Todas las entradas de: Alvaro Vizoso

O ORZAMENTO DE BARREIROS PARA O 2019 REFLICTE O FINAL DO GOBERNO MUNICIPAL

As contas presentadas polo goberno aumentan os cartos destinados a empresas e reducen os investimentos en beneficio das veciñas e veciños.

Os investimentos redúcense á metade con respecto ao 2018 e non contemplan ningunha obra nova.

Barreiros, 11 de xaneiro de 2019. “O orzamento presentado polo goberno do Partido Popular deixa ver claramente a decrepitude que precede ao fin dos seus días”, afirmou a portavoz municipal do BNG a respecto das contas aprobadas no pleno celebrado na tarde de onte.

Segundo o BNG, no orzamento para o 2019 séguese a afondar na política de gastar os cartos públicos en privatizar servizos básicos, desmantelando o cadro de persoal municipal e deixando en precario os servizos xestionados directamente.

A portavoz municipal do BNG, Ana Ermida, acusa ao Partido Popular de “carecer de proxecto para Barreiros, de estar a velas vir, agardando acontecementos e sen outro interese que o seu propio, sen ter en conta as necesidades municipais e das veciñas e veciños.”

A formación nacionalista destaca que “novamente volven a incrementarse partidas destinadas a empresas, como son as do mantemento do alumeado público, que continúa medrando ano tras ano ou, neste ano como novidade, a do mantemento da rede de abastecemento, recentemente privatizada e que practicamente duplica o seu coste con respecto ao 2018.”

Segundo declaracións da portavoz municipal, “as continuas privatizacións dos servizos que se están a levar a cabo, lonxe de supoñer un aforro, aumentan os gastos e realízanse a costa de desmantelar o cadro de persoal municipal, xa que se deixan prazas vacantes sen cubrir, por exemplo de operarios de obras, mentres se contratan empresas para realizar eses traballos.”

“Fronte a estes gastos que suben, volvemos a asistir ao descenso dos investimentos en mantemento de vías públicas, que volven baixar ata quedar en 20.000 euros. Pero o máis grave é que o anexo de investimentos amosa a falta de proxecto e compromiso con Barreiros do goberno municipal, xa que non reflicte ningún proxecto de investimento novo, recolléndose só proxectos que xa estaban orzamentados outros anos e que, ou non se levaron a cabo, ou non se finalizaron”, afirman desde o BNG.

Ana Ermida lamenta que “o diñeiro das veciñas e veciños de Barreiros siga a repartirse discrecionalmente e sen atender a ningún criterio obxectivo, máis que os intereses que poida ter o alcalde e o seu equipo en cada momento.”

A formación nacionalista votou en contra duns orzamentos que cualifican de “continuidade dos dos anos anteriores, baleiros de interese para a xente e ao servizo dos intereses particulares dunhas poucas persoas.”

Os participantes nas Tardes de Lecer, que organiza o departamento de Servizos Sociais do Concello de Barreiros, viaxaron a Viveiro

La imagen puede contener: 5 personas, personas sonriendo, exteriorOs participantes nas Tardes de Lecer, que organiza o departamento de Servizos Sociais do Concello de Barreiros, viaxaron a Viveiro. Alí gozaron dunha xornada de lecer onde visitaron o belén Viveiro ante o berce, o belén da igrexa das Concepcionistas, o casco histórico da cidade do Landro e a capela de San Roque, desde onde disfrutaron dunhas bonitas vistas da ría. Xa na viaxe de volta fixeron unha parada en San Ciprián. O alcalde, Alfonso Fuente, acompañounos nesta viaxe.

XA SE COÑECEN OS NOMES DAS GAÑADORAS E GAÑADORES DO

CONCURSO DE POESÍA E DEBUXO DO NADAL, QUE ORGANIZOU A
BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DE BARREIROS.
Barreiros, 7 de xaneiro de 2019. A Biblioteca Pública Municipal de Barreiros
fixo público o fallo do xurado do Concurso de Poesía e Debuxo do Nadal.
Na modalidade de Poesía os participantes que resultaron gañadores foron: Xela
Veiga Iglesias, Ángela Ventoso Carrera, Aaron Rodríguez Enterríos, Armando
Ventoso Carrera, Saray López García e Anxo López Val.
No apartado de Debuxo os gañadores foron: Leire López Boto, Inés Seco
Sánchez e Noa Irimia Mariña.
A Concellería de Cultura barreirense felicita aos gañadores e agradece a
participación de tod@s @s que presentaron os seus traballos a estes certames.

O CONCELLO DE BARREIROS PROGRAMA, PARA ESTES DÍAS, TEATRO O 3, A CABALGATA DE REIS E O NACEMENTO VIVENTE QUE TERÁN LUGAR O 5 DE XANEIRO

O CONCELLO DE BARREIROS PROGRAMA, PARA ESTES DÍAS, TEATRO O 3, A CABALGATA DE REIS E O NACEMENTO VIVENTE QUE TERÁN LUGAR O 5 DE XANEIRO.

Barreiros, 31 de decembro de 2018. O Concello de Barreiros continúa coa súa programación de Nadal cunha actuación teatral que terá lugar este xoves, día 3, e a cabalgata de reis e o nacemento vivente que se celebrarán o sábado, 5 de xaneiro.

O grupo Palimoco Teatro representará Queres que cho conte?. A obra, dirixida ao público familiar, será no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, en San Cosme de Barreiros, ás 12:00 horas. Esta actuación está incluída no programa Nadal pola Provincia, que desenvolve a Deputación de Lugo.

O sábado, 5 de xaneiro, ás oito da tarde terá lugar a apertura ao público do nacemento vivente. E celebrarase a tradicional cabalgata de reis. A comitiva chegará ao centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro arredor das 20:15 horas.

Todas estas actividades están organizadas pola Concellería de Cultura de Barreiros e a Oficina Municipal de Información Xuvenil coa colaboración de moz@s e voluntarios.