O PRÓXIMO SÁBADO 22 DE DECEMBRO “FESTA DE #NADAL”

O CONCELLO ORGANIZA UNHA FESTA DE NADAL PARA OS MÁIS PEQUENOS E PEQUENAS. SERÁ O 22 DE DECEMBRO NO PAVILLÓN MUNICIPAL DE SAN COSME, ONDE ESTARÁ PAPÁ NOEL.

Barreiros, 13 de decembro de 2018. O Concello organiza unha Festa de Nadal que se celebrará o 22 de decembro. Os destinatarios son os máis pequenos e as máis pequenas da casa. O evento terá lugar no pavillón municipal de San Cosme de 16:00 a 19:00 horas.

Haberá inchables, obradoiros e animación musical. Os nenos e nenas que participen nesta festa recibirán a visita de Papá Noel. E rematarán a xornada disfrutando dun chocolate con churros.

O Concello de Barreiros convida a [email protected], especialmente aos máis pequenos da casa, a participar nesta Festa de Nadal do 22 de decembro.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.