militantes elixen por aclamación a Carmen Veiga

como candidata do PSOE á Alcaldía de Barreiros

– Os socialistas celebraron este sábado a asemblea extraordinaria para elixir ao candidato para as vindeiras eleccións municipais. Os militantes decidiron por aclamación que a actual voceira e Secretaria da agrupación, Carmen Veiga

– “É un momento de cambio e a cidadanía así nolo está trasladando. Temos que ser capaces de ofrecerlles un proxecto que integre e que non deixe a ninguén fora, desenvolvendo ideas ilusionantes e escoitando as demandas sds veciños”

– Álvaros Santos felicitou a Veiga e destacou que “o PSOE presentará un proxecto no que primen as persoas sobre os intereses partidistas e no que estar ao carón dos veciños e as súas necesidades sexa o motor que nos empuxe”

Barreiros, 22 de decembro de 2018.- Os socialistas de Barreiros celebraron este sábado a asemblea extraordinaria para elixir ao candidato á Alcaldía para as vindeiras eleccións municipais. Os militantes decidiron por aclamación que a actual voceira e Secretaria da agrupación, Carmen Veiga Rodríguez, lidere o PSOE de Barreiros. Esta veciña do municipio mariñán, que traballa en Ribadeo como peón de limpeza, será a segunda vez que capitanee a candidatura dos socialistas. Durante o encontro estiveron presentes o Secretario Xeral do PSOE na Provincia de Lugo, Álvaro Santos; o Presidente da Deputación, Darío Campos; e a Deputada no Congreso de España e Membro da Executiva Federal, Pilar Cancela, así como o resto de compañeiros do PSOE na comarca.

En primeiro lugar, Carmen Veiga agradeceu o apoio e confianza amosada polos socialistas de Barreiros e polo grupo provincial para encabezar este proxecto político. “Imos confeccionar unha lista que reflicta e recolla as inquedanzas de toda a sociedade de Barreiros co obxectivo de que os socialistas gañemos os próximos comicios. Estamos ante un momento de moita responsabilidade, por iso, que ninguén dubide do esforzo e traballo que imos facer para que Barreiros volva estar no lugar que se merece, que falen das nosas fermosas praias, da exquisita comida ou da xente amigable coa que contamos, e non dos problemas que temos no Concello por culpa dunha pésima xestión do goberno do PP”.

“É un momento de cambio, a cidadanía o percibe e así nolo está trasladando. Temos que ser capaces de ofrecerlles un proxecto social que integre e que non deixe a ninguén fora. Desenvolver ideas ilusionantes, escoitando as demandas dos veciños e traballando cóbado con cóbado con eles para dinamizar a vida social, a economía e o turismo do noso Concello, aproveitando as oportunidades que o territorio nos achega. Estou convencida que dende a unión e a forza o conseguiremos”, engadiu a candidata socialista.

Pola súa parte, Álvaros Santos felicitou a Carmen Veiga e destacou que “o PSOE presentará un proxecto no que primen as persoas sobre os intereses partidistas, no que estar ao carón dos veciños e as súas necesidades sexa o motor que nos empuxe a gañar as elección de maio”.

Saúdos,

Comunicación PSdeG-PSOE na Provincia de Lugo

 

A AVALANCHA DE RECLAMACIÓNS  NA UMAR  DESPLAZADA A MONDOÑEDO PROVOCA UNHA PRÓRROGA NO SEU HORARIO HABITUAL

A AVALANCHA DE RECLAMACIÓNS  NA UMAR  DESPLAZADA A MONDOÑEDO PROVOCA UNHA PRÓRROGA NO SEU HORARIO HABITUAL.

O dispositivo móbil  colocado no centro de saúde de Mondoñedo redactou unhas duascentas reclamacións en pouco máis de dúas horas.

A Mariña 18 de decembro de 2018. A Unidade  Móbil de Axuda coas Reclamacións desplazouse hoxe até o Centro de Saúde de Mondoñedo seguindo a folla de ruta marcada polo colectivo consistente en ubicarse nun Centro de Saúde da comarca os terceiros martes de cada mes.  A avalancha de persoas que acudiron a formalizar a súa reclamación foi tal, que obrigou a aumentar o seu horario de atención, para poder atender a tod@s @s veciñ@s que até alí se desplazaron.

En pouco máis de dúas horas formalizáronse unhas duascentas reclamacións, deixándose constancia deste xeito que a UMAR representa nestes momentos unha ferramenta indispensable para mariñás e mariñaos, que ven nesta mesa unha resposta ás súas demandas . ¨ Cando chegamos ao centro de saúde xa había un grupo de xente numeroso agardando por nós ,e en ningún momento deixamos de redactar reclamacións facendo até tres á vez. Tivemos que prorrogar en vinte minutos o horario para que non quedara ninguén sen facela¨- comenta Víctor Vila,portavoz do colectivo.

A maiores das reclamacións que cada persoa podía facer a título individual e referidas aos tempos de agarda para consultas, probas ou intervencións indecentemente prolongados, a Plataforma Sanitaria canalizou as demandas colectivas d@s veciñ@s ,que reclaman a substitución estable e desde o primeiro día de todos os permisos e baixas da pediatra titular así como que se implemente a atención pediátrica no tempo necesario para garantir unha asistencia satisfactoria , para evitar desplazamentos innecesarios e o colapso das urxencias hospitalarias. A segunda demanda colectiva facía referencia ao servizo de fisioterapia  que actualmente impártese no centro de saúde de Foz, obrigando @s usuari@s de Mondoñedo e Lourenzá a desplazarse cando existen instalacións no centro de saúde de Mondoñedo.  Dotar de aparataxe e de persoal en quendas de mañá e a tarde reduciría considerablemente a agarda para acceder ao tratamento , tanto en Foz coma en Mondoñedo.

Agardando até o último momento pola presencia da alcaldesa da cidade

A Plataforma Sanitaria agardou infructuosamente até o último momento pola presencia da alcaldesa da cidade, Elena Candia, para que materializase o seu apoio real aos problemas sanitarios que sufre A Mariña en xeral e Mondoñedo en particular.

¨A Plataforma Sanitaria tivo coñecemento de que Elena Candia e o seu grupo municipal presentaran unha moción na que pedían un servizo de pediatría ao completo e agardabamos que acudira á UMAR para materializar o seu apoio real asinando unha reclamación como fixo o seu pobo, máis non foi quen de presentarse¨ – lamentan desde o colectivo.

A AULA CEMIT DO CONCELLO BARREIRENSE ORGANIZARÁ CURSOS DE INFORMÁTICA A PARTIRES DO VINDEIRO MES DE XANEIRO

A AULA CEMIT DO CONCELLO BARREIRENSE ORGANIZARÁ CURSOS DE INFORMÁTICA A PARTIRES DO VINDEIRO MES DE XANEIRO. A PRESENTACIÓN DOS MESMOS SERÁ O DÍA 10.

Barreiros, 18 de decembro de 2018. A Aula CeMIT do Concello de Barreiros organizará cursos de informática a partir de xaneiro.

Estas actividades desenvolveranse durante os meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril e as persoas interesadas poderán formalizar a inscrición na Aula CeMIT ou no Concello.

A presentación destes cursos celebrarase o xoves 10 de xaneiro ás 16:00 horas na Aula CeMIT de Barreiros, sita no Teleclub de San Cosme.

Desde a Aula CeMIT Manuel Pérez, o axente TIC de Barreiros, explica que “a idea é poñer en marcha unha batería de cursos para que as persoas que non teñan experiencia previa no mundo da informática poidan iniciarse dende cero, e as que si a teñan poidan seguir adquirindo cada vez máis coñecementos.”

Dende o Concello convidan a asistir á presentación dos cursos a toda persoa que teña curiosidade polo mundo das novas tecnoloxías.

A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, colabora co Concello de Barreiros na realización desta actividade.

Nenos e nenas do CEIP de San Miguel e do CEIP de San Cosme visitaron esta semana a Aula CeMIT de Barreiros para falar con Papá Noel

Nenos e nenas do CEIP de San Miguel e do CEIP de San Cosme visitaron esta semana a Aula CeMIT de Barreiros para falar con Papá Noel a través de vídeoconferencia. Trátase dunha cita xa tradicional por estas datas entre os máis pequenos e pequenas do concello, que lle contaron a Papá Noel o ben que se portan, todo o que axudan nas tarefas da casa e tamén os agasallos que lles gustaría recibir dentro duns días. Comezou así a conta atrás para unha das xornadas máis ilusionantes do ano.

O PRÓXIMO SÁBADO 22 DE DECEMBRO “FESTA DE #NADAL”

O CONCELLO ORGANIZA UNHA FESTA DE NADAL PARA OS MÁIS PEQUENOS E PEQUENAS. SERÁ O 22 DE DECEMBRO NO PAVILLÓN MUNICIPAL DE SAN COSME, ONDE ESTARÁ PAPÁ NOEL.

Barreiros, 13 de decembro de 2018. O Concello organiza unha Festa de Nadal que se celebrará o 22 de decembro. Os destinatarios son os máis pequenos e as máis pequenas da casa. O evento terá lugar no pavillón municipal de San Cosme de 16:00 a 19:00 horas.

Haberá inchables, obradoiros e animación musical. Os nenos e nenas que participen nesta festa recibirán a visita de Papá Noel. E rematarán a xornada disfrutando dun chocolate con churros.

O Concello de Barreiros convida a tod@s, especialmente aos máis pequenos da casa, a participar nesta Festa de Nadal do 22 de decembro.

A  UNIDADE MÓBIL DE AXUDA COAS RECLAMACIÓNS (UMAR) DESPLÁZASE AO CENTRO DE SAÚDE DE MONDOÑEDO O VINDEIRO MARTES  18 DE DECEMBRO

A  UNIDADE MÓBIL DE AXUDA COAS RECLAMACIÓNS (UMAR) DESPLÁZASE AO CENTRO DE SAÚDE DE MONDOÑEDO O VINDEIRO MARTES  18 DE DECEMBRO

Abordarán o problema existente co servizo de pediatría, compartido con Lourenzá e Barreiros a maiores das reclamacións que xurdan.

A Mariña 13 de Decembro de 2018. A UMAR ( Unidade Móbil de Axuda coas Reclamacións) desplazarase o vindeiro martes 18 de decembro até o centro de saúde de Mondoñedo en horario de 11 a 13 horas. A mesa informativa abordará o problema de Pediatría, servizo que comparte profesional cos concellos de Lourenzá e Barreiros, a maiores de calquera outra dúbida ou reclamación que poidera xurdir.

Lembramos que este problema ven de lonxe, xa que ao feito de que resulta de todo insuficiente  o tempo adicado a cada un destes Concellos, queixa que refiren a práctica totalidade de nais e pais das zonas afectadas, súmase a falta de cobertura cando a titular solicita algún permiso ou cando está de baixa, ocasionando demoras  inadmisibles  nas consultas, necesidade de trasladarse a outras localidades ou ao hospital, colapsando os servizos de urxencias .

 

A Plataforma Sanitaria ve neglixencia no traslado conxunto das dúas novas plantas de hospitalización.

A Plataforma Sanitaria volve incidir na nefasta xestión que se está a facer desde a xerencia executiva , nesta ocasión con motivo do traslado simultáneo das dúas novas plantas de hospitalización e peche das antigas, pasando de dispoñer de 30 camas en cada  planta a contar con vintecatro, seis camas menos por planta, o que fan un total de doce camas menos.

O feito de que este traslado se fixera á vez, en lugar de acometelo pouco a pouco semella “neglixente e temerario, xa que estamos nunha época na que a ocupación ven sendo prácticamente do cen por cen, que pode haber picos de incidencia por mor de procesos prevalentes nestas épocas ou reagudizacións de enfermidades crónicas”- lamentan desde a Plataforma Sanitaria.

Tamen inciden no feito de que de momento , unha soa semana despois da inauguración das novas plantas de hospitalización, foron tres os pacientes trasladados a Lugo por mor da falta de camas.” Non queremos nen imaxinar o que pasará cando comece a despuntar o gripe deste ano, ou cando chegue o frío e se descompensen  enfermos crónicos”- manifesta o voceiro do colectivo.

 

O colectivo sanitario amosa a preocupación polo ataque á pancarta pendurada da fachada do Hospital.

Segundo comentan divers@s integrantes da Plataforma Sanitaria existe unha fonda preocupación polo feito de que, por segunda vez ,a pancarta pendurada da fachada do centro sanitario sufrira un ataque intencionado, e desde o colectivo queren manifestar “ que nos unimos á Xunta de Persoal na denuncia pública destes feitos que son inadmisibles dentro dunha sociedade democrática.”- comenta a coordinadora visiblemente preocupada.